Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Características

É un monumento de pedra alto, vertical. Os menhires pódense encontrar illados ou en grupos. Teñen unha distribución xeográfica ampla. Así, por exemplo poden atoparse en América, Europa, Asia, e África, e pertencen a diversos períodos da Historia. A maioría dos exemplos europeos foron erixidos na última idade de bronce neolítica[Cómpre referencia].

Marco da pena verde
Marco da Pena Verde, límite dos concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros

As súas funcións son variadas, dende marcar os límites territoriais dun pobo até serviren como centro de cerimonias relixiosas, especialmente funerarias. Os máis modernos teñen inscricións sacras e invocacións a divindades, por iso o cristianismo rebaixou a altura dalgunhas pedras e coroounas cunha cruz, converténdose en lugares de culto cristiáns.

Tipos de menhires

  • Menhires illados
  • Menhires en liña
  • Menhires agrupados ou Crómlech
    • Crómlech en círculo simple
    • Crómlech en círculo dobre
    • Crómlech en rectángulo
    • Crómlech en elipse

Galería de imaxes

Esculturas modernas, inspiradas en menhires, no parque da Torre de Hércules.
Esculturas modernas, inspiradas en menhires, no parque da Torre de Hércules
Menhir na Bretaña.
Menhir na Bretaña. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Astérix e o golpe do menhir

Astérix e o golpe do menhir (en francés: Astérix et le coup du menhir) é un filme franco-alemán de 1989 dirixido por Philippe Grimond e producido por Yannick Piel. É unha adaptación dos libros da serie de Astérix O combate dos xefes e O adiviño.

Foi editado en DVD pola TVG coa dobraxe en galego.

Canovelles

Canovelles é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 2 km de Granollers, a súa capital.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Loureda, Arteixo

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais da Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só na Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Megálito

O termo megálito aplícase a grandes pedras usadas, tipicamente na prehistoria, para construír, ben por si soas ou xunto con outras pedras, unha estrutura ou monumento.

A palabra megálito procede das palabras do grego antigo mega (μεγας) 'grande' e lithos (λιθος) 'pedra'.

Considérase que moitos megálitos puideron ter un propósito de determinación de datas de sucesos astronómicos importante, tales como solsticios e equinoccios. Aínda que en sentido literal podemos encontrar construcións megalíticas en todo o mundo, desde o Xapón aos xigantes da Illa de Pascua, megalitismo emprégase para designar o fenómeno cultural localizado no Mediterráneo occidental e a Europa atlántica, e que se produce desde finais do Neolítico até a Idade de Bronce, caracterizado pola realización de construcións arquitectónicas con grandes bloques de pedra escasamente desbastados chamados megálitos.

Este fenómeno caracterízase esencialmente pola construción de tumbas do tipo dolmen, dentro das cales se enterran sucesivamente os falecidos do grupo, apartándose coidadosamente os ósos dos anteriores defuntos (enterramentos colectivos). Os dolmens poden ser simples ou de corredor e, a miúdo, estiveron cubertos por un túmulo de terra. Ademais, dentro do contexto megalítico, poden acharse tamén outras construcións de pedra como menhires, aliñacións, crómlechs etc. O monumento megalítico europeo máis antigo é o Crómlech dos Almendres, duns 8.000 anos de antigüidade. Mais o máis famoso é sen dúbida Stonehenge, observatorio prehistórico do sur de Inglaterra.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Parque escultórico da Torre de Hércules

O Parque escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre situado arredor do faro. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Rudianos

Rudianos é un deus celta da guerra adorado na Galia. Foi equiparado polos romanos co deus Marte.

Era adorado en Saint-Andéol-en-Quint e Rochefort-Samson (Drôme), así como en Saint-Michel-de-Valbonne. O nome de "Rudianos" significa "vermello", o cal reflicte a natureza guerreira do deus. En Saint-Michel-de-Valbonne foi atopada unha imaxe prehistórica dun deus guerreiro a cabalo que data do século -VI, o cal podería ser unha representación do propio Rudianos. O menhir de pedra no cal apareceu a imaxe representa a un home montado a cabalo cunha cabeza enorme, que leva penduradas cinco cabezas cortadas. A iconografía evoca á práctica da caza de cabezas que facían os celtas, que segundo os escritores clásicos levaban as cabezas dos seus inimigos penduradas da sela de montar.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.