Mendoza, Arxentina

A cidade de Mendoza é a capital da provincia homónima, na Arxentina. En termos de poboación, en 2001 tiña 110.993 habitantes. Localízase no oeste do país, nas beiras da Cordilleira dos Andes, sendo un importante centro de produción de viño e aceite, ademais de ser dos máis importantes puntos turísticos da Arxentina. Mendoza foi fundada no ano 1561 por Pedro del Castillo. A súa área é de 57 km². O xentilicio da cidade é mendocino/a.

Coordenadas: 32°52′00″S 68°49′00″O / -32.86667, -68.81667

Mendoza, Arxentina
Escudo Municipal Mendoza
Civic Neighborhood Mendoza Argentina - by jennifrog
Vista panorámica da cidade

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Andes

Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.

Na súa parte meridional unidade e é fronteira natural entre Chile e Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó Mar Caribe divídese en tres cordóns.

Chaira

En xeografía, unha chaira é unha grande extensión de terra plana ou con lixeiras ondulacións.

Club Sportivo Independiente Rivadavia

O Club Sportivo Independiente Rivadavia é un equipo de fútbol profesional arxentino da cidade de Mendoza. Fundouse o 24 de xaneiro de 1913 e xoga os seus partidos como local no Estadio Bautista Gargantini, con capacidade para 18.000 espectadores.

Departamento de Santa Rosa

Departamento de Santa Rosa pode referirse a:

Departamento de Santa Rosa, Guatemala, un departamento de Guatemala.

Departamento de Santa Rosa, Catamarca, un departamento da provincia de Catamarca, Arxentina.

Departamento de Santa Rosa, Mendoza, un departamento da provincia de Mendoza, Arxentina.

Estadio Malvinas Argentinas

O Estadio Malvinas Argentinas é un estadio de fútbol arxentino da cidade de Mendoza. Foi inaugurado en 1978 e ten capacidade para 40.268 espectadores. Serve de localía ao Godoy Cruz Antonio Tomba, Gimnasia y Esgrima de Mendoza e Independiente Rivadavia. Foi unha das 6 sedes da Copa Mundial da FIFA 1978 e unha das 8 sedes da Copa América 2011.

Facundo Salinas

Facundo Salinas Moyano, nado o 2 de maio de 1971 na localidade de Mendoza (Arxentina) é un ex-xogador de hóckey a patíns. Logo do Campionato do Mundo de 1995 foi considerado o mellor defensa do mundo. Vestiu a camiseta da selección arxentina en 127 ocasións, antes de retirarse do equipo nacional arxentino no 2001.

Fritz Krüger

Fritz Krüger, nado en Sprenberg (Brandeburgo) o 7 de decembro de 1889 e finado en Mendoza (Arxentina) o 17 de agosto de 1974, foi un lingüista alemán que realizou notábeis estudos sobre o galego e outras linguas románicas.

Galería de imaxes de Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e falecido na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor e intelectual galego, membro da Xeración Nós.

Justo Gárate

Justo Gárate Arriola, nado en Bergara o 5 de agosto de 1900 e finado en Mendoza (Arxentina) o 2 de xullo de 1994, foi un médico, profesor universitario, escritor e político vasco de ideoloxía nacionalista.

Mara patagónica

A mara patagónica (Dolichotis patagonum) é unha especie de roedor da familia dos cavíidos, e malia a súa semellanza coas lebres non pertence á orde das verdadeiras lebres (lagomorfos).

É un dos meirandes roedores do mundo, cun peso medio de 8 kg, con exemplares chegando até os 16 kg. É un dos mamíferos endémicos da Arxentina de maior tamaño. Posúe patas longas e fortes que usa para correr a gran velocidade cando se sente ameazada.

Pedro Ramiro López

Pedro Ramiro López, nado en San Rafael (Arxentina) o 12 de setembro de 1978, é un eclesiástico católico latino, misioneiro e superior de Taxiquistán dende 2013.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.