Melgaço

Melgaço é un concello portugués no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, fronteirizo con Galiza. En 2004 tiña 9.739 habitantes, 1.300 dos cales viven na vila que dá nome ao municipio.

O presidente da Cámara é, desde 2013, Manoel Batista.

Melgaço
MLG Pt-mlg1
(Brasón de Melgaço) (Bandeira de Melgaço)
Xentilicio Melgacense
Rexión de Portugal Norte
Subrexión Minho-Lima
Latitude 42° 07' N
Lonxitude 8° 16' O
Área 239,04 km²;
Poboación 9.739 (Censo 2004)
Freguesías 18
Internet http://www.cm-melgaco.pt/
Mapa
LocalMelgaco

Xeografía

Ten 239,04 km², e está subdividido en 18 freguesías. Limitado ao norte e leste con Galiza, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez, e ao oeste por Monção. É o municipio máis setentrional de Portugal.

O punto máis elevado do concello é o Giestoso, de 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro Laboreiro.

Evolución demográfica

Poboación do concello de Melgaço (1801 – 2004)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
5.141 7.960 15.558 15.759 18.211 13.246 11.018 9.996 9.739

Freguesías

01.Freguesias de Melgaco
Freguesías de Melgaço. O verde claro representa freguesías de ribeira, e o escuro freguesías de montaña.

O concello ten 18 freguesías, repartidas en dúas grandes áreas: 11 delas á beira do río Miño (Alvaredo, Chaviães, Cristóval, Paços, Paderne, Penso, Prado, Remoães, Roussas, São Paio e Vila) e 7 de montaña (Castro Laboreiro, Cousso, Cubalhão, Fiães, Gave, Lamas de Mouro e Parada do Monte).

Patrimonio

En Melgaço existe toda unha tradición de contos e fábulas con criaturas fantásticas como Arganões e outros seres con poderes máxicos. Esta cultura popular foi transmitida oralmente ao longo de xeracións, estando actualmente en declive.

Hai uns 10 anos foi descuberta no monte de Prado, proxectadas cara á encosta ribeireña (e case desapercibidas pola vexetación da zona) unha serie aínda non cuantificada de esculturas de monstros, similares ás proas dos barcos viquingos, que fixeron numerosas incursións na zona na Idade Media.

Entre as súas construcións destacan:

  • Castelo de Melgaço: Mandado construír polo primeiro rei de Portugal, Don Henriques, en 1170 cun foro semellante ao de Ribadavia, sendo atacado no século XIII polas tropas do Reino de León.
  • Igrexa Matriz de Melgaço. As súas últimas murallas datan da Guerra de restauración, foi declarado Monumento nacional en 1910.
  • Castelo de Castro Laboreiro: Coñecido nos cronicóns como a fortaleza de San Rosendo de Celanova.
  • Igrexa de Paderne
  • Parque Termal do Peso: Finca e palacete modernista con augas mineromedicinais que competiu co veciño balneario de Cortegada(Ourense).
  • Solar de Galvão
  • Fonte de São João
  • Igrexa da Misericórdia
  • Igrexa de Fiães
  • Museo do Cinema de Melgaço
  • Igreja romãnica de Chaviães
  • Cividade de Paderne: É un castro romanizado situado no monte "coto Grande", na freguesía de Paderne, concello de Melgaço. Atópase situado entre dous regatos, o Martingo e o Porto do Río. Malia os traballos agrícolas aínda son visibles valos e restos de muralla. Atopado por Leite de vasconcelos en 1903, descubriu tégulas, muíños romanos, ánforas, cerámica castrexa con decoración incisa e diversas pedras decoradas, entre as que destaca un zoomorfo de características semellantes a outro zoomorfo castrexo do castro da Ameixeira, (Crecente).

Cultura

Está situado na fronteira entre Galiza e Portugal, polo que sempre tivo unha relación cultural intensa.

Adriano Marques de Magallanes

Adriano Antonio Marques de Magallanes, nado en Melgaço o 10 de xullo de 1925, é un diplomático, avogado, empresario, escritor e político galego, do Partido Popular.

Arbo

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».

Castelo de Fornelos

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Ribeira (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.

Castelo de Melgaço

O castelo de Melgaço é unha fortaleza medieval situada na vila de Melgaço, no distrito de Viana do Castelo (Portugal).

Principal defensa raiana do Alto Miño no século XII, converteuse na sentinela máis setentrional de Portugal, no treito onde o río Miño inicia a súa función fronteiriza, vixiando a travesía cara a Galiza.

Castro Laboreiro

Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km².

Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Era constituído soamente pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1284 habitantes e, en 1849, 1512 habitantes.

A freguesía atópase dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340 m de altitude no Gestoso. Preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.

Cevide

Cevide é unha localidade portuguesa da freguesía de Cristóval, no concello de Melgaço. Viven hoxe non máis de catro persoas.[cando?]

Cristóval

Cristóval é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço. Segundo o INE en 2001 tiña 615 habitantes. Ten 4,74 km² de área, cunha densidade de poboación de 111,4 hab./km².

Está situada ao sur do río Miño ao oeste do río Barxas, facendo fronteira con Galiza a través de Ponte Barxas. O punto máis setentrional de todo Portugal é a aldea de Cevide.

O seu sector laboral é baseado na agricultura e o pecuario, o pequeno comercio, a pequena industria e a apicultura.

Distrito de Viana do Castelo

O distrito de Viana do Castelo é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Minho. Limita polo Norte e polo Leste con Galiza, polo sur co Distrito de Braga e polo oeste co Océano Atlántico. Área: 2 255 km² (o menor - 18º - dos distritos portugueses). Poboación residente (2001): 250.273 habitantes. Capital de distrito: Viana do Castelo.

O distrito de Viana do Castelo está integrado polos seguintes 10 municipios:

Arcos de Valdevez

Caminha

Melgaço

Monção

Paredes de Coura

Ponte da Barca

Ponte de Lima

Valença

Viana do Castelo

Vila Nova de CerveiraNa actual división principal do país, o distrito forma parte da Rexión Norte, onde constitúe a subrexión do Minho-Lima.

Entre Douro e Miño

Entre Douro e Miño foi unha provincia do Norte Atlántico de Portugal, composta polos actuais distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto e parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Vila Real, no tempo da monarquía portuguesa. A capital, segundo Zwölfter Theil (1824), era Braga. Esta provincia nunca foi oficialmente administrada, foi simplemente unha nomenclatura usada por algúns demógrafos, para referirse ao Noroeste de Portugal (Miño e Douro Litoral). As principais cidades son Porto e Braga, ambas consideradas (alternativamente) como capitais.

Estaba formado polos concellos de:

Distrito de Aveiro: Arouca, Castelo de Paiva, Espinho, Santa Maria da Feira.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito do Porto: Amarante, Baião, Felgueiras, Gondomar, Lousada, Maia, Marco de Canaveses, Matosinhos, Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel, Porto, Póvoa de Varzim, Santo Tirso, Valongo, Vila do Conde, Vila Nova de Gaia.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte do Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.

Distrito de Vila Real: parte do actual concello de Montalegre, outrora pertencente ao extinto concelho de Ruivães.

Distrito de Viseu: Cinfães, Resende.Municipios recentemente formados: Vizela (no distrito de Braga) e Trofa (no distrito do Porto).

Foi Rexedor de xustiza Real nesta Comarca Vasco Martins de Resende, que era do consello do rei Afonso IV de Portugal. Foi tamén señor da terra de Resende.

Entrimo

Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «entrimés».

Festa do viño do Condado

A Festa do viño do Condado é unha feira gastronómica celebrada no Castelo, en Salvaterra de Miño o último domingo de agosto de cada ano co obxectivo de exaltar os viños do Condado (D.O. Rías Baixas) e Monção-Melgaço (D.O. Vinhos Verdes)

Igrexa Matriz de Melgaço

A igrexa Matriz de Melgaço é un templo católico portugués situado na freguesía de Vila, no concello de Melgaço (distrito de Viana do Castelo).

Melgaço (homónimos)

Melgaço é un topónimo portugués que se pode corresponder con dúas entidades:

o concello portugués de Melgaço, no distrito de Viana do Castelo.

o concello brasileiro de Melgaço, no estado do Pará.

Monção

Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Ponte Barxas, Padrenda, Padrenda

Ponte Barxas é un lugar da parroquia de Padrenda no concello ourensán de Padrenda na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2012 tiña 160 habitantes (84 mulleres e 76 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 149 habitantes.

Está situado á beira do río Barxas ou Troncoso, facendo fronteira con Portugal a través dunha ponte até a aldea de São Gregório (Cristóval, Melgaço). Neste lugar houbo unha aduana até a entrada en vigor do Acordo de Schengen en 1992.

Provincia de Miño

O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.

Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.

Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Torre de Milmanda

A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.