Melón

Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Coordenadas: 42°15′27″N 8°13′2″O / 42.25750, -8.21722

Melón
Bandeira de Melón
---
Escudo de Melón
Casa do concello de Melón, Ourense
Casa do concello
Situacion Melón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.227 hab. (2018)
Área53,22 km²
Densidade23,06 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias
Política (2019[2][3])
AlcaldeEmilio Luis Díaz (PSdeG[4])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Melón
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes71,90%
Na rede
http://www.melon.es/index.php/gl/

Poboación

Censo total 1.340 (2014)
Menores de 15 anos 58 (4.33 %)
Entre 15 e 64 anos 729 (54.4 %)
Maiores de 65 anos 553 (41.27 %)
Evolución da poboación de Melón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.324 3.408 3.315 2.299 1.552 1.545 1.475 1.479 1.396 1.340 1.293 1.280
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia

A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.

Melón na literatura popular

  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Melón.
Rio Cerves Melon

Río Cerves

Fervenza do río Cerves, Melón, Ourense

Fervenza do río Cerves

Pozas de Melón

Pozas de Melón

Pozas de Melón, Melón

Pozas de Melón

Melon Galicia - panoramio - farrangallo

Río Cerves

Bandeira de Melón Ourense

Bandeira de Melón, Ourense.[6]

Lugares de Melón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Melón vexa: Lugares de Melón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. El nuevo alcalde de Melón impulsará una auditoría para "depurar responsabilidades"
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Melón". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Decreto 147/2004, do 25 de xuño DOG núm. 132 (9 de xullo de 2004)

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Cortella, Melón, Melón

A Cortella é un lugar da parroquia de Melón, no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres), o que supón unha diminución en 3 habitantes en relación ao ano anterior.

A Costa do Cuco, Melón, Melón

A Costa do Cuco é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 10 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 6 mulleres.

A Ponte, Melón, Melón

A Ponte é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 37 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 20 eran homes e 17 mulleres.

As Mestas, Melón, Melón

As Mestas é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 13 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 8 mulleres.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Gusendos de los Oteros

Gusendos de los Oteros é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 150 habitantes (INE 2011).

Melón, Melón

Santa María de Melón é unha parroquia do concello do mesmo nome (Melón), situada na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 603 habitantes (284 homes e 319 mulleres), o que supón unha diminución en 8 habitantes en relación ao ano anterior.

Melón, Melón, Melón

Melón é unha vila da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e o IGE en 2012 tiña 315 habitantes (155 homes e 160 mulleres).

Este lugar é a capital do concello, e nel está a casa consistorial.

Moces, Quins, Melón

Moces é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 24 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 15 mulleres.

Mosteiro de Santa María de Melón

O mosteiro de Santa María de Melón é un mosteiro de estilo románico de transición, pertencente á Orde do Císter e fundado en 1158. Está situado no concello ourensán de Melón. Estivo habitado ata 1835, cando se produciu a desamortización de Mendizábal.

O Coruxal, Melón, Melón

O Coruxal é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 34 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 13 eran homes e 21 mulleres.

O Retiro, Melón, Melón

O Retiro é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 11 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 7 mulleres.

Portodechán, Quins, Melón

Portodechán é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 14 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 7 mulleres.

Quins, Melón

Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Seoane, Melón, Melón

Seoane é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 9 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 4 mulleres.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Tourón, Melón, Melón

Tourón é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 14 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 8 mulleres.

Vilar de Condes, Carballeda de Avia

Santa María de Vilar de Condes é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. En 2017 tiña 182 habitantes, 73 menos ca en 2007, cando tiña 235 (108 homes e 127 mulleres).

Na Idade Media pertenceu ao coto de Melón, dependente do mosteiro de Santa María de Melón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.