Mel

O mel é un líquido viscoso e azucrado producido polas abellas a partir do néctar recollido de flores e procesado polos enzimas dixestivos deses insectos, sendo almacenado en favos (ou panais) nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.

É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.

Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.

Runny hunny
Mel
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook

Historia

O mel ten as súas cualidades recoñecidas, apreciadas e utilizadas polos seres humanos desde tempos remotos como alimento e adozante natural con poder adozante dúas veces maior do que o azucre de cana.

Existen diversas referencias históricas a esta substancia. Alén das citas bíblicas, moitos outros pobos, como os antigos exipcios ou os gregos, por exemplo, referíanse ao mel como un produto sagrado, chegando até servir como forma de pagamento de impostos. Foron encontradas en escavacións exipcias con máis de 3.000 anos mostras de mel aínda perfectamente conservadas en vasillas lixeiramente tapadas. Tamén existen rexistros prehistóricos en pinturas rupestres da recolección de mel.

Son coñecidas diversas variedades de mel que dependen da flor utilizada como fonte de néctar e do tipo de abella que o produciu. Mais como as abellas o fabrican en cantidade cerca de tres veces superior á necesaria para sobreviviren, sempre foi posíbel, primeiramente, colectarse o exceso del para o uso humano, e máis tarde, criar abellas para o fin específico de obter o mel, o que é coñecido como apicultura.

Usos

Gastronómicos

O mel emprégase principalmente como adozante na cociña e na pastelaría, como acompañamento do pan ou das torradas (especialmente en almorzos e merendas) e como aditivo de diversas bebidas como o . Ao ser rico en azucres como a frutosa, o mel é higroscópico (absorbe humidade do aire), polo que engadir unha pequena cantidade aos pans e aos pasteis fai que estes se endurezan máis amodo. O mel virxe tamén contén enzimas que axudan á súa dixestión, ademais de diversas vitaminas e antioxidantes. Por isto adoita recomendarse o consumo de mel a temperaturas non superiores a 60 °C, pois a maior temperatura comeza a perder propiedades beneficiosas porque se volatilizan algúns destes elementos.

O mel é o ingrediente principal do hidromel, que se produce a partir do mel e de auga, e que tamén se coñece como "viño de mel".

Conservante

O mel é un excelente conservante natural mais non sempre é saudable. Debido a que procede de flores silvestres, hai algúns momentos e lugares nos que o mel producido polas abellas é altamente tóxico. Os rododendros e as azalea producen un néctar moi velenoso para os humanos, aínda que inofensivo para as abellas. Nalgunhas rexións do mundo as colmeas baléiranse inmediatamente despois da tempada de flores, eliminando calquera residuo para evitar envelenamentos accidentais. Existen historias non corroborables do uso de mel velenoso como arma de guerra na antigüidade. Este mel velenoso é moi difícil de atopar. A forma da flor da azalea fai que ás abellas lles resulte difícil acceder ao néctar e na época na que florecen hai case sempre outras flores máis atractivas para elas.

O mel é moi perdurable e non caduca. Grazas á súa gran concentración de azucre mata as bacterias por lise osmótica. Os lévedos aerotransportados non poden prosperar no mel debido á baixa humidade que contén. Os traslados de corpos humanos na antigüidade facíanse somerxidos en mel; por exemplo Alexandre o grande foi trasladado dende Babilonia ata Alexandría e Agesilao II, rei de Esparta, dende Exipto ata a súa cidade natal empregándose mel para evitar a descomposición. O efecto conservante do mel débese á súa baixa concentración de auga e é idéntico ao que permite a conservación prolongada dos doces e das froitas en almibre, no que o alto contido en azucre diminúe o contido de auga.

Terapéuticos

O mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por hidratos de carbono, especialmente polos azucres simples (glicosa e frutosa). O mel está tamém composto por auga (cerca do 20%), por minerais (calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, entre outros), por cerca da metade dos aminoácidos existentes, por ácidos orgánicos (ácido acético, ácido cítrico, entre outros) e por vitaminas do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de antioxidantes (flavonoides e fenólicos).

Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.

O mel é tamén usado externamente debido ás súas propiedades antimicrobianas e antisépticas. Así, o mel axuda a cicatrizar e a previr infeccións en feridas ou queimaduras superficiais. O mel é tamén utilizado amplamente na cosmética (cremas, máscaras de limpeza facial, tónicos etc.) debido ás súas cualidades adstrinxentes e suavizantes.

Composición química

Mel
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1,272 kJ (304 kcal)
82.4 g
Azucres82.12 g
Fibra alimentaria0.2 g
0 g
0.3 g
VitaminasCantidade
%DV
Riboflavina (B2)
3%
0.038 mg
Niacina (B3)
1%
0.121 mg
Ácido pantoteico (B5)
1%
0.068 mg
Vitamina B6
2%
0.024 mg
Ácido fólico (B9)
1%
2 μg
Vitamina C
1%
0.5 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
6 mg
Ferro
3%
0.42 mg
Magnesio
1%
2 mg
Fósforo
1%
4 mg
Potasio
1%
52 mg
Sodio
0%
4 mg
Cinc
2%
0.22 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga17.10 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.


A falta de humidade é unha condición fundamental para a conservación do mel. Mentres a porcentaxe de humidade permaneza baixo o 18 % non poderá crecer nada nela. Por riba dese valor poden aparecer procesos fermentativos.

O contido en minerais é moi pequeno. Os máis frecuentes son calcio, cobre, ferro, magnesio, manganeso, zinc, fósforo e potasio. Están presentes tamén arredor da metade dos aminoácidos existentes, ácidos orgánicos (ácido acético e ácido cítrico, entre outros) e vitaminas do complexo B, vitamina C, D e E. O mel posúe tamén unha variedade considerable de antioxidantes (flavonoides e fenólicos).

Mel de Galicia

Artigo principal: Mel de Galicia.

Desde 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007 [1].

A denominación de orixe amparaba en 2008 405 apicultores (con 31 784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 314 832 kg (169 toneladas no ano 2000) e un valor económico estimado de 1 133 395 euros (aos apicultores)[2].

Notas

  1. Orde do 1 de outubro de 1997, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se recoñece a denominación específica Mel de Galicia; Regulamento (CE) 868/2007 da Comisión, do 23 de xullo de 2007, pola que se inclúe no rexistro de indicacións xeográficas protexidas (DOUE 24.07.2007).
  2. [1]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A abella na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a abella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Xunto á información referida á abella propiamente dita, recóllese tamén a que fala do trobo, o mel e a cera.

Abella

As abellas son insectos himenópteros da familia dos ápidos, voadores, sociais, emparentados coas avespas e as formigas. As abellas xogan un papel importante no proceso de polinización, e son produtoras do mel e cera. As abellas son unha liñaxe monofilética dentro da superfamilia Apoidea, e actualmente están clasificadas baixo o nome taxonómico Anthophila (un clado). Existen preto de 20.000 especies coñecidas clasificadas en diferentes familias, aínda que moitas especies están aínda sen describir e o seu número é probablemente maior. Poden ser atopas en tódolos continentes, agás na Antártica, é dicir en calquera hábitat do planeta que teña plantas con flor que poidan ser polinizadas por insectos.

As abellas están adaptadas para alimentárense do néctar e do pole, o primeiro como principal fonte de enerxía e o segundo para obter proteínas e outros nutrientes. O pole tamén é usado como comida para as larvas.

Teñen unha longa probóscide (unha sorte de "lingua") que lles permite obter o néctar das flores. Tamén teñen antenas compostas de 13 segmentos nos machos e 12 nas femias, así como dous pares de ás, sendo o par posterior o máis pequeno dos dous. Nunhas poucas especies, un dos sexos ou castes ten as ás relativamente máis curtas que lle fan que voar sexa dificultoso ou imposible, pero todas as especies as teñen.

A especie coñecida máis pequena é a Trigona minima, unha abella sen aguillón cuxas obreiras miden 2.1 mm de longo. A meirande é a Megachile pluto, cuxas femias poden acadar unha lonxitude de 39 mm. Os membros da familia Halictidae son as abellas máis comúns do Hemisferio norte, aínda que son pequenas e moitas veces son confundidas con avésporas ou moscas.

A especie máis coñecida é abella do mel, que como suxire o seu nome, produce mel, ó igual que outros tipos de abellas. A xestión humana desta especie é coñecida como apicultura.

Braveheart

Braveheart é unha longametraxe dirixida e protagonizada por Mel Gibson estreada nos cines en 1995. O guión está adaptado do poema épico de Blind Harry The Actes and Deidis of the Illustre and Vallyeant Campioun Schir William Wallace, e foi escrito por Randall Wallace. É un filme que conta a historia do heroe nacional escocés William Wallace e a súa loita contra os ingleses e o seu tiránico rei Eduardo I de Inglaterra na Primeira Guerra de Independencia de Escocia. Está baseado en feitos reais, mais foi descrito como un dos filmes modernos máis inexactos historicamente.O filme gañou cinco Premios Oscar na 68ª edición dos Oscar, incluíndo o Mellor filme e Mellor director e foi nomeado a outros cinco.

Frutosa

A frutosa, tamén chamada comercialmente levulosa, debido ao sentido de rotación da luz polarizada, é unha forma de azucre encontrada nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a glicosa pero con diferente estrutura. É unha hexosa (6 átomos de carbono). O seu poder enerxético é de 4 quilocalorías por cada gramo.

Todas as froitas naturais teñen certa cantidade de frutosa (a miúdo xunto con glicosa), que poden ser extraídas e concentradas para facer un azucre alternativo.

Glicosa

A glicosa, glucosa ou dextrosa é unha forma de azucre que se atopa nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a frutosa pero con diferente estrutura. É unha hexosa (6 átomos de carbono) do tipo aldosa (presenta e grupo carbonílico de tipo aldehido), mentres que a frutosa é do tipo cetosa (presenta o grupo carbonílico de tipo cetona).

Todas as froitas naturais teñen unha certa cantidade de glicosa (a miúdo con frutosa), que pode ser extraída e concentrada para preparar un azucre alternativo. Pero a nivel industrial tanto a glicosa líquida (xarope de glicosa) como a dextrosa (glicosa en po) obtéñense a partir da hidrólise enzimática do amidón procedente de cereais (xeralmente trigo ou millo).

A molécula (C6H12O6) é unha aldohexosa (aldehido pentahidroxilado) de tipo monosacárido. A glicosa é o segundo composto orgánico máis abundante na natureza, despois da celulosa. É a principal fonte de enerxía das células, mediante a degradación catabólica, e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa, e de reserva enerxética, como o amidón.

Na súa forma (D-Glicosa) sofre unha ciclación cara a súa forma hemiacetálica para lograr as súas formas furano e pirano (D-glucofuranosa e D-glucopiranosa) que á súa vez presentan anómeros Alpha e Beta. Estes anómeros non presentan diferenzas de composición estrutural, pero si difiren polas súas características físicas e químicas. A D-(+)-glicosa é un dos compostos máis importantes para os seres vivos, incluíndo os humanos.

Na súa forma ß-D-glucopiranosa, unha molécula de glicosa únese a outra grazas ós -OH dos seus carbonos 1-4 para formar Celobiosa[1-4] a través dun enlace ß, e ó unirse varias destas moléculas, forma a celulosa.

Goente, As Pontes de García Rodríguez

San Martiño de Goente é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 206 habitantes (105 mulleres e 101 homes), 70 menos ca en 1999. Ten 25 entidades de poboación.

Indiana Pacers

Os Indiana Pacers son un equipo de baloncesto profesional con base en Indianapolis, Indiana. Son membros da División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse.

Os Indiana Pacers comezaron a xogar en 1967 coma membros da American Basketball Association (ABA), onde gañaron tres campionatos. En 1976, os Pacers pasaron da ABA á NBA cando o equipo e a organización comezaron a virse abaixo. Os Pacers veron de novo o éxito coa adquisición de Reggie Miller. Tras a aparición nas Finais da NBA do ano 2000, os Pacers non tiveron moito máis éxito nos playoffs.

Isomaltosa

A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) . É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).

A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% ) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica . A isomaltosa non fermenta e non produce carie.

Kvasir

Kvasir é un deus da mitoloxía nórdica. Foi creado da saliva de todos os deuses, volvéndose así no máis sabio dos Vanir. Dous irmáns, os ananos Fjalar e Galar, convidárono a un banquete na súa cova e matárono. Os ananos mesturaron o seu sangue con mel e preservárono. A mestura fermentou e converteuse no hidromel que inspiraba aos poetas.

Marmelada

A marmelada é un doce en coserva feito con froita cocida con azucre ou mel, de consistencia pastosa. A orixe pode que veña da antiga Grecia, onde xa se cocían marmelos no mel (de aí o nome), segundo recolle o libro de cociña do romano Apicio.

Disque foi descuberta de xeito accidental en Escocia por unha tendeira de Motherwell cun lote de laranxas pasadas no século XVIII. A técnica de cocer froitas en azucre de cana trouxérona os descubridores españois dende América.

Mel Gibson

Mel Colm-Cille Gerard Gibson, nado en Peekskill (Estado de Nova York) o 3 de xaneiro de 1956, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense de orixe irlandesa.

Melecitosa

A melecitosa ou melicitosa é un oligosacárido do grupo dos trisacáridos formado por tres unidades monosacáridas: glicosa-frutosa-glicosa, unidas por enlace O-glicosídico. Está presente no mel, melazas e no zume elaborado de numerosas árbores e plantas. É un compoñente das gotas de líquido azucrado que expulsan polo seu abdome diversos insectos áfidos (pulgóns), que chuchan o zume elaborado das plantas.

Monosacárido

Os monosacáridos son os hidratos de carbono máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de carbono na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse aldosas; no segundo, cetosas.

Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: glicosa, galactosa e frutosa.

Glicosa: ou dextrosa (C6H12O6), presente nas froitas e verduras, é a principal fonte de enerxía das células e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa , e de reserva enerxética, como o amidón.

Galactosa: rara na súa forma libre, está presente na lactosa ou azucre do leite, sendo o leite a principal fonte de galactosa da dieta. A lactosa é un disacárido formado por unha molécula de galactosa e outra de glicosa. Tamén se atopa formando outras moléculas complexas, como os glicolípidos e as glicoproteínas das membranas celulares.

Frutosa: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no mel (no que é o compoñente principal).

Neolítico

O Neolítico, Nova Idade de Pedra, (do grego néos "novo" e lithos "pedra"), por contraposición a Paleolítico ou Vella Idade de Pedra, é un dos períodos en que se considera dividida a Prehistoria. Inicialmente déuselle este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra puída que parecían acompañar ó desenvolvemento e expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da agricultura ou da gandaría. Normalmente, pero non necesariamente, vai acompañado polo traballo da olería.

Pepe Mel

José 'Pepe' Mel Pérez, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1963, é un ex-futbolista, actual adestrador de fútbol e escritor español. Xogaba de dianteiro. Actualmente adestra o UD Las Palmas.

Publicou tres novelas: El mentiroso (2011), El camino al más allá (2013) e La prueba (2016), esta última dirixida ao público infantil.

Refraneiro galego da abella

A abella i a ovella en abril deixan a pelexa .

A abellariza e o coello, no monte vello.

A auga enriba de mel sabe mal e fai ben .

A cera sobexa queima a igrexa

A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto .

A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.

A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.

A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.

A quen se fai de mel, cómeno as moscas.

Abella e ovella, e pedra que trebella.

Abellas revoltas, tempestades ás voltas .

Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.

Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.

Ano de abellas, ano de ovellas.

Ano de enxames, ano de fames .

Ano de ovellas, ano de abellas .

A quen con mel trata, algo se lle pega .

A todos lle gusta o mel, e a min tamén .

Abella e ovella, e pedra que trebella .

Abellas revoltas, tempestades ás voltas .

Ano de enxames, ano de fames .

As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva .

As moscas no verau comen o mel e comen o gando.

Ás solteiras mel, ás casadas fel.

Ata despois da vendimia non cáte-la entena.

Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.

Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.

Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.

Auga de agosto dá mel e mosto .

Auga de agosto, mel e mosto .

Auga en agosto, azafrán, mel e mosto .

Cando chove en agosto, chove mel e mosto.

Cando chove por agosto, chove mel e mosto .

Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa .

Canto máis doce é o mel, máis zugan as abellas nel .

Chuvia polo agosto é mel e mosto .

Con mel cóllense as moscas .

De Dios vén o ben e das abellas o mel.

Debaixo de mel hai moitas veces fel .

Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.

En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.

En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca .

En agosto chove mel e mosto.

En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.

En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.

Enxame de maio vale un bo cabalo .

Enxame probe, no inverno nace e no maio morre .

Enxame probe, se do inverno sale no maio morre .

Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.

Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre .

Facédevos mel, e comeranvos as moscas .

Máis moscas se pillan con mel ca con fel.

Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre .

Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.

Máis val pan con mel que pan sin el

Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella .

Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.

Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel .

Moscas comen o mel i o gando.

Non é o mel pra boca do burro .

Non está feito o mel prá boca do burro.

Non hai máis cera ca que arde.

Non hai mel sin fel .

Non se fixo o mel pró fuciño do porco .

Non sea tanta a cera que prenda lume .

O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can .

Ó porco teixo non o quer San Antón porque arrouba a cera de alumear ó Señor.

Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.

O que mata unha abella ten cen anos de pena .

O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón.

O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.

O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.

Ó que se fai mel cómeno as moscas.

Ó que se volve mel, cómeno as moscas .

O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer .

O viño con mel sabe mal e fai ben .

Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.

Os recíos de agosto son mel e mosto .

Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.

Ovella vella e enxamio probe, no maio morre.

Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.

Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.

Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.

Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.

Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel .

Polo San Miguel sabe o touciño a mel .

Prá boca do burro non se fixo o mel.

Quen anda co mel chúpase os dedos .

Quen anda co mel sempre se lle apega algo del .

Quen con mel trata, ben sabe o que é doce .

Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.

Quen se fai de mel, cómeno as moscas .

Quen todo é mel, cómeno as abellas .

San Pedro por unha abella matounas todas.

Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.

Se queres mel, por San Miguel.

Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel

Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel .

Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra

Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.

Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?

Todos ó mel e todos ó fel .

Unha mala abella revolve un cobo .

Unha mala abella revolve unha colmea .

Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas .

Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!

Vinagre e mel saben mal e fan ben .

Sacarosa

A sacarosa ou azucre común é un disacárido formado por unha molécula de glicosa e outra de frutosa. Non ten poder redutor sobre o licor de Fehling.

O seu nome químico é alfa-D-glucopiranosil(1->2)-beta-D-fructofuranósido.

A súa fórmula química é: (C12H22O11)

Na natureza está presente nun 20% en peso na cana de azucre e nun 15% do peso na remolacha azucreira, da que se obtén o azucre de mesa. O mel tamén contén gran cantidade de sacarosa parcialmente hidrolizada. O azucre de mesa é o edulcorante máis utilizado para adozar os alimentos.

Unha curiosidade da sacarosa é que presenta triboluminiscencia, que produce luz mediante unha acción mecánica.

Saint-Malon-sur-Mel

Saint-Malon-sur-Mel (en bretón: Sant-Malon, e en galó: Saent-Méha) é unha comuna francesa do departamento de Ille e Vilaine, na Bretaña.

Zuia

Zuia é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Zuia e tiña en 2014 unha poboación de 2.427 habitantes.

Limita polo norte con Orozko (Biscaia), polo sur con Vitoria, polo leste con Zigoitia e polo oeste con Amurrio e Urkabustaiz. Está formado por 13 concejos: Altube, Ametzaga, Aperregi, Bitoriano, Domaikia, Gilierna, Jugo, Lukiano, Markina, Murgia, Sarria, Zarate e Ziorraga. A súa capital é Murgia.

Igual que no resto da comarca, a gandería e a silvicultura foron as actividades económicas por excelencia da zona. Aínda que hoxe en día é un sector pouco representativo, aínda se manteñen importantes explotacións de ovino e vacún. Nalgunhas delas, en Sarria e Markina, elabórase queixo Idiazabal. Ademais ten certa importancia o sector apícola, coa produción de mel e derivados, que se promocionan no Museo do Mel de Murgia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.