Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Coordenadas: 42°31′6.30″N 8°42′13″O / 42.5184167, -8.70361

Meis
Escudo de Meis
Meis, 01-01a
Casa do Concello.
Situacion Meis
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación4.776 hab. (2018)
Área52,4 km²
Densidade91,15 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloO Mosteiro
Política (2019[2])
AlcaldesaMarta Giráldez Barral (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Meis
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes69,12%
Na rede
http://www.meis.gal/
correo@concellodemeis.com

Poboación

Evolución da poboación de Meis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.503 4.906 5.490 5.213 5.004 5.002 4.988 4.992 5.007 5.033 5.006 4.844 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.

Patrimonio

Labirinto do Outeiro do Cribo
Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo.

Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.

O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.

Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

Turismo

A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.

Festas gastronómicas

  • Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
  • Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.

Comunicacións

Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.

Meis na literatura popular

  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [5].
  • Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.
Iglesia de San Salvador de Meis

Igrexa de San Salvador de Meis

Lugares de Meis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. La nueva alcaldesa de Meis se libera a media jornada y asume Cultura y Turismo
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  6. Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Armenteira, Meis

Santa María da Armenteira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE, en 2016 tiña 776 habitantes (354 homes e 422 mulleres), o que supón un descenso respecto ós anos 2014, cando tiña 823 habitantes, ou 2004 cando tiña 822 habitantes.

O topónimo Armenteira procede do latín ARMENTARIAM, do substantivo ARMENTUM, 'rabaño de gando maior' e do sufixo abundancial -ARIAM.

A Raxadoira, Paradela, Meis

A Raxadoira é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

As Portelas, Paradela, Meis

As Portelas é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 52 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 24 eran mulleres e 28 homes, o que representa a mesma poboación que tiña en 2010, e un descenso respecto a 2005, cando eran 55.

Casal do Río, Paradela, Meis

Casal do Río é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Liñares, Paradela, Meis

Liñares é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 21 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 12 eran mulleres e 9 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010 e 2005, cando tiña 26 veciños en ámbolos censos.

Meis, Meis

San Salvador de Meis é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE, en 2016 tiña 471 habitantes (226 homes e 245 mulleres), o que representa un descenso continuado respecto a anos anteriores: en 2014 tiña 514 habitantes e no 2004 tiña 528 habitantes.

Nogueira, Meis

San Vicente de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE en 2016 tiña 905 habitantes (423 homes e 482 mulleres), o que respresenta un aumento continuado respecto a anos anteriores: en 2009 tiña 890 habitantes e en 1999 743.

Nesta parroquia atópase O Mosteiro, capital do concello de Meis.

O Mosteiro, Meis

O Mosteiro é a capital do concello de Meis. Atópase na parroquia de San Vicente de Nogueira, pero a poboación continúa na parroquia de San Tomé de Nogueira, estendéndose pola estrada PO-300. Ademais, outros lugares están adheridos ao Mosteiro debido á súa expansión urbana.

Segundo datos do INE, a parte correspondente a San Vicente tiña 190 habitantes en 2016 (87 homes e 103 mulleres), o que representa un ascenso respecto a anos anteriores (172 en 2013, 176 en 2014 ou 177 en 2015); pola súa banda, a parte correspondente a San Tomé tiña 265 habitantes en 2016 (132 homes e 133 mulleres), nun lento e suave descenso respecto a anos anteriores (191 en 2013, 285 en 2014 ou 268 en 2015).

O Noval, Paradela, Meis

O Noval é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 41 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 20 eran mulleres e 21 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 45 veciños, e 2005, cando eran 52.

PO-300

A PO-300 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada PO-531 en San Tomé de Nogueira (Meis) até a VG-4.3 en Cacabelos (Cambados).

Paradela, Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Ponte Nova, Paradela, Meis

Ponte Nova é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 48 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 30 eran mulleres e 18 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 56 veciños, e 2005, cando eran 53.

San Lourenzo de Nogueira, Meis

San Lourenzo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE, en 2016 tiña 593 habitantes (276 homes e 317 mulleres), o que representa un descenso respecto ó ano 2014, cando tiña 637 habitantes, para alcanzar practicamente a poboación que tiña en 2004, cando eran 597 habitantes.

San Martiño de Meis, Meis

San Martiño de Meis é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE, en 2016 tiña 510 habitantes (243 homes e 267 mulleres), o que representa un lento descenso respecto ós anos anteriores: en 2014 tiña 529 habitantes e en 2004 con 551.

San Tomé de Nogueira, Meis

San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o mesmo número ca en 2008.

Xosé Lesta Meis

Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.