Meirás, Sada

San Martiño de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.097 habitantes (551 mulleres e 546 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 703 habitantes.

Orogaficamente, é a parroquia máis elevada do concello, se ben non chega a superar os 170 m en Muíño do Vento.

A súa poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura, coma demostra o Catastro de Ensenada no 1752.

Meirás
Pazo de Meirás 05
ConcelloSada
Poboación1.097 hab. (2013)
Entidades de poboación19

Historia

No 1812, co nacemento do concello de Sada, incorporouse a el. Durante a II República existiu unha importante actividade sindical, coa creación da Asociación Agraria de Meirás e o Sindicato de Profesiones Varias de Meirás. Este último, de filiación cenetista, mantería un longo e intenso conflito cun propietario local, José Gayoso, polo control dunhas terras arrendadas a dúas familias campesiñas e ás que lles quería incrementar a renda. Os veciños tomarían a leira pola forza, sendo desaloxados en numerosas ocasións polos gardas de asalto e, algúns deles, encarcerados. Finalmente, o párroco Benigno Mayo, que favorecera coas súas actuacións a Gayoso, sería expulsado da parroquia e a casa reitoral tomada. Vencellada ao Sindicato, cabe destacar a creación no 1933 do Centro de Estudios Sociales Generación Consciente, unha agrupación cultural que tiña por finalidade xuntar unha biblioteca, realizar conferencias e artellar unha escola libre.

Coa sublevación militar do 1936 desataríase unha fera represión, sendo asasinados dous sindicalistas (Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas) e habéndose de agochar moitos outros por meses ou incluso anos. No 1937, Pedro Barrié de la Maza e outros empresarios constituirían unha Junta Pro Pazo del Caudillo, co obxecto de mercar as Torres de Meirás aos herdeiros da Condesa de Pardo Bazán e regalarllas ao ditador. Asemade, os fondos para a compra conseguiríanos mediante unha forzosa "subscrición popular", obrigando os veciños a pagar mediante a coacción. Para ampliar os terreos do pazo expropiaríanse, con ridículas indemnizacións ou sen elas, os terreos lindeiros ao mesmo, incluída unha vivenda. Logo, coa chegada de Franco, Meirás cobraría un protagonismo que, en todo caso, nunca supuxo beneficio algún para os seus habitantes.

No ano 1978, o rei Juan Carlos I concedeu á muller do ditador, Carmen Polo, o señorío de Meirás. Hoxe en día desatouse un importante movemento para a recuperación do inmoble e a súa devolución ao pobo, xa que a súa adquisición foi totalmente ilícita.[1]

Patrimonio arquitectónico

  • Castro de Meirás
  • Torres ou Pazo de Meirás
  • Capela neogótica do convento de Meirás
  • Cruceiro de Meirás
  • Muíño de vento
  • Diversas mostras de arquitectura popular

Galería de imaxes

Ara a Coso Udaviniago

Ara co texto "Coso Udaviniago".

Cosou Daviniago

Tamén interpretado como "Cosou Daviniago".

Lugares e parroquias

Parroquias de Sada

Notas

  1. *Un obsequio para el Generalísimo, pero a nombre de Carmen Polo en elpais.com (en castelán) *O Pazo no NODO en youtube.com

Véxase tamén

Outros artigos

A Cañota, Meirás, Sada

A Cañota é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 53 habitantes (27 homes e 26 mulleres).

Antonio Carballeira Muñiz

Antonio Carballeira Muñiz, nado en Meirás (Sada) en 1910 e falecido en Veigue o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense.

Asociación Agraria de Meirás

A Asociación Agraria de Meirás foi un sindicato agrario fundado no 1931 en Meirás (Sada) e que, no 1932, daría lugar ao Sindicato de Profesiones Varias de Meirás. No momento da súa fundación, a directiva compúñase de Florencio Caño González (Presidente), Francisco Cotos (Vicepresidente), Antonio Carballeira Muñiz (Teseoureiro-Contador), José Mosquera Rey (Secretario), Juan Prego (Vicesecretario) e José A. Martínez Muñiz, Luis Méndez Muñiz, Ramón González, Manuel Babío Portela, Salvador Suárez, Manuel Pardo e Francisco Fernández Díaz (Vocais).

Cimás, Meirás, Sada

Cimás é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 71 habitantes (35 homes e 36 mulleres).

Cosso

Cosso (ou Cosus; Cossue ou Cosei en dativo) é un deus guerreiro dos galaicos, que gozou dunha gran popularidade entre os galaicos lucenses. Foi un dos deuses máis venerados na antiga Gallaecia. Varios autores sinalan a que Cosso e Bandua sexan o mesmo deus, non obstante estarían baixo diferente denominación.

Isidoro Hornillos

Isidoro Hornillos Baz, nado en Castronuño (Valladolid) o 27 de abril de 1957, é un ex-atleta olímpico español.Practicante de probas de velocidade, en especial os 400 metros lisos, distancia na que obtivo os seus maiores éxitos deportivos.

Durante o período de 1975 a 1986 formou parte da selección de atletismo de España, conseguido diversos títulos de campión de España e varias plusmarcas nacionais absolutas. Hornillos competiu nas probas dos 400 metros lisos e dos 4x400 nos Xogos Olímpicos de 1980, en Moscova, quedando en 6º lugar en ambas as competicións.

Desde 1990 é profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. Desde 2006 é o presidente da Federación Galega de Atletismo, cargo no que segue na actualidade. Desde 2015 é tamén o presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA).Na actualidade compaxina a docencia e a xestión deportiva coa súa faceta de escritor ocasional.

Lingua galaica

O galaico, tamén coñecido como hispano-celta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q) ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falado a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida. Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.

Manuel Prego Chas

Manuel Prego Chas, nado en Meirás (Sada) en 1907 e finado en Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense de orientación marxista.

Muíño do Vento, Meirás, Sada

Muíño do Vento é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 51 habitantes (25 homes e 26 mulleres).

O Pé do Muíño, Meirás, Sada

O Pé do Muíño é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 96 habitantes (58 homes e 38 mulleres).

O Valo, Meirás, Sada

O Valo é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 67 habitantes (36 homes e 31 mulleres).

Os Tornos, Meirás, Sada

Os Tornos é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 64 habitantes (33 homes e 31 mulleres).

Piñeiro, Meirás, Sada

Piñeiro é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 218 habitantes (103 homes e 115 mulleres).

Souto da Igrexa, Meirás, Sada

Souto da Igrexa é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 264 habitantes (128 homes e 136 mulleres).

Torrón, Meirás, Sada

Torrón é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 41 habitantes (21 homes e 20 mulleres).

Tumbadoiro, Meirás, Sada

Tumbadoiro é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 30 habitantes (14 homes e 16 mulleres).

Vilar, Meirás, Sada

Vilar é un lugar da parroquia de Meirás no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2011 tiña 148 habitantes (72 homes e 76 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.