Medio de comunicación

Un medio de comunicación é un centro emisor a través do cal se transmiten sinais mediante un código. Teñen unha difusión pública, que fai que transmitan simultaneamente a mesma información a un gran número de persoas.

Tipos

Pódense diferenciar varios tipos de medios de comunicación, entres os cales se atopan:

Cada unha das variantes de medios de comunicación que na actualidade están en funcionamento foi unha nova achega á maneira de como o ser humano se comunica cos seus semellantes. Para a historia destes a aparición da imprenta foi un punto de inicio, a partir do cal xurdiron no mundo os primeiros xornais.

Igualmente, a aparición de cada un dos medios de comunicación masiva que hoxe en día se coñecen, significaron no seu momento unha revolución para a humanidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

30 de setembro

O 30 de setembro é o 273º día do ano do calendario gregoriano e o 274º nos anos bisestos. Quedan 92 días para finalizar o ano.

Colúmbidos

A dos colúmbidos (Columbidae) é unha familia de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que comprende todas as especies, viventes e extintas, da monotípica orde das columbiformes, que inclúe as chamadas pombas, o pombo, as rulas, e outras especies afíns.

As pombas distribúense por toda a Terra, agás a Antártida e o Ártico, e con centro de dispersión en América Central. A maior diversidade de especies téñena as ecozonas Indomalaia e de Australasia.

A especie máis coñecida é a pomba brava (Columba livia) que deu orixe ás diferentes razas de pombas domésticas que se ven en cidades e vilas de todo o mundo. Quizais a característica máis sorprendente deste animal é a súa capacidade para volver ó seu niño desde os lugares máis remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes. A estas Pombas chámaselles pombas mensaxeiras e constituíu un eficaz medio de comunicación antes de que se inventara o teléfono ou o telégrafo.

Esta ave sóubose adaptar ó contorno urbano ata tal punto que se converteu nun tremendo problema en cidades como Venecia ou Santiago de Compostela, onde tiveron que tomar medidas porque a corrosión provocada polas defecacións deste animal están deteriorando gravemente o patrimonio artístico e arquitectónico da dita cidade.

Crítica literaria

A crítica literaria consiste nun exercicio de análise e valoración razoada dunha obra literaria nun medio de comunicación actual; por iso, cabe distinguila da Historia da literatura, que realiza unha crítica e valoración moi a posteriori e frecuentemente de forma máis documentada, científica e ecléctica.

Feromona

As feromonas son substancias químicas producidas polas glándulas sexuais dalgúns animais para atraer ó individuo do outro sexo. Etimoloxicamente vén do grego, e significa "levo excitación". Algunhas bolboretas son capaces de detectar o olor da femia a 20 quilómetros de distancia.

A palabra feromona foi utilizada recentemente en forma xeneralizada para referirse a

hormonas de atracción sexual, cando en realidade as feromonas son un tipo de hormona de atracción sexual, especificamente producida polas femias de moitas especies de animais, incluíndo ós seres humanos.

Desde a súa orixe, tódalas especies de plantas, insectos e animais utilizaron diferentes aromas ou mensaxes químicas como medio de comunicación e case todas utilizan un ou varios códigos por este medio para atraerse sexualmente. Estas substancias teñen ademais a particularidade de inducir cambios no comportamento dos individuos que teñen contacto con elas.

Informática

A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962.

Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.

Lingua

Unha lingua é un sistema de signos lingüísticos incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a comunicación entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos dobremente articulados, é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, morfemas, lexemas, monemas, formando os enunciados, e logo o das unidades distintivas de sentido (os fonemas), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: fonoloxía, morfoloxía e sintaxe. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara ao primeiro (a combinatoria das unidades significantes).

Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a linguaxe (facultade humana posta en acción por medio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras Ferdinand de Saussure, a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).

Lingua vehicular

Unha lingua vehicular é unha lingua, a miúdo simplificada, que serve de medio de comunicación entre poboacións de linguas diferentes. Opónse a lingua vernácula, falada localmente por unha poboación. As linguas litúrxicas desempeñan ás veces un papel tal en tanto que punto común lingüístico de comunidades multilingües unidas por unha mesma relixión.

Medio de comunicación de masas

Un medio de comunicación de masas é un termo empregado para chamar o sector dos medios de comunicación especificamente concibidos e deseñados para ter unha audiencia o máis numerosa possible, en xeral coidando por maximizar este parámetro e non optimizalo. Tamén é o nome que recibe a interacción entre un emisor único (ou comunicador) e un receptor masivo (ou audiencia), un grupo numeroso de persoas que cumpran simultaneamente tres condicións: ser grande, ser heteroxéneo e ser anónimo. Os medios de comunicación de masas só son instrumentos da comunicación de masas e non o acto comunicativo en si.

Malia que nun principio un medio de comunicación é calquera instrumento empregado para transmitir e recibir datos, o termo úsase para nomear aqueles que son quen de achegar a un gran público a información, o entretemento ou a propaganda. Co estabelecemento dunha rede de radio a partir da década de 1910 e a xeneralización de xornais con gran tiraxe, orixinouse o termo de Mass media, concepto da década de 1920.

A masa dos medios de comunicación é unha colección diversificada de medios tecnolóxicos que chegan a unha grande audiencia a través da comunicación de masas. As tecnoloxías a través da cal se leva a termo esta comunicación inclúen unha variedade de puntos de venda. A comunicación de masas é aquela comunicación na cal as mensaxes son transmitidas publicamente, empregando medios técnicos, indirectamente e unilateralmente. Esta comunicación provoca que nos dirixamos a un público disperso ou colectivo. Polo tanto, esta comunicación crea un imaxinario colectivo que provoca que toda a poboación teña unha mesma idea sobre o que as masas queren, creando un estereotipo do cal ten que ser.

As organizacións que controlan estas tecnoloxías, como estudios de cine, as editoriais e as canles de televisión e radio, tamén son coñecidos como medios de comunicación de masas.

Mogán

Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria.

Con máis de 18.000 habitantes no termo municipal, dos que ao redor de 500 viven na vila, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa. No litoral atópase o seu histórico porto pesqueiro, no pasado único medio de comunicación co resto da illa.

A cabeceira do municipio áchase a unha altitude duns 250 metros, e a unha distancia de 93 quilómetros da capital insular, As Palmas de Gran Canaria.

A conexión coa rede de estradas do litoral grancanario foi o principal factor que promoveu a substitución da tradicional economía agrícola-pesqueira do municipio pola súa actual actividade turística, concentrada no porto de Mogán. Con todo, a agricultura non se abandonou: os cultivos tradicionais foron substituídos por outros máis rendibles, como as froitas tropicais destinadas á exportación.

A vila de Mogán é parada para quen se dirixe ao, ou vén do, municipio veciño de La Aldea de San Nicolás. Mogán festexa a Santo Antón de Padua o Mozo o 13 de xuño, e ao Grande o primeiro domingo de agosto, cunha romaría na que participan todos os pagos do municipio. Ao seu termo realízase un canto de gran tradición: o canto aos Pajaritos. A festividade de Santo Antón o Grande naceu como unha promesa ante unha praga de cigarras que azoutou os cultivos.

Pidgin

Pidgins ou lingua de contacto é o nome dado a calquera lingua que é creada, normalmente de forma espontánea, dunha mestura doutras linguas, e serve de medio de comunicación entre os falantes de diferentes linguas. Os pidgin teñen normalmente gramáticas rudimentarias e un vocabulario restrinxido, servindo como linguas de contacto auxiliares. Son improvisadas e non son aprendidas de forma nativa.

Os pidgins poden desenvolverse e tornárense linguas crioulas. Para tal o pidgin terá que ser aprendido de forma nativa por nenos, que entón xeneralizan as características dun pidgin para unha gramática, completa e estabilizada. Neste estado a lingua xa non é un pidgin, e adquiriu a complexidade común dunha lingua humana, e tornouse un crioulo. Estes crioulos substitúen os pidgin como forma de comunicación, como acontece cos crioulos de Cabo Verde ou da Guinea-Bisau. Con todo, os pidgins nin sempre se tornan en crioulos, poden morrer ou tornárense obsoletos.

O concepto é orixinario da Europa entre os comerciantes e negociantes do Mediterráneo na Idade Media, que usaban a Lingua franca ou Sabir. Un pidgin ben coñecido é o de Beachla-Mar dos Mares do Sur, baseado en inglés, mais incorporou palabras malaias, chinesas e portuguesas. Un outro exemplo de hoxe en día, é o "Pequeno portugués" de Angola, que é a forma de comunicación entre etnias que falan linguas diferentes.

A creación dun pidgin require normalmente:

Contacto regular e prolongado con comunidades lingüísticas diferentes;

A necesidade de comunicación;

A ausencia dunha lingua franca espallada e/ou accesíbel.

Pomba mensaxeira

Unha pomba mensaxeira é unha variedade de pomba brava (Columba livia) que se adestra para que volte ao seu pombal desde longas distancias levando algún tipo de mensaxe ou carta, chamadas columbogramas, nun tubo anular que se lles coloca nunha pata.

Segundo a tradición bíblica, a máis antiga pomba mensaxeira foi a que lle levou a Noé a mensaxe do retroceso das augas despois do diluvio ao regresar cunha póla de oliveira no peteiro, converténdose no símbolo da paz, pomba da paz. O certo é que a utilización da pomba como medio de comunicación coñécese desde a antigüidade: os gregos transmitían ás cidades os nomes dos gañadores dos Xogos Olímpicos por medio de pombas e as lexións romanas contaban con pombais móbiles que acollían milleiros de exemplares. Os árabes perfeccionaron o seu uso e utilizáronas, por exemplo, contra os cruzados en Terra Santa para coñeceren os seus movementos. Existiron servizos de correo regulares por medio de pombas mensaxeiras e emitíronse selos de uso exclusivo para estes servizos.

A utilización da pomba mensaxeira como medio de comunicación diminuíu coa aparición da telegrafía sen fíos. Actualmente o seu uso é case exclusivamente deportivo aínda que os diferentes exércitos manteñen unidades especializadas para casos de conflitos militares que leven aparellado o colapso das comunicacións.

Radio

O termo radio pode referirse a:

o radio, un elemento químico da táboa periódica;

o radio, un óso do antebrazo, longo, par e simétrico;

a radiofrecuencia, unha porción do espectro de ondas electromagnéticas;

a radio, un medio de comunicación de masas que consiste na transmisión de sinais sonoros en forma masiva;

a radio, un dispositivo electrónico que recibe os sinais sonoros transmitidos por un emisor de ondas electromagnéticas;

a radio por internet, un conxunto de tecnoloxías de transmisión de contido sonoro a través de internet;

o radio, unhas marcas brillantes que se estenden desde certos cráteres da superficie lunar;

"Radio", unha canción de The Corrs.

Radio (medio de comunicación)

A radio é unha tecnoloxía que posibilita a transmisión de sinais mediante a modulación de ondas electromagnéticas. Estas ondas non requiren un medio físico de transporte, polo que poden propagarse tanto a través do aire coma do espazo baleiro.

Unha onda de radio orixínase cando unha partícula cargada (por exemplo, un electrón) excítase a unha frecuencia situada na zona de radiofrecuencia (RF) do espectro electromagnético. Outros tipos de emisións que caen fóra da gama de RF son os raios gamma, os raios X, os raios cósmicos, os raios infravermellos, os raios ultravioleta e a luz visible.

Cando a onda de radio actúa sobre un condutor eléctrico (a antena), induce nel un movemento da carga eléctrica (corrente eléctrica) que pode ser transformado en sinais de son ou outro tipo de sinais portadoras de información.

Aínda que se emprega a palabra radio, as transmisións de televisión, radio, radar e telefonía móbil están incluídas nesta clase de emisións de radiofrecuencia.

En Galicia existen varias cadeas de radio con distintas radiofórmulas, algunhas de distribución estatal e outra de ámbito case exclusivamente galego. As canles oficiais teñen unha presenza en tódalas sete grandes cidades galegas, mentres que outras emisoras son escasas ou de recente implantación. Existen dúas cadeas privadas de ámbito exclusivamente galego: Radio Voz, asociada ó xornal La Voz de Galicia, e Radio Noroeste, do grupo Radio Líder.

Radio Nacional de España

Radio Nacional de España (RNE) é a empresa pública encargada da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España e forma parte de RTVE. Contén seis emisoras de radio que abarcan todo o territorio español excepto unha que só é sintonizable en Cataluña (Ràdio 4) e outra que, ademais de estar dispoñible en España, tamén o está no resto do mundo a través de satélites (Radio Exterior de España).

Revista científica

Unha revista científica e un medio de comunicación escrito no que os investigadores e científicos poden publicar periodicamente os seus traballos e investigacións, xunto co desenvolvemento das mesmas, para dalas a coñecer ó resto da xente e a outros científicos. Estes artigos publicados teñen unha gran diversidade de temas, pero sempre referentes a aspectos científicos.

Antes de ser publicados, tódolos artigos pasan un control e revisión dun panel de expertos que determinan se reúne uns mínimos de calidade e validez científica, e deciden se o artigo se publica ou non.

Poden ser de tipo divulgativo, dirixidas ó público en xeral, como Muy interesante, Quo, Conocer etc., ou netamente científica como Mundo científico, Nature, Science, Revista de Occidente etc., e mesmo hainas moi especializadas. Natura e Science foron premiadas en 2007 co premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades por impulsar e difundi-las grandes conquistas científicas da Humanidade, achegando deste xeito a ciencia á vida.

Normalmente este tipo de revistas publícanse cunha periodicidade semanal ou mensual e as máis importantes teñen a súa propia páxina en internet.

Televisión Melilla

Televisión Melilla (TVM) é a canle de televisión pública de Melilla. Pertence á empresa pública INMUSA e creouse en 1994 recollendo a testemuña de Tele 9, televisión local posta en marcha por Francisco Platero.

Case dúas décadas despois, TVM reinvéntase para reforzar o seu papel de medio de comunicación público, aberto, participativo e, principalmente, de todos os melillenses.

Xornal.com

Xornal.com foi un medio de comunicación electrónico galego, que xurdiu no 1999 e desapareceu 2011.

YouTube

YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.