Medina del Campo

Medina del Campo é unha vila española de orixe prerromana situada na comunidade Autónoma de Castela e León, na provincia de Valladolid.

Sitúase no suroeste da provincia de Valladolid, de cuxa capital dista 46,6 km. Medina del Campo atópase a 727 msnm, a beiras do río Zapardiel. O seu termo municipal esténdese sobre 153 km², onde se destacan outros tres núcleos urbanos: Gomeznarro, Rodilana e unha parte da urbanización das Salinas, que é compartida con outro municipio.

En 2007 Medina del Campo contaba con 21.256 habitantes censados, sendo o terceiro municipio da provincia en poboación, tras Valladolid e Laguna de Duero.

Medinapano03
Vista Panorámica do Castelo de La Mota.
A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

Afonso V de Aragón

Afonso V de Aragón, nado en Medina del Campo (Coroa de Castela) en 1396 e finado no Castel dell'Ovo (Reino de Nápoles) o 27 de xuño de 1458, chamado o Magnánimo e o Sabio, foi, entre 1416 e 1458, rei de Aragón, de Valencia (Afonso III), de Mallorca (Afonso I), de Sicilia (Afonso I), de Sardeña (Afonso II) e conde de Barcelona, Rosellón, Cerdaña e Urgell, e entre 1442 e 1458, rei de Nápoles (Afonso I).

Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo

A Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (en castelán: Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo), tamén coñecida polas siglas MZOV, foi unha empresa de transporte ferroviario española que tivo o seu período de operacións de 1862 a 1928, cando as súas infraestruturas quedaron integradas na empresa pública Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.

Estación da Gudiña

A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Estación de Guillarei

A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Conta con amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Estación de Medina del Campo

A estación de Medina del Campo é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Medina del Campo, na provincia de Valladolid. É un dos principais nós ferroviarios da rede ao confluír nela ata tres liñas férreas. Conta con amplos servizos de media e longa distancia. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Pobra de Seabra

Pobra de Seabra é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pobra de Seabra, provincia de Zamora. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Redondela

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Estación de Segovia-Guiomar

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Estación de Valladolid-Campo Grande

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.

Estación de Zamora

A estación de Zamora é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Zamora, en Castela e León. Foi inaugurada en 1958 despois dun longo período de obras que se iniciaron en 1927. É de estilo neoplateresco e ten a consideración de estación histórica.

Estación de Ávila

A estación de Ávila é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ávila, en Castela e León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.En 2010, os seus servizos de Media Distancia foron usados por máis de 700.000 viaxeiros.

Fernando I de Aragón

Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.

Infantes de Aragón

Os Infantes de Aragón son, por antonomasia, os fillos nacidos do matrimonio do rei Fernando I de Aragón coa súa tía Leonor Urraca de Castela, condesa de Alburquerque. Foron:

Afonso, rei de Aragón, nado en Medina del Campo en 1394;

María, nada en Medina del Campo en 1396, raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co seu primo Xoán;

Xoán, nado en Medina del Campo en 1397 rei consorte de Navarra e rei propietario da Coroa de Aragón, pai de Fernando II de Aragón;

Henrique, duque de Alburquerque, conde de Villena, gran mestre da Orde de Santiago, nado en Medina del Campo en 1400;

Leonor, nada en 1402, raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Duarte I de Portugal;

Pedro, conde de Alburquerque, nado en 1406, e

Sancho.O seu pai, ambicionando o engrandecemento da súa casa, recomendoulles ao fin dos seus días que se mantivesen unidos e lesen a crónica do rei Pedro I de Castela. Tiveron un destacado protagonismo en Castela durante o reinado de Xoán II de Castela. Son os que recorda Jorge Manrique nas coplas á morte de seu pai:

(...)

XVI

¿Qué se hizo el rey don Joan?

Los infantes d'Aragón,

¿qué se hizieron?

¿Qué fue de tanto galán,

qué fue de tanta invinción

como truxeron?

¿Fueron sino devaneos?

¿qué fueron sino verduras

de las eras?

las justas e los torneos,

paramentos, bordaduras

e çimeras?

(...)

Leonor Urraca de Castela

Leonor Urraca Sánchez de Castela, III condesa de Alburquerque, chamada la Rica Hembra, e tamén coñecida como Leonor de Alburquerque, nada en Castela en 1374 e finada en Medina del Campo en 1435), foi raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Fernando I de Aragón.

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.