Medicina

A medicina é a área do coñecemento humano ligada ao mantemento e restauración da saúde. É, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha facultade de medicina.

Porén, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos coidados do enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros.

Conxo 060325 04
Hospital psiquiátrico de Conxo, Santiago de Compostela, fundado polo Cardeal Payá.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non só a ausencia de doenza. É moito máis que iso, é o completo benestar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos de estar a medicina tan intrínseca e historicamente ligada á política.

Louis Pasteur
Louis Pasteur (1822-1895)

Historia da medicina

Gallaecia petrea 02-56e
Alegoría da Medicina (detalle), do escultor francés Claude Laprade (1702), do Museo Nacional Machado de Castro (Coímbra, Portugal).

A medicina tivo os seus comezos na prehistoria, a cal tamén ten o seu propio campo de estudo coñecido como "Antropoloxía médica"; utilizábanse plantas, minerais e partes de animais, na maioría das veces estas substancias eran utilizadas en rituais máxicos por chamáns, sacerdotes, magos, bruxos, animistas, espiritualistas ou adiviños.[1]

Os datos antigos encontrados mostran a medicina en diferentes culturas como a medicina Āyurveda da India, o antigo Exipto, a antiga China e Grecia.

Considérase que Hipócrates foi o pai da medicina. Viviu cerca de 300 anos antes de Cristo e deixou un legado ético e moral válido ata hoxe. Precursor do pensamento científico, procuraba detalles nas doenzas dos seus pacientes para chegar a un diagnóstico, prescindindo de explicacións sobrenaturais a pesar da limitación do coñecemento da época. Aínda antes da era cristiá, Asclepíades de Bitinia tentou conciliar o atomisto de Leucipo e Demócrito coa práctica médica.

No primeiro século de era cristiá, Claudio Galeno, outro médico grego, fixo contribucións substanciais (baseándose en experiencias con animais) para o desenvolvemento da medicina.

Despois de 750 d.C. os musulmáns traduciron os traballos de Galeno e Aristóteles ó árabe polo cal os doutores Islámicos introducíronse na investigación médica. Cabe mencionar algunhas figuras islámicas importantes como Avicenna que xunto con Hipócrates tamén é mencionado como pai da medicina, Abulcasis o pai da cirurxía, Avenzoar o pai da cirurxía experimental, Ibn al-Nafis pai da fisioloxía circulatoria, Averroes e Rhazes chamado pai da pediatría.[2]

Na Idade Media os relixiosos asumiron o control da arte de curar a través de medicamentos e deixaron para os barbeiros, que xa lidaban coa navalla, a arte de drenar abscesos e retirar pequenas imperfeccións da pel. A formación de secrecións purulentas era considerada normal e saudábel. Xa para finais da Idade Media posterior á peste negra, importantes figuras médicas emerxeron de Europa como William Harvey e Grabiele Fallopio.

En 1865, Louis Pasteur presentou a teoría que as infeccións eran causadas por seres vivos. Foi el o inventor do proceso de pasteurización, moi utilizado no leite. Lister, en 1865, aplicou pola primeira vez unha solución antiséptica nun paciente con fracturas complexas, con efecto profiláctico na infección. Iniciouse unha nova era. En 1928 Alexander Fleming descubriu a penicilina ao observar que as colonias de bacterias non crecían ao redor do mofo dalgunhas placas de cultivo. Xorde unha nova era: a dos antibióticos, que permitiu aos médicos curaren infeccións antes consideradas mortais. A evolución desde entón non parou. A eterna loita do home contra a morte entrou nunha nova etapa, cada vez máis moderna.

Ciencias médicas e profesións médicas

A Medicina ten dous aspectos: é unha área de coñecemento (isto é, unha ciencia) e é unha área de aplicación dese coñecemento (as profesións médicas). Podemos considerar dúas grandes areas na práctica profesional, a medicina, que trata das doenzas dos seres humanos, e a veterinaria, que trata das doenzas das outras especies de animais. A Medicina baseada en evidencias é unha tentativa de ligar eses dous aspectos (ciencia e práctica) a través do uso do método científico, buscando a través de técnicas e investigacións científicas o mellor tratamento para un determinado paciente.

Ás veces, pode ser difícil distinguir entre ciencia e profesión en Medicina. Diferentes ramas especializadas da Medicina estúdanse como ciencias básicas especializadas e polas correspondentes profesións médicas, igualmente especializadas, que lidan con órganos, sistemas orgánicos e as súas doenzas. As ciencias básicas da medicina frecuentemente son as mesmas doutras áreas da ciencia como a bioloxía, a física, a ciencia veterinaria e a química.

Ciencias básicas, suplementarias e relacionadas

Burying Plague Victims of Tournai
A peste negra. "The Chronicles of Gilles Li Muisis" (1272-1352), abbot of the monastery of St. Martin of the Righteous. Bibliothèque royale de Belgique, MS 13076-77, f. 24v.

Especialidades diagnósticas e de imaxe

  • Bioquímica clínica
  • Microbioloxía clínica: orientada cara os diagnósticos in vitro de enfermidades bacterianas, fúnxicas e protozoarias.
  • Informática Médica: campo de estudo relacionado coa vasta gama de recursos que poden aplicarse na xerencia e utilización da información biomédica, incluíndo a computación médica e o propio estudo da natureza da información médica.
  • Radioloxía: comporta desde a visión do corpo humano a través de radiografías simples ou contrastadas, e tamén a Tomografía Axial Computarizada.
  • Ultra-sonografía: estudo do corpo humano a través do ultrasón, que forma sombras e ecos nas estruturas do corpo humano.

Notas

  1. Infectious and Epidemic Disease in History (en inglés)
  2. "Medieval Sourcebook: Usmah Ibn Munqidh (1095-1188): Autobiography, excerpts on the Franks". Fordham.edu. Consultado o 4 de maio de 2009.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Diseases Database

Diseases Database é unha páxina web gratuíta que fornece informacións sobre as relacións entre enfermidades, síntomas e medicamentos. Está directamente integrada no Sistema Unificado de Linguaxe Médica.

EMedicine

eMedicine é unha base de datos de coñecementos médicos en liña fundada no ano 1996 polos médicos Scott Plantz e Richard Lavely. Foi vendida a WebMD en xaneiro de 2006. É un sitio web que contén sínteses clínicas de doenzas, elaboradas por expertos en saúde. Está composta polos temas principais de 62 especialidades médicas.

Medical Subject Headings

Medical Subject Headings ou MeSH é o nome dun amplo vocabulario terminolóxico controlado para publicacións de artigo e libros de ciencia.

O MeSH pódese consultar e descargar gratuitamente en Internet. A versión impresa anual descontinuouse en 2007. Orixinalmente en inglés, MeSH está traducida a numerosos idiomas e permite a recuperación de documentos en varios idiomas.

MedlinePlus

MedlinePlus é unha páxina web mantida pola National Library of Medicine (en galego: Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos da América) que contén informacións en inglés e castelán sobre saúde. É actualizado diariamente.

Creada coa intención de axudar na localización de informacións oficiais, a MedlinePlus ofrece:

Informacións do National Institutes of Health e doutras fontes declaradas confiábeis sobre doenzas

Informacións sobre medicamentos e estudos clínicos

Notícias e informacións sobre a saúde recollidas na prensa en liña.

Directorios de páxinas web contendo ligazóns seleccionadas

Enciclopedia Médica A.D.A.M. (en inglês: Animated Dissection of Anatomy for Medicine), con cerca de 4000 entradas.

Dicionario Merriam-Webster

Médico

Un médico é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento.

O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.

National Center for Biotechnology Information

O National Center for Biotechnology Information (NCBI), en galego Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica, forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina de Estados Unidos (National Library of Medicine), unha rama dos Institutos Nacionais de Saúde (National Institutes of Health ou NIH). Está localizado en Bethesda, Maryland e foi fundado o 4 de novembro de 1988 coa misión de ser unha importante fonte de información de bioloxía molecular.

Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina

O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é un premio atribuído anualmente pola Real Academia das Ciencias de Suecia que recompensa as persoas que se destaquen nas áreas de investigación da Fisioloxía ou da Medicina. É un dos premios internacionais de investigación científica instituídos en 1901 por Alfred Nobel, coñecidos como Premios Nobel.

PubMed

PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas en Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.

Unified Medical Language System

O Sistema de Linguaxe Médica Unificada (en inglés, Unified Medical Language System, UMLS) é un compendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en 1986.O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas de software; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas de informática biomédica. Tamén achega a base para o Procesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía. Tamén se pode considerar un tesaurus e un dicionario de ontoloxía integral de conceptos biomédicos.

O UMLS foi deseñado e é mantido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (US National Library of Medicine), que o actualiza trimestralmente e que se pode empregar de de balde. O proxecto foi iniciado en 1986 por Donald A.B. Lindberg, doutor en medicina, cando era director da Biblioteca de Medicina.

Especialidades médicas
Médicas
Cirúrxicas
Mixtas
Multidisciplinares
Campos de estudo das ciencias
Ciencias naturais
Ciencias sociais
Ciencias aplicadas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.