Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Estación de tren de Vitoria 5
Esquema Renfe Operadora para Media Distancia en serie 470.
Renfe avant2
Trenes Avant, Media Distancia de alta velocidade.
RNTRD001
TRD (serie 594).
S449Encina
Media Distancia + (serie 449).
599 en Vitoria-Gasteiz
Media Distancia + (serie 599).

Características

Comunican puntos dunha mesma rexión entre si ou coa contigua. Algunhas liñas poden atravesar de forma puntual até tres comunidades autónomas.

Circulan servizos de Media Distancia por toda a rede ferroviaria española excepto tramos curtos que son exclusivos dalgunha liña de Proximidades Renfe e por algúns tramos de vías de ancho UIC e tramos de vía entre Salamanca e Fuentes de Oñoro.

A rede de Media Distancia está dividida en cinco zonas, e unha delas dividida en tres:

Servizos existentes

  • Avant: cobren servizos directos en liñas de alta velocidade, substituíron as Lanzadeiras AVE ou Iris. Realízanse con electrotréns da serie 104, 114 en liñas exclusivamente de largo estándar e da serie 121 no resto.
  • Intercity: antigos servizos Intercity de Longa Distancia que deixaron de prestar servizo en 2008 e foron recuperados baixo esta denominación en 2012 como unha mistura entre a Longa e a Media Distancia. En Galiza, os billetes de Intercity pódense adquirir con tarifa Avant ou MD para realizar percorridos entre as propias cidades do país. Habitualmente empréganse unidades das series 121, 449 e 599; no caso galego aínda son cubertos con material convencional remolcado por unha locomotora da serie 334 (rama coruñesa) ou unha 252.
  • MD: servizos directos e semidirectos de maior calidade servidos por automotores das series 499, 594, 598, 599 ou 121. Baixo esta denominación se unificaron os Media Distancia +, R-598 e TRD, vinculadas cada unha delas a unha serie ou series de automotores en particular[1][2][3].
  • Rexional: servizos con parada comercial en todas ou case todas as estacións e apeadoiros do traxecto. Poden estar cadenciados con servizos de Proximidades Renfe (ex.: Madrid - Segovia), denominándose entón "Rexional cadenciado". No caso dos trens "Rexional cadenciado" empréganse unidades de tren pertencentes ao parque de Proximidades (440R, 446, 447 e ata trens de dous pisos das series 450 e 451), mentres que naqueles servizos que non se atopen cadenciados coa malla de Proximidades, o material empregado case sempre corresponde ao parque propio de Media Distancia, empregándose UT eléctricas da serie 432 en liñas electrificadas e unidades diésel das series 592 e 596 nas relacións non electrificadas.
  • Rexional Exprés: son servizos cun menor número de paradas comerciais que o Rexional (máximo 3 paradas cada 100 km), o cal redunda nunha velocidade comercial maior e, polo tanto, uns tempos de viaxe sensiblemente máis reducidos ca no caso dos trens tipo Rexional. En liñas electrificadas empréganse basicamente trens das series 470 ou 440R, mentres que nas liñas non electrificadas estes servizos cóbrense con unidades das series 592 e 592.200.

Servizos ou denominacións desaparecidas

  • Andalucía Exprés, Aragón Exprés, Castilla y León Exprés, Catalunya Exprés e Galicia Exprés: Rexionais Exprés baixo denominación da comunidade autónoma na que prestaran eses servizos.
  • Media Distancia +: servizos directos e semidirectos de maior calidade cós Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Estaban cubertos con material das series 499 e 599.
  • R-598 / Nexios: servizos directos e semidirectos de calidade en liñas non electrificadas. O seu confort e velocidade eran superiores aos Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Realizábanse de xeito exclusivo con unidades da serie 598.
  • TRD: servizos directos e semidirectos de calidade en liñas non electrificadas. O seu confort e velocidade eran superiores aos Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Realizábanse de xeito exclusivo con unidades da serie 594.

Liñas

Son moitas e un tren pode realizar unha combinación de varias. O tráfico en cada unha é diferente, estando algunhas moi transitadas con máis de 10 trens diarios por sentido como as de Alta Velocidade, a R-1 e máis a A-1 e outras con moi poucos trens ó día como a A-5.

Liñas de Alta Velocidade con servizos de Media Distancia

Liñas R

Son as liñas que unen puntos do centro da Península Ibérica, divididas en tres grupos: A, B e C. Por elas, circulan os seguintes trens:

Liña Percorrido Estacións
R1 Madrid - Ávila Madrid-Atocha Cercanías · Madrid-Chamartín · Villalba de Guadarrama · El Escorial · Zarzalejo · Robledo de Chavela · Santa María de la Alameda · El Pimpollar · Las Navas del Marqués · Navalperal · Herradón-La Cañada · Navalgrande · Guimorcondo · Ávila
R2 Madrid - Segovia Madrid-Atocha Cercanías · Madrid-Chamartín · Villalba de Guadarrama · Cercedilla · Tablada · Gudillos · San Rafael · El Espinar · Los Ángeles de San Rafael · Otero de Herreros · Ortigosa del Monte · Navas de Riofrío-La Losa · Segovia
R3 Madrid - Soria Madrid-Chamartín · Alcalá de Henares · Guadalaxara · Jadraque · Sigüenza · Torralba · Coscurita · Almazán-Villa · Tardelcuende · Quintana Redonda · Soria
R4 Madrid - Arcos de Jalón - Zaragoza Madrid-Chamartín · Alcalá de Henares · Guadalaxara · Yunquera de Henares · Humanes · Espinosa de Henares · Carrascosa de Henares · Jadraque · Matillas · Baides · Sigüenza · Torralba · Medinaceli · Arcos de Jalón · Santa María de Huerta · Monreal de Ariza · Ariza · Cetina · Alhama de Aragón · Bubierca · Ateca · Terrer · Calatayud · Embid de Jalón · Paracuellos/Saviñán · Saviñán-Mores-Purroy · Morata de Jalón · Ricla-La Almunia · Calatorao-Salillas de Jalón · Épila-Rueda de Jalón/Lumpiaque · Plasencia de Jalón · Grisén · Zaragoza-Delicias
R5 Calatayud - Zaragoza - Huesca - Jaca Calatayud · Zaragoza-Delicias · Zaragoza P. · Tardienta · Huesca · Ayerbe · Sabiñánigo · Jaca
R6 Madrid - Cuenca - Valencia Madrid-Puerta de Atocha · Aranjuez · Ontígola · Ocaña · Noblejas · Villarrubia de Santiago · Santa Cruz de Zarza · Tarancón · Huelves · Paredes de Melo · Vellisca · Huete · Caracenilla · Castillejo-Romeral · Cuevas de Velasco · Villar de Saz · Chillarón · Cuenca · Cañada del Hoyo · Carboneras de Guadazaón · Arguisuelas · Yémeda-Cardenete · Villora · Camporrobles · Las Cuevas · Utiel · Requena · Buñol · Chiva · Cheste · Aldaia · València-Sant Isidre
R7 Madrid - Alcázar de San Juan - Albacete Madrid-Puerta de Atocha · Aranjuez · Castillejo-Añover · Villasequilla · Tembleque · El Romeral · Villacañas · Quero · Alcázar de San Juan · Campo de Criptana · Socuéllamos · Villarrobledo · Minaya · La Roda · La Gineta · Albacete
R8 Madrid - Cidade Real / Xaén Madrid-Puerta de Atocha · Aranjuez · Castillejo-Añover · Villasequilla · Tembleque · El Romeral · Villacañas · Quero · Alcázar de San Juan · Cinco Casas · Manzanares · Daimiel · Almagro · Cidade Real-Central
Madrid-Puerta de Atocha · Aranjuez · Castillejo-Añover · Villasequilla · Tembleque · El Romeral · Villacañas · Quero · Alcázar de San Juan · Cinco Casas · Manzanares · Valdepeñas · Santa Cruz de Mudela · Vilches · Linares-Baeza · Espeluy · Xaén
R9 Cidade Real - Cabeza del Buey - Badaxoz Cidade Real-Central · Puertollano · Brazatortas · Almadenejos · Guadalmez · Cabeza del Buey · Almorchón · Castuera · Campanario · Magacela · Villanueva de la Serena · Don Benito · Valdetorres · Guareña · Villagonzalo · Zarza de Alange · Don Álvaro · Mérida · Aljucén · Garrovilla · Torremayor · Montijo · Montijo-Apeadero · Guadiana · Badaxoz
R10 Madrid - Cáceres - Badaxoz Madrid-Puerta de Atocha · Leganés · Fuenlabrada · Illescas · Torrijos · Erustes · Montearagón · Talavera de la Reina · Oropesa de Toledo · Navalmoral · Casatejada · Monfragüe · Plasencia · Mirabel · Casas de Millán · Cañaveral · Cáceres · Carmonita · Mérida · Aljucén · Garrovilla · Torremayor · Montijo · Montijo-Apeadero · Guadiana · Badaxoz
R20 Madrid - Salamanca Madrid-Chamartín · Villalba de Guadarrama · Ávila · Cardeñosa de Ávila · San Pedro del Arroyo · Crespos · Narros del Castillo · Peñaranda de Bracamonte · Villar de Gallimazo · Babilafuente · San Morales · Aldealengua · Salamanca
R21A Palencia - Valladolid Palencia · Venta de Baños · Dueñas · Cubillas de Santa Marta · Corcos-Aguilarejo · Cabezón de Pisuerga · Valladolid-Universidad · Valladolid-Campo Grande
R21B Valladolid - Medina del Campo Valladolid-Campo Grande · Viana de Cega · Valdestillas · Matapozuelos · Pozaldez · Medina del Campo
R22 Valladolid - Ávila - Madrid Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Arévalo · Ávila · Collado Villalba · Madrid-Chamartín
R23 Valladolid - León Valladolid-Campo Grande · Valladolid-Universidad · Cabezón de Pisuerga · Corcos-Aguilarejo · Cubillas de Santa Marta · Dueñas · Venta de Baños · Palencia · Grijota · Becerril · Paredes de Nava · Cisneros · Villada · Grajal · Sahagún · El Burgo Raneros · Santas Martas · Palanquinos · León
R24 Valladolid - Zamora - Pobra de Seabra Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Nava del Rey · Toro · Zamora · Carbajales de Alba · Ferreruela de Tábara · Abejera · Sarracín de Aliste · Cabañas de Aliste · Linarejos-Pedroso · Pobra de Seabra
R25 Palencia - Valladolid - Salamanca Palencia · Venta de Baños · Dueñas · Valladolid-Universidad · Valladolid-Campo Grande · Viana de Cega · Valdestillas · Matapozuelos · Pozaldez · Medina del Campo · Campillo · Carpio del Campo · Fresno el Viejo · Cantalapiedra · El Pedroso de la Armuña · Pitiegua · Gornecello · Moriscos · Salamanca
R26 Valladolid - Santander Valladolid-Campo Grande · Valladolid-Universidad · Cabezón de Pisuerga · Corcos-Aguilarejo · Cubillas de Santa Marta · Dueñas · Venta de Baños · Palencia · Monzón de Campos · El Carrión · Amusco · Piña · Frómista · Osorno · Espinosa de Villagonzalo · Herrera de Pisuerga · Alar del Rey · Mave · Aguilar de Campóo · Quintanilla de las Torres · Mataporquera · Reinosa · Bárcena · Los Corrales de Buelna · Torrelavega · Renedo · Santander
R27 Valladolid - Burgos - Vitoria Valladolid-Campo Grande · Valladolid-Universidad · Cabezón de Pisuerga · Corcos-Aguilarejo · Cubillas de Santa Marta · Dueñas · Venta de Baños · Palencia · Magaz · Quintana del Puente · Villaquirán · Burgos-Rosa de Lima · Briviesca · Pancorbo · Miranda de Ebro · La Puebla de Arganzón · Nanclares-Langraiz · Vitoria/Gasteiz
R28 Zaragoza - Logroño - Valladolid / Vitoria Zaragoza-Delicias · Casetas · Alagón · Cabañas de Ebro · Pedrola · Luceni · Gallur · Cortes de Navarra · Ribaforada · Tudela de Navarra · Castejón · Alfaro · Rincón de Soto · Calahorra · Féculas de Navarra · Alcanadre · Arrubal · Agoncillo · Recajo · Logroño · Cenicero · Haro · Miranda de Ebro · Vitoria/Gasteiz
Zaragoza-Delicias · Casetas · Alagón · Cabañas de Ebro · Pedrola · Luceni · Gallur · Cortes de Navarra · Ribaforada · Tudela de Navarra · Castejón · Alfaro · Rincón de Soto · Calahorra · Féculas de Navarra · Alcanadre · Arrubal · Agoncillo · Recajo · Logroño · Cenicero · Haro · Miranda de Ebro · Pancorbo · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Villaquirán · Quintana del Puente · Magaz · Palencia · Venta de Baños · Valladolid-Campo Grande
R29 León - Ponferrada - Monforte de Lemos León · Quintana-Raneros · Villadangos · Villavante · Veguellina · Barrientos · Nistal · Astorga · Otero de Escarpizo · Vega-Magaz · Porqueros · Brañuelas · La Granja · Torre del Bierzo · Bembibre · Villaverde de los Cestos · San Miguel de Dueñas · Ponferrada · Posada del Bierzo · Villadepalos · Toral de los Vados · La Barosa · Covas · Quereño · Pumares · Sobradelo · O Barco de Valdeorras · Vilamartín de Valdeorras · A Rúa-Petín · Montefurado · San Clodio-Quiroga · A Pobra do Brollón · Monforte de Lemos
R30 León - Xixón León · Cuadros · La Robla · La Pola de Gordón · Santa Lucía · Ciñera · Villamanín · Busdongo · Linares-Congostinas · Puente de los Fierros · Pola de Lena · Ujo · Mieres-Puente · Oviedo · Lugones · Lugo de Llanera · Calzada de Asturias · Xixón-Jovellanos · Xixón
R31 Irún - Vitoria - Miranda de Ebro Irún · Lezo-Rentería · Pasajes · Donostia · Tolosa · Ordicia · Beasaín · Zumárraga · Legazpia · Cegama-Otzaurte · Alsasua · Olazti-Olazagutia · Ciordia · Eguino · Araya · Salvatierra · Alegría de Álava · Estíbaliz-Oreitia · Vitoria/Gasteiz · Nanclares-Langraiz · La Puebla de Arganzón · Manzanos · Miranda de Ebro
R32 Zaragoza - Pamplona - Vitoria Zaragoza-Delicias · Casetas · Alagón · Cabañas de Ebro · Pedrola · Luceni · Gallur · Cortes de Navarra · Ribaforada · Tudela de Navarra · Castejón · Villafranca de Navarra · Marcilla de Navarra · Olite/Erriberri · Tafalla · Cizurmayor · Pamplona/Iruña · Huarte-Araquil · Etxarri-Aranatz · Alsasua · Araya · Salvatierra · Alegría de Álava · Vitoria/Gasteiz
R41 Zaragoza - Huesca - Canfranc Zaragoza-Delicias · Zaragoza P. · Villanueva del Gállego · Zuera · Tardienta · Huesca · Plasencia del Monte · Ayerbe · Riglos Concilio · Riglos · Santa María y La Peña · Anzánigo · Caldearenas-Aquilué · Sabiñánigo · Jaca · Castiello Pueblo · Castiello · Villanúa · Canfranc
R42 Zaragoza - Caspe - Barcelona Zaragoza-Delicias · Zaragoza P. · Miraflores · El Burgo de Ebro · Fuentes de Ebro · Pina · Quinto · La Zaida-Sástago · Azaila · La Puebla de Híjar · Samper · Escatrón · Chiprana · Caspe · Val de Pilas · Fabara · Nonaspe · Faió-La Pobla de Massaluca · Ribarroja de Ebro · Flix · Ascó · Móra la Nova · Marçá-Falset · Pradell · Duesaigües-L'Argentera · Riudecanyes-Botarell · Les Borges del Camp · Reus · Tarragona · Sant Vicenç de Calders · Barcelona-Sants · Barcelona-Passeig de Gràcia · -Barcelona-Estació de França / Barcelona-Clot · Barcelona-Sant Andreu Comtal-
R43 Zaragoza - Monzón - Lleida Zaragoza-Delicias · Zaragoza P. · Villanueva del Gállego · Zuera · Tardienta · Grañén · Marcén Polinino · Sariñena · Selgua · Monzón-Río Cinca · Binéfar · Lleida-Pirineus

Os números das liñas R non son sempre consecutivos porque certas liñas que existían foron desmanteladas desaparecendo a súa numeración ou ben certos ocos son debidos ao cambio de denominación de certas liñas ao crear os grupos de liñas de Levante, Cataluña, Galicia e Andalucía con nomenclaturas diferentes.

Liñas A

Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Andalucía e puntualmente saen cara a Estremadura ou Castela-A Mancha. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:

Liña Percorrido Estacións
A-1 Sevilla - Cádiz Sevilla-Santa Justa · Sevilla-San Bernardo · Virgen del Rocío · Dos Hermanas · Utrera · Las Cabezas · Lebrija · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · Puerto Real · San Fernando-Bahía Sur · Estadio · Segunda Aguada · Cádiz
A-2 Sevilla - Córdoba - Xaén Sevilla-Santa Justa · Los Rosales · Lora del Río · Peñaflor · Palma del Río · Posadas · Córdoba-Central · Villa del Río · Andújar · Espeluy · Xaén
A-3 Sevilla - Almería Sevilla-Santa Justa · Sevilla-San Bernardo · Dos Hermanas · Marchena · Osuna · Pedrera · Antequera · San Francisco de Loja · Granada · Iznalloz · Moreda · Benalúa · Guadix · Fiñana · Gergal · Gador · Almería
Sevilla - Málaga Sevilla-Santa Justa · Sevilla-San Bernardo · Dos Hermanas · Marchena · Osuna · Pedrera · Bobadilla · El Chorro · Las Mellizas · Álora · Málaga-María Zambrano
A-4 Córdoba - Bobadilla Córdoba-Central · Montilla · Aguilar de la Frontera · Puente Genil · Casariche · La Roda de Andalucía · Fuente de la Piedra · Bobadilla
A-5 Alxeciras - Granada Alxeciras · Los Barrios · San Roque-La Línea · Almoraima · Jimena de la Frontera · San Pablo · Gaucín · Cortes de la Frontera · Jimera de Líbar · Benaoján-Montejaque · Arriate · Ronda · Setenil · Almargen · Teba · Campillos · Bobadilla · Antequera · San Francisco de Loja · Granada
Ronda - Málaga Ronda · Almargen · Campillos · Bobadilla · El Chorro · Las Mellizas · Álora · Málaga-María Zambrano
A-6 Granada - Linares-Baeza Granada · Iznalloz · Moreda · Alamedilla · Cabra del Santo Cristo · Huesa · Larva · Los Propios y Cazorla · Jódar-Úbeda · Linares-Baeza
A-7 Sevilla - Huelva - Zafra Sevilla-Santa Justa · Carrión de los Céspedes · Escacena · La Palma del Condado · Villarrasa · Niebla-Punta del Buey · San Juan del Puerto · Huelva-Término
Huelva-Término · Gibraleón · Belmonte · El Cobujón · Los Milanos · Calañas · El Tamujoso · Valdelamusa · Gil Márquez · Almonaster-Cortegana · Jabugo-Galaroza · Cumbres Mayores · Fregenal de la Sierra · Valencia del Ventoso · Medina de las Torres · Zafra
A-8 Sevilla - Mérida - Plasencia Sevilla-Santa Justa · La Rinconada · Brenes · Cantillana · Los Rosales · Tocina · Alcolea del Río · Villanueva del Río Minas · Pedroso · Fábrica de Pedroso · Cazalla-Constantina · Alanis · Guadalcanal · Fuente del Arco · Llerena · Zafra · Los Santos de Maimona · Villafranca de los Barros · Almendralejo · Calamonte · Mérida · Aljucén · Cáceres · Plasencia

Liñas Ca

Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Cataluña e puntualmente saen cara a Aragón ou a Comunidade Valenciana. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:

Liña Percorrido Estacións
Mitja distància Ca1.svg Barcelona - Tarragona - Tortosa -Barcelona-Estació de França / Barcelona-Sant Andreu Comtal · Barcelona-Clot- · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Sants · Vilanova i la Geltrú · Sant Vicenç de Calders · Torredembarra · Altafulla-Tamarit · Tarragona · Port Aventura · Salou · Cambrils · Mont-roig del Camp · L'Hospitalet de l'Infant (Vandellòs) · L'Ametlla de Mar · L'Ampolla-El Perelló-Deltebre · Camarles-Deltebre · L'Aldea-Amposta · Camp-redó · Tortosa
Mitja distància Ca2.svg Barcelona - Xirona - Figueres - Portbou Barcelona-Sants · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Clot · Barcelona-Sant Andreu Comtal · Granollers Centre · Sant Celoni · Maçanet-Massanes · Sils · Caldes de Malavella · Riudellots · Fornells de la Selva · Xirona · Celrà · Bordils-Juià · Flaçà · Sant Jordi Desvalls · Camallera · Sant Miquel de Fluvià · Vilamalla · Figueres · Vilajuïga · Llançà · Colera · Portbou · Cerbère
Mitja distància Ca3.svg Barcelona - Reus - Riba-roja d'Ebre -Barcelona-Estació de França / Barcelona-Sant Andreu Comtal · Barcelona-Clot- · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Sants · Vilanova i la Geltrú · Sant Vicenç de Calders · Tarragona · Vila-seca de Solcina · Reus · Les Borges del Camp · Riudecanyes-Botarell · Duesaigües-L'Argentera · Pradell · Marçá-Falset · Capçanes · Els Guiamets · Móra la Nova · Ascó · Flix · Riba-roja d'Ebre
Ca4aBorges.jpg Barcelona - La Plana - Lleida Barcelona-Estació de França / Barcelona-Sant Andreu Comtal · Barcelona-Clot- · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Sants · Vilanova i la Geltrú · Sant Vicenç de Calders · Roda de Mar · Roda de Barà · Salomó · Vilabella · Nulles-Bràfim · Valls · La Plana-Picamoixons · La Riba · Vilaverd · Montblanc · L'Espluga de Francolí · Vimbodí · Vinaixa · La Floresta · Les Borges Blanques · Juneda · Puigvert de Lleida · Lleida-Pirineus
Ca4aValls.jpg Barcelona - Tarragona - Lleida -Barcelona-Estació de França / Barcelona-Sant Andreu Comtal · Barcelona-Clot- · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Sants · Vilanova i la Geltrú · Sant Vicenç de Calders · Tarragona · Reus · La Selva del Camp · Alcover · La Plana-Picamoixons · La Riba · Vilaverd · Montblanc · L'Espluga de Francolí · Vimbodí · Vinaixa · La Floresta · Les Borges Blanques · Juneda · Puigvert de Lleida · Lleida-Pirineus
Ca4b.jpg L'Hospitalet de Llobregat - Manresa - Lleida L'Hospitalet de Llobregat · Barcelona-Sants · Barcelona-Plaça de Catalunya · Barcelona-Arc de Triomf · Barcelona-Sant Andreu Arenal · Torre del Baró · Montcada i Reixac-Manresa · Cerdanyola del Vallès · Barberà del Vallès · Sabadell Sud · Sabadell Centre · Sabadell Nord· Terrassa · Sant Vicenç de Castellet · Manresa · Rajadell · Aguilar de Segarra · Seguers-Sant Pere Sallavinera · Calaf · Sant Martí de Sesgueioles · Sant Guim de Freixenet · Cervera · Tàrrega · Anglesola · Bellpuig · Castellnou de Seana · Golmés · Mollerussa · Bell-lloc d'Urgell · Lleida-Pirineus
Mitja distància Ca6.svg Barcelona - Caspe - Zaragoza -Barcelona-Estació de França / Barcelona-Sant Andreu Comtal · Barcelona-Clot- · Barcelona-Passeig de Gràcia · Barcelona-Sants · Sant Vicenç de Calders · Tarragona · Reus · Les Borges del Camp · Riudecanyes-Botarell · Duesaigües-L'Argentera · Pradell · Marçá-Falset · Móra la Nova · Ascó · Flix · Riba-roja d'Ebre · Faió-La Pobla de Massaluca · Nonaspe · Fabara · Val de Pilas · Caspe · Chiprana · Escatrón · Samper · La Puebla de Híjar · Azaila · La Zaida-Sástago · Quinto · Pina · Fuentes de Ebro · El Burgo de Ebro · Zaragoza-Delicias
Mitja distància Ca7.svg Lleida - Balaguer - La Pobla de Segur Lleida-Pirineus · Alcoletge · Vilanova de la Barca · Térmens · Vallfogona de Balaguer · Balaguer · Gerb · Sant Llorenç de Montgai · Santa Linya · Vilanova de la Sal · Àger · Cellers-Llimiana · Guàrdia de Tremp · Palau de Noguera · Tremp · Salàs de Pallars · La Pobla de Segur

Liñas G

Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Galicia e poden saír puntualmente a Castela e León e Portugal:

Servizo Percorrido Paradas comerciais Tipo de tren
MD Vigo - Ourense Vigo-Guixar · Redondela · Guillarei · Ourense-Empalme serie 499
A Coruña - Lugo - Monforte de Lemos - Ourense A Coruña · Elviña-Universidade · O Burgo-Santiago · Cambre · Cecebre · Betanzos-Infesta · Oza dos Ríos · Cesuras · Piñoi · Curtis · Teixeiro · Guitiriz · Baamonde · Rábade · Lugo · Pedrelo-Céltigos · Sarria · Monforte de Lemos serie 594
A Coruña - Betanzos - Ferrol A Coruña · Elviña-Universidade · O Burgo-Santiago · Cambre · Cecebre · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Miño · Perbes · Pontedeume · Cabanas · Barallobre · Perlío · Neda · Ferrol
A Coruña - Santiago - Vilagarcía - Pontevedra - Vigo A Coruña · Cerceda-Meirama · Santiago de Compostela · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · Arcade · Redondela-AV · Vigo-Urzáiz serie 121
Avant A Coruña - Santiago - Ourense A Coruña · Santiago de Compostela · Ourense
Rexional Vigo - Pontevedra - Vilagarcía - Santiago - A Coruña (exclusivamente neste sentido) Vigo-Urzáiz · Redondela-AV · Arcade · Pontevedra · Pontevedra-Universidade · Vilagarcía de Arousa · Santiago de Compostela · Ordes · Cerceda-Meirama · Uxes · A Coruña
A Coruña - Santiago - Padrón - Pontecesures - Vilagarcía - Pontevedra - Redondela - Vigo A Coruña · Uxes · Cerceda-Meirama · Ordes · Santiago de Compostela · Osebe · A Escravitude · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · Pontevedra · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Vigo-Guixar serie 599
Santiago - Ourense Santiago de Compostela · Lalín · O Irixo · O Carballiño · A Friela-Maside · Ourense-Empalme serie 594
Rexional Exprés Vigo - Redondela - Guillarei - Ourense - Monforte de Lemos - León Vigo-Guixar · Redondela · O Porriño · Guillarei · Caldelas de Tui · Salvaterra · As Neves · Sela · Arbo · A Pousa-Crecente · A Frieira · Filgueira · Ribadavia · Ourense-Empalme · Os Peares · San Pedro do Sil · Santo Estevo do Sil · Areas · Canaval · Monforte de Lemos · San Clodio - Quiroga · A Rúa - Petín · O Barco de Valdeorras · Sobradelo · Quereño · Covas · Toural dos Vaos · Villadepalos · Ponferrada · León serie 440R/470
Vigo - Valença Vigo-Guixar · Redondela · O Porriño · Guillarei · Tui · Valença serie 596

Liñas L

Son as liñas de Media Distancia que unen cidades da costa de levante (Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia) entre si e con algunhas de Castela-A Mancha ou Aragón. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:

Liña Percorrido Estacións
L1 Valencia - Alacant - Murcia - Cartagena València-Nord · Xàtiva · Villena · Sax · Elda-Petrer · Novelda · Alacant-Terminal · Sant Gabriel · Torrellano · Elx Parc · Elx Carrús · Crevillent · Albatera-Catral · Callosa de Segura · Orihuela · Beniel · Los Ramos-Alquerías · Beniaján · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torrepacheco · Cartagena
L2 Alacant - Albacete - Alcázar de San Juan - Cidade Real Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Almansa · Albacete · La Gineta · La Roda · Minaya · Villarrobledo · Socuéllamos · Campo de Criptana · Alcázar de San Juan · Cinco Casas · Manzanares · Daimiel · Almagro · Cidade Real-Central
L3 Valencia - Albacete - Alcázar de San Juan València-Nord · Xàtiva · La Encina · Almansa · Alpera · Albacete · La Gineta · La Roda · Minaya · Villarrobledo · Socuéllamos · Campo de Criptana · Alcázar de San Juan
L4 Valencia - Xàtiva - Alcoi València-Nord · Xàtiva · El Genovés · Beniganím · La Pobla del Duc · Montaverner · Bufalí · Albaida · Agullent · Ontinyent · Agres · Cocentaina · Alcoi
L5 Valencia - Cuenca - Madrid València-Sant Isidre · Aldaya · Cheste · Chiva · Buñol · Requena · Utiel · Las Cuevas · Camporrobles · Villora · Yémeda-Cardenete · Arguisuelas · Carboneras de Guadazaón · Cañada del Hoyo · Cuenca · Chillarón · Villar de Saz · Cuevas de Velasco · Castillejo-Romeral · Caracenilla · Huete · Vellisca · Paredes de Melo · Huelves · Tarancón · Santa Cruz de Zarza · Villarrubia de Santiago · Noblejas · Ocaña · Ontígola · Aranjuez · Madrid-Puerta de Atocha
L6 Valencia - Teruel - Zaragoza - Huesca València-Nord · València-Cabanyal · Sagunt · Segorbe-Ciudad · Barracas · Rubielos de Mora · Mora de Rubielos · Sarrión · Puebla de Valverde · Puerto Escandón · Teruel · Cella · Santa Eulalia del Campo · Villafranca del Campo · Monreal del Campo · Torrijo del Campo · Caminreal · Calamocha Nueva · Navarrete · Lechago · Cuencabuena · Ferreruela · Villahermosa · Badules · Villadoz · Villarreal de Huerva · Encinacorba · Cariñena · Longares · Arañales-Muel · María Huerva · Zaragoza-Delicias · Zaragoza P. · Zuera · Tardienta · Huesca
L7 Valencia - Castelló de la Plana - Vinaròs - Tortosa València-Nord · València-Cabanyal · Sagunt · Vila-real · Castelló de la Plana · Benicàssim · Orpesa · Torreblanca · Alcalà de Xivert · Benicarló-Peníscola · Vinaròs · Ulldecona · L'Aldea-Amposta · Tortosa
L8 Murcia - Albacete Murcia del Carmen · Alcantarilla-Los Romanos · Cieza · Calasparra · Hellín · Albacete

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

    Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

    Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

    Apeadoiro de Redondela-Picota

    Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

    Avant

    Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

    Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

    Barcelona-Estació de França

    Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha das estacións de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

    A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

    Estación de Alxeciras

    A Estación de Algeciras é unha estación de ferrocarril de Adif, situada na cidade de Alxeciras. É a terminal da liña Bobadilla-Alxeciras. Nela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

    Atópase moi ben comunicada, ao estar situada na antiga travesía da estrada Cádiz-Málaga, xusto en fronte dunha estación de autobuses e a 500 metros do porto e heliporto da cidade.

    Estación de Barcelona-Sants

    Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

    A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

    Estación de Cádiz

    A estación de Cádiz é a estación central da cidade homónima incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación término de trens situada xunto á Praza de Sevilla, no centro de Cádiz.

    É cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz, de trens de Media distancia Renfe e de trens de longo percorrido. Pertence á zona 1 de Proximidades Cádiz.

    Estación de Córdoba

    A estación de Córdoba, chamada anteriormente Córdoba-Central, é unha estación de pasaxeiros situada na cidade andaluza de Córdoba. Tanto a estación de pasaxeiros como a de mercancías da cidade, son estacións de referencia do sur peninsular polo seu alto tráfico e o súa gran capacidade de conexións co resto do país. Ten paradas de autobús e taxis que facilitan o acceso aos viaxeiros a calquera punto da cidade.

    Ata Córdoba chega a liña de ferrocarril convencional que une Madrid co sur peninsular, tendo na cidade a separación da liña que leva ata Málaga e Alxeciras. A outra liña continúa cara a Sevilla, onde se separa á súa vez cara a Cádiz ou Huelva. Tamén chega ata Córdoba a liña de AVE, bifurcándose cara a Sevilla ou cara a Málaga e Granada.

    Está situada na Praza das Tres Culturas, cun acceso fácil pola Rolda Oeste de Circunvalación de Córdoba.

    A estación de Córdoba foi construída para facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade, que se comezou a fraguar polo goberno español en 1986 cando decidiron construír o Novo Acceso Ferroviario a Andalucía (NAFA) en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países.

    Durante a súa construción, apareceron restos arqueolóxicos que quedaron parcialmente destruídos. A antiga estación de Cercadilla quedou en desuso (actualmente é a sede de RTVA provincial).

    A estación posúe catro vías con ancho internacional especial para os trens de alta velocidade e outras catro de ancho ibérico para os servizos de Media distancia Renfe e longo percorrido por ancho ibérico.

    Córdoba tamén conta cos apeadoiros de Rabanales, El Higuerón e Villarrubia, os cales (fóra de Rabanales) non están en uso. Espérase a continuación do seu servizo coa posta en marcha da liña de Proximidades de Córdoba.

    Estación de Murcia del Carmen

    Murcia del Carmen é a estación de ferrocarril de Murcia, situada no barrio murciano do Carmen. Forma parte da rede de estacións de Adif e é o punto de cruzamento das liñas Chinchilla-Cartaxena (P.K. 459,9) e Murcia-Águilas.

    Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca e Cartagena-Montpellier, trens Altaria entre Madrid e Cartaxena ou Madrid e Murcia, os trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens das liñas C-1 e C-2 de Proximidades Murcia/Alacant, sendo cabeceira de ambas as liñas.

    Estación de Málaga-María Zambrano

    Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga. A estación leva o nome de María Zambrano dende 2007, xa que antes chamábase Málaga-Término.

    É cabeceira da liña C-2 de Proximidades Málaga, situada na zona 0 da rede, parada de trens de Media distancia Renfe e de trens de longa distancia.

    Estación de Pontecesures

    Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

    Estación de Sagunt

    Sagunt é a estación de ferrocarril de Adif da localidade valenciana de Sagunt. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 29,2) e á liña Zaragoza-Valencia (P.K. 269,6), sendo o punto onde ambas se separan. Está situada xunto á Avenida do País Valencià (travesía da N-340 en Sagunt).

    A estación ten parada de trens das liñas C-5 e C-6 de Proximidades Valencia, das liñas L-6 e L-7 de Media distancia Renfe e de trens Alaris e Talgo de longo percorrido.

    Estación de Xàtiva

    Xàtiva é a estación de ferrocarril de Adif da localidade valenciana de Xàtiva. A estación é pasante para a liña La Encina-Valencia (P.K. 57,2), e é terminal para a liña Xàtiva-Alcoi, estando situada entre o centro urbano e o Polígono Industrial de Xàtiva, xunto á Avenida Ausías Marc.

    A estación ten parada de trens de longa distancia, de media distancia das liñas L-1, L-3 e L-4 e da liña C-2 de Proximidades Valencia. É cabeceira de parte dos trens de proximidade.

    R-598 (Renfe)

    R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

    Rexional, Renfe

    Os trens Rexional, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar a maior parte dos concellos que posúen ferrocarril de cada provincia coa capital provincial ou autonómica, dentro dun raio de acción máximo de 300 km, con algunhas e contadas excepcións.

    Rexional Exprés

    Os trens Rexional Exprés, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar de forma rápida os principais municipios de cada provincia coa capital provincial, autonómica ou estatal. A diferenza cos trens de Media Distancia marcados como Rexional estriba en que nestes últimos non existe a reserva de praza. Orixinalmente os Rexional Exprés caracterizábanse tamén por ter menos paradas, regra que xa non adoita cumprirse.

    Serie 121 de Renfe

    A serie 121 de Renfe ou AVR (Ancho Variable Rexional) é unha familia de trens automotores eléctricos de alta velocidade de largo variábel fabricados por CAF e Alstom. Realizan servizos denominados Avant, MD e Rexionais dentro da área de Media Distancia de Renfe Operadora, ademais de servizos Intercity.

    Dispoñen de cambio de largo e poden operar con dúas tensións (3 kV cc e 25 kV ca). Teñen unha velocidade máxima de 250 km/h. Existe unha versión destinada a servizos de Longa Distancia, denominada serie 120.

    Serie 598 de Renfe

    A Serie 598 de Renfe é unha familia de automotores rexionais diésel dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. Foron fabricados pola empresa vasca CAF. Acadan unha velocidade de 160 km/h.

    TRD (Renfe)

    TRD (Tren Rexional Diésel) foi un servizo ferroviario de Media Distancia (orixinariamente da Unidade de Negocio de Rexionais RENFE) convencional prestado por Renfe Operadora en España. De gama media e baixa capacidade para traxectos directos ou semidirectos en liñas non electrificadas, todos os trens deste tipo foron servidos sempre con material da serie 594.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.