Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Medalla Castelao
Medalla Castelao Icona vectorial

Metal:Prata
Medidas:50 mm x 36 mm
Lenda
Deus fratresque Gallaeciae
(Deus e os irmáns de Galicia)

Historia e características

Foi creada en 1984 [1] e outórgase cada 28 de xuño, coincidindo co regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia en 1984, para ser inhumado no Panteón de Galegos Ilustres, de Santiago de Compostela. Concédese por acordo da Xunta de Galicia, previa proposta das institucións ou entidades galegas, sexa a persoas ou a organismos, coa única condición de que non pode concederse a título póstumo.

Fisicamente, a Medalla Castelao mide 50 mm no seu eixo maior e 36 no menor[2]. Reproduce no anverso a cruz deseñada por Castelao para As cruces de pedra na Galiza, sobre fondo azul, e a lenda "Deus fratresque Gallaeciae"; e no reverso o nome da persoa distinguida e a data de concesión. A medalla vai pendurada cun cordón trenzado en branco e azul.

As Medallas Castelao concédense a un número variable de persoas cada ano.

Galardoadas/os

2019

Outras persoas homenaxeadas en edicións anteriores poden consultarse na categoría correspondente.

Notas

  1. Decreto 170/1984, de 27 de xuño, polo que se crea a Medalla Castelao (DOG nº 230, de 13.12.1984).
  2. Imaxe da medalla.
  3. Vigo, Faro de. "Las Medallas Castelao 2019 de Galicia hablan femenino". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-07. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca García Montenegro

Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.

Carmen Porto Vázquez

María Carmen Porto Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1938, é unha destacada radióloga galega. En 2011 foi distinguida cunha medalla Castelao pola Xunta de Galicia.

César Antonio Molina

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Emilio González López

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de setembro de 1903 e falecido en Nova York o 19 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego, catedrático de Dereito Penal en varias universidades, deputado a Cortes durante a Segunda República Española, cónsul xeral en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Medalla Castelao en 1984.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Fernando Ónega

Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Isabel Aguirre

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Maruxa Méndez

Maruxa Méndez Otero, nada o 20 de setembro de 1914 en Lavadores (antigo concello, hoxe pertencente a Vigo) e finada en Vigo o 24 de abril de 2005, foi unha costureira e promotora da danza tradicional galega viguesa.En 1958 creou un coro que a partir de 1963 levaría o nome de Lembranzas Galegas, e ao que máis tarde se lle engadiría unha sección de agrupación folclórica. En 1974 instaurou o costume de facerlle unha ofrenda floral ao Cristo da Vitoria.

Recibiu a Medalla Castelao en 1987 e o título de Viguesa Distinguida en 1988. Leva o seu nome un festival folclórico anual que se celebra no barrio vigués de Lavadores.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Milagros Rey Hombre

Milagros Rey Hombre, nada en Madrid o 22 de outubro de 1930 e finada o 17 de marzo de 2014, foi a primeira arquitecta galega.

Natasha Vázquez Ruiz

Natasha Vázquez Ruiz, nada en Moscova o 30 de abril de 1967 é unha xornalista e cineasta cubana de orixe galega.Ten dirixido e producido diversos documentais, a maioría relacionados coa emigración galega a Cuba, cos que gañou numerosos premios, entre eles a Medalla Castelao.

Proxecto Galicia

O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

The Chieftains

The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta polo cine.

Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ultimamente o grupo intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Xosé Lois González Vázquez

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.