Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Coordenadas: 42°26′39.50″N 8°46′54.30″O / 42.4443056, -8.7817500

Meaño
Bandeira de Meaño
---
Escudo de Meaño
CMeaño
Casa do concello.
Situacion Meaño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación5.315 hab. (2018)
Área27,8 km²
Densidade191,19 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Vieitez Fenández (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: MI 5
Eleccións municipais en Meaño
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes69,03%
Na rede
http://www.concellodemeano.com

Poboación

Censo total 2014 5.428 habitantes
Menores de 15 anos 783 (14.42 %)
Entre 15 e 64 anos 3.472 (63.96 %)
Maiores de 65 anos 1.173 (21.61 %)
Evolución da poboación de Meaño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.149 4.519 5.048 5.801 5.489 5.465 5.444 5.453 5.421 5.428 5.382 5.341 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

O concello está encravado en pleno corazón da comarca do Salnés, aberto na súa parte baixa á ría de Arousa. Limita ó norte co concello de Ribadumia, ó sur con Sanxenxo, ó leste con Meis e Poio, e ó oeste con Sanxenxo, Cambados e a Ría de Arousa.

Os seus 28 km² de extensión albergan unha poboación de 5.475 habitantes, distribuídos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello, sendo Dena a máis densamente poboada (con 2.248 habitantes, a metade da poboación do concello) e a única en contacto co mar.

O concello está atravesado pola Autovía do Salnés, AG -41 (antes Vía Rápida VG-4.1), pola estrada comarcal C-550, de VilagarcíaO Grove, e polo enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas de Reis e outras estradas locais.

Xeografía

O relevo está configurado por dúas unidades: unha pequena dorsal montañosa, que se estende ao leste do concello, prolongación surocidental do Castrove, onde se alcanzan altitudes non superiores aos 400 metros (Fontefría 396, Montemaior 280 e Chan de Lores 271); e ampla chaira salpicada dalgúns soutos ou outeiros duns 100 metros de altitude. O reborde montañoso elevado é un bloque levantado pola tectónica, ao mesmo tempo ca parte máis baixa e chá, unha depresión formada a consecuencia do afundimento deste sector respecto ao primeiro. Este amplo val foi posteriormente recuberto por fértiles depósitos aluviais, sobre os que se instalou, sen apenas encaixarse, a rede fluvial. Son pequenos cursos de auga, destacando o río da Chanca, que nace nas fontes de Fontefría e Montemaior.

A ausencia de barreiras topográficas aos ventos húmidos dominantes do SO, propicia que se recollan importantes precipitacións, que presentan un acusado máximo a finais do outono e principios do inverno e un mínimo estival. As temperaturas medias invernais son suaves, en torno aos 10 °C, e as estivais cálidas (20 °C).

A principal actividade económica de Meaño é a agricultura. As condicións climáticas, litolóxicas e topográficas determinan o enorme potencial e fertilidade dos seus solos, sobre todo para cultivos intensivos de horta cunha clara orientación comercial; neste senso nos últimos anos aumentou moito a superficie cultivada baixo teito (invernadoiros), así como as hectáreas dedicadas a cultivos como o kiwi. Mención á parte merece o viñedo, que experimentou unha profunda transformación, tanto na mellora das variedades de vide (hoxe dominan amplamente as de albariño e caíño), como nas técnicas de enmarcado e manexo das explotacións vitivinícolas, que propiciou a aparición de importantes empresas no sector. A variedade de Albariño, encadrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrou varios premios internacionais, dando fama e renome aos brancos aromáticos, afrutados e xoves caldos do val do Salnés. No concello formouse a Agrupación de Colleiteiros do Salnés.

Turismo

Meaño permite gozar da tranquilidade e o descanso a poucos quilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ao interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira.

Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ao norte pode visitarse Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.

Cara ao sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de arenais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do istmo da Lanzada, entramos no concello do Grove, co monte Siradella, San Vicente do Mar e a Illa da Toxa.

A parroquia máis turística é Dena e tamén a máis importante do concello de Meaño, pois ela soa ten máis habitantes que as outras seis parroquias xuntas. Conta cunha boa e desenvolvida industria e boa conectividade para o resto das parroquias limítrofes. Tamén é a única parroquia do concello que dá ao mar, e dálle nome á entrada de auga que fai a desembocadura do río da Chanca, diante da illa da Toxa, entrada que se coñece co nome de Ría de Dena; esta pecualiaridade fai a Dena moi distinta do resto do concello, onde normalmente a economía está concentrada na agricultura. Dena xa tiña, en tempos antigos, outra forma de sustentación dos seus poboadores, con telleiras, serradoiros, fábricas de ladrillos e outras actividades, como a pesca, o marisqueo etc. Hoxe, Dena vive moito do turismo pero a súa principal actividade é sen dúbida a industria de materiais de construción e unha imparábel oferta inmobiliaria

Patrimonio histórico e artístico

  • Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Covas.
  • Igrexa Parroquial de Santa María de Simes
  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
  • Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
  • Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil

Patrimonio etnográfico

Itinerarios e rutas

  • Ruta monumental: ruta turística visitando os principais monumentos arquitectónicos: igrexas, capelas e pazos.
  • Ruta dos miradoiros: visitando o miradoiro de San Cibrán de Covas, admirando as paisaxes desde o Chan de Lores, desde Monte Castrove e desde Fontefría.
  • Ruta dos muíños: Meaño conta cunha gran cantidade de muíños de auga, algúns restaurados. Esta ruta propón un percorrido por gran parte deles, gozando das paisaxes naturais que os arrodean. É unha ruta de sendeirismo.
  • Ruta do Viño: ruta pola bisbarra do Salnés, visitando cada un dos municipios que o conforman, nos que se pode degustar o viño da denominación de orixe Albariño.
  • Ruta Marítima Xacobea: ruta en barco polos municipios da Ría de Arousa ata chegar a Pontecesures, onde enlaza co Camiño Portugués cara Santiago de Compostela.

Calendario de festas e romarías

  • Santo Amaro (Meaño): 15 de xaneiro
  • Romería de San Brais (Simes): 3 de febreiro
  • San Bieito (Lores): 11 de xullo
  • San Bieito de Palermo (Covas): martes de Pascua
  • Santo Isidro Labrador (Meaño): 15 de maio
  • San Xoán (Meaño): 24 de xuño
  • Santa Cristina (Covas): 24 de xullo
  • Santa María (Simes): 15 de agosto
  • Nosa Señora dos Milagres (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Nosa Señora das Angustias (Xil): 3º domingo de setembro
  • San Martiño (Padrenda): 11 de novembro
  • Santa Eulalia (Xil): 10 de decembro
  • Santa Lucía (Dena): 13 de decembro
  • Santa Eulalia (Dena): 14 de decembro

Eventos populares

  • Festival de Bandas de Música (Meaño): último domingo de abril
  • Carreira Popular (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Carreira de camas sobre rodas (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Festival de Baile Rexional (Meaño): 2º domingo de setembro

Meaño na literatura popular

  • Lévame de eiquí pra Goubes,/ miña cariña de rosa;/ lévame de eiquí pra Covas/ que esta terra non é nosa [5].
  • San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.
Cruceiro Dena, Meaño

Cruceiro de Dena

Quinta de San Amaro, Meaño, Galiza

Quinta de San Amaro

Quinta de San Amaro, Meaño (Galiza)

Lugares de Meaño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meaño vexa: Lugares de Meaño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Meaño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Fermín Bouza Brey 1929, 193. No orixinal: Cobas. Santa Cristina de Covas é parroquia de Meaño pero Goubes (nin Gouves) non consta no Nomenclátor. A cantiga foi recollida en Meis.
  6. Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
A Eirexe, Dena, Meaño

A Eirexe é un lugar da parroquia de Dena no concello pontevedrés de Meaño na comarca do Salnés. Tiña 202 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 104 eran mulleres e 98 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 211 veciños, e 2005, cando eran 238.

Abuín, Dena, Meaño

Abuín é un lugar da parroquia de Dena no concello pontevedrés de Meaño na comarca do Salnés. Tiña 66 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 31 eran mulleres e 35 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 68 veciños, e 2005, cando eran 71.

Cambados

Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 13.895 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambadés.

Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Covas

Unha cova é unha cavidade entre as rochas. Como topónimo, Covas pode referirse a:

Covas, parroquia eclesiástica do arciprestado dos Milagres;

Covas, parroquia do concello de Maceda, pertencente a dita parroquia eclesiástica;

Covas, parroquia do concello de Montederramo, pertencente a dita parroquia eclesiástica;

Covas, lugar de dita parroquia;

Covas, parroquia do concello de Ames;

Covas, lugar de dita parroquia;

Covas, parroquia do concello de Baralla;

Covas, lugar de dita parroquia;

A Ponte Covas, lugar de dita parroquia;

Covas, parroquia do concello dos Blancos;

Covas, parroquia do concello de Ferrol;

Covas, parroquia do concello de Meaño;

Covas, parroquia do concello de Negreira;

Covas, parroquia do concello do Pereiro de Aguiar;

Covas, parroquia do concello de Rubiá;

Covas, parroquia do concello de San Cristovo de Cea;

Covas, parroquia do concello de Viveiro;

Covas, lugar de dita parroquia;

Covas, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Ames;

Covas, lugar da parroquia de Viñós, no concello de Arzúa;

Covas, lugar da parroquia de Bergondo, no concello de Bergondo;

Covas, lugar da parroquia de Ribela, no concello de Coles;

Covas, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Covas, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis;

Covas, lugar da parroquia de Forcarei, no concello de Forcarei;

Covas, lugar da parroquia de Abades, no concello de Silleda;

Covas, lugar da parroquia de Cortegada, no concello de Silleda;

Covas, lugar da parroquia de Carbia, no concello de Vila de Cruces;

As Covas, lugar da parroquia de Vilaspasantes, no concello de Cervantes;

As Covas, lugar da parroquia do Ézaro, no concello de Dumbría;

As Covas, lugar da parroquia de Paradela, no concello da Estrada;

As Covas, lugar da parroquia da Viña, no concello de Irixoa;

As Covas, lugar da parroquia de Meaño, no concello de Meaño;

As Covas, lugar da parroquia de Castañedo, no concello de Navia de Suarna;

As Covas, lugar da parroquia de Álvare, no concello da Pastoriza;

As Covas, lugar da parroquia de Moreira, no concello de Ponteareas;

As Covas, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez;

As Covas, lugar da parroquia de Augas Mestas, no concello de Quiroga;

As Covas, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Santa Comba;

As Covas, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño;

As Covas, lugar da parroquia de Valencia do Sil, no concello de Vilamartín de Valdeorras;

As Covas, lugar da parroquia de Burgás, no concello de Xermade;

Covas de Abaixo, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

Covas de Abaixo, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo;

Covas de Arriba, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

Covas de Arriba, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo;

Covas do Río, lugar da parroquia de Zarracós, no concello da Merca;

O Coto de Covas, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo.

Covas, Meaño

Santa Cristina de Covas é unha parroquia que se localiza ao norte do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 326 habitantes (160 mulleres e 166 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 348 veciños, e 2005, cando eran 365. Ten unha superficie de 2,27 km².

Dena, Meaño

Santa Eulalia de Dena é unha parroquia do concello pontevedrés de Meaño. Ten 12 aldeas, nas que vivían 2.214 persoas (1.139 mulleres e 1.075 homes), segundo datos do padrón municipal de habitantes de 2016, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 2.252 veciños, e 2005, cando eran 2.222.

Dorrón, Sanxenxo

San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra.

Segundo o IGE, en 2016 tiña 1.393 habitantes (722 mulleres e 671 homes), o que supón un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 1.412 habitantes, pero un ascenso respecto ó ano 2000, cando tiña 1.328.

A parroquia ten unha superficie de 5,6 km 2, distribuída en 13 entidades de poboación.

Eleccións municipais en Meaño

Corporacións democráticas en Meaño desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Germán Manuel Rodiño González — UCD

1983 Alcalde: Germán Manuel Rodiño González — CIG

1987 Alcalde: Germán Manuel Rodiño González — AP

1991 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — Independentes de Meaño

1995 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — Independentes de Meaño

1999 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — Independentes de Meaño

2003 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — PPdeGModelo:Meaño 2003

2007 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — PPdeGModelo:Meaño 2007

2011 Alcalde: Jorge Domínguez Rosal — PPdeG, finado en novembro de 2012. Foi substituído polo tenente de alcalde José Ramón Tilve e finalmente foi elixida alcaldesa Lourdes Ucha Varela.

2015 Alcaldesa: Lourdes Ucha Varela — PPCandidatos: Lourdes Ucha Varela (PP), José Manuel Aspérez Montes (Meaño Independiente), Icía García Fernández (PSdeG-PSOE), Francisco Pombo Rey (CxG-CCTT) e Rodrigo Pazos Castro (BNG).

Ganón, Xil, Meaño

Ganón é un lugar da parroquia de Xil no concello pontevedrés de Meaño na comarca do Salnés. Tiña 133 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 71 eran mulleres e 62 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando eran 142 veciños, e 2005, cando eran 160.

Gondar, Sanxenxo

San Tomé de Gondar é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 816 habitantes (417 mulleres e 399 homes), o que significa un descenso poboacional respecto ós anos anteriores: en 2009 tiña 852 habitantes, e no ano 2000 eran 829 habitantes. Distribúese en 11 entidades de poboación.

Situada ó norte do concello, linda ó norte e ó este co concello de Meaño; ó este coa parroquia de Nantes; ó oeste coas parroquias de Vilalonga e Noalla e ó sur coa da Adina.

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de Gondar anexionouse á de San Pedro de Vilalonga. Non figura como parroquia na páxina web do concello de Sanxenxo [1].

Lores, Meaño

San Miguel de Lores é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 630 habitantes (317 mulleres e 313 homes), un máis que en 2010 e 24 máis que en 2005. Ten oito entidades de poboación, e unha superficie de 3,25 km².

Meaño, Meaño

San Xoán de Meaño é unha parroquia que se localiza no centro do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 491 habitantes (252 mulleres e 239 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ós anos 2010, cando tiña 509 veciños, e 2005, cando eran 522. Ten unha superficie de 2,76 km².

No lugar das Covas sitúase a capitalidade do concello.

Morouzos, Dena, Meaño

Morouzos é un lugar da parroquia de Dena no concello pontevedrés de Meaño na comarca do Salnés. Tiña 129 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 66 eran mulleres e 63 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 146 veciños, e 2005, cando eran 149.

Padrenda, Meaño

San Martiño de Padrenda é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Meaño, lindando con Cambados e Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 448 habitantes (238 mulleres e 210 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un retroceso respecto ós anos 2010, cando tiña 467 veciños, e 2005, cando eran 480. Ten unha superficie de 2,18 km².

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Simes, Meaño

Santa María de Simes é unha parroquia que se localiza no leste do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 542 habitantes (283 mulleres e 259 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 561 veciños, e 2005 cando eran 564. Ten unha superficie de 6,05 km².

Xil, Meaño

Santa Eulalia de Xil é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 690habitantes (346 mulleres e 344 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón manter a poboación que tiña en 2010, cando eran 689 veciños, pero un descenso respecto ó ano 2005, cando eran 719. Ten unha superficie de 5,93 km².

Desta parroquia é o equipo de fútbol Club Deportivo Xil, fundado en 1973.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.