Mazaricos

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Coordenadas: 42°56′12.83″N 8°59′26.65″O / 42.9368972, -8.9907361

Mazaricos
Escudo de Mazaricos
Casa do Concello de Mazaricos-Galiza
Casa do concello.
Situacion Mazaricos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Xallas
Poboación3.947 hab. (2018)
Área187,3 km²
Densidade21,07 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJuan José Blanco Riveiro (BNG)
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Mazaricos
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes96,42%
Na rede
www.mazaricos.gal
correo@mazaricos.gal

Demografía

Censo Total (Habitantes) 4.289 (2014)
Menores de 15 anos 308 (7.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.573 (60 %)
Maiores de 65 anos 1.408 (32.83 %)
Evolución da poboación de Mazaricos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.036 6.769 7.183 6.757 5.639 4.533 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el —antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría—. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo). Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

A oscilación térmica anual é de 10 °C, e a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).

A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Historia

Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo. Así mesmo, no lugar de Monteagudo atópase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.

Economía

Case a metade da poboación dedícase ao sector primario en pequenas parcelas destinadas ao autoconsumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, aínda que minguadas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.

Cultura

Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mazaricos.
Dolmen Mina da Perxubeira

Dolmen Mina da Perxubeira.

Lugares de Mazaricos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Alborés, Mazaricos

San Mamede de Alborés é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 226 habitantes (119 mulleres e 107 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Antes, Mazaricos

San Cosme de Antes é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2015 tiña 329 habitantes (175 mulleres e 154 homes), 155 menos ca en 199. Ten catro entidades de poboación.

Arcos, Mazaricos

Santiago de Arcos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 308 habitantes (157 mulleres e 151 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

As Maroñas, Mazaricos

Santa Mariña das Maroñas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 318 habitantes (176 mulleres e 142 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 489 habitantes. Ten unha igrexa do século XII.[Cómpre referencia]

Beba, Mazaricos

San Xián de Beba é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 366 habitantes (203 mulleres e 163 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.

Castelo de Brandufe

O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.

Chacín, Mazaricos

Santa Baia de Chacín é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 641 habitantes (343 mulleres e 298 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.

Coiro, Mazaricos

Santa María de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 449 habitantes (221 homes e 228 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 710 habitantes.

Colúns, Mazaricos

San Salvador de Colúns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 332 habitantes (174 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 542 habitantes.

Comarca do Xallas

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391 km² e no 2014 tiña 14.008 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Corzón, Mazaricos

San Cristovo de Corzón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 265 habitantes (131 homes e 134 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 443 habitantes.

Lugares de Mazaricos

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Mazaricos

Manuel González González

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Matasueiro, Outes

San Lourenzo de Matasueiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 213 habitantes (98 homes e 115 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

O lugar de Matasueiro atópase a 5 km da capital do concello, A Serra, en dirección Pino do Val (Mazaricos), a carón do río Entíns.

Mazaricos, Mazaricos

San Xoán de Mazaricos é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 536 habitantes (265 mulleres e 271 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Os Vaos, Mazaricos

San Tomé dos Vaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 103 habitantes (51 mulleres e 52 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.

Varias aldeas da parroquia dos Vaos como A Pesqueira, O Ribeiro, O Cotón, Pazos ou Castrerón quedaron somerxidas en 1966 pola construción do encoro da Fervenza.

San Fins de Eirón, Mazaricos

San Fins de Eirón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2009 tiña 365 habitantes (188 mulleres e 177 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 497 habitantes.

Valadares, Outes

San Miguel de Valadares é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 382 habitantes (179 home e 203 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 564 habitantes. A súa superficie é de 16.55 quilómetros cadrados, sendo a segunda parroquia do concello en superficie, mais só a sétima en poboación. Sitúase ó noroeste do concello, lindando co concello de Mazaricos e coas parroquias de San Lourenzo e Outes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.