Maximino Zumalave

Maximino Zumalave Caneda, nado en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 1956[1], é un director de orquestra e pianista galego. Actualmente é o director asociado da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

Maximino Zumalave
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Maximino Zumalave at the LIX Musica en Compostela
Nacemento22 de xaneiro de 1956
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Zumalave formouse musicalmente en Santiago de Compostela, Madrid, Viena e Stuttgart, sendo discípulo de Ángel Brage, Guillermo González, Rosa Sabater, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Foi o fundador e director do Coro Universitario de Santiago de Compostela (1979-1985) e do Collegium Compostellanum (1988), así como principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e fundador da Real Filharmonía de Galicia (1996), compartindo a dirección con Helmuth Rilling ata o ano 2000. Actualmente é Director Asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e Profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela. En febreiro de 1995 foi elixido Académico da Real Academia Galega de Belas Artes.

Con Maximino Zumalave actuaron solistas do talle de Tzimon Barto, Charlote Margiono, María Bayo, Ernesto Bitetti, Veronique Gens, Alicia de Larrocha, Rudolf Buchbinder, Aldo Ciccolini, Wolfgang Holzmair, Josep Colom, Iris Vermillion, Nicolaus Lahusen, Agustín León Ara, Joaquín Achúcarro, Valentín Georghiu, Anthony Rolfe Jonson, Gyorgy Sandor, Alicia Nafé, Joaquín Soriano, María Orán, e Frank Peter Zimmermann entre outros. Amais de colaborar frecuentemente con Teresa Berganza en concerto en diferentes países de Europa.

Dirixiu importantes orquestras internacionais como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, a Orquestra Sinfónica de Praga, o Monteverdi Choir de Londres, o Coro da Filharmónica de Praga, a Orquestra Sinfónica de Odense (Dinamarca), a Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, The Brabants Orchester (Eindhoven), a Orquestra Nacional de Lille, Orkest van het Oosten (Enschede), a Orquestra Sinfónica do Porto, o Bach-Collegium, o Gächinger Kantorei, os English Baroque Soloist etcétera, así como numerosas orquestras españolas como a Orquesta Nacional de España, a Orquesta Sinfónica de Madrid, a Orquesta Ciudad de Barcelona, a Orquesta Sinfónica de Tenerife, a Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, a Orquesta de Cámara Reina Sofía, a Bética - Filarmónica de Sevilla, a Orquesta Ciudad de Granada, o Coro de RTVE, o Coro da Fundación Príncipe de Asturias etc.

Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, Antón García Abril, Rogelio Groba Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo etc, coidando especialmente as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Macías, Xavier de Paz, Pereiro, Vázquez o Viaño.

No campo da música popular, ten colaborado en gravacións e concertos con artistas como Björk e o grupo Milladoiro (para a gravación da suite Iacobus Magnus coa English Chamber Orquestra realizada en Londres).

Con motivo da celebración de Santiago de Compostela Capital Europea da Cultura 2000, Zumalave dirixiu unha xira de concertos a un coro de 90 rapaces das nove capitais que ese ano compartían o galardón, comezando en Reiquiavik, e visitando posteriormente Bruxelas, Helsinqui, Tallin, Cracovia, Avignon, Boloña, Santiago de Compostela, e Bergen.

Como docente hai que salientar a gran cantidade de concertos didácticos que ten ofrecido e as súas leccións na cátedra de Teatro Lírico e Sinfonismo dos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Maximino Zumalave é membro do Consello Directivo do Auditorio de Galicia, do relatorio de música do Consello da Cultura Galega, e fundador da Sociedade Filarmónica de Compostela. Amais, o seu fervor pola música de J.S. Bach levouno a ser membro da Neue Bach Geselischaft (en galego Nova Sociedade Bach) e a lograr para Santiago de Compostela a sede española dos cursos da International Bach Akademie.

Zumalave tamén foi convidado en numerosas ocasións a participar como xurado en certames e premios internacionais e compaxina a súa carreira como director coa composición (de xeito case anecdótico), sendo autor de pezas para coro sobre textos de Rosalía de Castro e Miguel Hernández, de música incidental para obras para teatro como Libertad en Bremen de Fassbinder; de música relixiosa - Misa en galego para coro de voces iguais e órgano - e composicións de cámara e para canto e piano.

En xuño do 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Zumalave Caneda, Maximino". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

22 de xaneiro

O 22 de xaneiro é o 22º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 343 días para finalizar o ano, 344 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Caneda

O topónimo galego Caneda pode referirse a:

Caneda, parroquia do concello de Monforte de Lemos;

Caneda, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Boqueixón;

Caneda, lugar da parroquia de Morillas, no concello de Campo Lameiro;Amais, como apelido pode referirse a:

Antonio Caneda Rodríguez, mestre e político galego (1906-1937);

José María Caneda, empresario galego (n. 1947);

Manuel Estévez Caneda, político galego (1824-1893);

Marcelino Astray de Caneda, médico, militar e político galego (c. 1826-1899);

Maximino Zumalave Caneda, director de orquestra e pianista galego (n. 1956);

Modesto Lomba Caneda, deseñador de moda galego (n. 1962);

Xosé Emilio Vicente Caneda, xornalista, profesor e político galego (1980);

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

O arame

O arame é unha ópera de cámara nun acto con música de Juan Durán sobre un libreto en galego de Manuel Lourenzo, procedente do texto do propio Lourenzo Camiñar polo arame cunha lata de cervexa. A súa estrea tivo lugar no Teatro Colón da cidade da Coruña o 13 de setembro de 2008 baixo a batuta do director compostelán Maximino Zumalave á fronte do Grupo Instrumental Siglo XX. Trátase da primeira ópera galega do século XXI e a segunda da historia.É a segunda ópera galega da historia, tras O Mariscal (1929). Conta a historia de dous vellos cómicos que regresan ó seu lugar de orixe, o mar de Fisterra, para reflexionar sobre o sentido do seu paso polo mundo.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) é unha orquestra filharmónica con base en Santiago de Compostela. Creada pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, comezou a súa andaina en febreiro de 1996 cun concerto dirixido polo mestre Helmuth Rilling. Dende 2013 o seu director principal é o británico Paul Daniel, mentres que o compostelán Maximino Zumalave e o tamén británico Jonathan Webb ocupan os cargos de director asociado e principal director convidado respectivamente. Ten a súa sede no Auditorio de Galicia da capital galega, onde presenta a súa tempada de concertos.

Levou a cabo xiras e concertos por Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, así como algunhas das mellores salas e ciclos de concertos de España.

A Real Filharmonía de Galicia está estreitamente vinculada á Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia dende a creación desta última, formando un único proxecto xestionado polo Consorcio de Santiago.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.