Maximiliano I de Habsburgo

Maximiliano I de Habsburgo, nado en Wiener Neustadt o 22 de marzo de 1459 e falecido o 12 de xaneiro de 1519 en Wels, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1508 (de facto, a partir de 1493) até á súa morte.

Maximiliano I
Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico; Arquiduque de Austria; Duque de Borgoña
Albrecht Dürer - Portrait of Maximilian I - Google Art Project
Retrato por Albrecht Dürer.
Rei dos xermanos (Rei de romanos)
16 de febreiro de 148612 de xaneiro de 1519
PredecesorFederico III de Habsburgo
SucesorCarlos V de Habsburgo
Sacro Emperador Romano-Xermánico, Arquiduque de Austria
19 de agosto 149312 de xaneiro de 1519
PredecesorFederico III de Habsburgo
SucesorCarlos V de Habsburgo

Coroación9 de abril de 1486
Nacemento22 de marzo de 1459
Wiener Neustadt, Austria
Falecemento1 de decembro de 1519
Wels, Upper Austria
SepulturaWiener Neustadt, Austria
Cónxuxe/sMaría de Borgoña (1477-1482)
Ana da Bretaña {anulado}
Bianca Maria Sforza
DescendenciaFilipe I o Fermoso
Margarida de Austria (Arquiduquesa)
ProxenitoresFederico III de Habsburgo
Leonor de Portugal

Traxectoria

Maximiliano era fillo do emperador Frederico III, do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da emperatriz D. Leonor de Portugal. Posuía tamén os títulos de conde do Tirol, duque da Estiria, señor da Suíza, duque da Carintia e señor da Suabia; por iso, ao conseguir ser electo emperador do Sacro Imperio, tornouse o máis poderoso dos príncipes alemáns desde Frederico II.

Casou en 1477 coa súa prima materna a duquesa María de Borgoña (1457-1482), filla de Carlos o Temerario. Enviuvando, Maximiliano loitou contra a Francia que quería anexar o territorio borgoñés (o que de feito conseguiu). Reuniu un consello de príncipes alemáns, para obter axuda e se coroar rei de Italia, o que non viu ocorrer.

En 1508, tras reinar sobre o Sacro-Imperio por 15 anos sen o título, e co consentimento do Papa Xulio II, el acaba coa necesidade de se cumprir a tradición do Sacro-Emperador ser coroado polo Papa para recibir o título, bastando así, soamente a súa elección como tal.

Foi sucedido no Imperio por seu neto Carlos V de Habsburgo.

Presentation Coin (Doppelguldiner) Showing Maximilian I (1459–1519) MET 67169

O emperador a cabalo.[1].

Presentation Coin (Doppelguldiner) Showing Maximilian I (1459–1519) MET 67170

O lado oposto da medalla.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 metmuseum.org (ed.). "Web del Metropolitan Museum of Art".
22 de marzo

O 22 de marzo é o 81º día do ano do calendario gregoriano e o 82º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.

Albrecht Dürer

Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.

As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511).

Dürer amosaba un dominio completo das distintas técnicas do gravado, abundante coñecemento da mitoloxía fantástica e unha factura minuciosa e detallada na que empregaba unha coidada perspectiva e ricos efectos de luz e sombra. Os seus intereses, consonte o espírito humanista do Renacemento, abranguían outros campos, como a xeografía, a arquitectura, a xeometría e a fortificación.Como pintor, a súa formación no gótico serodio fixo que amosase unha tendencia á dureza e á expresividade, así como un gran virtuosismo formal. Nas súas viaxes a Italia interesouse polas preocupacións teóricas da perspectiva e as proporcións do corpo humano.

Ana da Bretaña

Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Condado de Borgoña

Véxase tamén Franco Condado

O Condado de Borgoña (en francés, Comté de Bourgogne; en alemá, Freigrafschaft Burgund), foi un condado medieval que perdurou até os comenzos da Idade Moderna (de 982 a 1678), que corresponde en gran parte coa provincia tradicional e a actual rexión francesa do Franco Condado.

O seu nome en alemán aínda recorda o título infrecuente do seu conde, Freigraf («conde franco»), de aí o termo Freigrafschaft para o seu principado feudal.

Non debe confundirse co Ducado de Borgoña, que quedaba ao oeste e que era un feudo de Francia desde 843.

Condado de Holanda

O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X. En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo, a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns, e despois nos Países Baixos españois, extinguíndose en 1573.

Ducado de Borgoña

O Ducado de Borgoña foi un dos estados máis importantes da Europa medieval, que foi practicamente independente entre 880 e 1477.

Non debe ser confundido co condado de Borgoña, outro territorio de Francia.

A partir de 1006, o ducado foi un apanaxe (feudo concedido a un príncipe, en compensación de que só o primoxénito herdaría a coroa) gobernado sucesivamente por dúas liñaxes de sangue real, Capetos directos e Valois.

Como consecuencia do matrimonio do duque Filipe II o Atrevido con Margarida de Flandres, os Valois-Borgoña deron tal extensión ás súas posesións nos Países Baixos entre 1363 e 1477 que fixo que pretenderan converter ao seu Estado borgoñón nun estado independente. Porén, este crecemento tan rápido conduciu á formación dunha coalición encabezada pola Confederación Suíza e o duque de Lorena que infrinxiu unha serie de derrotas ao último duque Carlos o Temerario, quen finalmente encontrou a morte baixo as murallas de Nancy.

A Borgoña propiamente dita convértese incluso nun Goberno e unha Xeneralidade do reino de Francia. O seu territorio correspondía principalmente aos actuais departamentos de:

Côte-d'Or, con Dijon e Beaune,

Saona e Loira (Saône-et-Loire), con Chalon-sur-Saône,

e unha parte de Yonne, con Auxerre.O seu territorio aumentaría coa adición de Bresse e do Bugey, cando Savoia cedeu a Henrique de Borbón, rei de Francia e de Navarra, as súas posesións na beira dereita do Ródano.

En canto ás posesións dos duques de Borgoña nos Países Baixos, foi Carlos V, neto de Carlos o Termerario, quen fará deles unha entidade política independente.

Grazas á súa riqueza e vasto territorio, o ducado foi tanto política como economicamente moi importante. Tecnicamente eran vasalos do rei de Francia, pero os duques de Borgoña souberon manter unha política propia.

Expansión da Antiga Confederación Suíza

A expansión da Antiga Confederación Suíza é o período da Historia de Suíza que abrangue aproximadamente dende a creación das primeiras alianzas entre rexións, en 1291, até a entrada da Reforma protestante na xa madura Antiga Confederación Suíza, en 1516.

Esta época caracterizouse nos territorios alpinos polo estabelecemento de alianzas, nun principio febles, entre un número crecente de rexións e o seu progresivo fortalecemento até formar un estado independente do resto das potencias. Comezou como unha alianza entre as comunidades dos vales dos Alpes centrais para facilitar a satisfacción dos intereses comúns como o libre comercio e para asegurar a paz ao longo das importantes rutas comerciais a través das montañas. A finais da Idade Media, esta rexión pertencía ao Sacro Imperio Romano Xermánico e, por mor da súa importancia estratéxica, os emperadores Hohenstaufen garantíronlle a condición de reichsfrei (reino libre) a principios do século XIII. Como rexións reichsfrei, os cantóns (ou rexións) de Uri, Schwyz e Unterwalden ficaron baixo a autoridade directa do emperador, pero fóra do control intermedio de señores feudais, así que gozaban dunha ampla autonomía. Co auxe da dinastía dos Habsburgo, os reis e duques de Habsburgo buscaron estender a súa influencia sobre esta rexión e situala baixo o seu dominio. En consecuencia producíronse conflitos entre os Habsburgo e as comunidades das montañas, que trataban de defender o seu status privilexiado como rexións reichsfrei. Os tres estados fundadores da Eidgenossenschaft Suíza, nome que recibiu a confederación, uníronse a principios do século XIV ás cidades estado de Lucerna, Zúric e Berna, conseguindo derrotar aos exércitos dos Habsburgo en numerosas ocasións. Tamén sacou partido o Sacro Imperio Xermánico que durante a maior parte do século XIV estivo baixo a influencia da Casa de Luxemburgo, que lles consideraba aliados potenciais contra os Habsburgo. En 1460 os confederados controlaban a maior parte do territorio ao sur e ao oeste do río Rin até os Alpes e a cordilleira do Xura. A finais do século XV e tras librar dúas guerras, a confederación estendeuse até sumar trece cantóns (os Dreizehn Orte): na Guerra de Borgoña da década de 1470 os confederados aseguraron a súa hexemonía na fronteira occidental e a súa vitoria na Guerra Suaba en 1499 contra os exércitos do emperador Habsburgo Maximiliano I proporcionoulles a independencia de facto do imperio. Durante o seu involucramento nas Guerras Italianas os suízos conseguiron o control sobre o Cantón do Tesino. No século XIV floreceron dúas federacións similares nos Alpes: no actual Cantón dos Grisóns fundouse a federación das Tres Ligas (Drei Bünde), e no actual cantón do Valais, os Sete Décimos (Sieben Zenden), que se formaron como resultado dos conflitos coa Casa de Savoia. Ningunha destas dúas federacións foi parte da Eidgenossenschaft, pero ambas as dúas estaban estreitamente relacionadas con ela.

Federico III, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Federico III de Habsburgo, Federico V de Austria ou Federico do Tirol, nado en Innsbruck o 21 de setembro de 1415 e finado en Linz o 19 de agosto de 1493, alcumado "o do Beizo Groso", foi Emperador do Sacro Imperio Romano.

Guerra de Borgoña

A guerra de Borgoña (ou guerras de Borgoña) foi un conflito entre o ducado de Borgoña e o seu aliado o ducado de Savoia contra o reino de Francia e o ducado de Lorena, no que tamén interveu a Antiga Confederación Suíza, que desempeñaría un papel decisivo.

A guerra aberta desatouse en 1474 e, nos anos seguintes, o duque de Borgoña, Carlos o Temerario, sería derrotado máis tres veces nos campos de batalla e morto na batalla de Nancy (1477).

Guerras italianas (1494-1559)

As guerras italianas, tamén coñecidas como as grandes guerras italianas e as guerras de Italia, foron unha serie de conflitos bélicos sucedidos entre 1494 e 1559 que implicaron, en distintas ocasións, aos principais Estados da Europa Occidental: Francia, España, Sacro Imperio Romano Xermánico, Inglaterra, a República de Venecia, os Estados Pontificios e a maioría das cidades-estado italianas, así como tamén ao Imperio otomán.

Inicialmente tratouse dunha disputa dinástica sobre os dereitos hereditarios de Francia sobre o Ducado de Milán e o Reino de Nápoles, pero as guerras convertéronse rapidamente en loitas territoriais e de poder entre os distintos participantes, que estiveron marcadas por xogos de alianzas, contra-alianzas e frecuentes traizóns.

Leonor de Portugal, Sacra Emperatriz Romana

Leonor de Portugal, nada en Torres Vedras o 18 de setembro de 1434 e morta en Wiener Neustadt o 3 de setembro de 1467, foi unha infanta portuguesa, filla do rei Duarte de Portugal e da súa esposa Leonor de Aragón.

Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano

Esta é unha lista de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico

O Sacro Emperador Romano era, como regra xeral, o soberano do Sacro Imperio Romano-Xermánico, antecesor de diversos países, case todos na Europa Central. Subsistiu desde século X até o seu colapso en 1806.

Considérase que o título imperial pasou dos romanos para o Reino dos francos cando, en 800 d.C., o Papa León III coroou o rei dos francos, Carlomagno, emperador e este, por protección á Igrexa, na calidade de patrício dos romanos e por forza de súa dignidade imperial, condenou os perseguidores do pontífice á morte, condena que foi retirada por intervención do propio papa. Tras a división do Reino Franco en tres partes polo tratado de Verdun, de 843, o título ficou vinculado, en principio, ao reino central lotarínxio, mais terminou por pasar para o do leste cando Oto I, o Grande, duque dos saxóns, rei franco oriental, foi coroado emperador en 962. A transferencia do título foi xustificada pola teoría política medieval da translatio imperii.

De inicio, o emperador se autointitulava Imperator Augustus, empregando títulos do antigo Imperio Romano. O título "Sacro Emperador Romano", ben como o nome do Sacro Imperio Romano, xurdiu só nos séculos seguintes (e os historiadores engaden a cualificación "-Xermánico" ao título e ao imperio, acusando o carácter eminentemente alemán da entidade política e do territorio que esta controlaba).

O emperador era escollido por un grupo de príncipes posteriormente coñecidos como electores, mais, até a súa coroación polo Papa en Roma, ostentaba só o título de Rei de romanos (rex romanorum). Ao recibir a coroa imperial, o emperador mantiña o título de rei (título este con funcións dadas polo dereito feudal). A partir de 1508, dispensouse a obrigación da coroación polo papa para que o electo puidese levar o título imperial (ou, formalmente, de "emperador-electo").

O título de emperador tiña conotacións relixiosas, o que suxería unha obrigación de protexer a Igrexa (o propio Carlomagno se arrogaba a suprema dirección da Igrexa, recibida co título imperial). O emperador tamén era ordenado como sub-diácono, o que excluía non-católicos e mulleres do trono. A relación precisa entre as funcións temporal e relixiosa do título nunca ficou moi clara e causou conflitos serios entre os duques xermánicos e o papa, como, por exemplo, na Cuestión das Investiduras o século XI.

A selección do rei/emperador era influenciada por diversos factores. Como o título era formalmente eletivo, a sucesión era hereditária só até un correcto punto, aínda que acostumaba ocorrer dentro dunha mesma dinastía até que se esgotasen os sucesores. O proceso esixía que o demandante fixese concesións aos electores, o que contribuía para o declínio do poder central (do emperador) en favor dos príncipes territoriais do Imperio. O colexio dos electores foi fixado en sete pola Bula Dourada en 1356; en 1623, durante a Guerra dos Trinta Anos, engadíronse outros electores.

Tras 1438, o título permaneceu nas mans da Casa de Habsburgo, coa breve excepción de Carlos VII, da Casa de Wittelsbach. O título foi finalmente abolido en 1806.

Margarida de Austria, duquesa de Savoia

Margarida de Austria, nada en Bruxelas, Bélxica o 10 de xaneiro de 1480 e finada en Malinas, Bélxica o 1 de decembro de 1530, foi arquiduquesa de Austria, princesa consorte de Asturias e de Xirona e duquesa consorte de Savoia.

Maximiliano de Austria

Maximiliano de Austria, nado en Xaén o 13 de novembro de 1555 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1614, foi un relixioso español pertencente á Casa de Austria que ocupou os cargos de abade de Alcalá la Real, bispo de Cádiz (1596-1601), bispo de Segovia (1601-1603) e arcebispo de Santiago de Compostela (1603-1614).

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Xoana I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Outros títulos
5 de xaneiro de 147727 de marzo de 1482
Predecesor María de Borgoña
Sucesor Filipe I o Fermoso
Imperio Carolinxio
(800–888)
Sacro Imperio
Romano Xermánico

(800/962–1806)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.