Max Aub

Max Aub Mohrenwitz, nado en París o 2 de xuño de 1903 e finado en Ciudad de México o 22 de xullo de 1972, foi un escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá.

A súa obra céntrase sobre todo na novela e no teatro. Foi un dos representantes senlleiros dos narradores españois no exilio, ó que marchou en 1939 obrigado polo seu apoio á Segunda República Española. A súa obra máis coñedida é a serie de novelas El laberinto mágico, no que se recrean os antedentes e o desenvolvemento da guerra civil española.

Max Aub
Max Aub Mohrenwitz al mural al col·legi Max Aub de València
Nome completoMax Aub Mohrenwitz
Nacemento2 de xuño de 1909 e 2 de xuño de 1903
 París
Falecemento22 de xullo de 1972 e 23 de xullo de 1972
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña, Francia e México
Ocupaciónescritor, guionista, catedrático de universidade e dramaturgo
CónxuxePerpetua Barjau Martín
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
Firma de Max Aub
Max Aub Mohrenwitz

Traxectoria

A familia paterna do escritor ten a súa orixe na vila de Aub en Franconia. No barrio xudeu desta vila viviu a familia ata comezos do século 18, época na que o tiveron que abandonar por causa das persecucións antixudías. Seu pai, Friedrich Aub, representante de comercio, nacera en Múnic e a nai Susana Mohrenwitz en París, onde naceu tamén Max Aub e onde pasou a infancia e foi escolarizado no Collège Rollin.

Ó inicio da segunda guerra mundial o pai de Max Aub, que se encontraba de viaxe de negocios en España, foi declarado Persona non grata polo estado francés a causa da súa orixe alemá, e negouselle o permiso a regresar a Francia. Max Aub, súa nai e súa irma Magadalena abandonaron París e emigraron a Valencia. Alí Aub estudio na escola na "Alliance Française" e na "Escuela Moderna", para obter en 1920 a graduación de bacharelato.

Na época escolar fixo amizade co futuro filósofo José Gaos, o escritor Juan Chabás, o futuro pintor Genaro Lahuerta e o sociólogo José Medina Echevarriá. En contra dos consellos da familia e dos profesores renunciou a seguir unha carreira universitaria e fíxose representante de comercio, co desexo, expresado por el mesmo, de acada-la independencia económica.

A carreira de escritor

O seu interese pola literatura comezou xa nos anos de escola, cando estivo abonado a revistas literarias coma a Nouvelle Revue Française e escribiu os seus primeiros textos. Aub aproveitaba as viaxes de negocios para relacionarse con artistas e escritores. Neses anos coñeceu a Jorge Guillén, Gerardo Diego, Federico García Lorca, Enrique Díez-Canedo e Luis Buñuel.

Baixo a influencia do último deles escribiu as primeiras pezas de teatro "experimental", que non foron, poren, representadas. En 1923 mentres estaba en Zaragoza foi testemuña do golpe de estado de Miguel Primo de Rivera, experiencia que recolleu no seu roman à clé "La calle de Valverde" (A rúa de Valverde), novela na que aparecen entre outros os escritores Vicente Blasco Ibáñez e Miguel de Unamuno.

Aub librou do servizo militar por curto de vista e, en 1926, casou en Valencia con Perpetua Barjau Martín, coa que tivo tres fillas: María Luísa, Elena e Carmen. En 1927 entrou como socio na empresa de seu pai. As súas preocupacións políticas concretáronse coa entrada en 1929 no Partido Socialista Obrero Español. Coa chegada en 932 de Segunda República Española participou como orador en diversos mitins.

Neses anos gañou certa fama no mundo teatral. En 1933 Viaxou a Unión Soviética xunta con Medina Echevarriá e García para tomar parte nun festival de teatro e preparar a representación dalgunhas das súas obras. Alí coñeceu a autores como Jacques Copeau, Max Reinhardt, Erwin Piscator e Bertolt Brecht que ían influír na súa obra posterior. Aub mostrouse receptivo as teorías sobre o teatro de Vsewolod Emiliewich Meierhold, Konstantin Sergeiewich Stanislawski e Alexander Tairov.

Nos anos 1934 e 1936 Aub dirixiu en Valencia o teatro El Búho. Grazas ás viaxes que fixo a Berlín, Madrid e París coñeceu a André Malraux, Gustav Regler e Ernest Hemingway.

Guerra civil e consecuencias

Despois do inicio da guerra civil en xullo de 1936 uniuse a "Alianza de escritores antifascistas para a defensa da cultura". Como membro desta asociación participou activamante no congreso internacional de escritores de 1936,[Cómpre referencia] na que coñeceu a Luis Araquistáin, cónsul español en París que o levou como agregado cultural á capital francesa. Permaneceu nese posto de decembro de 1936 a xuño de 1937 e foi o encargado de presentar na exposición universal de 1937 o cadro Guernica de Pablo Picasso, que lle fora encargado ó pintor polo goberno español.

Entre xaneiro e abril de 1940 viviu coa súa familia en Francia, época na que tentou producir xunto con André Malraux a película Sierra de Teruel. Foi denunciado como comunista e internado no campo de concentración de Le Vernet. Foi liberado despois dalgunhas semanas e volto a encarcerar o 2 de xuño de 1941.

Neses anos foille moi importante a amizade de Henri Matisse, André Malraux e André Gide. En novembro de 1941 foi deportado a Alxeria e encerrado na prisión de Djelfa. Escapou coa axuda duns amigos despois de sete meses na cadea. Conseguiu un visado para os Estados Unidos coa axuda do escritor John dos Passos, pero perdeu o barco no que debía partir e o visado foille revogado, tendo que permanecer tres meses en Marrocos, agachado no soto dunha clínica xudía para mulleres en Casablanca. Coa axuda do cónsul de México en Casablanca puido por fin partir, chegando a Cidade de México en outubro de 1942. En 1946 puido reunirse alí coa muller e as súas fillas.

O exilio mexicano

Na Cidade de México foi profesor ata 1951 na Academia de ciencias teatrais e cinematográficas e traballou entre 1943 e 1953 como escritor de guións, tradutor e director. Dirixiu durante algúns anos unha emisora de radio. Entre os seus amigos do período mexicano estiveron Alfonso Reyes, Octavio Paz e Carlos Fuentes. A partir de 1949 publicou a revista Sala de Espera. En 1951 quixo asistir ós funerais de seu pai morto en Valencia, pero foille denegado o permiso de entrada polas autoridades franquistas. Un intento anterior de reunirse cos seus pais en Francia fracasara tamén pola negativa das autoridades francesas, que mesmo ameazaron con deter ós pais do escritor. O escritor dirixiu unha carta aberta ó presidente Vincent Auriol que non tivo resposta positiva. Finalmente, en 1954 Aub puido reunirse con súa nai no sur de Francia. A esta viaxe seguíronlle outras por Europa. A nai de Aub morreu en setembro de 1962 en Valencia, pero foille de novo negada a entrada en España.

Anos de viaxe

Entre finais de 1962 e comezos do 1963 fixo a presentación en Nova York dunha exposición do pintor Jusep Torres Campalans. O pintor era un invento de Aub, que o creou para unha das súas novelas. Con ese pseudónimo pintou varios cadros que chamaron a atención sobre a obra do pintor ficticio. Durante a estadía nos Estados Unidos foi invitado como conferenciante polas Universidades de Harvard e Yale.

En 1966 viaxou comisionado pola UNESCO a Oriente Próximo e fundou na Universidade de Xerusalén o departamento de literatura latinoamericana, do que el mesmo foi profesor de novembro de 1966 a febreiro de 1967.

Entre decembro de 1967 e febreiro de 1968 estivo como conferenciante na Habana, en Cuba, onde vivía unha filla súa. José Castellet e Jorge Semprún ofrecéronlle unha praza no instituto de cultura latinoamericana "Casa de las Américas", que aceptou de boa gana.

En 1969, durante unha visita á súa filla María Luísa en Londres, sufriu un ataque cardíaco que lle custou case doce semanas de hospitalización.

Tres anos antes morrer, en 1969 puido visitar España cun visado turístico. Co apoio de Carlos Barral e Manuel Tuñón de Lara. Entre agosto e novembro recorreu o país e mesmo conseguiu recuperar unha parte da súa biblioteca, que estaba na universidade de Valencia, aínda que tivo que renunciar a moitos volumes. Aub deixaría entrever nas súas cartas que a España de Franco non era xa a súa terra.

Morreu o 23 de xullo de 1972, ós 69 anos de idade, en Cidade de México.

Obra

Novelas

  • Luis Álvarez Petreña (1934/1965/1971; edicións sucesivamente ampliadas)
  • El laberinto mágico: Campo cerrado (1943), Campo de sangre (1945), Campo abierto (1951), Campo del Moro (1963), Campo francés (1965) e Campo de los almendros (1967).
  • Las buenas intenciones (1954)
  • Jusep Torres Campalans (1958)
  • La calle de Valverde (1961)

Narracións

  • Ciertos cuentos, cuentos ciertos (1955).
  • Crímenes ejemplares (1957).
  • Cuentos mexicanos (con pilón) (1959).
  • La verdadera muerte de Francisco Franco y otros cuentos (1960).
  • El zopilote y otros cuentos mexicanos (1964).
  • Historias de mala muerte (1965)

Teatro

  • El desconfiado prodigioso (1924)
  • Espejo de avaricia (1927)
  • Narciso (1928)
  • San Juan (1943)
  • Morir por cerrar los ojos (1944)
  • El rapto de Europa (1946)
  • Deseada (1950)
  • Obras en un acto (1960)
  • No (1962)
  • El cerco (1968)

Ensaios de crítica literaria

  • Discurso de la novela española contemporánea (1945)
  • La poesía española contemporánea (1947)
  • La prosa española del siglo XIX (1952).

Lírica

  • Los poemas cotidianos (1925).
  • Diario de Djelfa (1944 y 1970).
  • Antología traducida (1963, 1972).
  • Versiones y subversiones (1971).
  • Imposible Sinaí (1982).
  • Antología de la poesía mexicana 1950-1960 (1960).

Autobiografía

  • La gallina ciega. Diario español (1971).
  • Diarios (1939-1972). Edición, estudo introdutorio e notas de Manuel Aznar Soler. Barcelona, Alba Editorial, 1998.
  • Nuevos diarios inéditos: 1939-1972. Edición de Manuel Aznar Soler, Sevilla, Renacimiento, 2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas

22 de xullo

O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

2 de xuño

O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

Alfar (1923)

Alfar foi unha revista editada na Coruña entre 1923 e 1954.

Antonio Muñoz Molina

Antonio Muñoz Molina, nado en Úbeda (Xaén) o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor español e académico de número da Real Academia Española (1995). Actualmente reside en Nova York, onde dirixiu o Instituto Cervantes ata mediados de 2006.

Camilo José Cela

Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.

Campo de internamento de Vernet d'Ariège

O Campo de intenamento de Vernet d'Ariège (1918-1944) está situado nos pre-pireneos franceses, entre as vilas de Le Vernet e Saverdun, no Ariège.

Cecilia García de Guilarte

Cecilia García de Guilarte, nada en Tolosa (Guipúscoa) o 20 de decembro de 1915 e finada ibídem o 14 de xullo de 1989, foi unha xornalista, escritora, profesora universitaria e anarcosindicalista vasca, coñecida tamén como Cecilia G. de Guilarte.

Diego Alfonsín

Diego Alfonsín Rivero, nado en Tui o 16 de abril de 1980, é un escritor e profesor galego.

Edmundo Lorenzo Santiago

Edmundo Lorenzo Santiago, nado en Ferrol o 23 de agosto de 1893 e finado en Guadalaxara (México) o 22 de febreiro de 1973, foi un político socialista galego.

Guernica (cadro)

O Guernica é un cadro pintado por Pablo Picasso en 1937, cuxo título alude ó bombardeo de Gernica ocorrido o 26 de abril do mesmo ano, no transcurso da guerra civil española. Foi pintado por encargo do Goberno da República Española para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de 1937 en París, xunto ás obras doutros afamados artistas españois, co propósito de chamar a atención internacional cara á causa republicana en plena guerra civil.

Rematada a guerra e instaurada a ditadura de Franco, Picasso decidiu que o cadro permanecese en depósito no Museo de Arte Moderna de Nova York, aínda que expresou a súa vontade de que regresase a España cando se reinstaurase a democracia. Por fin, en 1981 o cadro foi entregado ó Goberno español para ser exposto primeiro no Casón do Bo Retiro e, desde 1992, no Museo Raíña Sofía, de Madrid, onde se presenta en exhibición permanente xunto ós esbozos preparatorios e mailas fotografías que fixo Dora Maar durante a elaboración do cadro.

A súa interpretación foi obxecto de polémicas, pero o seu valor artístico está fóra de discusión, ata ser considerada unha das obras máis importantes da arte do século XX e mesmo unha icona do século XX.

Helios Gómez

Helios Gómez, nado en Sevilla en 1905 e falecido en Barcelona o 19 de setembro de 1956, coñecido popularmente tamén coma o artista da gravata vermella, foi un pintor, cartelista e poeta, membro da vangarda artística de comezos do século XX e contertulio doutros artistas da época coma Luis Buñuel, Salvador Dalí e Federico García Lorca.

Julio Álvarez del Vayo

Julio Álvarez del Vayo, nado en Villaviciosa de Odón en 1891 e finado en Xenebra en 1975, foi un xurista, xornalista, diplomático e político español.

Lista de personalidades en selos de España

Esta é unha lista de persoas que apareceron nos selos de correos de España desde 1850 até outubro de 2010, sendo un total de arredor 510 personalidades, reais e imaxinarias.

Inclúese na lista o ano no que apareceron por primeira vez.

Manuel Monleón Burgos

Manuel Monleón Burgos, nado o 23 de febreiro de 1904 en Valencia e finado o 17 de agosto de 1976 en Mislata (Comunidade Valenciana), foi un debuxante, cartelista e ilustrador gráfico valenciano. Tamén se interesou polo naturismo, o anarquismo e, sobre todo, polo esperanto. A partir de 1929, especializouse nos carteis, formando parte da vangarda valenciana dos anos trinta.

Persoeiros da guerra civil española

Esta é unha lista das personalidades máis destacadas da guerra civil española.

Villena

Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant, limitando con Castela A Mancha e Murcia ao oeste. Cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó, ten unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abarca unha extensión de 345,6 km². Ten 34.966 habitantes (INE 2011).

Por extensión é o segundo concello máis grande da provincia e por poboación é o décimo municipio máis poboado de Alacant e o vixésimo primeiro da Comunidade Valenciana.

Ángela Figuera Aymerich

Ángela Figuera, nada en Bilbao o 30 de outubro de 1902 e finada en Madrid o 2 de abril de 1984, foi unha escritora española, considerada unha das principais figuras da denominada poesía desarraigada da Primeira Xeración de Postguerra española.

Moitas das persoas que estudaron a súa obra falan da súa función de bisagra, dado que a súa obra conmoveu conciencias de diferente signo dende os seus primeiros poemas. Foi considerada vasca en Madrid e madrileña no País Vasco. Pero sobre todo foi viaxeira vocacional e cidadá do mundo, internacionalista, aberta a un humanismo e existencialismo que acollía a todos os pobos por igual.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.