Mauricio Macri

Mauricio Macri, nado en Tandil o 8 de febreiro de 1959, é un enxeñeiro civil, político, empresario e dirixente deportivo arxentino. Desde decembro de 2015 é o Presidente da Nación Arxentina.[1]

Mauricio Macri
Presidente Macri en el Sillon de Rivadavia (cropped)
Foto oficial de Mauricio Macri (2015)
Nacemento8 de febreiro de 1959
 Tandil
NacionalidadeArxentina
Relixióncatolicismo
Alma máterPontificia Universidade Católica da Arxentina, Wharton School, Columbia Business School e Universidad del CEMA
Ocupaciónempresario, político e enxeñeiro civil
PaiFrancisco Macri
CónxuxeIvonne Bordeu, Juliana Awada e Isabel Menditeguy
CargosPresidente da Nación Arxentina
PremiosOrdem Nacional do Cruzeiro do Sul, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Order of the Netherlands Lion, Ordem da Águia Asteca, golden key Madrid, Grand Officer of the Order of the Sun of Peru‎, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Knight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic e Knight Grand Cross of the Order of St. Olav‎
Firma de Mauricio Macri
Mauricio Macri fue recibido por el Papa Francisco (9837084823)

Traxectoria

Estudou enxeñería civil na Universidade Católica Arxentina, licenciándose na década de 1980, traballou en varias empresas como Citibank e no propio Grupo Macri, fundado por seu pai. Foi presidente do Club Atlético Boca Juniors entre 1995 e 2008, e deputado nacional pola Capital Federal entre 2005 e 2007. Elixido xefe de goberno da cidade de Bos Aires en 2007 e reelixido en 2011.[2][3]

En 2003 creou o partido Compromiso para o Cambio, principal forza da alianza electoral Proposta Republicana (PROL). En 2015, Macri é un dos candidatos á presidencia da Arxentina, logrando a segunda posición das primarias previas tras Daniel Scioli[4]

A súa dona é Juliana Awada.

Presidente da Arxentina

Segue a:
Cristina Fernández de Kirchner
Mauricio Macri
(2015-)

Precede a:
-
Propuesta Republicana (Cambiemos)

Notas

  1. "Asumió Macri", Página 12, 9 de decembro de 2007
  2. «Macri reasumió la presidencia de Boca», Clarín, 27 de febreiro de 2008.
  3. «Pompilio, ganador por amplio margen sobre Digón»,Perfil, 1 de xuño de 2008.
  4. "Scioli vence en primarias decisivas; Macri, segundo", ámbito.com, 8 de agosto de 2015
8 de febreiro

O 8 de febreiro é o 39º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 326 días para finalizar o ano, 327 nos anos bisestos.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Cristina Fernández de Kirchner

Cristina Elisabet Fernández de Kirchner ( pronunciación ), nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires) o 19 de febreiro de 1953, é unha política e avogada arxentina. Foi presidenta da Arxentina dende o 10 de decembro de 2007 até o 9 de decembro de 2015, sendo a única dos presidentes arxentinos que completou oito anos, co mandato continuado máis prolongado despois de Carlos Menem e Juan Domingo Perón.

É senadora nacional pola provincia de Buenos Aires con mandato 2017-2023, elixida a través da fronte Unidade Cidadá, e integra o bloque da Fronte para a Vitoria na cámara alta, que preside o senador por Neuquén Marcelo Jorge Fuentes.

Gabriela Michetti

Marta Gabriela Michetti, nada en Laprida, Buenos Aires, o 28 de maio de 1965, é unha política e licenciada en relacións internacionais arxentina pertencente ó partido Proposta Republicana. O 10 de decembro de 2015 asumiu como vicepresidenta da Nación Arxentina, tras imporse xunto con Mauricio Macri nas eleccións presidenciais de 2015.Anteriormente foi vicexefa de Goberno da Cidade de Buenos Aires até o 20 de abril de 2009, cando renunciou para presentarse como candidata a deputada nacional nas eleccións lexislativas do 28 de xuño, resultando elixida para o mandato 2009-2013. En 2013 foi elixida senadora nacional pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e designada xefa do bloque PROL no Senado.

Lista de presidentes da Arxentina

O presidente da Nación Arxentina é o xefe de estado e tamén xefe de goberno da Arxentina. Bernardino Rivadavia recibiu o título de presidente das Provincias Unidas do Río da Prata, título creado por lei o 1826. Justo José de Urquiza gobernou co título presidente da Confederación Arxentina, segundo a constitución de 1853. Despois de 1860 o título tornouse Presidente da Nación Arxentina.

Hoxe o presidente é elixido pola poboación por un período de 4 anos, e pódese reelixir unha vez no período subsequinte. Esta é a lista dos presidentes da Arxentina despois de 1826.

Milagro Sala

Milagro Amalia Ángela Sala, nada en San Salvador de Jujuy o 20 de febreiro de 1964, é unha dirixente política e social arxentina, líder indíxena quechua, líder da Organización Barrial Túpac Amaru, unha organización integrante da Central dos Traballadores Arxentinos (CTA) especialmente coñecida polo seu labor de construción de miles de vivendas na provincia de Jujuy.

Dende o 10 de decembro de 2013, desempeñou como deputada provincial na Lexislatura pola Fronte Unidos e Organizados de Jujuy. Renunciou en novembro de 2015, tras ser elixida para unha banca ó Parlasur pola Fronte para a Vitoria.Por mor dunha acampada que diferentes cooperativas realizaron en protesta contra o gobernador Gerardo Morales, este realizou unha denuncia, acusando a Milagro Sala de «instigación a cometer delitos e tumultos en concurso real», e o 16 de xaneiro de 2016 foi detida. Días máis tarde, o gobernador ampliou a denuncia por «asociación ilícita agravada» e de cometer fraude e prexuízo contra a administración pública, e Sala foi trasladada a un cárcere de mulleres. Posteriormente, o xuíz da causa orixinal ordenou a súa liberdade, e o mesmo día resolveu que continuase detida no cárcere, aínda que polas causas de fraude e asociación ilícita e non pola que fora arrestada nun principio.O fiscal xeral da Procuradoría de Violencia Institucional ditaminou ante unha denuncia de varios deputados que está privada ilegalmente da súa liberdade porque conta con inmunidade por ser lexisladora do Parlasur,

mentres que diversas organizacións nacionais e internacionais de dereitos humanos considérana unha presa política. O 18 de abril de 2016, o Goberno de Mauricio Macri avalou ante as Nacións Unidas o proceder do Goberno de Gerardo Morales e informou os argumentos polos que sostiña que non se violaron os dereitos humanos de Milagro Sala. Por mor do seu proceder no caso de Milagro Sala, o Estado arxentino foi denunciado por violación de dereitos humanos ante as Nacións Unidas e a Organización dos Estados Americanos.

O 28 de outubro de 2016 o Grupo de Traballo sobre Detención Arbitraria do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas considerou que a detención de Milagro Sala era arbitraria e realizou un «chamamento urxente» ó Goberno de Mauricio Macri para que a libere.O 2 de decembro a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos emitiu un comunicado a través do cal "urxe ó Estado arxentino a responder o caso de Milagro Sala" ratificando a decisión do GTDA.

Presidente da Nación Arxentina

O presidente da Nación Arxentina é o xefe de Estado e xefe de Goberno, responsable político da administración xeral da República Arxentina e comandante en xefe das Forzas Armadas.Entre outros poderes e responsabilidades, o Artigo 99 da Constitución da Nación Arxentina encarga ao presidente «expedir as instrucións e regulamentos que sexan necesarios para a execución das leis», fai do presidente o comandante en xefe das Forzas Armadas, autorízao a nomear oficiais executivos e xudiciais, sitúao á fronte da política exterior de Arxentina, e permite ao presidente conceder indultos ou moratorias, aprobar ou vetar leis, introducir lexislación mediante decretos de necesidade e urxencia, e declarar o estado de sitio e a intervención federal.

O presidente é elixido mediante o sufraxio directo con posibilidade dunha segunda volta electoral para un mandato de catro anos. Desde a reforma da Constitución Arxentina de 1994, o mandatario ten a posibilidade dunha reelección inmediata, podendo repetir novamente o mandato despois de transcorrido un período. En caso de morte, destitución ou renuncia dun presidente, o vicepresidente asume a presidencia.

Até a data, houbo un total de corenta e nove persoas que asumiron o cargo e cincuenta e dúas presidencias (isto é porque Julio Argentino Roca, Hipólito Yrigoyen e Juan Domingo Perón foron reelectos tras un período presidencial como mínimo). Das persoas elixidas para o cargo, vinte e cinco foron electas en 31 eleccións (nove con sufraxio directo e 22 en forma indirecta) e doce son ditadores que se arrogaron o cargo de presidente de facto. Ademais sete vicepresidentes e cinco cidadáns por lei de acefalia (dous presidentes provisorios do Senado, un presidente da Cámara de Deputados, un gobernador e un senador) asumiron o cargo tras a falta dun presidente. En canto ao termo do mandato polo que foron elixidos, dezaseis terminaron o seu mandato, seis foron derrocados por golpes de estado, tres morreron por causas naturais e oito renunciaron.

O primeiro presidente foi Bernardino Rivadavia co cargo de «presidente das Provincias Unidas do Río da Prata», creado por lei do Congreso do 6 de febreiro de 1826. Despois da súa renuncia desapareceu o cargo na lexislación arxentina ata que en 1853 foi restablecido por unha nova constitución, dispondo que a elección se realizaba por seis anos, sen posibilidade de reelección inmediata; a designación facíase por votación indirecta nun Colexio electoral e se ningún candidato lograba máis da metade dos votos, decidía o Congreso entre os dous máis votados. Justo José de Urquiza foi o primeiro elixido de acordo co novo réxime e desempeñou o cargo como «presidente da Confederación Arxentina», do mesmo xeito que o seu sucesor, Santiago Derqui, quen logo das reformas constitucionais de 1860, asumiu como «presidente da Nación Arxentina», título vixente até a data. Adolfo Rodríguez Saá foi o que menos tempo permaneceu no cargo, con tan só 7 días, e Jullo Argentino Roca, cos seus 12 anos no posto, foi o que permaneceu por máis tempo.

O actual presidente é Mauricio Macri, da alianza Cambiemos, que tomou posesión o 10 de decembro de 2015.

Sergio Massa

Sergio Tomás Massa, nado en San Martín, Buenos Aires, o 28 de abril de 1972, é un político arxentino, fundador da Fronte Renovadora.

Xefes de Estado e Goberno actuais

Esta é unha lista dos xefes de Estado e xefes de Goberno que están en posesión dos seus cargos na actualidade, ordenados polo seu país alfabeticamente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.