Materia prima

Unha materia prima ou primeira materia é unha materia utilizada pola industria para crear un produto que o ser humano desexa. Frecuentemente o termo é usado para denotar materiais que veñen da natureza e aínda están nun estado de transformación mínima.

Debido á división do traballo e á crecente especialización das diferentes industrias, frecuentemente os produtos dunhas serven de materia prima a outras, de modo que o habitual é que antes de construír ou fabricar definitivamente un ben de consumo, as materias primas transfórmanse nun primeiro paso en produtos semielaborados ou semiacabados.

Clasificación

Alimentación

A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos. A nutrición é o proceso mediante o cal os alimentos inxeridos se transforman e se asimilan, é dicir, incorpóranse ó organismo dos seres vivos, que deben comer san e observando a nutrición. Por extensión, chámase tamén alimentación á subministración de enerxía ou materia prima necesarias para o funcionamento de certas máquinas.

Anserinos

Os anserinos (Anserinae) son unha subfamilia pertencente á familia dos anátidos, dentro da orde dos anseriformes, que inclúe os gansos e os cisnes.

Dúas destas destas especies, o ganso bravo (Anser anser) e o ganso cisnoide ou ganso chinés (Anser cygnoides), foron domesticados e críanse para aproveitar a súa carne, as súas plumas e o seu fígado, este último como materia prima do foie-gras de ganso.

Cal

O cal, ou óxido de calcio, é unha substancia branca, pulverizada, obtida a través da calcinación de rochas calcarias, sometidas a altas temperaturas en fornos de cal.

O cal tamén é o termo xeral que inclúe formas físicas e químicas de diferentes variedades nas que pode presentarse o óxido e o hidróxido de calcio e magnesio.

Normalmente utilizado na industria da construción civil para elaboración das argamasas con que se erguen as paredes e muros e tamén na pintura, o cal tamén ten emprego na industria cerámica, siderúrxica (obtención do ferro) e farmacéutica como axente branqueador ou desodorizante.

Cantaría

A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.

O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.

Caucho

O caucho é unha substancia elástica (polímero de hidrocarbono elástico), impermeábel e resistente extraída do látex, emulsión leitosa que mana dalgunhas plantas principalmente tropicais ou obtida artificialmente de certos derivados do petróleo. A principal fonte comercial do látex son as euforbiáceas do xénero Hevea, como Hevea brasiliensis. Outras plantas que conteñen o látex son: figueiras, euphorbias e o mexacán común. Estas non foron a fonte principal do caucho, aínda que cando Alemaña foi dividida durante a Segunda Guerra Mundial, fixeron tentativas para empregar tales fontes, antes de que fose suplantado polo desenvolvemento do caucho sintético.

Crese que foi bautizado por Joseph Priestley, que o descubriu en 1770, quen secou o látex e borrou anotacións en lapis.

Cemento (construción)

O cemento (derivada do latín cæmentu) é un material cerámico que, en contacto coa auga, produce unha reacción exotérmica de cristalización de produtos hidratados, gañando así resistencia mecánica. É o principal material usado na construción como aglomerante. É unha das principais mercancías mundiais, servindo mesmo como indicador económico dun país.

Existen diversos tipos de cemento, diferentes pola súa composición, polas súas propiedades e polos seus usos. En xeral, desde un punto de vista químicos, trátanse todos de mesturas de silicatos e aluminatos de calcio.

Fonte primaria

Para o uso de fontes primarias en Wikipedia véxase: Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria.

Unha fonte primaria é a fonte documental que se considera material de primeira man relativo a un fenómeno que se desexa investigar ou relatar; é dicir materia prima que se ten para realizar un determinado traballo. No caso da historiografía, o que no seu tempo serviu como instrumento para construír a historia.

Fosfolípido

Os fosfolípidos son un tipo de lípidos que son os principais compoñentes das membranas celulares, as cales están constituídas por unha bicapa lipídica. Deben o seu nome a que presentan un grupo fosfato na súa molécula. A maioría dos fosfolípidos conteñen un diacilglicérido, un grupo fosfato, e unha molécula orgánica pequena terminal polar, como a colina; pero hai un grupo deles, os esfingolípidos, como as esfingomielinas, que en lugar do diacilglicérido teñen unha esfingosina unida a un ácido graxo. O primeiro fosfolípido que foi identificado nos tecidos biolóxicos foi a fosfatidilcolina (orixinalmente chamada lecitina) obtida da xema do ovo, por Theodore Nicolas Gobley, un químico e farmacéutico francés, en 1847.

Idade dos Metais

A Idade dos Metais é unha das dúas grandes etapas tecnolóxicas nas que tradicionalmente subdividiuse a Prehistoria euroasiática. Por definición, é o período que seguiu á Idade de Pedra e durante o cal o home comezou a fabricar obxectos de metal fundido. A existencia de procesos metalúrxicos é indispensable para establecer a adscrición dunha cultura arqueolóxica a esta etapa, xa que os metais nativos eran traballados por marteleado dende as fases iniciais do Neolítico. Seguindo este criterio, a Idade dos Metais comezaría coas primeiras evidencias de fundición do cobre, que son do VI milenio a. C. (na Anatolia e os montes Zagros) e acabaría coa progresiva entrada na Historia de cada rexión (en Europa isto produciuse durante o I milenio a. C.). En Mesopotamia e Exipto coincide xa co desenvolvemento da escritura e polo tanto a metalurxia alí é plenamente histórica.

Os primeiros indicios de metalurxia en Europa proceden da área dos Balcáns, a mediados do V milenio a.C. e son de orixe autóctona. Para o resto do continente as evidencias aparecen durante a segunda metade do IV milenio a.C., aínda que a súa xeralización e o consecuente abandono da pedra como elemento básico para a fabricación de artefactos só se produciu coa chegada do ferro. Aínda que no Exipto faraónico, pola escaseza de materia prima, esta substitución nunca se produciu.Dado que non existen rupturas no desenvolvemento das tecnoloxías metalúrxicas entre a Prehistoria, a Protohistoria e a Historia, neste artigo inclúense procesos que se deron en períodos claramente históricos.

Liña do tempo da Idade dos Metais no Vello Mundo

Industria

A industria é un proceso de transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.

Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.

Para que o sistema así concibido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.

En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un produto exclusivo.

Tamén se coñece como industria ó conxunto de actividades económicas clasificadas no sector secundario.

Myrtaceae

Myrtaceae é unha familia botánica pertencente á orde Myrtales que comprende 130 xéneros e preto de 3.000 especies. Son plantas arbustivas ou arbóreas perennifolias representadas nas Américas principalmente polo Eucalyptus spp. nativo da Australia. Actualmente é cultivado en larga escala nas rexións tropicais (principalmente África e Brasil) para obtención de materia prima como: madeira serrada, celulosa na fabricación de papel, carbón vexetal para fins enerxéticos etc. Son plantas ricas en óleos esenciais. Especies tan coñecidas coma os eucaliptos, as feixoas, as goiabeiras e mais os mirtos pertencen, por exemplo, a esta familia.

Pedra

O termo pedra (do grego πέτρα, "pedra") emprégase na linguaxe común e tamén na cantería, arquitectura e enxeñaría para facer referencia a calquera material de orixe natural caracterizado por unha elevada consistencia.

Como materia prima, a pedra extráese xeralmente de canteiras, explotacións mineiras a ceo aberto, que derivaría en topónimos como Pedreira, Pedreiras, A Pedreira, As Pedreiras, Canteira, A Canteira ou A Canteirada.

O mesmo material pode recibir distinto nome se se considera rocha ou se se considera pedra. Así, por exemplo, en España os canteiros chamaron tradicionalmente pedra berroqueña ó que os xeólogos chaman granito.[Cómpre referencia]

Talla lítica

A talla lítica é a labra intencionada da pedra por medio da percusión, ben sexa directa ou indirecta, ou da presión. Escúlpese a materia prima e dáselle forma, aproveitando a fractura concoide, co obxecto de fabricar útiles nucleares, ou para extraer lascas que se poden usar en bruto, ou servir de soporte para ferramentas, retocándoas logo da súa extracción. A talla lítica é o proceso de fabricación de manufacturas máis coñecido da Idade da Pedra e que seguiu sendo moi importante durante a Idade dos Metais, e mesmo seguiu practicándose en tempos históricos. Os obxectos de pedra tallada adrede polos humanos diferéncianse das rompeduras naturais ou accidentais, grazas a que aparecen localizadas en contextos arqueolóxicos ben definidos, e a que os golpes da talla deixan negativos de lascado que seguen certa tendencia, certa orde imposible de atribuír á natureza. O repertorio de xestos de talla organizada vaise coñecendo cada vez mellor e permite establecer diagnósticos cada vez máis seguros, así como un repertorio de pautas morfolóxicas, técnicas e funcionais que son as que permiten establecer a tipoloxía lítica, é dicir, a clasificación, análise e comparación dos artefactos de pedra tallada. A talla lítica non é, en calquera caso, máis que unha das fases da vida dun artefacto lítico ou, por expresalo en términos científicos máis precisos, só é unha porción relativamente curta da cadea operativa. Esta nace coa necesidade ou a idea que estimula ao ser humano a iniciar a súa actividade produtiva, segue coa procura da materia prima pétrea, a súa transformación mediante a talla, ata conseguir os útiles necesarios. Despois está a súa utilización, incluíndo varias fases de mantemento da funcionalidade mediante aguzados sucesivos e, cando a ferramenta é xa inservible, o seu abandono ou a súa reciclaxe noutra peza.

Tolueno

O tolueno ou metilbenceno, (C6H5CH3) é a materia prima a partir da cal se obteñen derivados do benceno, o ácido benzoico, o fenol, a caprolactama, a sacarina, medicamentos, colorantes, perfumes, TNT e deterxentes.

O seu nome deriva do bálsamo da árbore Myroxylon balsamum (Bálsamo Tolu ou Bálsamo do Perú) do cal Henri Etienne Sainte-Claire Deville obtívoo por primeira vez en 1844 mediante destilación seca.

Vendima

A vendima é a acción de recoller a uva para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do ano na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, en Galicia habitualmente a fins do mes de setembro e primeiros de outubro, pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras) a colleita faise máis cedo (finais de agosto) debido a que a maior calor estival do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lúa para decidir a data da vendima. Fóra de Galicia existe unha variedade de viño chamada viño de xeo que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do orballo, o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.

Vime

O vime ou vimbio é unha vara longa e fina que provén das pólas moles e flexíbeis do vimieiro, que se emprega para atar monllos, facer cestos e mobles, atar vides etc. É un material utilizado dende tempos primitivos. Hoxe desígnase coma vime calquera materia prima de orixe vexetal con características semellantes.

Xenética de poboacións

A xenética de poboacións é a póla da xenética cuxa problematica é describir a variación e distribución biolóxica, co obxecto de dar explicación a fenómenos evolutivos. Para iso, define a unha poboación como un grupo de individuos da mesma especie que están illados reproductivamente doutros grupos afíns. Estas poboacións, están suxeitas a mudanzas evolutivas nos que subxacen mudanzas xenéticas, as que á súa vez están influenciadas por factores como a selección natural e a deriva xenética que actúan principalmente diminuíndo a variabilidade das poboacións, ou migración e mutación que actúan aumentándoa.

Cabo destacar, que a perda de variabilidade xenética nas poboacións trae consigo dous graves problemas:

Coarta a posibilidade de que o home poida realizar melloramento xenético en especie de interese comercial e/ou recreativo, e

Diminúe a eficacia biolóxica (fitness) das especies ante novos cambios ambientais.Pola súa banda, a presenza de variabilidade xenética é desexable non só para o melloramento xenético ou conservación de especies, xa que o rol fundamental da variabilidade xenética é ser a materia prima para os procesos evolutivos, sen variabilidade non hai evolución. A interacción destes factores coas poboacións no tempo, permite a existencia de gran número de especies con variadas estruturas poboacionais e formas de vida.

Así, a xenética de poboacións é un elemento esencial da síntese evolutiva moderna. Os seus principais fundadores, Sewall Wright, J.B.S. Haldane e Ronald Fisher, estableceron ademais as bases formais da xenética cuantitativa. As obras fundacionais da xenética de poboacións son The Genetical Theory of Natural Selection (Fisher 1930), Evolution in Mendelian Populations (Wright 1931) e The Causes of Evolution (Haldane 1932).

Xoia

Unha alfaia ou xoia consiste nunha peza ornamental levada no corpo, que xeralmente se fabrica con pedras e metais preciosos, aínda que tamén se pode empregar materiais de menor valor. De feito, practicamente calquera tipo de material utilizouse para fabricar xoias. Entre os artigos de xoiaría cabe mencionar os brazaletes, colares, aneis, pendentes, así como ornamentos para o cabelo, entre outros. A palabra derívase do latín jocale, que significa "xoguete".

A xoia, especialmente a que está fabricada con materiais valiosas, considérase preciosa e desexable. Nalgunhas culturas, a riqueza almacénase en forma de xoias, por exemplo na India, onde a tradición marca o agasallo de vodas en forma de ouro, sempre útil en caso de necesidade. As xoias tamén pode ter significado simbólico, como a tradición cristiá de levar colares con colgantes en forma de crucifixos, ou os aneis de vodas que levan en moitos países occidentais.

Nas súas diversas formas, as xoias levan por persoas dos dous sexos, en case todas as culturas humanas, en case todos os continentes. Parece que os humanos tenden a adornarse a si mesmos. En casos raros, as xoias úsanse por sentido do pudor; por exemplo, para cubrirse os mamilas, pero principalmente por efecto estético e ornamental.

Unha cidade importante no mundo das xoias é a cidade de Jablonec, na rexión de Bohemia Setentrional da República Checa.

Ácido salicílico

O ácido salicílico (ou ácido 2-hidroxibenzoico) é un composto cristalino derivado do fenol que forma un po branco empregado en dermatoloxía en forma tópica, como antirreumático, e tamén como axente conservador de alimentos polas súas propiedades de paralizar a fermentación e impedir a putrefacción. O seu derivado acetilado, a aspirina, emprégase en terapéutica.

Recibe o seu nome de Salix, a denominación latina do salgueiro de cuxa casca foi illado por vez primeira. e éter. Este produto serve como materia prima para a obtención do ácido acetilsalicílico, comercialmente coñecido como Aspirina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.