Mateo o Evanxelista

San Mateo Evanxelista, tamén designado como Mateo Leví, Leví de Alfeo e Mateo apóstolo, foi un dos doce apóstolos de Xesús e tamén un dos catro evanxelistas. Represéntase cun libro na man, signo do seu evanxeo, e ás veces cunha pluma.

O nome procede do hebreo Matithyah, que significa don de Iavé, ou presente, regalo de Deus. De aí adaptouse ó grego Maththaios e ó latín Matthaeus, de onde vén o nome Mateo nas linguas romances.

Dáselle o tratamento de santo por tódalas confesións cristiás que admiten esta distinción. A Igrexa Católica celebra a súa festa o 21 de setembro, pero a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.

Mateo o Evanxelista
Anthony van Dyck - De apostel Mattheus - L'apotre Matthieu - Fonds Generet - Koning Boudewijnstichting - Fondation Roi Baudouin
Nacementoséculo
 Israel
Falecemento74
 Etiopía
SoterradoCatedral de Salerno
Relixióncristianismo
Ocupaciónrecadador de impostos e sacerdote
PaiAlfeu
San mateo de xosé ferreiro
San Mateo, de Xosé Ferreiro, na sancristía de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela

Biografía

Antes de ser apóstolo, era recadador de impostos para os romanos en Cafarnaún, na antiga Galilea, e chamábase Leví (Mateo 9:9, Marcos 2:14, Lucas 5:27-29). Cando escoitou a predicación de Xesús abandonou todo e se incorporou ós seus discípulos, momento no que Xesús lle cambia o nome polo de Mateo e lle encarga a administración dos cartos que el e mailos apóstolos recibían como esmolas ou doazóns. Esta circunstancia fíxoo patrón dos banqueiros.

Trala morte de Xesús, a tradición di que foi evanxelizar Etiopía, aínda que non existen fontes documentadas disto nin das circunstancias da súa morte, martirizado nesta terra [1]. Crese que os seus restos se conservan na catedral de Salerno (Italia).

Escribiu o primeiro evanxeo tal como aparecen ordenados nas biblias cristiás, cara os anos 70-80, segundo Eusebio de Cesarea. Para algúns autores antigos, como Agostiño de Hipona, escribiuno en arameo, aínda que o certo é que tódolos materiais coñecidos, tanto completos como fragmentarios, están en grego. Corre tamén a teoría de que o texto coñecido é unha tradución posterior.

Atributos

A imaxinería relixiosa represéntao cun libro na man ou cunha pruma, símbolos do labor como evanxelista. Como sexa que o seu evanxeo comeza describindo a xenealoxía humana de Xesús, tamén aparece acompañado dun home ou anxo, ou substituído por estas figuras. Igualmente, como trazo do seu oficio de recadador de impostos e tesoureiro dos apóstolos, tamén se lle representa escribindo sobre un cofre.

Noutros casos, aparece tamén dotado dunha macheta, dun coitelo, dunha lanza ou dunha fouce, como hipotéticos instrumentos do seu martirio.

Galería de imaxes

Pantocrator del pórtico de la Gloria en Santiago de Compostela

San Mateo, no ángulo superior dereito do Tetramorfo (Pórtico da Gloria)

Burgos - Catedral 008 - Puerta del Sarmental

San Mateo, representado por un anxo (Catedral de Burgos)

Meister der Schule von Canterbury 001

Códice Áureo de Canterbury

Brugghen, Hendrick ter - The Calling of St. Matthew - 1621

A chamada de san Mateo (Hendrick ter Brugghen)

San Mateo en Galicia

É patrón do concello de Trazo [2] e titular de cinco parroquias galegas:

Refraneiro

  • A doutrina de san Mateu, primeiros son os meus.
  • Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira.
  • Convidoume Xan Mateu e o viño pagueino eu.
  • Esmola san Mateu i esmolou prós seus.
  • Polo san Mateu bota os teus centeus.
  • Polo san Mateu deixa a cegoña a torre e por Brais a recolle.[3]
  • Polo san Mateu, vendima eu, vendimarei eu.
  • Por san Mateu vindima do teu.
  • Pregúntalle a Mateu que eu tan bo coma eu.
  • San Mateu enche as lameiras e san Marcos as baleira.[4]

Notas

  1. Epifanio de Salamis, bispo de Chipre, afirma que Mateo morreu en Partia (hoxe Irán) e foi Matías, outro dos apóstolos, quen morreu en Etiopía.
  2. Tamén o é do concello oscense de Monzón.
  3. San Brais celébrase o 3 de febreiro. Quérese dicir que a cegoña emigra a África en setembro e regresa para san Brais.
  4. San Marcos, 25 de abril. Quérese dicir que as lameiras, prados enchoupados permanentemente de auga, aparecen coas chuvias de setembro, para secar a finais de abril.

Véxase tamén

Bibliografía

  • FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.

Outros artigos

Ligazóns externas

Calendario romano xeral

O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Evanxelistas

Os evanxelistas ou tamén os catro evanxelistas, son os autores respectivos dos evanxeos (Mateo, Marco, Lucas e Xoán o Apóstolo.

Mateo

Mateo pódese referir a:

Mateo: nome propio de varón, Mateu, Matías.

Mateo (nome)

Mateo ou Mateu é un nome propio masculino galego de orixe hebraica. Mateu é unha variante moi común en galego, de feito é a única recollida nos dicionarios tradicionais de galego desde o século XIX.

O nome ten as súas orixes no Novo Testamento, a partir do hebraico, polo nome Μαθθαιος e unha transliteración koiné ao arameo polo diminutivo מתי (Mattay, Maty). Do latín Matthæus, a ortografía do inglés "Matthew" vén directamente desde o francés Matthieu (antes Matheu, forma coincidente en galego antigo). En última instancia, o nome deriva do nome מתתיהו (Matatyahu, Mattathias) ou מתיתיהו (Matityahu, Mattithiah), Mateo significa "don de Yahveh". O nome hebraico é tamén deletreado נתניהו. Tamén é relacionado incluír os nomes (Netanyahu, Nethaniah), cambiados e coas sílabas יהונתן (Yehonatan, Jonathan).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.