Maside

Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).

Coordenadas: 42°24′47″N 8°1′27″O / 42.41306, -8.02417

Maside
Bandeira de Maside
---
Escudo de Maside
Casa do concello de Maside
Casa do concello.
Situacion Maside
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación2.767 hab. (2018)
Área40,0 km²
Densidade69,18 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Iglesias Araújo (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Maside
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes59,83%
Na rede
http://www.concellodemaside.gal/

Poboación

Censo total 2014 2.906 habitantes
Menores de 15 anos 282 (9.7 %)
Entre 15 e 64 anos 1.597 (54.95 %)
Maiores de 65 anos 1.027 (35.34 %)
Evolución da poboación de Maside   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.339 5.877 5.808 5.160 3.121 3.096 2.906 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m). É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa. O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.

Historia

Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).

Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".

Patrimonio

Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.

Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Maside.
Cruceiro - Maside

Cruceiro de Maside

Cruceiro detalle basa- Maside

Representación de Eva e Adán no cruceiro

Lugares de Maside

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maside vexa: Lugares de Maside.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Maside". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Amarante, Maside

Santa María de Amarante é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 745 habitantes (354 homes e 391 mulleres), nove menos ca en 2006.

Armeses, Maside

San Miguel de Armeses é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 260 habitantes, deles 110 eran homes e 150 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Carlos Maside

Carlos Maside García, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, foi un pintor galego.

Castelo de Maside

O castelo de Maside, ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira, é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Estación da Friela-Maside

A Friela-Maside é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Maside, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Garabás, Maside

San Pedro de Garabás é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2014 tiña 426 habitantes, deles 204 eran homes e 222 mulleres.

En Garabás naceu o escritor Víctor Campio Pereira.

Laxeiro

Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, foi un pintor galego, un dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos.

Louredo, Maside

Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 157 habitantes (76 homes e 81 mulleres), 66 menos ca en 1999.

Maside, Maside

San Tomé de Maside Vello é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 884 habitantes, deles 432 eran homes e 452 eran mulleres, o que supón un incremento de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Maside, Sarria

San Pedro de Maside é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 99 habitantes (57 homes e 42 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, sen cambios en relación ao ano 2003 en canto ao número de habitantes.

O Lago, Maside

San Martiño do Lago é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 168 habitantes (87 mulleres e 81 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 199 habitantes.

Piñeiro, Maside

San Xoán de Piñeiro é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 102 habitantes, deles 45 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Rañestres, Maside

San Mamede de Rañestres é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 77 habitantes, deles 38 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Santa Comba do Trevoedo, Maside

Santa Comba do Trevoedo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 145 habitantes, deles 64 eran homes e 81 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.