Maruxa Villanueva

María Isaura Vázquez Blanco, coñecida como Maruxa Villanueva, nada na Barrela (Lousada, Carballedo) o 6 de maio de 1906 e finada en Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1998, foi unha actriz galega.

Maruxa Villanueva
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Marujita Villanueva. Galicia, Revista del Centro Gallego de Buenos Aires n. 292, maio de 1937, p. 11
Nacemento1906
 Barrela, Lousada, Carballedo, Galicia Galicia
Falecemento24 de novembro de 1998
 Santiago de Compostela, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
OcupaciónActriz
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Emigrou a Arxentina con 20 anos, e alí fíxose cantante e actriz, tamén colaborou nas actividades culturais dos emigrados galegos en Buenos Aires e nos actos en favor da República. Casou con Manuel Daniel Varela Buxán e con el formou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que estreou Os vellos non deben de namorarse. En Arxentina trabou amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco Amor, Fernando Iglesias "Tacholas" e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

En 1949 regresou a Galicia onde montou a compañía Os Labregos, pero a censura franquista rematou coa súa actividade, e volveu a Buenos Aires en 1958. En 1962 retornou definitivamente a Galicia. En 1971 o presidente da Patronato Rosalía de Castro Agustín Sixto Seco propúxolle atender a Casa Museo Rosalía de Castro, da que foi coidadora ata o seu pasamento, e onde viviu a partir de 1974. Dedicou o seu tempo á casa e á obra de Rosalía e converteuse en especialista no tema.

Recoñecementos

Recibiu numerosos premios e homenaxes, entre eles a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e o premio María Casares de teatro a título póstumo.

En 2001 o concello de Padrón creou o premio Maruxa Villanueva.

Figura na galería de Personaxes ilustres do concello de Carballedo[1] no que unha rúa leva o seu nome, o mesmo ca en Padrón.

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.

Notas

  1. "Personaxes Ilustres". Concello de Carballedo. Consultado o 06/06/2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Biografía na páxina web da Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro.
A Barrela, Lousada, Carballedo

A Barrela é unha pequena vila da parroquia de Lousada, no concello de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña 220 habitantes (112 mulleres e 108 homes), 5 máis ca en 2017 e 2016, 18 máis ca en 2010 (100 mulleres e 98 homes) e un máis ca en 1999.

Na Barrela está situada a capital do concello de Carballedo: casa consistorial, farmacia, centro médico etc.

O día da feira na Barrela é o 13 de cada mes.

Na Barrela naceu en 1906 María Isaura Vázquez, máis coñecida como Maruxa Villanueva. Tamén está moi ligada á Barrela a actriz María Vázquez por ser a terra da súa nai e avós. E o escultor Buciños que tivo moitos anos obradoiro na Barrela.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Iria Pinheiro

Iria Pinheiro, nada en Ourense en 1978, é unha actriz, cantante, cabareteira, presentadora de televisión, guionista, compositora e videocreadora galega.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Maruxa Boga

María Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, nada en Buenos Aires en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha locutora de radio, actriz e xornalista galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Premio Maruxa Villanueva

O Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva é un premio a actrices ou actores de teatro outorgado polo concello de Padrón dende o ano 2001.

Premio de Honra Marisa Soto

O Premio de Honra Marisa Soto, que recibe o nome desta falecida actriz galega, é o galardón especial dos Premios María Casares en recoñecemento á traxectoria ou o apoio ao teatro, concedéuselles aos seguintes profesionais e entidades:

1997. Agustín Magán

1998. Manuel Lourenzo

1999. Maruxa Villanueva

2000. Manuel Gallart

2001. Asociación Cultural Abrente

2002. Fundación Teatro Principal de Tui

2003. Celebración dos 25 anos de teatro profesional

2004. Padroado da Cultura do Concello de Narón

2005. Luís Álvarez Pousa

2006. Dorotea Bárcena

2007. Concha Abad García

2008. Rubén García

2009. Ana Romaní

2010. Gonzalo Uriarte

2011. Xan Cejudo.

2012. Sala Nasa

2013. Pilar Pereira

2014. Xosé Manuel Olveira "Pico"

2015. Vicente Montoto

2016. Revista Galega de Teatro

2017. Eduardo Alonso

2018. Rosa Álvarez

2019. Aulas de Teatro Universitario de Santiago e Ourense

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.