Martinica

A illa de Martinica[1] (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

Coordenadas: 14°40′N 61°00′O / 14.667, -61.000

Martinica
Martinique
Bandeira de Martinica
Escudo de Martinica
BandeiraEscudo
LocationMartinique
Capital
 • Poboación
Fort-de-France
81.017 (2016)
Cidade máis poboadaFort-de-France
Linguas oficiaisFrancés
Forma de gobernoRepública
Presidente de Francia
Presidente do Consello Rexional
Emmanuel Macron
Alfred Marie-Jeanne
Dependencia de Francia1635
SuperficiePosto 184º
 • Total1.128 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas350 km
 • Total376.480 hab. (2016) hab.
 • Densidade334 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaEuro (EUR)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC -4
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.mq
Prefixo telefónico+596
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO474 / MTQ / MQ
Membro de: Unión Europea

Historia

Saint-Pierre, Martinique (seen from the harbor - 2005-06-15)
Saint-Pierre. Antes da destrución total de Saint-Pierre en 1902 por unha erupción volcánica, era a cidade máis importante de Martinica, cultural e economicamente, sendo coñecida como "o París do Caribe".

Antes do contacto europeo

A illa foi ocupada primeiro polos pobos arauacos dende o 100 a.C. e logo polos caribes.[2] O pobo caribe emigrara do continente ás illas ao redor de 1201, segundo a datación do carbono nos artefactos. Foron en gran parte desprazados, exterminados e asimilados polos taínos, que residían na illa na década de 1490.[3]

1493-1688

Martinica foi cartografiada por Cristovo Colón en 1493, pero España tiña pouco interese no territorio. Cristovo Colón foi o primeiro navegante europeo en chegar á illa o 15 de xuño de 1502 pero, salvo en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635.

O 15 de setembro de 1635, Pierre Belain d'Esnambuc, gobernador francés da illa de Saint Kitts, desembarcou no porto de Saint Pierre con 150 colonos franceses logo de ser expulsado de Saint Kitts polos ingleses. D'Esnambuc reclamou Martinica para o rei francés Luís XIII e a Compañía das Illas de América francesa, e estableceu o primeiro establecemento europeo en Fort Saint-Pierre (agora Saint-Pierre). D'Esnambuc morreu en 1636, deixando a compañía e Martinica en mans do seu sobriño, Du Parquet. En 1637, o seu sobriño Jacques Dyel du Parquet converteuse en gobernador da illa.

En 1636, os indíxenas caribes levantáronse contra os colonos para expulsalos da illa na primeira de moitas escaramuzas. Os franceses rexeitaron con éxito aos nativos e obrigáronos a retirarse á parte leste da illa, na península de Caravelle na rexión entón coñecida como o Capesterre. Cando os caribes se rebelaron contra o goberno francés en 1658, o Gobernador Charles Houël du Petit Pré retomou a guerra contra eles. Moitos foron asasinados. Os que sobreviviron foron capturados e expulsados da illa. Algúns caribes fuxiran a Dominica ou San Vicente, onde os franceses acordaron deixalos en paz.

Martinique 1667
O ataque aos barcos franceses en Martinica en 1667

Debido a que había poucos sacerdotes católicos nas Antillas francesas, moitos dos primeiros colonos franceses foron hugonotes que buscaban unha maior liberdade relixiosa da que podían gozar na Francia continental. Eran moi traballadores e fixéronse moi prósperos. Aínda que os edictos da corte do Rei Luís XIV chegaron regularmente ás illas para suprimir aos "herexes" protestantes, estes foron ignorados en gran parte polas autoridades da illa ata o edito de Revogación en 1685.

Desde setembro de 1686 ata principios de 1688, a coroa francesa utilizou Martinica como ameaza e lugar de desterro para os hugonotes continentais que se negaron a reconverterse ao catolicismo. Deportaron máis de 1.000 hugonotes a Martinica durante este período, usualmente baixo condicións miserables e ateigadas que causaron que moitos deles morresen no camiño. Os que sobreviviron á viaxe distribuíronse entre os plantadores da illa como "Engagés" (servintes contratados) baixo o sistema de servidume que prevalecía nas Antillas Francesas .

Como moitos dos propietarios de Martinica eran hugonotes e compartían o sufrimento baixo as severas restriccións da Revogación, comezaron a conspirar para emigrar de Martinica con moitos dos seus recentemente chegados irmáns. Moitos deles alentados polos seus irmáns católicos, que esperaban a partida dos herexes para apropiarse dos seus bens. En 1688, case toda a poboación protestante francesa de Martinica escapara ás colonias británicas americanas ou volveron aos países protestantes. A política dezmou á poboación de Martinica e o resto das Antillas francesas e atrasou a súa colonización durante décadas, causando que o rei francés relaxase as súas políticas nas illas deixando as illas susceptibles á ocupación británica durante o século próximo.[4]

Post-1688

Battle martinique 1779 img 9388
A Batalla de Martinica entre as frotas británica e francesa en 1779

Martinica foi ocupada varias veces polos británicos, incluíndo unha vez durante a Guerra dos Sete Anos e dúas veces durante as ruerras napoleónicas. Gran Bretaña controlou a illa case continuamente no período 1794-1815, cando foi devolta de novo a Francia na conclusión das guerras napoleónicas.[5] Martinica permaneceu como posesión francesa desde entón.

A medida que os prezos do azucre diminuíron a principios do século XIX, a clase dos plantadores perdeu influencia política. En 1848, Victor Schoelcher persuadiu ao goberno francés para poñer fin á escravitude nas Indias Occidentais francesas.[5]

O 8 de maio de 1902, unha erupción do Monte Pelée destruíu completamente Saint-Pierre, matando a 30.000 persoas. Debido á erupción, refuxiados de Martinica chegaron en barcos ás aldeas meridionais de Dominica pero algúns quedaron permanentemente na illa. En Martinica, o único supervivente na cidade de Saint-Pierre foi Auguste Cyparis, salvado polas grosas paredes da súa cela na prisión.[6] Pouco despois, a capital cambiou a Fort-de-France, onde permanece hoxe.

En 1946, a Asemblea Nacional de Francia votou por unanimidade transformar a colonia nun Departamento de Ultramar de Francia. En 1974, converteuse simplemente nun Departamento.

En 2009, as folgas xerais francesas do Caribe de 2009 expuxeron tensións étnicas profundas, e tensións e disparidades de clase dentro de Martinica.[7]

Goberno

Martinique-CIA WFB Map
Mapa de Martinica.

Xunto con Guadalupe, Reunión, Mayotte e Güiana Francesa, Martinica é un dos Departamentos de Ultramar de Francia. Tamén é unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. Os habitantes de Martinica son cidadáns franceses con dereitos políticos e legais completos. Martinica envía catro deputados á Asemblea Nacional de Francia e dous senadores ao Senado de Francia.

O 24 de xaneiro de 2010, durante un referendo, os habitantes de Martinica aprobaron cun 68,4% a pasaxe a ser unha "única comunidade", no marco do artigo 73 da Constitución, este substitúe e exerce as competencias do consello xeral e o consello rexional.

Subdivisións

Martinique legende arrs
Mapa de Martinica mostrando os catro arrondissement da illa

Martinica divídese en catro "arrondissements", 34 comunas, e 45 cantóns. Os catro arrondissements da illa, cos seus respectivos emprazamentos, son os seguintes:

  • Fort-de-France é a única prefectura de Martinica. Recolle a zona central da illa. Inclúe catro comunas e dezaseis cantóns. En 2013 a poboación era 161.021 habitantes. Ademais da capital, inclúe as comunidades de Saint-Joseph e Schœlcher.
  • La Trinité é unha das tres subprefecturas da illa e ocupa a rexión nordés. Ten dez comunas e once cantóns. En 2013 a poboación era 81.475 habitantes. La Trinité contén as comunidades de La Trinité, Ajoupa-Bouillon, Basse-Pointe, Le Gros-Morne, Le Lorrain, Macouba, Le Marigot, Le Robert e Sainte-Marie.
  • Le Marin, a segunda subprefectura de Martinica, compón a parte meridional da illa e componse de doce comunas e trece cantóns. En 2013 a poboación era 119.653 habitantes. A subprefectura inclúe as comunidades de La Marin, Les Anses d'Arlet, Le Diamant, Ducos, Le François, Rivière-Pilote, Rivière-Salée, Sainte-Anne, Sainte-Luce, Saint-Esprit, Les Trois-Îlets e Le Vauclin.
  • Saint-Pierre, é a terceira subprefectura da illa. Comprende oito comunas e cinco cantóns, situados no noroeste de Martinica. En 2013 a poboación era 23.402 habitantes. Xunto con Saint-Pierre, as súas comunidades inclúen Le Carbet, Case-Pilote-Bellefontaine, Le Morne-Rouge e Le Prêcheur.

Demografía

En 2013, a poboación das principais cidades era: a capital, Fort-de-France, contaba con 84.174 habitantes (89.000 en 2008); Le Lamentin, 40.040 habitantes (39.410 en 2008) e Le Robert, 23.296 habitantes 23.903 en 2008).[8] O 90 % dos habitantes son negros ou mulatos, e o 85 % son católicos.

Xeografía

Forma parte do arquipélago das Antillas, Martinica está situada no mar Caribe cerca do nordés da costa de Sudamérica e ao redor de 700 km ao sueste da República Dominicana. Está directamente ao norte de Santa Lucía, ao noroeste de Barbados, ao sueste de Porto Rico e a República Dominicana e ao sur de Dominica.

A área total de Martinica é de 1.100 km2, dos cales 40 km2 son auga e o restante terra. Martinica é a terceira illa máis grande das Antillas Menores logo de Trinidad e Guadalupe. Esténdese 70 km de longo e 30 km de largo. O punto máis alto é o volcán de Mont Pelée con 1397 m sobre o nivel do mar.

Economía

O seu Produto interior bruto por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso, Martinica benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Principais intercambios comerciais:

Notas

  1. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, 2009
  2. "Un peu d´histoire...". martinique.org (en francés). Consultado o 28-04-2019.
  3. Sweeney, James L. (Marzo 2007). "Caribs, Maroons, Jacobins, Brigands, and Sugar Barons: The Last Stand of the Black Caribs on St. Vincent". African Diaspora Archaeology Newsletter 10 (1): 1–39. ISSN 1933-8651.
  4. Baird, Charles Washigton. (1885). History of the Huguenot Migration to America I. New York: Ddod, Mead & Company. pp. 205–107.
  5. 5,0 5,1 Ver Berkmoes, Ryan; et al. (2008). Caribbean Islands (impreso) (5th ed.). Lonely Planet.
  6. Baker, Christopher; et al. (2009). Caribbean (impreso) (1 ed.). Eyewitness Travel.
  7. "Race, class fuel social conflict on French Caribbean islands". America Renaissance (en inglés). Agence France-Presse (AFP). 17 de febreiro de 2009.
  8. "Recensement de la population en Martinique - 385 551 habitants au 1er janvier 2013". Insee (Institut national de la statistique et des études économiques) (en francés). Consultado o 28-04-2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.mq

.mq é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Martinica.

20 de xullo

O 20 de xullo é o 201º día do ano do calendario gregoriano e o 202º nos anos bisestos. Quedan 164 días para finalizar o ano.

8 de maio

O 8 de maio é o 128º día do ano do calendario gregoriano e o 129º nos anos bisestos. Quedan 237 días para finalizar o ano.

Aeroporto de Martinica Aimé Césaire

O aeroporto internacional de Martinica Aimé Césaire (IATA: FDF, OACI: TFFF) é o aeroporto de Martinica, nas antillas francesas. Está situado en Le Lamentin, un suburbio da súa capital, Fort-de-France. Foi inaugurado no ano 1950 e no ano 2007 recibiu o seu nome actual, na honra do autor e político Aimé Césaire.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Antillas Menores

As Antillas Menores ou Pequenas Antillas é o grupo de illas no Mar Caribe formado polas Antillas de menor tamaño, que forman un arco insular ao sueste das Antillas Maiores ou Grandes Antillas, que vai desde o leste de Porto Rico ata a costa occidental de Venezuela.

Está constituído polas illas de Trinidad, Tobago (ambas as dúas situadas sobre a plataforma continental de Sudamérica), Barbados e dous grupos de illas, coñecidos como:

Illas de BarloventoIntegrado por Granada, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Martinica, Dominica, Marie-Galante, La Désirade, Les Saintes, Guadalupe, Montserrat, Barbuda, Antiga, Saint Kitts e Nevis, San Eustaquio, Saba, San Martiño, Anguila, Redonda, e as illas Virxes.

Illas de SotaventoIntegrado polas illas de Aruba, Curaçao, Bonaire, Arquipélago de Las Aves, Arquipélago Os Roques, A Orchila, La Tortuga, Illa de San Pedro de Coche, Cubagua e Illa de Margarita, situadas fronte ás costas de Venezuela e sobre a plataforma continental suramericana.

Bandeira de Martinica

A bandeira de Martinica foi creada o 4 de agosto de 1766 e deixou de usarse en 1790 a raíz da Revolución francesa. Case douscentos anos despois recuperouse para uso non oficial, xa que o símbolo oficial da illa, un departamento de ultramar francés é a bandeira tricolor francesa.

A bandeira de Martinica de uso non oficial, deriva da antiga bandeira usada pola mariña mercante francesa durante o século XVIII ata a adopción da bandeira tricolor. É un pano de cor azul cuarteado por unha cruz branca. En cada cuadrante aparece representada unha serpe branca con forma de L invertida (máis visible no deseño do século XVIII que no actual). As serpes teñen forma de L porque Martinica dependía de Santa Lucía antes de que esta última se convertese nunha colonia do Reino Unido.

Caribe (rexión)

O Caribe refírese ao grupo de illas e estados insulares no mar Caribe, tamén chamados de Antillas ou Indias Occidentais, nome orixinado pola crenza inicial de que o continente americano fose na verdade a India.

O Caribe está localizado na súa propia placa tectónica - a Placa caribeña, que abrangue tamén a parte sur da América Central. Na fronteira desta placa coa Placa suramericana, ao leste, xunta do océano Atlántico, existe unha zona de subdución volcanicamente activa, que orixinou as Pequenas Antillas.

Departamento de Reunión

Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no Océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique. A súa capital é Saint-Denis.

Ten estatuto de rexión administrativa, así como Martinica, Guadalupe e Güiana.

Dominica

A Mancomunidade de Dominica é unha illa e un Estado do Mar Caribe, especificamente entre os territorios franceses de ultramar de Guadalupe ao norte e Martinica ao sur; pertence á Mancomunidade Británica de Nacións. Non debe ser confundida coa República Dominicana, outra nación caribeña.

Granada, Caribe

Granada (en inglés Grenada) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas.

Illas de Barlovento, Pequenas Antillas

As Illas de Barlovento son un grupo de illas das Pequenas Antillas, integrado por Granada, Martinica, Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Trinidad e Tobago.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Mathias Lessort

Mathias Lessort, nado o 29 de setembro de 1995 en Fort-de-France, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o FC Bayern München da Basketball Bundesliga. Cunha altura de 2,06 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Monte Pelée

O Monte Pelée ou Monte Pelair, volcán novo situado en Saint Pierre, na Martinica, causou en 1903 a máis devastadora erupción volcánica da que se ten coñecemento.

Sábese que preto de 30 mil persoas morreron por causa desta erupción que deu unha completa nova concepción aos estudos volcánicos. O fluxo piroclástico, unha cinza volcánica con preto de 300 °C, cubriu 20 km ao longo de toda a cidade de Saint Pierre seguida pola lava, de aproximadamente 1000 °C.

O efecto do fluxo piroclástico é tan devastador que en tres minutos exterminou a vila, e derreteu casas e predios. As persoas foron encontradas queimadas, e mortas debido ás explosións.

En verdade, dous meses antes da erupción xa se comezaba a percibir que houbera erros con respecto ao volcán, mentres, unha mestura de ignorancia e euforia impediran a evacuación da cidade, a saber:

Eleccións que estaban moi próximas.

Peticións do gobernador para que non se deixase a cidade e, os que deixaran, que volvesen.

Recusa da materia alarmante, por falta de espazo, polo xornal local.

A existencia dun enorme cráter, o cal se consideraba que conduciría a lava para o mar.

O día do fenómeno eruptivo (08/05/1903) era a festa do día da Ascensión polo que foi festivo en Saint Pierre, o que incentivou a máis persoas volveren para a cidade.Para se ter noción da forza volcánica, rexístrase que conseguiu lanzar pedras do tamaño dunha casa. Ninguén na cidade sobreviviu, con excepción dun único home, Ludger Cilbaris. Tratouse dun preso no cárcere e, xustamente por iso, zafouse da morte. De feito, as varias capas de parede que constituíron a súa "cela" filtraron as partículas de magma que forman parte do fluxo piroclástico. Aínda así, o "home marabilloso" (como ficou coñecido) sufriu serias queimaduras e, antes de ser encontrado, pasou catro días de agonía, fame e medo até ser encontrado por catro estudantes.

Este evento foi un punto de inflexión nos estudos volcánicos e sábese que, pola idade xeolóxica do Monte Pelée, se produciron outras erupcións de iguais proporcións.

Hoxe, a pesar dos 30.000 habitantes de 1903, Saint Pierre conta con apenas 5.000 habitantes e o famoso monte é monitorado regularmente. No museo da cidade aínda se poden atopar varios obxectos que foron completamente deformados polo efecto da calor.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Ronny Turiaf

Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que é axente libre.

Santa Lucía, Caribe

Santa Lucía (Saint Lucia, en inglés) é un pequeno país situado ao norte de San Vicente e as Granadinas e ao sur da illa da Martinica, no Mar Caribe. É membro da Comunidade do Caribe, da Organización de Estados Americanos e da Mancomunidade Británica de Nacións.

Comunas do departamento de Martinica Drapeau aux serpents de la Martinique.svg
Francia metropolitana
Departamentos de ultramar
Rexións
Rexións de alén mar
Rexións ata 2015
Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.