Martiño de Dumio

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.[1]

Foi bispo de Dumio e de Braga.

Martiño de Dumio
Martinho de Dume (detail)
Nacementoc. 515
 Pannonia
Falecementoc. 580
 Braga
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióncanon law jurist e sacerdote católico
MartindeBraga-Albelda
Representación de Martiño de Dumio nunha miniatura da Crónica Albeldense, (ca. 976).
Biblioteca do Mosteiro do Escorial.
Á esquerda, pódese ler Martinus episcopus bracarensis.

Traxectoria

Martinho de Dume
Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal.

Membro dunha importante familia romana da antiga provincia de Panonia (actual Hungría), ingresa pronto no clero e moi novo trasládase a Palestina a visitar os Santos Lugares. Alí reside durante varios anos e entra en contacto co florecente movemento monástico que se desenvolve nas montañas de Xudea.

Gallaecia

Sen coñecerse exactamente a razón, talvez por tratarse Gallaecia dun reino cristián independente de Roma pero fóra do catolicismo, decide trasladarse ao Reino dos suevos —ao que nin principio se refire como Finis Terrae—, cuxa clase dirixente era en gran parte ariana.

Na súa viaxe pasa algún tempo nas Galias e chega á Gallaecia en torno ao 550. Entón a antiga cidade romana de Bracara Augusta, capital da provincia romana de Gallaecia, pasa a converterse na capital do Reino Suevo.

Mosteiro de Dumio

En Gallaecia traballa varios anos como presbítero e como monxe. Funda un mosteiro en Dumio, preto de Bracara Augusta (a actual Braga, en Portugal), a capital do reino, xunto á igrexa que o rei suevo Carriarico dedicara a san Martiño de Tours, tras a súa conversión ao catolicismo.

Pronto o mosteirio de Dumio convértese no principal centro de difusión de cultura e espiritualidade cristiá de orixe oriental no norte da península Ibérica, xa que os seus monxes tiñan encomendada a copia de códices, moitos posibelmente traídos polo mesmo Martiño de Oriente.

Pouco tempo máis tarde, Lucrecio, bispo de Braga, crea a diocese de Dumio en torno ao novo mosteiro, e consagra a Martiño como o seu primeiro bispo contra 556.

Amais de batallador pola ortodoxia contra os arianos, foi tamén un fecundo escritor. Entre as principais obras, están os Escritos canónicos e litúrxicos. Ttraduciu os Pensamentos dos padres exipcios.

Martiño de Dumio é unha figura de capital importancia para a historia da cultura e lingua tanto galega como portuguesas. De feito, considerando indigno de bos cristiáns que se continuase a chamar os días da semana segundo os nomes latinos pagáns de Lunae dies, Martis dies, Mercurii dies, Jovis dies, Veneris dies, Saturni dies e Solis dies, foi o primeiro en usar a terminoloxía eclesiástica para os designar (Feria secunda, Feria tertia, Feria quarta, Feria quinta, Feria sexta, Sabbatum, Dominica Dies), de onde proveñen os nomes dos días actuais en lingua portuguesa e aínda presente nalgunhas falas galegas: (segunda-feira, terça/terceira/terza-feira, quarta/corta-feira, quinta-feira, sexta-feira, sábado e domingo), caso único entre as linguas neolatinas, dado ter sido a única en substituír enteiramente a terminoloxía pagá pola cristiá.

Clara proba da forte acción desenvolvida por Martiño e seus sucesores na eliminación de formas pagás. Tentouno tamén cos nomes dos planetas, ámbito onde non logrou o mesmo éxito e por iso aínda hoxe se denominan polos seus nomes clásicos e pagáns.

Foi sepultado na basílica de San Martiño de Dume. Para si mesmo compuxera o seguinte epitafio:

A súa festa celébrase o 20 de marzo, porque en tal data (equinoccio de primavera) quería situar Martiño o aninovo.[Cómpre referencia]

Labor político

Ariamirogaliza
O rei Teodomiro cos bispos Lucrecio, André e Martiño.

Chega a Galicia no ano 550, e foi o máximo impulsor do esplendor cultural e político do Reino Suevo. Moi próximo ao rei suevo Teodomiro, anímao ao goberno do reino apoiándose na xerarquía eclesiástica galaica e logra que abxure do arianismo e se bautice como católico en 560, atraendo con el á maoor parte da poboación do reino.

Os concilios de Braga son a máxima expresión desa concepción do goberno, que busca a lexitimidade no apoio da Igrexa galaico-romana. Tratábase dunha actitude de reafirmación política fronte ao arianismo do Reino Visigodo hispano.

I Concilio de Braga

Presidiu o primeiro Concilio de Braga, convocado polo papa Xoán III para poñer fin á querela suscitada pola doutrina prisciliana,m que de celebra no ano 561 (ou 563). Martiño contribúe á condena doutrinal e moral do priscilianismo:

II Concilio de Braga

Miro, Suevic king of Galicia, and Martin of Braga
O rei Miro de Galicia con Martiño de Braga.

En xuño do amo 572 preside o segundo Concilio de Braga no que os bispos da Gallaecia en presenza do rei suevo Miro establecen as liñas de actuación misional e de práctica litúrxica e moral desta igrexa particular.

Mandou engadir ás Actas deste concilio unha recompilación metódica de oitenta e catro cánones tomados dos sínodos dos Padres orientais da Igrexa, postos en orde e reunidos polo mesmo bispo Martiño.[1]

Vertrebración do Reino Suevo

Contribuíu á vertebración do territorio coa estrutura parroquial reflectida no Parochiale suevorum. A desconcentración de funcións combinada cunha estrutura xerárquica de poder que converxe nos bispados dá estabilidade e prosperidade ao conxunto do Galliciense Regnum.

Labor relixioso-cultural

Trae a Galicia a sabedoría cristiá oriental a través da tradución das Sentenzas dos Padres de Exipto. En De correctione rusticorum loita contra os costumes e crenzas supersticiosas de raíz prerromana ou céltica presentes entre os galaicos, e indirectamente pon en evidencia a pervivencia daquela dos cultos prerromanos de raíces prehistóricas.

Redactou breves Tratados dirixidos ao rei suevo Miro con títulos como: Fórmula da vida honesta; Rexeitamento da xactancia; Sobre a soberbia e Exhortación á Humildade. Tamén exerceu un liderado moral sobre os bispos do reino suevo escribindo un opúsculo sobre a xenreira destinado ao bispo Vitimiro de Ourense.

Organizou o monacato galego, ata entón de perfil eremítico propio do priscilianismo, que xa agromaba na Ribeira Sacra. Da súa época é o mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos, un mosteiro troglodita que pervive semiabandonado. Pretende transformar este primeiro ascetismo de orixe priscilianista nun monacato culto e conectado coa sociedade do seu tempo. O exemplo desta idea será o mosteiro que funda en Dume, preto de Braga. A súa actividade deixou pegada en Mondoñedo e atribúeselle tamén a fundación do mosteiro do Couto, en Narón.

Probablemente sexa súa a introdución en Portugal, e en tempos tamén en Galicia, da denominación dos días da semana polo sistema cristián de feiras e non polos nomes das divindades romanas.

Influencia sobre os visigodos e os francos

O seu labor tivo continuidade no reino visigodo. Isidoro de Sevilla ou Gregorio de Tours, mestres de visigodos e francos respectivamente, así como os Concilios de Toledo, considerárono, xa daquela santo, doutor e pai da Igrexa. Cando o reis visigodos se converten ao cristianismo romano imitan o seu modelo.

A súa influencia sobre os bispos sevillanos Leandro e Isidoro despréndese con claridade do eloxio que lle dedicou Isidoro:

Hispania3c
Hispania no século VI.

Foi precisamente na segunda metade do século VI en que se produce unha prolongada crise cando, tras o asasinato de Teudiselo en Hispalis (549), o pretendente Atanaxildo pide axuda ao basileus que ocupa a franxa meridional da península Ibérica.

Eloxiado polos seus contemporáneos Venancio Fortunato, (Venantius Honorius Clementianus Fortunatus) bispo de Poitiers e Gregorio, bispo de Tours.[2]

Cabe marcar tanto as semellanzas como as diferenzas entre os pequemos catecismos morais que escribe Martín dirixidos ao rei suevo Miro, coas súas Etimoloxías, a enorme enciclopedia de Isidoro destinada a mellorar a cultura das elites laicas e eclesiásticas do reino, procurándolles unha especie de manual enciclopédico cómodo.[3]

Martín, no seu modelo de sermón para corrxir aos rústicos dos campos galegos, busca unha linguaxe simplificada, para uso dun público inculto, que Isidoro emprgearía ao contrario que o seu irmán maior Leandro o ano 589 na sesión de clausura do III Concilio de Toledo, pomposa peza destinada a seducir e fascinar á corte e non para proporcionar unha formación relixiosa elemental a un auditorio corrente.[4]

Iconografía

Represéntase nun retablo de San Martiño Pinario cortando un piñeiro con ídolos pagáns, en alusión ó seu propósito de erradicar en Galicia o culto pagán ás árbores, ríos e pedras.

Obras

Martin of Braga Tomb (5)
Túmulo de san Martiño de Dume, en Braga.
  • Pro Repellenda Iactantia (A favor de rexeitar a vanagloria)
  • Item de superbia (Acerca da soberba)
  • Exhortatio humilitatis (Exortación da humildade)
  • Sententiae Patrum Aegyptiorum (Sentenzas dos Padres Exipcios)
  • De ira (Da Ira)
  • De correctione rusticorum (Da Corrección dos rústicos)
  • Formula vitae honestae (Fórmula da vida honesta)
Predecesor:
Nova creación
Bispo de Dumio
556 - 579
Sucesor:
Xoán
Predecesor:
Lucrecio
Bispo de Braga
562 - 579
Sucesor:
Pantardo

Notas

  1. 1,0 1,1 Fontaine, Jacques (2002), páx. 55.
  2. Fontaine, Op. cit., páx. 56.
  3. Fontaine, Op. cit., páx 122.
  4. Fontaine, Op. cit., páx. 131.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barlow, C. W. (1950): Martiní Bracarensís Opera Omnia. New Haven: Yale Uníversíty Press.
  • Costa, Avelino de Jesus (1950): S. Martinho de Dume, (XIV Centenário da sua chegada à Península). Braga: Ed. Cenáculo.
  • Ferro Ruibal, X. (Dir.) et al(1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
  • Fontaine, Jacques (2002): Isidoro de Sevilla. Génesis y originalidad de la cultura hispánica en los tiempos de los visigodos. Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-7490-653-0.
  • López Carreira, Anselmo (1996): Martiño de Dumio: a creación dun reino. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-044-1
  • Soares, Luís Ribeiro (1997): A linhagem cultural de S. Martinho de Dume Lisboa: Imprensa Nacional – Casa da Moeda.
20 de marzo

O 20 de marzo é o 79º día do ano do calendario gregoriano e o 80º nos anos bisestos. Quedan 286 días para finalizar o ano.

A Cañiza

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.

Braga

Braga (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae , bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é a cidade máis antiga de Portugal e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, ten máis de 2000 anos de historia como cidade. Está situada no Val do Cávado, no Norte de Portugal, e en 2011 tiña 181.474 habitantes. É a capital da provincia de Minho.

É unha cidade chea de cultura e tradicións, onde a Historia e a relixión conviven coa industria tecnolóxica e co ensino universitario. O Fórum Europeo da Xuventude elixiuna Capital Europea da Xuventude en 2012.

Concilios de Braga

Durante a Idade Media, realizaronse moitos concilios eclesiásticos na cidade de Braga, metrópole da provincia eclesiástica do Reino Suevo e, mais tarde, do reino de Portugal:

Concilio de Braga (411), probabelmente unha invención de Frei Bernardo de Brito;

Primeiro Concilio de Braga (561), presidido por Martiño de Dumio;

Segundo Concilio de Braga (572), presidido por Martiño de Dumio;

Terceiro Concilio de Braga (675), presidido por Leodegisius;

Concilio de Braga (1278-1280)

Concilio de Braga (1301)

Concilio de Braga (1328)

Concilio de Braga (1436)

Concilio de Braga (1488)

Concilio de Braga (1537)

Diocese de Dumio

A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.

Miro

Miro (quen gobernou entre 570 e 583) foi un célebre rei suevo do reino de Galicia, tamén coñecido como Mirón. Gobernou a Gallaecia manténdoa independente da expansión da Hispania ariana do rei visigodo Leovixildo.

Mosteiro de San Xulián de Samos

O mosteiro de San Xulián de Samos é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos, (provincia de Lugo).

Parador de Santo Estevo

O Parador de Santo Estevo é un Parador xestionado pola rede estatal de Paradores, que ocupa un antigo mosteiro beneditino en Nogueira de Ramuín, Ourense, na Ribeira Sacra.

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de tres claustros, é, xunto cos de Celanova e Oseira, un dos cenobios máis importantes de Ourense e até de Galicia.

Edificado nunha terra de eremitas, a Ribeira Sacra a súa orixe remóntase ao século VI e está relacionado con Martiño de Dumio, o "Apóstolo dos suevos".Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1923.

Primeiro Concilio de Braga

O I Concilio de Braga foi un concilio que tivo lugar na cidade homónima do Norte de Portugal (entón capital do reino dos Suevos), entre o 1 de maio de 561 e 563, por ordenamento do rei Teodomiro. Presidiuno Martiño de Dumio, bispo titular de Braga e de Dume. Acudiron bispos da Gallaecia e do norte da Lusitania.

Tivo o apoio do Papa Xoán III, e declarou anatema todos aqueles que acreditasen en doutrinas de tipo maniqueísta, como os priscilianistas.

O concilio remarcou a doutrina da Santa Trindade, segundo a cal hai un só Deus que existe en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo, contrariamente á afirmación priscilianista de que só existía unha persoa.

Así mesmo lembrou a crenza católica da existencia de Deus Fillo antes de nacer da Virxe María.

Reino suevo

O reino suevo configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Samos

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é samanense .

San Martiño de Porto, Cabanas

San Martiño de Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.

Segundo Concilio de Braga

O Segundo Concilio de Braga, que tivo lugar en 572, presidido por Martiño de Dumio, convocouse para aumentar o número de bispos da Gallaecia. Asistiron doce bispos e foron promulgados dez decretos. Asistiron os bispos sufragáneos da Arquidiocese de Braga e os da diocese de Lugo. Foi confirmado polo Papa Inocencio III.

Semana

A semana é un período de tempo de sete días consecutivos. Este período correspóndese coa cuarta parte dun ciclo lunar, de 28 días, que desde antigo serviu como base para o calendario lunar.

Teodomiro dos Suevos

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra

A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.

A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).

A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.

A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.

A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.

A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.

Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.