Martes

O martes, terza feira, ou terceira feira[1] é o segundo día da semana. O termo "martes" vén do latín Martis (dies) ou día de Marte, deus romano da guerra, e os termos "terza feira" e "terceira feira" proceden do latín tertia feria (ou feria tertia).

Nomes noutras linguas

Word for Tuesday in European Languages
Martes nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Dienstag Día de Týr
Búlgaro Вторник/Vtornik Segundo día
Catalán Dimarts Día de Marte
Checo Úterý Segundo día
Chinés Tradicional 星期二/Xīng Qī Èr Dous da semana
Español Martes Día de Marte
Éuscaro Astearte Entre semana
Francés Mardi Día de Marte
Holandés Dinsdag Día de Týr
Inglés Tuesday Día de Tiw
Islandés Þriðjudagur Terceiro día
Irlandés De Máirt Día de Marte
Italiano Martedì Día de Marte
Noruegués Tirsdag Día de Týr
Quechua Ati P'unchay Día da enerxía
Portugués Terça-feira Terceiro día
Romanés Marti Día de Marte
Ruso Вторник/Vtornik Segundo día
Xaponés 火曜日/Kayoubi Día do lume

Notas

  1. "Feira". Dicionario Real Academia Galega.

Véxase tamén

Outros artigos

2008

2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

Foi designado:

O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.

Ano Internacional das Linguas.

Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.

Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU.

Ano Europeo do Dialogo Intercultural.

Ano Internacional do Saneamento.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Alalá (programa de televisión)

Este artigo trata sobre o programa da TVG, para o canto popular véxase Alalá.Alalá é un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emitía os martes a partir das 21:35 h., estivo dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e emitiu sete temporadas.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Garduña

A garduña, fuíña, furatoxos, martaraña, martuxa, rabisaco ou gatela (Martes foina) é un mamífero depredador nocturno de tamaño mediano da familia Mustelidae. En estado adulto, a garduña mide entre 40 e 50 cm de lonxitude sen contar coa cola, que mide entre 21 e 27 centímetros, e o seu peso oscila entre 1 e 2 kg. Moi semellante á marta, non en balde teñen antepasados comúns; distínguese desta polo seu babeiro de cor branca que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Ten un excelente oído e moi boa vista e olfacto.

É un animal solitario. Desprázase rapidamente a saltos polo seu amplo territorio de caza que pode ser de 2 a 10 km, e non dubida en defendelo doutros machos adultos. Adoita dispor de varios tobos entre rochas e tocóns das árbores vellas as cales ocupa indistintamente.

(Vexa embaixo a área de distribución da Garduña en Galicia)

Larpeiros

Larpeiros é un programa de cociña emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo, de trinta minutos de duración, emítese os martes e mércores ás 22:00 h, e os sábados con dobre episodio ás 16:15 e 19:15.

Marta

A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

O Hío, Cangas

Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.

O Nordés

O Nordés é unha serie de ficción emitida pola TVG durante a tempada 2009-10, e que se desenvolve na redacción dun modesto xornal da cidade de Vigo. Estreouse o 17 de setembro de 2009.

Ponteceso

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Sleep When I'm Dead

"Sleep When I'm Dead" é un snxelo da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado como parte do seu álbum 4:13 Dream o 13 de xullo do 2008 no Reino Unido. Nos Estados Unidos lanzouse o día 15 pola tradición que teñen de editar os sinxelos os martes.

Tempada 2007-08 da NBA

A Tempada 2007-08 da NBA é a sexaxesimosegunda da historia da competición norteamericana de baloncesto. Os 1.230 partidos programados da liga regular comezaron o martes 30 de outubro de 2007, rematando a mesma o 16 de abril do 2008. Os playoffs comezaron o 19 de abril e remataron a mediados de xuño.

Xenitivo

O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases pettrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores .

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.