Marta González

Marta González Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1965, é unha historiadora e política galega do PPdeG.

Marta González
(Marta González Vázquez) Reunión Foro Social Partido Popular en sede distrito Salamanca contra la violencia de género. (44167499810) (cropped)
Nome completoMarta González Vázquez
Nacemento25 de xaneiro de 1965
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriadora e política

Traxectoria

Licenciouse en Historia en 1987 na Universidade de Santiago, onde tamén se doutorou na especialidade de Historia Medieval en 1994. Tamén é licenciada en Arquivística e biblioteconomía.

En 1992 comezou a traballar na empresa privada, para o grupo Sargadelos, ata que en 1996 pasou a dar clase de Historia medieval na Universidade da Coruña. En 1998 accedeu a un posto administrativo no Grupo Compostela de universidades, onde permaneceu ata 2003, ano en que foi fichada pola consellería de Familia da Xunta de Galicia para ocuparse da dirección xeral de Igualdade. Coa perda das eleccións de 2005 regresou ao mundo da empresa privada, para traballar como consultora, ata que grazas ás eleccións de 2009 volveu á administración autonómica, ao mesmo posto que tiña antes, Secretaria xeral de Igualdade.

Abadonou ese posto a finais de 2011 para concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións dese novembro ao Congreso dos Deputados como número dous nas listas da provincia da Coruña, por onde foi elixida. Nas eleccións municipais de 2011 concorreu na candidatura do Partido Popular ao concello de Santiago, en postos simbólicos. Porén, as sucesivas dimisións de concelleiros populares nesa lexislatura santiaguesa levou a que entrase en 2014 no pleno municipal, sen abandonar o seu escano no Congreso dos Deputados. Nos comicios locais de 2015 volveu a figurar na candidatura popular, en penúltima posición e loxicamente non repetiu como concelleira. Meses despois o seu nome volveu estar na candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña, neste caso de número dous, por detrás de Miguel Lorenzo, para ser elixida tanto en 2015 coma en 2016.

O 27 de xullo de 2018 integrouse na nova executiva do PP, liderada por Pablo Casado, como vicesecretaria xeral de Comunicación.[1]

Nas eleccións xerais de 2019 encabeza a candidatura do partido pola Coruña.[2]

Obras

  • Las mujeres de la Edad Media y el Camino de Santiago (2000)
  • El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media
  • Inés de Castro (2003).
  • La emperatriz Berenguela

Vida persoal

Vive en Brión[3].

Notas

  1. "Casado «integra» a los derrotados pero deja fuera a los pilares de Santamaría". abc (en castelán). 2018-07-26. Consultado o 2019-03-16.
  2. Coruña, La Opinión de A. "Marta González encabezará la lista del PP por A Coruña en las generales". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-03-16.
  3. Galería: Diputados electos en Galicia, Faro de Vigo.
Ana Marta González

Ana Marta González González, nada en Ourense en 1969, é unha profesora e filósofa galega.

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017

As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da xii lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde é unha longametraxe galega para televisión, producida en 2011 con dirección de Zaza Ceballos. É unha biografía sobre Emilia Pardo Bazán, e foi estreada o 28 de setembro de 2011 no Teatro Rosalía da Coruña.

Festa do melindre de Melide

A Festa do melindre e da repostaría tradicional é unha festa gastronómica organizada no concello de Melide, co obxecto de homenaxear a repostaría tradicional da vila. Ten lugar o segundo domingo de maio. En 2013 foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Marta (nome)

Marta é un nome de pía galego feminino de orixe hebraica: מרתא (pronunciado Martâ); que significa "fermosa, dona, señora". Existe en todo occidente. En galego antigo aparecía coa grafía: Martha.

É un dos nomes máis tradicionais e populares de Galiza. A padroa de multitude de parroquias galegas é Santa Marta.

Marta Piquero

Marta González Piquero, nada en La Pola, Ḷḷena, o 29 de xullo de 1998, é unha xogadora española de hóckey a patíns que xoga de atacante no Hostelcur Gijón HC.

Mecas FG

O Mecas Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. É a sección feminina do club Mecos FG Ogrobe e foi fundada en 2013 e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo feminino nacido na comarca do Salnés.

Mecos FG Ogrobe

O Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. Foi fundado en 2012 é membro fundador da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico ademais tamén xoga a Copa Galega de Fútbol Gaélico e o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo nacido na comarca do Salnés.

Robert Spaemann

Robert Spaemann, nado en Berlín o 5 de maio de 1927 e finado en Stuttgart o 10 de decembro de 2018, foi un filósofo católico alemán. A súa obra ten sido traducida a máis dunha ducía de linguas.

Rosa María Cid

Rosa María Cid López, nada o 29 de xaneiro de 1956, é unha historiadora española especialista en historia das mulleres e xénero na antigüidade e en historia do Principado de Asturias. É catedrática de Idade Antiga na Universidade de Oviedo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.