Marta Dacosta

Marta Dacosta Alonso, nada en Vigo o 29 de setembro de 1966 e residente en Peitieiros, Gondomar, é unha poeta, profesora e sindicalista galega.[1]

Marta Dacosta
Marta Dacosta (AELG)-2
Marta Dacosta Alonso
Nacemento29 de setembro de 1966
 Vigo Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosPoesía

Traxectoria

Licenciada en filoloxía galego-portuguesa[2]. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como Ólisbos, Dorna, Festa da Palabra Silenciada,[3] en diversas publicacións colectivas, e na exposición Botella ao mar. En 2018 colaborou na revista Ligeia[4].Ten colaborado co semanario A Nosa Terra, o xornal dixital www.gznacion.com e Sermos Galiza[5].

Marta Dacosta
Eleccións a Cortes Xerais 2016. Deputados. Pontevedra. BNG-NÓS
Papeleta dos candidatos do BNG-NÓS ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Obra[6][7]

Nós tamén navegar. Helena Villar Janeiro, Marta Dacosta, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño
Helena Villar Janeiro, Marta Dacosta, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Poesía

Ensaio

Obras colectivas

  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • X Festival da Poesia no Condado (1990, S. C. D. Condado).
  • XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
  • 8 e médio (1993, Edicións do Dragón).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • Achegándonos aos mamíferos mariños (1993, Natureza Galega). Con Alfredo López e Avelino Barreiro.
  • XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
  • A curuxa (1994, Natureza Galega). Con Alfredo López Fernández e José Luis Sánchez Canals.
  • O entrelazado das palabras.
  • XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
  • Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (1995, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Sempre Mar
  • Para saír do século, nova proposta poética (1997, Xerais).
  • dEfecto 2000 (1999, Letras de Cal).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • A poesía contemporánea a partir de 1975 (A Nosa Terra).
  • 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80 (2006, Baía Edicións). Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • Vanakkam. Benvidas (2007, Implicadas/os no Desenvolvemento).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • Feijoo, o galego e nós (2010, Laiovento).
  • Pel con pel (2010, Galaxia).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Editorial Galaxia).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015, Biblos Clube de Lectores). Poesía.
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017, Alvarellos).

Premios

Notas

  1. "paratervozpropia.gal". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2016.
  2. "Poetas di(n) versos : ANA LUISA AMARAL y MARTA DACOSTA". coruna.gal. Consultado o 23/09/2018.
  3. "Marta Dacosta". escritoras.com. Consultado o 23/09/2018.
  4. "Marta Dacosta". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
  5. "Marta Dacosta". sermosgaliza. Consultado o 23/09/2018.
  6. "Marta Dacosta". catalogo.bne.es. Consultado o 23/09/2018.
  7. "Marta Dacosta". aelg.gal. Consultado o 23/09/2018.
  8. "Ficha do libro na Editorial Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 23/09/2018.
  9. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 23/09/2018.
  10. "Ficha do libro na Editorial Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 23/09/2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Edicións do Dragón

Edicións do Dragón foi un proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, entre outros, Paco Souto, Fran Alonso e Miro Villar.

Eduardo Estévez

Eduardo Ezequiel Nicolano Estévez, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 28 de novembro de 1969, é un escritor galego.

Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Letras de Cal

Letras de Cal foi un proxecto editorial galego que se desenvolveu entre os anos 1997 e 2002. Nace ao abeiro da Asociación Cultural Amaía como consolidación e continuación dos proxectos inspirados no proxecto Edicións do Dragón e mais na revista Ólisbos, editada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Ligeia

Ligeia é unha revista dedicada á poesía contemporánea, ao xornalismo e á investigación literaria dirixida por Marcus Daniel Cabada e Tamara Andrés. Publica textos en galego e castelán. De periodicidade cuadrimestral, comezou a súa actividade o 17 de maio de 2018.

O título está collido dun texto de Edgar Allan Poe.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Marta (nome)

Marta é un nome de pía galego feminino de orixe hebraica: מרתא (pronunciado Martâ); que significa "fermosa, dona, señora". Existe en todo occidente. En galego antigo aparecía coa grafía: Martha.

É un dos nomes máis tradicionais e populares de Galiza. A padroa de multitude de parroquias galegas é Santa Marta.

Premio Esquío de poesía

O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981. Até o ano 2007 foi apoiado economicamente pola Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que puidese ser convocado. A Sociedad de Cultura Valle-Inclán consegue, a finais dese mesmo ano, involucrar ao Concello de Ferrol, e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.

Premio Miguel González Garcés

O Premio de poesía Miguel González Garcés foi instituído en 1991 pola Deputación da Coruña como homenaxe á figura do poeta coruñés Miguel González Garcés. Desde a edición de 2000 a convocatoria é bianual.

Premio de Poesía Johán Carballeira

O Premio de Poesía Johán Carballeira foi instaurado en 1996 polo concello de Bueu para recuperar do esquecemento a figura do político e escritor Johán Carballeira.

Desde o ano 2003 úneselle o Premio de Xornalismo Johán Carballeira para traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico.

Premio de poesía Martín Codax

O Premio de Poesía Martín Codax foi un afamado premio literario convocado polas adegas Martín Códax de Cambados durante os anos 1992 a 2000.

O premio estaba patrocinado polo Concello de Vigo e as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. As obras premiadas foron editadas pola Editorial Galaxia dentro da súa colección Dombate.

Rosa Enríquez

Rosa Enríquez Noya, nada na Rúa o 4 de xaneiro de 1969, é unha escritora galega.

Teresa Seara

María Teresa Seara Domínguez, nada en Toén en 1968, é unha crítica literaria galega.

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.