Martín Torrado Mariño

Martín Torrado Mariño y Figueira nado en Santa María de Leiro, Rianxo, e bautizado o 2 de decembro de 1621, foi un sacerdote galego,[1] coñecido por ser o autor da composición poética "Décimas ao Apóstolo Santiago", en lingua galega.

Martín Torrado Mariño
Nacementoséculo XVII
 Leiro, Rianxo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico
Décimas ao Apóstolo Santiago (S)
Décimas ao Apóstolo Santiago (S).

Traxectoria

O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.

Foi Colexial de Fonseca, onde desfrutou dunha bolsa de teólogo. En 1627 opositou e gañou cátedra. Desde entón desempeñou a “Regencia de Medianos”. En 1645 obtén a beca en teoloxía e, en 1651, foi elixido reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde entre 1622 e 1630 e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.

Notas

  1. Santos Suárez, Jesús (2005). "Torrado Mariño y Figueira, Martín". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. Sacerdote e poeta académico do século XVII que naceu en Leiro (Rianxo, A Coruña) en 1621

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Décimas ao Apóstolo Santiago

As Décimas ao apóstolo Santiago, de Martín Torrado Mariño (1627), foron moi populares no seu tempo. Nelas recóllese a polémica consistente en considerar se Santiago o Maior debía de ser o único santo patrón de España ou se, pola contra, debía compartir esa honra con Tareixa de Ávila. Esta obra pertence aos, denominados en Galicia, Séculos Escuros. Esta é unha das conservadas durante ese período de escaseza literaria.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.