Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento[1], nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Martín Sarmiento
Martín Sarmiento.jpeg
Gravado do século XVIII.
Nome completoPedro Xosé García Balboa
Nacemento9 de marzo de 1695
 Vilafranca do Bierzo (León)
Falecemento7 de decembro de 1772 (77 a.)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónbotánico e escritor
Xénerosnarrativa

Traxectoria

Sarmiento naceu na vila leonesa de Vilafranca do Bierzo [2][3][4], aínda que o propio Sarmiento repetiu en diversas ocasións que era "natural de Pontevedra". De feito, existe a tese de que naceu en Cerdedo, tal e como se afirma nun artigo de José Santos.[5]

Sarmiento, acta toma hábito (20.05.1710)
Rexistro manuscrito de Martín Sarmiento na súa toma de hábito. Archivo Clero Secular Regular (L.8520), folio 464v. Archivo Histórico Nacional, Madrid.

Xesús Ferro explica a aparente contradición entre declararse "natural de Pontevedra" e a afirmación, do seu puño e letra, de nacer en "Villafranca Dioecesis Astorga". Segundo o anónimo autor da biografía de Sarmiento escrita en 1785 (ós trece anos da morte de Sarmiento), os meniños eran "legalmente naturais do lugar de residencia habitual dos pais, aínda que ocasionalmente estes estivesen fóra do Reino e os fillos nacesen fóra del". É evidente que o lugar de residencia habitual dos pais e irmáns de Sarmiento era Pontevedra, polo que non cabe estrañar que el afirmase ser natural de Pontevedra.[4]

Con catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra, onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marchou a Madrid para ingresar na orde de San Bieito, ingreso que tivo lugar o 20 de maio do mesmo ano.

Ordenado presbítero no 1720, estivo en Asturias ata 1725 como profesor en Celorio e Oviedo. Tras esta etapa e despois de se despedir da súa nai en Pontevedra (desta viaxe de verán queda constancia nos seus escritos), asentouse definitivamente en Madrid, estancia só interrompida entre febreiro de 1726 e maio de 1727 para se trasladar a Toledo, e polas visitas que con certa frecuencia fixo a Galicia.

Pazo Santa Margarida
Pazo de Santa Margarida, onde viviu Sarmiento.

Dende 1723 coidou a súa amizade con frei Benito Xerónimo Feijoo, o padre Feixóo, co que mantivo correspondencia ata a súa morte.

A instancias de Sarmiento creouse o Real Xardín Botánico de Madrid e dende 1743 reclamou a creación de bibliotecas públicas e xardíns botánicos en diversas cidades a imaxe dos que xorden na Europa da época, así como a constitución da Academia da Agricultura e a dotación de cátedras universitarias de Historia natural, agricultura e botánica.

No ano 1748 foi elixido abade do seu mosteiro de San Martín de Madrid.

Foi un home adiantado ao seu tempo e loitador pola súa terra. Realizou análises da lingua galega, idea que foi seguida posteriormente polo padre Sobreira, nunha época en que a lingua estaba desprestixiada polo centralismo que afogaba as manifestacións populares localistas. De grande importancia foron as súas viaxes a Galicia, a de 1745 (que durou 8 meses) e a de 1754. Foron verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miúdo, nas cales descobre unha Galicia e un pobo cunha gran riqueza natural, cultural e patrimonial.

As súas ideas

Ramón Mariño Paz recolle as teses sobre a obra de temática galega do padre Sarmiento. Na súa opinión xiran en torno a:

Placa Sarmiento Pontevedra
Placa na rúa Martín Sarmiento de Pontevedra.
  • o problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria;
  • o seu rexeitamento irado do castigo físico que sufrían algúns nenos por expresárense en galego na clase;
  • a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia;
  • e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.

En 1944 fundouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, que pretende ser unha continuación do Seminario de Estudos Galegos. Neste instituto realízanse exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de Humanidades e Ciencias Sociais.

Obra

Coloquio en mil duascentas coplas galegas.pdf
Coloquio en mil duascentas coplas galegas, obra coñecida tamén baixo outros títulos, como Colección de voces y frases gallegas ou Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos.

Publicada

Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales, 1996
Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales, 1996.
  • “Aprobación” de la Ilustración Apologética de Feijoo, Madrid, 1729
  • Planta curiosa sobre entablar los estudios en la Orden Benedictina de España (1729)
  • Demonstracion Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732) [7]
  • Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45) [8]
  • Cartas sobre el estado de la religión benedictina y pago del 8 % (1743)
  • Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743) [9]
  • Viaxe a Galicia (1745) (Viaje a Galicia, 1745)
  • Coloquio en mil duascentas coplas galegas ou Colección de voces y frases gallegas ou Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos (1746-47) [10]
  • Coplas gallegas y Glosario (1746)
  • Cartas al Duque de Medinasidonia (1747-1770)
  • Sistema de adornos ... para el nuevo Palacio Real (1747-53)
  • Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748) [11]
  • Plano de un nuevo y fácil método para recoger infinitos materiales para una general descripción geográfica y completa de toda la Península y toda la América (1751)
  • Notas al privilegio de Ordoño II (1752) [12]
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces de diferentes vegetables (1754-55)
  • Viaje a Galicia de Fr. Martín Sarmiento (1754-1755)
  • Sobre el Origen de la Lengua Gallega y sobre la Paleografía española (1755)
  • Sobre el chasco que se da a los gallegos en la Cruz de Ferro (1756)
  • Sobre los vegetables kali, sosa y la barrilla (1756)
  • Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad (1757)
  • De los atunes y de sus transmigraciones (1757)
  • Sobre el chasco del meco (1757)
  • Mostayo, en castellano, en León, Asturias y Bierzo mostayo, en Liébana mostazo (1757)
  • El porqué si y el porqué no (1758)
  • Sobre los castellanos de Orense (1758)
  • Etimología de la voz Valdeorras y de su puente Cigarrosa (1758)
  • Sobre los maragatos (1758)
  • Ir a la guerra, navegar, y casar, no se puede aconsejar (1758)
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega (1758-69)
  • Geografía de las cuatro vías militares que salían de Braga a Astorga (1759)
  • Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carqueixa (1759)
  • Noticia de la Verdadera patria (Alcalá) de El Miguel de Cervantes (1761)
  • Tiempo de marras (1761)
  • Sobre el origen de las bubas (1761)
  • Sobre el origen del nombre Samanos (1761)
  • Problema Chorográfico para describir Galicia con un nuevo método (1762)
  • La Educación de los niños
  • La Pantómetra del P. Sarmiento (fragmento da anterior)
  • Nacimiento y crianza de San Fernando en Galicia (fragmento de La Educación de los niños
  • Sobre un grande espejo de piedra durísima y cristalina que vino de América. Piedra negra de la América llamada gallinaza, también conocido como discurso sobre la singularísima piedra negra del ara de Lugo (1766) editado por Antolín López Peláez co título Las aras de la catedral de Lugo
  • Elementos Etimológicos, siguiendo el método de Euclides, y sobre el origen de las lenguas (1766)
  • Catálogo de los pliegos que yo, Fray Martín Sarmiento, benedictino y profeso en San Martín de Madrid, he escrito de mi mano, pluma y letra sobre diferentes asuntos (1767)
  • La educación de la Juventud (1768)
  • Sobre métodos de estudios de San Isidro (1769)
  • Discurso apologético por el arte de rastrear las etimologías de las lenguas vulgares (1770)
  • Epistolario
  • Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España [13]

Na cultura contemporánea

Na curtametraxe de animación A escola das areas aparece representado coma o mestre que guía ao neno Alfonso.

Galería de imaxes

Busto (escaiola de Felipe de Castro, 1774). Museo de Pontevedra.
Busto (escaiola de Felipe de Castro, 1774). Museo de Pontevedra
Retrato. Museo de Pontevedra.
Retrato. Museo de Pontevedra. 
Retrato de Sarmiento. Mercado polo IES Sánchez Cantón en 1859.
Retrato de Sarmiento. Mercado polo IES Sánchez Cantón en 1859. 
Coloquio en mil duascentas coplas galegas é o n.º 2 da Biblioteca Galega 120.
Coloquio en mil duascentas coplas galegas é o n.º 2 da Biblioteca Galega 120

Notas

  1. O Consello da Cultura Galega utiliza a forma Martín. A Real Academia Galega, na listaxe dos Días das Letras Galegas Arquivado 07 de outubro de 2010 en Wayback Machine., tamén. A biblioteca da USC, o mesmo. A EGU e a GEG tamén. A forma Martiño está escasamente referenciada, se ben a empregan algunhas instancias como o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
  2. Pilar Allegue (2001): Sarmiento un intelectual ilustrado, ISBN 84-8302-669-4.
  3. ANÓNIMO (1785): "Vida y obra del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sarmiento (1965-1772), sacada a la letra de un manuscrito anónimo del siglo XVIII". Edición de Isidro GARCÍA TATO e Felipe VALDÉS HANSEN (eds.) (2003). Santiago de Compostela: Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento". CSIC; XXXVIII + 352 pp. O anónimo beneditino escribe: "... el día 9 de marzo de 1695... nació el niño Pedro Joseph García, pues con este nombre le bautizaron, en la parroquia de Santiago de Villafranca del Vierzo, reyno de León" (px. 47).
  4. 4,0 4,1 4,2 Ferro Ruibal, Xesús (2018): Sarmiento naceu en Vilafranca. Proba autógrafa.
  5. "Martin Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo", en Sarmiento, Anuario de Historia da Educación, nº 12, 2008, pp. 9-21.
  6. "Ego Martinus Garcia â Sarmiento, ex Villafranca Dioecesis Astorga accepi sanctissimum habitum Sancti P[atris] N[ostri] Benedicti in hoc Monasteiro Sancti Martini Matritensis Ordinis eiusdem Sanctissimi Patris â R[everendissi]mo Patre Magistro fratre Joanne Bap[tista] Lardito ipsius Monasterii Abate. Anno Domini millessimo septingentesimo decimo die vigesima Martis hora decima. Frater Martinus Garcia a Sarmien[to]".
  7. "Demonstracion Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
  8. "Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
  9. Reflexiones Literarias para una biblioteca Real
  10. Coloquio en mil duascentas coplas galegas Facsímile do orixinal autógrafo. Proxecto gráfico e deseño de cubertas de M. Janeiro. Galaxia. CCG, 2002. ISBN 84-95415-49-6.
  11. "Catálogo de algunos libros curiosos y selectos". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
  12. Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros Universidad de La Laguna.
  13. Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España Universidad de La Laguna.

Véxase tamén

Bibliografía

Artigo principal: Bibliografía de Martín Sarmiento.

Ligazóns externas

7 de decembro

O 7 de decembro é o 341º día do ano do calendario gregoriano e o 342º nos anos bisestos. Quedan 24 días para finalizar o ano.

9 de marzo

O 9 de marzo é o 68º día do ano do calendario gregoriano e o 69º nos anos bisestos. Quedan 297 días para finalizar o ano.

Bibliografía de Martín Sarmiento

Esta é a bibliografía referida a Martín Sarmiento. As obras aparecen listadas por orde alfabética segundo o apelido do estudoso da obra do propio Sarmiento.

Dieter Kremer

Dieter Kremer, nado en Waldbröl o 26 de novembro de 1942, é un romanista e lingüista alemán. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Francisco Castro Veloso

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

José Luis Pensado

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Mourente, Pontevedra

Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 2107 habitantes.

Negro (cor)

A cor negra ou moura dáse nun obxecto que absorbe a luz en todas as súas lonxitudes de onda. Isto provoca que teña ausencia de cor, aínda que comunmente se fala de cor negra. O termo portugués preto tamén foi empregado en Galiza coma sinónimo de negro; Martín Sarmiento dicía: Os feyxons pretos (referíndose aos feixóns): Del griego latino phaseolo se formó el gallego feyxôo, y son los que llaman fesóles, y son las alubias negras o pintadas de negro.

Premios Frei Martín Sarmiento

Os Premios Frei Martín Sarmiento recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros educativos de Escolas Católicas.En 2018 chegaron á súa XIV edición.

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.

A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raigame diferente, integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo isto por exemplo Martín Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Está tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega.

Na súa función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.

TILG

TILG é o acrónimo de Tesouro Informatizado da Lingua Galega, recurso electrónico de busca en textos etiquetados en lingua galega. Está levado a cabo polo ILG en convenio coa Dirección Xeral de Política Lingüística e permite a busca léxica nunha enorme cantidade de obras galegas modernas (dende Ramón Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro ata Manuel Rivas ou Suso de Toro) e antigas (dende a época de frei Martín Sarmiento).

Vilafranca do Bierzo

Vilafranca do Bierzo (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello galegofalante de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada ao noroeste da provincia de León. Forma parte do Camiño de Santiago, formando etapa e meta ao mesmo tempo: na Igrexa dedicada ao Apóstolo, na vila, pode gañarse o xubileu. É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.

Nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce. Ten unha altitude de algo máis de 500 m.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.