Martín

O topónimo Martín pode referirse a:

En Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

A Fonsagrada

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fonsagradino», «buroego» ou «brañego».

A Veiga de Logares, A Fonsagrada

Santa María da Veiga de Logares é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 161 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 85 homes e 76 mulleres. O que supón unha diminución de 28 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 189 habitantes (107 homes e 82 mulleres).

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Baleira

Baleira é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE no 2015 tiña 1380 habitantes (1584 no 2009, 1684 no 2006, 1729 no 2005, 1778 no 2004, 1800 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baleirés.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Freixo, A Fonsagrada

San Xulián de Freixo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 132 habitantes (76 homes e 56 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 178.

Johan de Cangas

Johan de Cangas, nado no século XIII, foi un trobador galego activo no último cuarto do XIII e comezos do XIV, procedente da Península do Morrazo.

Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1998 xunto a Martín Codax e Mendinho.

Martín, Baleira

Santiago de Martín é unha parroquia do concello lugués de Baleira, pertencente ao arciprestado de Luaces. A súa altitude media é de 400 metros.

Martín, Bóveda

San Cristovo de Martín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Limita coas parroquias de Remesar e Teilán ao norte, Bóveda e Ver ao leste, Vilalpape, O Chao do Fabeiro e Fiolleda ao sur, e Ousende e A Broza ao oeste.

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 137 habitantes (77 homes e 60 mulleres), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Martín Alonso Pinzón

Martín Alonso Pinzón, nado en Palos de la Frontera, provincia de Huelva, en 1441 e finado no mesmo lugar o 31 de marzo de 1493, foi un navegante e explorador español, codescubridor de América.

Martín Codax

Martín Codax ou Codaz foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho.

Martín Echegaray

Martín Echegaray Olañeta, nado en Freixeiro (Vigo) o 28 de outubro de 1866 e finado en Baños de Molgas o 18 de xullo de 1931, foi un empresario, político e filántropo galego.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Mendinho

Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

San Martín de Arroxo, A Fonsagrada

San Martín de Arroxo é unha parroquia do concello da Fonsagrada. A súa superficie é de 12,5 km². Tiña 87 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 46 homes e 41 mulleres. O que supón unha diminución de 67 habitantes respecto ao ano 2001 cando tiña 154 habitantes e 98 menos que en 1991. Os 87 veciños están repartidos en 12 lugares: Abade, Brancio, O Caleiro, Candelos, Castro de Martul, Ervellais, Novío, Río de Bangos, Río de Toxos, San Martín, Veiga de Donas e Vilamaior. Limita ao norte con Cereixido, ao sur con Navia de Suarna, ao leste con Vilabol de Suarna e ao oeste con Lamas de Moreira.

San Martín de Lúa, Pol

San Martín de Lúa é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 69 habitantes, deles 33 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

San Martín de Neira de Rei, Baralla

San Pedro de San Martín de Neira de Rei é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 198 habitantes (101 homes e 97 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 218 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 84 homes e 86 mulleres.

San Martín de Rubiales

San Martín de Rubiales é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 169 habitantes (INE 2012).

San Martín de Suarna, A Fonsagrada

San Martín de Suarna é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 133 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 67 homes e 66 mulleres. O que supón unha diminución de 57 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 190 habitantes (102 homes e 88 mulleres).

Nesta parroquia está a seimeira de Vilagocende, no río Porteliña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.