Marron glacé

O marron glacé é unha castaña confeitada ou glaseada. É unha lambetada habitual na gastronomía italiana e na gastronomía francesa, aínda que recentemente estase a implantar noutros países produtores, coma Galiza, España ou Portugal. A súa orixe remóntase á antigüidade (Cuneo, Italia ou Lion, Francia) cando se almacenaban certos alimentos en mel ou azucre para a súa conservación.

No século XIX, desenvólvese a produción a nivel industrial en Francia deste doce, sendo posteriormente imitado e perfeccionado en Italia, e máis recentemente, en España, en 1980.

Marron glacé
Marrons glacés
NomeMarron glacé
TipoDoce
Lugar de orixeFrancia
IngredientesCastaña e azucre

Realización

Para a realización do mesmo emprégase: castañas, azucre e optativamente e a gusto canela, vainilla e anisetes. Tamén se poden mergullar os marrons en brandy durante unhas horas para potenciar o seu sabor.

O complicado desta receita está nas fases da súa elaboración, que son: a escolla das mellores castañas, tamaño e estado; o punto de coza que ha ser con lume amodo, e o pelado das castañas que deben ficar enteiras. Procédese posteriormente á cocedura no almibre no que se confeitarán e se deixaran repousar un día.

Comercialmente é un produto caro, de feito a súa presentación habitual é a dun produto de luxo. Para evitar que se esmaguen ou se magoen os marrons e o seu glaseado sóense envolver individualmente.

Produción

En Galiza producen marron glacé dúas empresas: Cuevas y Cía, e Posada Marron Glacé, de Ourense.

Castaña

Este artigo trata sobre a castaña europea (xénero "Castanea"), para a castaña brasileira véxase o artigo castiñeiro de Pará.

A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae, nativa de climas cálidos do hemisferio norte. Preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén de 2 a 7 castañas.

As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia ademais de asadas (ver magosto), adoitan comerse cocidas con sal e herbas, coma fiúncho e nébeda, para seren máis dixeríbeis. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé, así como a crema de castañas. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.

As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais, especialmente en Italia.

As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

Castiñeiro

O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos.

Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia. Contrariamente á crenza popular que di que o seu espallamento data da época romana, é en realidad unha árbore autóctona galega, que xa estaba presente no noroeste da península hai máis de 20.000 anos.

Claudia Conserva

Claudia Marcela Conserva Pérez, nada en Santiago de Chile o 12 de xaneiro de 1974, é unha actriz, modelo e presentadora de televisión chilena de ascendencia italiana.

Crema de castañas

A crema de castañas (en francés: crème de marrons) é unha especialidade gastronómica inventada en 1885 polo industrial francés Clément Faugier que pretendía con isto aproveitar as castañas que crebaban durante a elaboración do marron glacé (castañas confeitadas). Trátase dunha pasta doce de consistencia semellante a unha marmelada elaborada con restos de marrons glacés, polpa de castañas cocidas ao vapor, almibre, azucre e vainilla.

En 1924, Clément Faugier rexistrou a marca Crème de marrons de l'Ardèche, que segue a ser a máis reputada en Francia.

Pódese comer ao natural, porén acostuma utilizarse para adozar outras sobremesas coma filloas (crêpes), iogures, chulas ou queixo fresco.

Cuevas y Cía

Cuevas y Cía é unha empresa galega do sector da alimentación de Ourense, máis coñecida pola produción de marron glacé.

As súas orixes están en 1867, nun negocio de ultramarinos aberto por Francisco de las Cuevas y Cabo en Ourense. En 1944 comezaron a exportación de castaña fresca. En 1970 comezou a venda de castaña conxelada para os mercados asiáticos. Xa en 1980 José Posada iniciou a produción de marron glacé, a primeira fábrica de España.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

José Posada

José Domingo Posada González, nado en Vigo o 9 de maio de 1940 e finado o 14 de xaneiro de 2013 en Ourense, foi un empresario e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.