Marmelo (doce)

O marmelo, tamén chamado doce de marmelo, é un doce preparado a partir da froita do marmeleiro (Cydonia). É típico de Galicia, onde se acostuma tomar principalmente de sobremesa acompañado de queixo (tetilla especialmente). Tamén é común en España e Portugal (neste país coñécese co nome de marmelada de onde xorde a verba galega marmelada, con diferente significado). En Latinoamérica recibe os nomes de dulce de membrillo, membrillate, ate ou codoñate, e consómese principalmente na Arxentina, no Uruguai, Chile e México. En Italia cultívase o marmeleiro e se prepara a cotognata en Sicilia, Lombardía, Trentino, Abruzos e Puglia. Existen tamén variantes de marmelo que se elaboran en Francia, Grecia e Turquía.

Dulce de membrillo
Marmelo.

Etimoloxía

Provén do latín vulgar melimēlum ‘mazá moi doce’, voz de orixe grega μελίμηλον, formada a partir de meli ‘mel’ e melon ‘mazá’.[1]

Historia

O marmeleiro é orixinario de Asia Menor e o Cáucaso. Gregos e romanos levaron este froito á Península Ibérica, comíano cocido e adozado con mel. Os romanos utilizábano tamén para elaborar un licor con augardente, viño tinto e marmelo. O doce prepárase simplemente cocendo polpa de marmelo con igual cantidade de azucre, obtendo un bloque de doce que pode ser cortado para acompañar ou reencher distintas preparacións culinarias. O marmelo popularizouse no século XII grazas ao seu abundante uso na cociña sefardí.[2]

Usos

Pódese empregar en diferentes doces tales como as galletas, como ingrediente dalgunhas tortas, ou en bocadillo.

En Galiza o común é acompañalo con queixos, principalmente tetillas.

Notas

  1. "Marmelo". Portal das Palabras. Consultado o 1 de setembro de 2016.
  2. Angel Berenguer Amador, (2010), Dinim en ladino sobre la comida, La mesa puesta: leyes, costumbres y recetas judías : XVI curso de cultura hispanojudía y sefardí de la Universidad de Castilla-La Mancha : en memoria de Iacob M. Hassán / coord. por Uriel Macías, Ricardo Izquierdo Benito, ISBN 978-84-8427-746-0, págs. 51-68

Véxase tamén

Jorge Luis Borges

Jorge Francisco Isidoro Luis Borges Acevedo ( pronunciación ), nado en Buenos Aires, Arxentina, o 24 de agosto de 1899 e finado en Xenebra, Suíza, o 14 de xuño de 1986 foi un escritor arxentino. Foi coñecido especialmente polos seus contos e ensaios e a súa destacada obra poética.

A súa obra, fundamental na literatura e o pensamento universal, ademais de obxecto de minuciosas análises e múltiples interpretacións, exclúe todo dogmatismo.Ontoloxías fantásticas, xenealoxías sincrónicas, gramáticas utópicas, xeografías novelescas, múltiples historias universais, bestiarios lóxicos, éticas narrativas, matemáticas imaxinarias, dramas teolóxicos, invencións xeométricas e recordos inventados son parte da inmensa paisaxe que, nas súas obras, Borges ofrece tanto aos estudosos como ao lector non especializado. Sobre todo, a filosofía, concibida como perplexidade; o pensamento como conxectura, e a poesía, a forma suprema da racionalidade. Aínda que foi un literato puro, é preferido por semióticos, matemáticos, filólogos, filósofos e mitólogos, xa que Borges ofrece —a través da perfección da súa linguaxe, dos seus coñecementos, do universalismo das súas ideas, da orixinalidade das súas ficcións e da beleza da súa poesía— unha obra que fai honra á lingua española e ao pensamento universal.A súa relación coa literatura comezou a moi temperá idade; aos catro anos xa sabía ler e escribir. Diría, xa con 71 anos, que «Se tivese que sinalar o feito capital da miña vida, diría a biblioteca do meu pai. En realidade, creo non saír nunca desa biblioteca. É coma se aínda a estivese vendo… recordo con nitidez os gravados en aceiro da Chambers's Encyclopaedia e da Británica».Galardoado con numerosos premios, foi tamén polémico polas súas posturas políticas de corte conservador (dereitista), que puideron ser óbice para gañar o Premio Nobel de Literatura, ao que foi candidato durante case trinta anos.

Marmeleiro

O marmeleiro (Cydonia vulgaris) é unha árbore da familia rosáceas, de 4 a 5 m de alto, toro tortuoso e ramoso, follas enteiras, flores solitarias e froito en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria da Asia Menor e dá como froito o marmelo.

O froito ten cor dourada e formato arredondado ou parecido a uma pera; é unha froita ácida (mesmo despois de cocida), de perfume forte, mais agradábel, e de polpa dura. Xeralmente, o marmelo non é consumido ao natural. Porén, é unha froita óptima para facer doces (o marmelo), xaropes e licores.

O marmelo cru é unha boa fonte de vitamina C, mais durante o cocemento pérdese gran parte desa vitamina. Tamén contén vitaminas do complexo B e algúns sales minerais. Alén diso, auxilia no bo funcionamento do aparello dixestivo.

A palabra orixinal de marmelo orixinou unha das palabras de orixe galegoportuguesa máis difundidas entre tódalas linguas do mundo: marmelada, que se espallou a linguas coma o castelán (mermelada) ou o inglés (marmalade).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.