Marisma

En xeografía, unha marisma[1] é un ecosistema húmido con plantas herbáceas que medran na auga.[2] Unha marisma é diferente dunha zona húmida, que está dominada por árbores no canto de herbáceas.[3] A auga dunha marisma pode ser só de mar, aínda que normalmente é unha mestura de auga mariña e doce, denominada salobre. As marismas adoitan estar asociadas a estuarios, e baséanse comunmente en chans con fondos areosos.[4]

As marismas son moi importantes para a vida silvestre sendo un dos hábitats preferidos para criar unha gran variedade de vida; dende pequenas algas planctónicas, até unha abundante cantidade de flora e fauna, fundamentalmente aves.

Florida freshwater marshes usgov image
Marisma de Florida.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marisma.
  2. World Encyclopedia. "Marshes". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
  3. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p
  4. Rafferty, J.P. (2011). Lakes and Wetlands. Nova York: Britannica Educational service publishing's.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Santander

O Aeroporto de Santander (IATA: SDR, OACI: LEXJ), tamén coñecido como Aeroporto de Parayas, é un aeroporto xestionado por Aena situado a 5 quilómetros da cidade de Santander, no concello de Camargo. É o único aeroporto de Cantabria.

Artes, Ribeira

San Xián de Artes é unha parroquia situada no suroeste da península do Barbanza, administrativamente depende do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2015 tiña 812 habitantes (422 mulleres e 390 homes). A poboación distribúese en 17 lugares, cunha superficie de 7,6 km².

Baía de Santander

A baía de Santander, está situada en Cantabria e é o maior estuario da costa norte de España, cunha extensión de 22,42 km², unha lonxitude de 9 km e unha anchura de 5 km. Debido á influencia de Santander e a súa área metropolitana, ao seu ao redor concéntrase case a metade da poboación da comunidade autónoma polo que a presión antrópica sobre esta lámina de auga é elevada.

A entrada á baía está precedida pola enseada de El Sardinero, onde se localiza a illa de Mouro. O acceso ao seu interior realízase por un estreito paso de mar situado entre a península da Magdalena, en cuxas proximidades situar o illote da Torre e a illa da Horadada, e o areal de El Puntal, unha longa barra lonxitudinal de praias e dunas que protexe as tranquilas augas internas da baía.

A morfoloxía orixinal da baía sufriu importantes cambios nos últimos séculos. Estímase que máis do 50% da extensión inicial desta foi enchida, desecándose unha importante superficie de marisma destinada a pasteiros, a ampliación do porto de Santander e a creación de áreas industriais, residenciais e de servizos. Na actualidade estanse levando a cabo accións moi puntuais naquelas zonas de alto valor ecolóxico susceptibles de ser recuperadas integrándoas de novo na dinámica mareal.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Carnota - Monte Pindo

Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha. Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.

Esteiro de Redondela

O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste.O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.

Illa de Tourís Novo

A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.

Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Noja

Noja é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Trasmiera. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste e o sur con Arnuero, polo sur con Argoños e polo leste con Santoña. O municipio de Noja non se organiza en localidades, senón que consta só de varios barrios, sendo sede do consistorio o barrio de Palacio.

Novorossiisk

Novorosíisk (en ruso, Новороссийск) é unha cidade do suroeste de Rusia e un dos principais portos do mar Negro, no oeste do krai de Krasnodar. Está situado na desembocadura do río Tsemés, na beira occidental da baía de Tsemés da costa nororiental do mar Negro. A cidade tiña 241 952 habitantes no 2010.​ É o centro da unidade municipal "Cidade de Novorosíisk".

A cidade forma un anfiteatro de 25 km ó longo da baía, rodeada polas montañas do Cáucaso Norte e da cordilleira Naváguinski, que chega ao suroeste de Novorosíisk procedente de Anapa. Estas montañas protexen a cidade das correntes de aire frío procedentes do continente. Ao sur da localidade atópase a marisma ou lago Soliónoye ("Salgado"), separado das augas da baía polo estreito cordón litoral de Sudzhuk.

Nesta localidade atópase unha das principais bases navais rusas da Frota do Mar Negro.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

Pinsk

Pinsk (en belaruso: Пінск; en ruso: Пинск; en ucraíno: Пинськ; en polaco: Pińsk; en lituano: Pinskas) é unha cidade da rexión de Brest (Belarús), na rexión histórica da Polesia, ao suroeste de Minsk. A cidade está atravesada polo río Pina, e a rexión é coñecida como a marisma de Pinsk. A poboación actual da cidade é de 130.000 habitantes.

Poitou

Poitou (en poitevino Poetou) era unha provincia francesa que abranguía os actuais departamentos da Vendée (Baixo Poitou), Deux-Sèvres e Vienne (Alto Poitou), así como o norte da Charente e unha parte do oeste de Haute-Vienne. A súa capital era Poitiers.

A antiga provincia deulle o seu nome á Marisma poitevina, situada no antigo golfo dos Pictóns, na costa occidental de Francia, e que representa a segunda zona húmida máis grande de Francia en termos de superficie despois da Camarga ; a marisma esténdese desde o Atlántico até as portas de Niort e desde o sur da Vendée até o norte de La Rochelle.

Praia de Barrañán

A praia de Barrañán é unha praia situada na parroquia homónima do concello de Arteixo.

É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf. Está situada entre o río Sisalde e a punta do Trei e posúe un cordón de dunas que forman unha pequena marisma trala desembocadura do río.Recibiu a bandeira azul os anos 2013, 2014, 2015, 2016 2017 e 2018.

Provincia de Sevilla

A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Extremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.

Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².

Río Miñor

O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.

En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán.

Santoña

Santoña é unha vila que se encontra na zona oriental de Cantabria, en España, situada na baía do seu nome, ao pé do monte Buciero. Dista uns 45 km da capital, Santander. A cidade de Santoña está limitada ao norte pola praia de Berria, ao sur pola praia de San Martín, ao leste polo monte Buciero e ao oeste polo porto pesqueiro e a nova sección de porto deportivo que á súa vez ten ao oeste as marismas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.