Mario Alinei

Mario Alinei, nado en Turín o 10 agosto de 1926 e finado o 8 agosto de 2018[1], foi un lingüista italiano.

Mario Alinei
Nacemento10 de agosto de 1926
 Turín
Falecemento8 de agosto de 2018
 Impruneta
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónlingüista e catedrático de universidade

Traxectoria

Catedrático da Universidade de Utrecht, antigo presidente do Atlas Linguarum Europae (UNESCO) e máis fundador dos Quaderni di semantica.

Alinei é un dos principais detractores xunto con Colin Renfrew do modelo "invasionista" do indoeuropeo, fronte o cal propuxo unha alternativa: a teoría da continuidade paleolítica. É ademais un especialista na lingua etrusca e defende a existencia dunha relación entre esta lingua e o maxiar de Hungría.

A teoría da continuidade paleolítica

Mario Alinei ten apuntado unha serie de debilidades do modelo invasionista, especialmente a ausencia de probas arqueolóxicas determinantes[2][3], a dependencia ideolóxica[4] e o feito de que este modelo sería único no mundo. A partir desas feblezas, postulou, como o fixo tamén Renfrew[3], a súa invalidez e a necesidade de buscar unha explicación alternativa.

Controvertida en medios universitarios, a teoría da continuidade paleolítica, da que é o autor, suxire unha diferenciación lingüística entre as linguas de Europa non posterior, senón anterior ao Neolítico. Chega, inclusive, a pór en todo caso en dúbida, a importancia da familia de linguas indoeuropeas, declarando: « Máis importante é o feito que Renfrew ten mostrado, que os termos neolíticos comúns de numerosas linguas indoeuropeas poden ser considerados como vocábulos emprestados[2]. »

Suxire tamén que a diferenciación entre as linguas de Europa ocorreu no Mesolítico.

Obras publicadas

  • Dal totemismo al cristianesimo popolare: Sviluppi semantici nei dialetti italiani ed europei, Filologia, linguistica, semiologia, Edizioni dell'Orso, 1984
  • Lingua e dialetti: Struttura, storia e geografia, Collana Studi linguistici e semiologici, editor Il Mulino, 1985
  • Origini delle lingue d'Europa, Collezione di Testi e di Studi, I volume 1996, II volume 2000, editor Il Mulino
  • Etrusco: una forma arcaica di ungherese, editor Il Mulino, 2003.
  • Il sorriso della Gioconda, editor Il Mulino -2006.

Notas

  1. Na marcha do Prof. Mario Alinei (1926-2018), IDG, acceso o 13 de Agosto 2018.
  2. 2,0 2,1 ALINEI, M. 1997, « Toward an Invasionless Model of Indoeuropean Origins : The Continuity Theory », Papers from the EEA Third Annual Meeting at Ravenna 1997 - Vol. I Pre-and Protohistory – Editado por M. Pearce e M. Tosi, BAR International Series 717, pp. 31-33.
  3. 3,0 3,1 RENFREW, C. 1987, Archaeology and Language: The Puzzle of Indo-European Origins, London: Pimlico.
  4. DEMOULE, J-P. 1999, « Destin et usages des Indo-Européens », in Mauvais temps, n° 5, juillet 1999, Syllepse.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Site de la PCT : acceso a numerosos artigos de Alinei.
  • [1] Aspectos da Teoría da Continuidade Paleolítica aplicada á área galega.
Historia da lingua galega

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Lingua ávara

O ávaro (магӀарул мацӀ maharul macʼ ou Авар мацI awar macʼ) é unha lingua avar–andi da familia das linguas caucásicas nororientais, é a lingua propia dos ávaros. En 2010 só en Rusia había 715.300 que declaraban o ávaro como a súa lingua materna .

Teoría da Continuidade Paleolítica

O Paradigma da continuidade paleolítica (PCP) (en italiano La teoria della continuità), ten orixe na teoría da continuidade paleolítica (ou TCP) é unha hipótese que suxire como data de orixe das linguas protoindoeuropeas (PIE) o Paleolítico Superior ou o Neolítico, varios milenios antes do Calcolítico ou Neolítico como suxiren outras hipóteses. O PCP postula que a chegada das linguas indoeuropeas está relacionada coa hipotética emigración, durante o paleolítico, do Homo Sapiens a partir de África para Europa e Asia. En termos de períodos cronolóxicos, Alinei admite unha cronoloxía máis antiga do que a hipótese Anatolia de Colin Renfrew (4º milenio a.C.).Mario Alinei presentou esta hipótese no libro Origini delle Lingue d' Europa (orixes das linguas de Europa), en dous volumes de 1996 e 2000, e é o principal defensor desta.

Urheimat dos indoeuropeos

As hipóteses da Urheimat protoindoeuropea son unha serie de conxecturas que tentan explicar as orixes da lingua protoindoeuropea. A identidade dos indoeuropeos foi un un argumento recorrente dos estudos de indoeuropeística a partir do século XIX. Se ben son moitas as hipóteses propostas, ningunha ten reunido un acordo suficientemente amplo dentro da comunidade dos investigadores.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.