Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.[1]

Marina Mayoral
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoMarina Mayoral Díaz [1]
Nacemento12 de setembro de 1942
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, columnista e novelista
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán. Colabora en La Voz de Galicia.

Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés.

En 2017 foi escollida académica de honra da Real Academia Galega.[2]

Obras

En galego

Narrativa

Biblioteca Galega 120
Unha árbore, un adeus, de Marina Mayoral, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • O reloxio da torre (1988)
  • Chamábase Luís (Ed. Xerais, 1989)
  • A man de neve (Contos do Castromil, 1992)
  • Tristes armas (1994)
  • Querida amiga (1995)
  • Unha árbore, un adeus (1996)
  • Ao pé do magnolio (2004)
  • Case perfecto (Ed. Xerais, 2007)
  • Quen matou a Inmaculada de Silva? (2009).
  • O anxo de Eva (Xerais, 2013).

Obras colectivas

En castelán

  • Cándida, otra vez (1979)
  • Al otro lado (1980)
  • La única libertad (1982)
  • Contra muerte y amor (1985)
  • Morir en sus brazos (1989)
  • Recóndita armonía (Alfaguara, 1994)
  • Dar la vida y el alma (1996)
  • Recuerda, cuerpo (Alfaguara, 1998)
  • La sombra del ángel (Alfaguara, 2000)
  • Querida amiga (Alfaguara, 2001)
  • La única libertad (2002)
  • Bajo el magnolio (2004).

Notas

  1. 1,0 1,1 "Mayoral Díaz, Marina". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 298.
  2. P., E. (2/12/2017). "Mayoral analiza os motivos polos que Murguía destruíu as cartas de Rosalía, no seu ingreso na RAG". Galicia Confidencial.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Vídeos externos
Rosalía na voz de Marina Mayoral
13 fragmentos.
12 de setembro

O 12 de setembro é o 255º día do ano do calendario gregoriano e o 256º nos anos bisestos. Quedan 110 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Chamábase Luís

Chamábase Luís é unha crónica realista escrita por Marina Mayoral publicada en 1989. Nela amósase o problema da droga na sociedade contemporánea.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani, nado en Roma en 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Nélida Piñon

Nélida Piñon, nada no Río de Xaneiro o 3 de maio de 1937, é unha escritora brasileira. Foi presidenta da Academia Brasileira das Letras. O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel. É de familia de emigrantes galegos, de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), e sempre ten feito gala de que Galicia, onde pasou algúns anos da súa infancia, a marcou profundamente.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Membros de honra da Real Academia Galega
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.