Marilar Aleixandre

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.[1]

Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre. Foto da AELG
Nacemento1 de maio de 1947
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora, escritora e escritora de literatura infantil
CónxuxeRamón López Facal
Coñecido/a porTeoría do caos, A compañía clandestina de contrapublicidade e Unha presa de terra
PremiosPremio Xerais de Novela

Traxectoria

De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba)[2], e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).

Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco.

Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.

Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016,[3] pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso "Voces termando da paisaxe galega", respostado por Fina Casalderrey.

O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega.[4]

Obra en galego

Entrevista en 2017. Nós Televisión.

Poesía

Narrativa

Biblioteca Galega 120
Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre, esta incluído na Biblioteca Galega 120.

Literatura infanto-xuvenil

  • A formiga coxa, 1989, Edicións Xerais (Ilustracións de Fran Jaraba).
  • O rescate do peneireiro, 1990, Edicións Xerais, (Ilustracións de Fran Jaraba).
  • A expedición do Pacífico, 1994, Edicións Xerais, ISBN 978-84-9782-501-6. [12]
  • O trasno de Alqueidón, 1996, Edicións Xerais (Ilustracións de Miguelanxo Prado).
  • O monstro da chuvia, 1998, col. A Maxia das Palabras, Xunta de Galicia, il. F. Bueno. 2003 en SM
  • A banda sen futuro, 1999, Edicións Xerais, ISBN 978-8483024713.[13]
  • Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón, 1999, Galaxia, col. Bambán.
  • Paxaros de papel, 2001, Edicións Xerais.
  • El-Rei Artur e a abominable dama, 2001, Ir Indo Edicións.
  • Basilisa, a princesa sapiño, 2002, Galaxia.
  • O chápiro verde, 2003, Edicións Xerais.
  • A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, 2005, Tambre.
  • Rúa Carbón, 2005, Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo.
  • A cabeza de Medusa, 2008, Edicións Xerais.
  • Dez abellas na laranxeira, 2008, Edicións Xerais.
  • Robinson contado polas alimarias, 2011, Oxford.
  • A vaca caníbal, 2012, Galaxia.
  • Ovella descarreirada, 2014, Xerais.
  • Catro cascarolos, 2016, Xerais.
  • Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, 2017, Galaxia, ISBN 978-84-9151-053-6.[14]
  • A filla do Minotauro, 2018, Galaxia, ISBN 978-84-9151-189-2.[15]

Ensaio

  • Traballando coas ciencias da Terra, 1995, Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
  • Dubidar para aprender, 1996, Edicións Xerais.
  • Terras de Compostela, 2009, AELG-Xunta de Galicia.
  • Santiago de Compostela desde dentro (2019). Ed. Alvarellos. 108 páxs. ISBN 978-84-16460-62-5.

Obras colectivas e en colaboración con outros autores

  • Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
  • Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
  • Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
  • Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
  • Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
  • Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
  • De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura, 2010.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A canda Fina Casalderrei (2018, Xerais)
  • O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "A criatura interpela a creadora".[16]

Obra en castelán

Ensaio

Manifesto-Praza-Pública
Alba Nogueira, Mariló Candedo, Marilar Aleixandre, Henrique Monteagudo e Valentina Formoso, na presentación do manifesto Chamamento polo Galego en 2013.
  • Enseñar Ciencias, 2003, Graó (como coordinadora).

Premios

Recibiu os seguintes premios:

  • Premio Merlín de literatura infantil 1994, por A expedición do Pacífico.
  • Premio da Crítica á creación literaria en galego, 1995, por A expedición do Pacífico.
  • Premio Rañolas ó mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 por O Trasno de Alqueidón
  • Premio Manuel Murguía de Relato breve 1997 por Desaforados Muños.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1997 por A Compañía clandestina de contrapublicidade.
  • Premio Esquío de poesía en galego 1998 por Catálogo de velenos.
  • Lista de honra do IBBY 1997 por A caza do Carbairán (tradución de The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.
  • Premio Lazarillo en 1999 por A banda sen futuro.
  • Premio Xerais en 2001 por Teoría do caos.
  • Premio Novela por entregas de La Voz de Galicia, 2001, por Unha presa de terra.
  • Premio de poesía Caixanova en 2006 por Mudanzas.
  • Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil en 2008 por A cabeza da medusa.
  • XI Premio Raíña Lupa por A filla do Minotauro en 2017[17].
  • Premio "Distinguished Contribution to Research" de 2019, concedido pola National Association for Research in Science Teaching (NARST), na área de didáctica das ciencias.[18][19]

Galería de imaxes

Marilar Aleixandre
 
Marilar Aleixandre. Foto da AELG
 
Marilar Aleixandre en 2015.
Marilar Aleixandre en 2015. 

Notas

  1. "Marilar Aleixandre ingresará na Academia o 14 xaneiro". Praza Pública. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2017.
  2. "Lendo a Marilar Aleixandre". Botóns. Portal Galego de Educación. Consultado o 06/12/2018.
  3. "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares". Real Academia Galega. Consultado o 9 de xullo de 2016.
  4. "Marilar Aleixandre tesoureira da RAG". Consultado o 5 de abril de 2017.
  5. "Desmentindo a primavera". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
  6. Abelenda, Ana. "«Para as mulleres ningún tempo pasado foi mellor»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018.
  7. Andrade, Marisa (1994). "Tránsito dos gramáticos de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (10): 109–111. ISSN 1139-4854.
  8. "Teoría do caos". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
  9. Vilavedra, Dolores (2002). "Teoría do caos, de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (17): 77–78. ISSN 1139-4854.
  10. "Narrativa". Marilar Aleixandre. Consultado o 06/12/2018.
  11. Nicolás, Ramón. "O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre". cadernodacritica. Consultado o 06/11/2018.
  12. "A expedición do Pacífico". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
  13. "A banda sen futuro". EDN IES Félix Muriel. Consultado o 06/12/2018.
  14. "Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros Marilar Aleixandre". editoriagalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
  15. "A filla do Minotauro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
  16. "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
  17. "Marilar Aleixandre gaña o Raíña Lupa con ‘A filla do Minotauro’ e convértese na primeira muller en gañar este certame". Sermos Galiza. Consultado o 23 de novembro de 2017.
  18. "María Pilar Jiménez Aleixandre recibe o prestixioso premio Distinguished Contribution to Research Award - - USC". xornal.usc.es. Consultado o 2019-04-01.
  19. Redacción (20 de marzo de 2019). Sermos Galiza, ed. "Marilar Aleixandre, premio Distinguished Contribution en didáctica das ciencias". Consultado o 21 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

1 de maio

O 1 de maio é o 121º día do ano do calendario gregoriano e o 122º nos anos bisestos. Quedan 244 días para finalizar o ano.

A compañía clandestina de contrapublicidade

A compañía clandestina de contrapublicidade é unha novela escrita por Marilar Aleixandre publicada por primeira vez no 1998. Recibiu o IV Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fran Bueno

Francisco Bueno Capeáns, nado en Santiago de Compostela en 1967, é un autor de banda deseñada galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Harry Potter e a pedra filosofal

Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.Harry Potter e a pedra filosofal é a primeira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro describe como Harry descobre que é mago e como comeza os seus estudos na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería á par que vai coñecendo o seu verdadeiro pasado agochado polos seus tíos e frustra un intento de volver do Señor Escuro, Lord Voldemort, o autor dos asasinatos dos seus pais e que intentara matar a Harry cando tiña un ano.

O libro saíu á venda o 30 de xuño de 1997 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de xaneiro de 2003 en Galicia pola Editorial Galaxia. No caso galego, a obra sufriu un atraso na súa publicación nesta versión debido a que a editorial galega non posuía os dereitos exclusivos sobre a obra como ocorreu no caso catalán, onde se publicaron as novelas á vez que nas linguas maioritarias da Península Ibérica. Deste xeito, Galaxia dependía das decisións da Editorial Salamandra, de aí o lapso de 3 anos entre a publicación da tradución castelá e galega. A tradución galega de Marilar Aleixandre recibiu ademais a axuda da Dirección Xeral de Promoción Cultural. A novela atinxiu os primeiros postos da lista do New York Times da ficción mellor vendida en agosto de 1999 e permaneceu aí durante 1999 e boa parte do ano 2000. Traduciuse a moitas outras linguas e fíxose unha versión cinematográfica da mesma.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Literatura infantil

Enténdese por literatura infantil aquela escrita pensando no público infantil como destinatario, máis o conxunto de textos literarios que a sociedade considerou aptos para os máis pequenos, pero que en orixe escribíronse pensando en lectores adultos (por exemplo As viaxes de Gulliver ou Platero e eu).

Noutro sentido do termo, menos habitual, abrangue así mesmo as pezas literarias escritas polos propios nenos. Por outra banda, ás veces considérase que o concepto inclúe a literatura xuvenil, escrita por ou para os adolescentes; pero o máis correcto é denominar ó conxunto literatura infantil e xuvenil.)

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Premio Merlín

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais desde 1986 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela, ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Premio Raíña Lupa

O Premio Raíña Lupa é un premio de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña desde 1998.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.