Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.[1]

Mariano Rajoy Brey
Mariano Rajoy

21 de decembro de 2011 – 2 de xuño de 2018[1]
Precedido por José Luis Rodríguez Zapatero
Sucedido por Pedro Sánchez

2 de outubro de 2004 – 21 de xuño de 2018
Precedido por José María Aznar
Sucedido por Pablo Casado

27 de abril de 2000 – 4 de setembro de 2003
Presidente José María Aznar
Precedido por Francisco Álvarez-Cascos
Sucedido por Rodrigo Rato

27 de abril de 2000 – 27 de febreiro de 2001
Presidente José María Aznar
Precedido por Francisco Álvarez-Cascos
Sucedido por Juan José Lucas

10 de xullo de 2002 – 4 de setembro de 2003
Presidente José María Aznar
Precedido por Juan José Lucas
Sucedido por Javier Arenas

27 de febreiro de 2001 – 10 de xullo de 2002
Presidente José María Aznar
Precedido por Jaime Mayor Oreja
Sucedido por Ángel Acebes

19 de xaneiro de 1999 – 27 de abril de 2000
Presidente José María Aznar
Precedido por Esperanza Aguirre
Sucedido por Pilar del Castillo

6 de maio de 1996 – 19 de xaneiro de 1999
Presidente José María Aznar
Precedido por Joan Lerma
Sucedido por Ángel Acebes

Actualmente no cargo
Dende o 20 de novembro de 1989

1986 – 1987
Precedido por Xosé Luís Barreiro
Sucedido por Xosé Luís Barreiro

Datos persoais
Nacemento 27 de marzo de 1955
Santiago de Compostela, Galicia
Partido Partido Popular de Galicia
Alcume Rajoy
Profesión Rexistrador da propiedade
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Sinatura Sinatura de Mariano Rajoy
Sitio web http://rajoy.es/

Traxectoria

Familia e formación

É fillo de Mariano Rajoy Sobredo, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, coñecido por presidir o tribunal que xulgou o caso Reace. O seu avó foi o político monárquico Enrique Rajoy Leloup, secretario da Comisión Redactora do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.[2]

Fixo o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade no seu último ano de carreira, e con 24 anos converteuse no rexistrador máis novo de España,[3] sendo destinado a Padrón (A Coruña), a Vilafranca do Bierzo (León) e Santa Pola (Alacant). Ao ano seguinte, en 1980, sufriu un accidente de tráfico en Palas de Rei ao saír da estrada un coche que conducía, o que lle causa feridas importantes no rostro. Dende aquel momento leva barba[4].

A política galega (1981–1991)

Decidiu entrar en política afiliándose en 1981 a Alianza Popular (actualmente Partido Popular). Conseguiu ser deputado tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, que se celebraron o 20 de outubro dese mesmo ano. Nas eleccións municipais do 8 de maio de 1983 foi elixido concelleiro do Concello de Pontevedra e, conseguintemente tomou posesión da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados como cabeza de lista por Pontevedra. Non obstante, Rajoy volveu para ocupar durante un ano a Vicepresidencia da Xunta de Galicia (1986 - 1987) tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro. Continuou o seu ascenso alcanzando a Presidencia Provincial de Pontevedra de AP, onde se mantivo ata xullo de 1991, e a Secretaría Xeral do partido en Galicia, que dirixiu durante dous anos.

Rajoy é membro do Comité Executivo Nacional dende xaneiro de 1989, ano no que foi elixido deputado por Pontevedra e no que Alianza Popular pasou a chamarse Partido Popular.

Ministro do Goberno de Aznar (1996–2003)

Nas eleccións do 6 de xuño de 1993 renovou o seu escano no Congreso, algo que tamén fixo o 3 de marzo de 1996 (ano no que casou con Elvira Fernández Balboa), cando o seu partido logrou derrotar ó Partido Socialista Obrero Español de Felipe González, coa candidatura de José María Aznar.

O 5 de maio de 1996 foi nomeado Ministro de Administracións Públicas aprobándose baixo a súa estadía no cargo a Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, LOFAGE (Lei 6/1997, de 14 de abril).

En xaneiro de 1999, Rajoy cedeu o seu posto a Ángel Acebes e substituíu a Esperanza Aguirre, que recibira fortes críticas pola súa xestión, sendo nomeado Ministro de Educación e Cultura. Baixo o súa estadía no cargo aprobáronse os novos plans de estudo da Formación profesional. Ese mes foi reelixido Vicesecretario Xeral do partido no seu XIII Congreso.

Rajoy obtivo o encargo de dirixir a campaña electoral para as xerais do 2000. O seu éxito no labor, unido á pésima situación que atravesaba o PSOE de Joaquín Almunia, levou ó Partido Popular á maioría absoluta. Aznar recompensouno entón coa Vicepresidencia Primeira do Goberno e co Ministerio da Presidencia.

En febreiro de 2001, deixou de ser ministro da Presidencia para suceder en Interior a Jaime Mayor Oreja. Como responsable deste ministerio, Rajoy conseguiu importantes éxitos na loita contra a organización terrorista ETA[Cómpre referencia].

Rajoy cesou como ministro do Interior en xullo de 2002 para asumir as carteiras de Portavoz do Goberno e, de novo, ministro da Presidencia. Dende esa posición, tivo que afrontar as dúas maiores crises do período 1996 - 2003: o desastre causado polo afundimento do Prestige e o apoio de Aznar a George W. Bush durante a invasión a Iraq de 2003. Porén, para os seus seguidores, Rajoy saíu aparentemente ben de ambos problemas e o seu papel de "fontaneiro" da Moncloa foi decisivo para a súa designación como Secretario Xeral do PP e candidato á Presidencia o 30 de agosto de 2003.

Líder do Partido Popular, campaña e eleccións de 2004

No XIV Congreso do Partido Popular celebrado en Madrid entre os días 25 ao 27 de xaneiro de 2002, o presidente do Goberno e do partido José María Aznar cumpriu a súa palabra de non estar máis de oito anos á fronte da presidencia do país e ademais se convertía así no primeiro gobernante español en exercicio que renunciaba voluntariamente a seguir en no poder[5] a pesar das presións de dentro do seu partido para que continuara.

Joaquín Ramírez y Mariano Rajoy en un acto público
Rajoy saudando xunto a Joaquín Ramírez —presidente do PP de Málaga—, Teófila Martínez —alcaldesa de Cádiz— e Celia Villalobos —ex-alcaldesa de Málaga— nun mitin electoral.

O 31 de agosto de 2003, Aznar lle propuxo como su sucesor e o expresou con esta frase: «Mariano, te ha tocado».[6] En novembro de 2012, Aznar revelou que lle ofrecera a súa sucesión a Rodrigo Rato, pero Rato rexeitouna ata en dúas ocasiones.[7] O 3 de setembro, foi elixido pola Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, novo secretario da formación e candidato á presidencia do Goberno.[8]

O 14 de marzo de 2004 tiveron lugar as novenas eleccións xerais desde a restauración democrática e nas cales se produciría o cuarto relevo na presidencia do Goberno. Durante a campaña electoral o PP esgrimiu como a súa principal baza os logros económicos alcanzados durante os oito anos de Goberno de Aznar (crecemento do PIB, equilibrio nos presupostos, creación de emprego e descenso do paro). O seu slogan electoral foi «Xuntos vamos a máis».[9]

Tres días antes da cita coas urnas, o xoves 11 de marzo producíronse unha serie de atentados terroristas simultáneos en catro trens en Madrid, que se encontraban nas estacións de Atocha, Santa Euguenia e El Pozo, os cales arrebataron a vida a 191 persoas e deixaron feridas a máis de 1500. Inmediatamente atribuíuse esta masacre, o peor atentando da historia de España e de Europa (en tempos de paz), a ETA.[10] En sinal de dolo e repulsa ante esa traxedia terrorista que se acababa de cometer os dous principais candidatos á presidencia do Goberno (Rajoy e Zapatero) xunto aos demais partidos políticos anunciaron a suspensión dos actos electorais e o final da campaña electoral.[11]

O día 12, ás sete da tarde comezaron en toda España as marchas multitudinarias convocadas polo goberno e presididas co lema: «Coas vítimas, coa Constitución, pola derrota do terrorismo». Na cabeceira que máis cidadáns concentrou –dous millóns e medio– en Madrid, atopábanse por primeira vez na historia de España, membros da familia real: o Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón e as súas dúas irmás, as infantas Elena e Cristina de BorbónCristina. Xunto a eles estaba o presidente do Goberno, José María Aznar e os dous candidatos á presidencia do Goberno, polos dous grandes partidos: Rajoy polo Partido Popular e José Luís Rodríguez Zapatero polo PSOE.[12]

Mítin del PP para las elecciones generales de 2004
Mítin del PP para as eleccións xerais de 2004

Ao día seguinte, o diario El Mundo publicou unha entrevista realizada a Rajoy na cal afirmaba que «tiña a convicción moral de que a autoría dos atentados de Madrid correspondía a ETA».[13] Nese día de xornada de reflexión electoral, decenas de manifestantes se convocaron ante as sedes do Partido Popular exixindo ao goberno da nación que aclarara quen cometera a masacre terrorista. As manifestacións estendéronse pola tarde e pola noite, non só na sede principal da rúa Génova de Madrid (que foi a máis multitudinaria), senón tamén noutras cidades.[14] Debido a estas concentracións, Rajoy compareceu en televisión para pedir que cesaran unhas «manifestacións ilegais», as cales cualificou como «feitos antidemocráticos».[15] Case media hora despois, compareceu Alfredo Pérez Rubalcaba o cal afirmou que «os cidadáns españois se merecen un goberno que non lles minta, un goberno que diga sempre a verdade».[16]

Ao día seguinte, o pobo español acudiu á súa cita a las urnas. A participación chegou case ao 78% do censo. O PSOE logrou 164 escanos (42,64 %) e máis de dez millóns de votos mentres que o PP pasou da maioría absoluta á oposición con 148 escanos (37,64 %).[17]

O 7 de outubro de 2004, Rajoy afirmou nun foro do diario El Mundo que el «non cría que os detidos polo 11-M organizaran os atentados».[18]

Política na oposición (2004–2011)

Artigos principais: VIII Lexislatura de España e IX Lexislatura de España.
Flickr - europeanpeoplesparty - EPP Congress Rome 2006 (64)
Mariano Rajoy nun Congreso do Partido Popular Europeo en 2006.

O 2 de outubro de 2004, no XV Congreso do Partido Popular, Mariano Rajoy foi elixido presidente da formación por un 98,37% dos votos dos compromisarios.[19]

Na súa primeira etapa como líder da oposición (2004-2008), significou no plano político a volta á crispación. Dous foron os temas que se utilizaron a fondo para destacar a acción gobernamental: o primeiro foi a política antiterrorista e o proceso de paz no País Vasco e o segundo a reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 1 de decembro de 2005 sufriu un accidente de helicóptero na praza de touros de Móstoles, xunto coa presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, do que saíu practicamente ileso. Só sufriu unha fractura nun dedo e unha luxación noutro.[20] Dous días despois, o día tres, Rajoy[21] afirmou nun acto en honra da Constitución Española afirmou que «Non hai máis ca unha nación, a española» por mor da reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 7 de xuño, Rajoy anunciou que o Partido Popular «rompía toda relación co executivo socialista» (por primeira vez na democracia ocorría isto) porque o goberno de Zapatero aceptou dialogar con Batasuna.[22][23][24]

O 5 de marzo de 2007, Rajoy convocou para o día 10 unha manifestación baixo o lema «España pola liberdade; non máis cesións a ETA» como rexeitamento pola concesión por parte do goberno de Zapatero do segundo grao penitenciario ao etarra José Ignacio de Juana Chaos (autor de 25 asasinatos).[25] Cinco días despois, celebrouse en Madrid a mair manifestación xamais convocada por un só partido político en España ata entón.[26]

Respecto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, o Partido Popular interpuxo un recurso ante o Tribunal Constitucional,[27] que se resolveu o 6 de novembro de 2012, sete anos despois da súa tramitación, con 8 votos a favor do matrimonio homosexual e 3 en contra.[28]

Presidente de Goberno (2011–2018 )

En 2011, o Partido Popular conseguiu a vitoria nas eleccións xerais e Rajoy foi nomeado Presidente de Goberno. O primeiro mandato de Rajoy estivo marcado pola crise económica de 2008, unha gran reestruturación do sistema financeiro español, así como a reforma laboral. A crise económica chegou ao seu cumio cun rescate ao sistema bancario español en xuño de 2012. O desemprego incrementouse ata o 27% nese ano, o que levou a unha gran baixada do Partido Popular en intención de votos, que se viu agravada polos casos de corrupción que danaron seriamente a reputación do partido. Isto, xunto a outros factores, levaron a unha profunda división no sistema de partidos español, e a aparición de novos partidos na esquerda e na dereita: Podemos e Ciudadanos.

As eleccións xerais de España de 2015, deixaron unha configuración parlamentaria que fixo imposible a formación dun novo goberno; como resultado, Mariano Rajoy permaneceu como presidente do Goberno en funcións durante os seis meses de lexislatura ata que se convocaron as novas eleccións que se celebraron en xuño de 2016. Rajoy foi finalmente investido como presidente do Goberno grazas ao apoio de Ciudadanos e a abstención do PSOE.

Segundo mandato 2016-2018

Segundo Gobierno de Mariano Rajoy (2018)
O segundo gabinete de ministros do goberno de Mariano Rajoy.

O segundo mandato de Rajoy estivo marcado pola recuperación económica e a baixada da taxa de paro, porén a precariedade laboral aumentou e os salarios seguiron sen mellorar. Nesta etapa, o goberno de Rajoy tivo que afrontar unha grave crise constitucional marcada polo referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017 e a posterior declaración unilateral de independencia de Cataluña o 27 de outubro dese mesmo ano, que levou a activación por primeira vez do artigo 155 da Constitución nesa comunidade. A finais de maio de 2018, poucos días despois de aprobar os presupostos xerais do Estado para ese ano, Mariano Rajoy tivo que afrontar unha moción de censura presentada polo secretario xeneral do PSOE, Pedro Sánchez, por mor da sentenza do caso Gürtel. A moción de censura tivo lugar entre os días 31 de maio e 1 de xuño e resultou na perda do goberno de Mariano Rajoy.[1]

Distincións

  • Gran Cruz da Orde de Carlos III.

Vida persoal

Mariano Rajoy é neto de Enrique Rajoy Leloup que foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936).

Está casado con Elvira Fernández de Balboa, a voda celebrouse o 28 de decembro de 1996 na Capela das Cunchas da illa da Toxa (O Grove). Rajoy xa era ministro de Administracións Públicas na primeira lexislatura de Aznar.[29] Deste matrimonio nace o seu primeiro fillo, Mariano, en 1999, e un segundo Juan, en 2005.[30].

Predecesor:
Federico Cifuentes Pérez
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1983 - 1986
Sucesor:
Fernando García del Valle
Predecesor:
Xosé Luís Barreiro
 Escudo de Galicia.svg
Vicepresidente da Xunta de Galicia
 
1986 - 1987
Sucesor:
Xosé Luís Barreiro
Predecesor:
Joan Lerma
 Escudo de España.svg
Ministro de Administracións Públicas de España
 
1996 - 1999
Sucesor:
Ángel Acebes
Predecesor:
Esperanza Aguirre
 Escudo de España.svg
Ministro de Educación e Cultura de España
 
1999 - 2000
Sucesor:
Pilar del Castillo
Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 Escudo de España.svg
Vicepresidente Primeiro do Goberno de España
 
2000 - 2003
Sucesor:
Rodrigo Rato
Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 Escudo de España.svg
Ministro da Presidencia de España
 
2000 - 2001
Sucesor:
Juan José Lucas
Predecesor:
Jaime Mayor Oreja
 Escudo de España.svg
Ministro do Interior de España
 
2001 - 2002
Sucesor:
Ángel Acebes
Predecesor:
Juan José Lucas
 Escudo de España.svg
Ministro da Presidencia de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Javier Arenas
Predecesor:
Pío Cabanillas Alonso
 Escudo de España.svg
Portavoz do Goberno de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Eduardo Zaplana
Predecesor:
Javier Arenas
 Secretario Xeral do Partido Popular 
2003 - 2004
Sucesor:
Ángel Acebes
Predecesor:
José María Aznar
 Presidente do Partido Popular 
2004 - Actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José Luis Rodríguez Zapatero
 Escudo de España.svg
Presidente do Goberno de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Pedro Sánchez

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Pedro Sánchez se convierte en el séptimo presidente de la democracia". ABC (en castelán). 1 de xuño de 2018.
  2. San Román, Elena. Real Academia de la Historia, ed. "Diccionario de Bibliográfico Español de la Real Academia de la Historia: Rajoy Brey, Mariano". Consultado o 1 de novembro de 2013.
  3. Antón Losada Trabada (25 de xuño de 2016). "Mariano Rajoy, la leyenda del registrador". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2018.
  4. Luis Zaera De La Vega: "Yo reconstruí hace 32 años el rostro desfigurado de Mariano Rajoy", La Opinión de A Coruña, 4/1/2012.
  5. "Aznar: "No habrá otra vez; ésta es la última"". El Mundo.es. 26 de xaneiro de 2002. Consultado o 6 de decembro de 2012.
  6. "«Mariano, te ha tocado»". La Voz de Galicia.com. 13 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015.
  7. "Aznar revela que eligió a Rajoy como sucesor porque Rato lo rechazó dos veces". El País.com. 17 de novembro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2012.
  8. "Rajoy promete continuar la política de Aznar 'por coherencia'". El Mundo.es. 3 de setembro de 2003. Consultado o 2 de abril de 2015.
  9. "Un mapa de España y la frase «Juntos vamos a más», imagen y lema del PP para las elecciones". El Mundo.es. 17 de febreiro de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015.
  10. "Cuatro atentados simultáneos causan una matanza en trenes de Madrid". El País.com. 12 de marzo de 2004.
  11. "Rajoy y Zapatero suspenden los actos electorales y dan por terminada la campaña". ABC.es. 12 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015.
  12. "Dos millones de madrileños dicen no al terror en la mayor manifestación de la democracia". El Mundo.es. 13 de marzo de 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
  13. "Mariano Rajoy: «Tengo la convicción moral de que fue ETA»". El Mundo.es. 13 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015.
  14. "Miles de personas protestan en toda España contra el PP". El Mundo.es. 13 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015.
  15. "Mariano Rajoy pide el cese de las 'manifestaciones ilegales' antes las sedes del Partido Popular". El Mundo.es. 14 de marzo de 2004. Consultado o 27 de xullo de 2013.
  16. "El PSOE acusa al gobierno de haber faltado a la verdad sobre la investigación". La Vanguardia.com. 14 de marzo de 2004. Consultado o 25 de xullo de 2013.
  17. "Los españoles castigan al PP y dan el poder al PSOE". El Mundo.es. 14 de marzo de 2004. Consultado o 2 de abril de 2015.
  18. "Rajoy: «No me creo que los detenidos por el 11-M organizaran los atentados»". El Mundo.es. 10 de outubro de 2004. Consultado o 15 de marzo de 2017.
  19. "Mariano Rajoy alcanza la presidencia del PP con un equipo continuista". El Mundo.es. 2 de outubro de 2004. Consultado o 1 de abril de 2015.
  20. "Mariano Rajoy y Esperanza Aguirre, ilesos tras un accidente de helicóptero en Móstoles". El Mundo.es. 1 de decembro de 2005. Consultado o 1 de abril de 2015.
  21. "Mariano Rajoy, en el homenaje a la Constitución en Madrid: «No hay más que una nación, la española»". El Mundo.es. 3 de decembro de 2005. Consultado o 10 de marzo de 2018.
  22. "Rajoy anuncia en el Congreso que el PP rompe 'toda relación con el Gobierno'". El Mundo.es. 7 de xuño de 2006. Consultado o 1 de abril de 2015.
  23. "Rajoy resume la negociación de Zapatero con ETA: Si usted no cumple le pondrán bombas y si no hay bombas es porque ha cedido". Libertad Digital.com. 15 de xaneiro de 2007. Consultado o 1 de abril de 2015.
  24. "Zapatero pide un 'gran consenso' y Rajoy se aferra al Pacto Antiterrorista". El Mundo.es. 15 de xaneiro de 2007. Consultado o 1 de abril de 2015.
  25. "El PP pide a los 'sensatos' que acudan a la marcha por el 'caso De Juana'". El Mundo.es. 5 de marzo de 2007. Consultado o 2 de abril de 2015.
  26. "Rajoy llama a 'defender España' ante cientos de miles de personas en Madrid". El Mundo.es. 10 de marzo de 2007. Consultado o 30 de agosto de 2013.
  27. "El Tribunal Constitucional admite a trámite el recurso del PP contra el matrimonio homosexual". El Mundo.es. 28 de outubro de 2005. Consultado o 13 de abril de 2015.
  28. "Amplio respaldo del Tribunal Constitucional al matrimonio homosexual". El Mundo.es. 6 de novembro de 2012. Consultado o 13 de abril de 2015.
  29. Revista Hola 2011[Ligazón morta]
  30. Historia de amor de Mariano Rajoy e Elvira Fernández
Agustín Rajoy Feijoo

Agustín Rajoy Feijóo, nado en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1956, é un economista e político galego vinculado ao Partido Popular. É licenciado en Económicas e Empresarais pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor asociado da Universidade de León. En 2011 formou parte da candidatura do PP á alcaldía de León.É curmán directo do dirixente popular Mariano Rajoy.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Elvira Fernández Balboa

Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

Encomenda do Cocido

A Encomenda do Cocido é unha sociedade gastronómica promovida polo concello de Lalín.

É unha sociedade gastronómica sen ánimo de lucro, nada no ano 2000 por iniciativa do Concello de Lalín coa finalidade de promover o cocido desta vila, e de grande importancia neste concello e, en xeral, de toda a comarca do Deza.

Acada a súa máxima expresión durante a celebración da Feira do cocido de Lalín (festa gastronómica celebrada dende o ano 1969 o domingo antes do entroido).

Entre os ilustres comendadores atópanse, por exemplo, o maxistrado Baltasar Garzón, o cantante Julio Iglesias, o presidente do Goberno Mariano Rajoy, o humorista Moncho Borrajo, a cociñeira Toñi Vicente ou o ex xogador do Deportivo e do Real Madrid Amancio Amaro.

Enrique Rajoy Leloup

Enrique Rajoy Leloup, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1882 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1966, foi un xurista e político galego.

Josep Borrell

Josep Borrell Fontelles, nado en La Pobla de Segur (Lleida), o 24 de abril de 1947, é un político socialista catalán que foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente de España de 1991 a 1996 durante o último Goberno de Felipe González e presidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2007, ademais de deputado no Congreso dos Deputados e deputado no Parlamento Europeo, e portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados de 1998 a 1999.

Dende 2018 é ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España liderado por Pedro Sánchez. O 7 de xuño de 2018 tomou posesión, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

José Luis Ábalos

José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE e actual ministro de Fomento do Goberno de España.

En 1978 ingresou no Partido Comunista de España e en 1981, no Partido Socialista Obrero Español. Foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Valencia (1995–2000), presidente do Comité Nacional do PSPV-PSOE (1997–1999), concelleiro no Concello de Valencia (1999–2009) e deputado por Valencia no Congreso (2009-2018). Dende 2017 é o secretario de Organización do PSOE.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Fomento do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Luis Bárcenas

José Luis Bárcenas Gutiérrez, nado en Huelva o 22 de agosto de 1957, é un político do Partido Popular, partido no que desempeñou o cargo de tesoureiro por designación directa do seu presidente, Mariano Rajoy.

En 2009 foi imputado pola súa implicación no caso Gürtel, a trama de corrupción vinculada ao Partido Popular que foi instruída no seu inicio polo xuíz Baltasar Garzón. A causa contra Bárcenas foi arquivada polo xuíz Antonio Pedreira, que ditou o sobresemento provisorio das actuacións nun auto do 29 de xullo de 2011, mais foi reaberta pola Audiencia Nacional de España en marzo de 2012.

Mariano Rajoy Sobredo

Mariano Rajoy Sobredo, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1921 e finado en Madrid o 1 de novembro de 2018, foi un xuíz galego.

Ministerio de Cultura e Deporte de España

O Ministerio de Cultura e Deporte de España é o departamento ministerial encargado da promoción, protección e difusión do patrimonio histórico español, dos museos estatais e das artes, do libro, a lectura e a creación literaria, das actividades cinematográficas e audiovisuais e dos libros e bibliotecas estatais, a promoción e difusión da cultura en español, así como o impulso das accións de cooperación cultural e, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, das relacións internacionais en materia de cultura. Así mesmo corresponde a este Ministerio a proposta e execución da política do Goberno en materia de deporte.

O Ministerio de Cultura é un dos ministerios máis importantes do Goberno de España debido ao gran patrimonio cultural que posúe, e por iso decidiuse unificar todos os ámbitos culturais nun só ministerio en 1977. Esta autonomía mantívose até 1996, cando o goberno de Jose María Aznar fusionouno co ministerio de Educación e mantívose así até 2004, cando o Presidente Zapatero devolveulle a súa autonomía.

Esta situación foi revertida de novo en 2011, co goberno de Mariano Rajoy que o volveu a fusionar co ministerio de educación, dando lugar ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Coa chegada do socialista Pedro Sánchez á presidencia, o ministerio recupero a súa autonomía pois era intención do Presidente dar un maior protagonismo a este ministerio, que quedara nun segundo plano desde a súa fusión con educación.Desde as súas orixes, as competencias en deportes estiveron sempre ligados a este ministerio, salvo contadas excepcións.

Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018

A moción de censura contra o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, celebrouse entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 2018. Foi rexistrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) o 25 de maio, despois de que a Audiencia Nacional sentenciase que o Partido Popular (PP) se beneficiou do esquema de subornos ilegais para contratos do caso Gürtel, cos tribunais confirmando a existencia dunha estrutura de contabilidade e financiamento ilegal que se desenvolveu en paralelo coa oficial desde o momento da fundación do partido en 1989.A Audiencia Nacional confirmou que o PP axudou a establecer «un sistema xenuíno e efectivo de corrupción institucional a través da manipulación da contratación pública central, autonómica e local». Doutra banda, considerou que Mariano Rajoy non fora «veraz» no seu testemuño como testemuña durante o xuízo.O 1 de xuño de 2018 votouse a moción de censura resultando exitosa con 180 votos a favor, 1 abstención e 169 votos en contra. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, primeiro presidente do goberno español non deputado en ser investido, declarou que establecería un goberno "de transición" que asegure a «gobernanza» do país e recupere a «normalidade democrática» por mor da crise política desatada polo caso Gürtel, para logo, canto antes, convocar eleccións xerais.Esta foi a cuarta moción de censura desde a Transición Española á democracia e a segunda presentada contra Mariano Rajoy tras a de Unidos Podemos o ano anterior, así como a primeira de toda a democracia española en prosperar.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Pedro Sánchez

Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso. Sucesor en 2014 de Alfredo Pérez Rubalcaba á fronte do PSOE, en 2015 e 2016 foi o candidato proposto polo seu partido á presidencia do Goberno.​ En 2016, co PSOE dividido ante a tesitura de postular un goberno alternativo a Mariano Rajoy ou absterse ante a investidura deste último, Sánchez, contrario á segunda opción, viuse obrigado a dimitir como secretario xeral do PSOE e máis tarde tamén renunciaría á súa acta de deputado.​ En xuño de 2017 retornou á secretaría xeral do partido tras impoñerse en primarias a Susana Díaz e Patxi López.

Produto dunha moción de censura exitosa contra Mariano Rajoy, foi investido presidente do Goberno en xuño de 2018. É o sétimo xefe de goberno do período democrático actual.

Presidente do Goberno de España

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Soraya Sáenz de Santamaría

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.