Mariña de Lugo

A Mariña luguesa é unha comarca natural situada ó correr do litoral da provincia de Lugo, abranguendo os municipios entre o cordal de montañas e o Mar Cantábrico. Administrativamente está dividida en tres Comarcas: A Mariña Occidental (con capital en Viveiro), A Mariña Central (con capital en Mondoñedo) e A Mariña Oriental (con capital en Ribadeo).

A súa situación, ó norte da provincia (e polo tanto, da Comunidade Autónoma de Galicia,), fai que sexa bañada polo Mar Cantábrico, tendo o seu límite oriental na Ría de Ribadeo, que fai de fronteira con Asturias, e o límite occidental na ría do Barqueiro, máis aló da que está a provincia da Coruña

Fotos Galicia II 057
A Mariña Luguesa Central

Galería de imaxes

Mariña-mapa

Situación da Mariña en Galicia

Viveromuelle

Peirao en Viveiro

Ribadeo ría vista 1

Vista da ría de Ribadeo

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Frouxeira

O topónimo galego Frouxeira pode referirse a:

Monte da Frouxeira, na Mariña de Lugo;

Castelo da Frouxeira, en dito monte;

A Frouxeira, lugar da parroquia de Lodoso, no concello de Monterroso.

Biscoito

Este artigo trata sobre o bolo doce esponxoso, para a pasta fina doce véxase galleta.

Un biscoito (do Latín: bis- e coctus cocido dúas veces) (tamén chamado de bolo esponxoso) é un bolo doce de miga mol e con moitos poros, que se fai no forno con fariña triga, ovos e azucre.

O significado de galleta (coma no inglés biscuit) caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no século XIX Varios autores coma Luís Aguirre del Río, Francisco Javier Rodríguez, Juan Cuveiro Piñol ou mesmo a Real Academia Galega definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces.

Comarca da Mariña Central

A comarca da Mariña Central é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Mondoñedo, que é a súa terceira cidade en poboación, tras Foz e Burela. A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Comarca da Mariña Oriental

A comarca da Mariña Oriental é unha comarca galega situada provincia de Lugo cuxa capital é Ribadeo. A ela pertencen os concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Crónica 3.com

Crónica 3.com A Mariña é un medio de novas en Internet relacionadas coa Mariña de Lugo, que publica información local relacionada cos concellos que forman A Mariña lucense. Foi creado por Manuel Nebril Rego e Emilio González Legaspi no mes de abril do ano 2008.

Cronica3.com transmite textualmente a información que lle facilitan cidadáns, colectivos, entidades publicas, empresas e organizacións políticas. Conta con seccións de opinión, política, sociedade e deportes. Actualizase varias veces ao día.

Manuel Nebril Rego e Emilio Gonzalez Legaspi deixaron a edición de Cronica3.com en decembro de 2012.

Actualmente aparece como editora FM Publicidade, entidade que publica o dixital Terra chá.xa

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Dombodán, Arzúa

San Cristovo de Dombodán é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo datos do IGE, no ano 2015 tiña unha poboación de 246 habitantes. Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Hórreo galego

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.

Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega.

Mariña

O adxectivo mariña indica relación co mar. Pode referirse a:

Armada, conxunto de forzas navais;

Mariña mercanteO topónimo galego Mariña pode referirse a:

A Mariña de Lugo, rexión galega da cornixa cantábrica, dividida administrativamente en tres comarcas:

A Mariña Occidental

A Mariña Central

A Mariña Oriental

Mariña, lugar da parroquia de San Xurxo de Salceda, no concello de Salceda de Caselas;

San Xurxo da Mariña, parroquia do concello de Ferrol;

Chá da Mariña, lugar da parroquia de Esmelle, no concello de Ferrol.Amais, Mariña é un antropónimo feminino.

Mel de Galicia

O Mel de Galicia é unha Indicación Xeográfica Protexida baixo a cal preténdese destacar a excelencia do mel producido en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre os requisitos de produción, procesado e envasado.

Este mel prodúcese en colmeas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. Preséntase en estado líquido, cristalizado ou cremoso, podendo conter ademais, no primeiro dos casos, froitos secos. Tamén pode presentar en panais ou seccións.Dende 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 620 toneladas (169 toneladas no ano 2000).

Os Aventados

Os Aventados é unha asociación cultural galega con base en San Cibrao (Lieiro, Cervo) e funcionamento en toda a Mariña de Lugo. as súas actividades abraguen exposicións, conferencias, festivais, talleres de tradición mariñas e outras diversos. En 2018 o seu Presidente é Pablo Mosquera Mata, participando na súa directiva, entre outros, Alfonso Otero Regal e Carlos Nuevo Cal.

Praia de Arealonga, Barreiros

A praia de Arealonga é un areal galego do mar Cantábrico, situado entre as parroquias de Santiago de Reinante ao leste e San Miguel de Reinante ao oeste, no concello de Barreiros.

É unha das maiores e máis concorridas da Mariña de Lugo. Nela é tradicional a celebración dun concurso de esculturas na area o día de Santiago, 25 de xullo.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

San Cibrao, Lieiro, Cervo

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

Serras setentrionais de Galicia

As serras setentrionais son de Galiza son un conxunto de montañas orientada de leste a oeste e que están delimitadas ao norte pola Mariña de Lugo e os terreos litorais do mar Cantábrico, e ao oeste conectan coa dorsal galega, especialmente coa serra da Faladoira.

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.