Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

Margarita Ledo Andión
Margarita Ledo (AELG)-1
Nome completoMargarita Ledo Andión
Nacemento5 de febreiro de 1951
 Castro de Rei
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora, xornalista e catedrática
PremiosPremio Nacional de Cine e audiovisual

Traxectoria

Margarita Ledo 2
Margarita Ledo en 2018.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto e organizou as Xornadas da Cultura Galega.[Cómpre referencia] Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991, onde exerce como catedrática de comunicación audiovisual. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM).

En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros.

En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.

Ingresou na RAG o 7 de febreiro do 2009.

Recibiu o Premio Otero Pedrayo en 2018[1].

Obra escrita en galego

Poesía

  • Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970, Xistral).
  • O corvo érguese cedo (1973, Xistral).
  • Linguas mortas: serial radiofónico (1989, Sotelo Blanco), con fotografías de Anna Turbau.

Narrativa

  • Mama-fé (1983, Xerais), relatos.
  • Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985, Xerais), novela.
  • Porta blindada (1990, Xerais), novela.
  • Historias como Barcelona (1992, Diario 16).

Literatura infanto-xuvenil

Ensaio

  • Prensa e galeguismo (1982, Edicións do Castro).
  • Foto-xoc e xornalismo de crise (1988, Edicións do Castro).
  • O diario postelevisivo (1993, Lea).
  • Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995, Xerais).
  • Informe sobre o audiovisual en Galicia, 1998 (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Comunicación local no espazo lusófono (2007).
  • Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega (2009, Real Academia Galega).

En volumes colectivos

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1983, Edicións do Castro).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • "Vía Durruti, ano trinta e seis", en Caderno de viaxe (1989, Xerais).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • "Interior do mundo", en Sede Central. Relatos 2 (1990).
  • "Renda do muro", en Contos eróticos / elas (1990, Xerais).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
  • XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
  • Comunicación na periferia atlántica: extracto das actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en novembro 95 (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Skinwel hag etresevenaduriezh e Breizh, Galicia ha Bro-Gembre. Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales. Teledu a rhyngddiwylliant yn Llydaw, Galicia a Chymru (1998, CRTVG).
  • Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias : actas do II Coloquio Brasil-Estado español de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela, 23-25 de novembro de 1998) (1999, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Para umha Galiza independente (2000, Abrente Editora).
  • Rituais (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia, Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación. Actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela (2002, Consello da Cultura Galega).
  • XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer... (2003, S. C. D. Condado).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Os "estados xerais" da cinematografía en Galiza. Catálogo de produccións 2001-2002 (2004, Universidade de Santiago de Compostela).
  • O ensino no documental, o documental no ensino: encontro internacional de investigadores, 21, 22 e 23 de setembro 2005 (2006, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Comunicación local no espazo lusófono: relatorios do VII Congreso Internacional da comunicación lusófona, Lusocom 2006 (2007, Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación).
  • "Sen título", en A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 (2009, Fundación Bautista Álvarez).
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
  • Galicia 1936-2011: estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Marcas na paisaxe. Coordinadora.[2]

Premios

Obra escrita en castelán

Ensaio

  • Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998, Cátedra).
  • Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2004, Paidós).
  • Cine de fotógrafos (2005, Gustavo Gili).

Filmografía

Como directora

  • Santa Liberdade (2004).
  • Hai que botalos (2005).
  • Liste, pronunciado Líster (2007).
  • A cicatriz branca (2012).
  • Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra (2016, Nós, Produtora Cinematográfica Galega, libro-DVD).

Como produtora

  • CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005).

Notas

  1. 1,0 1,1 "Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia". Sermos Galiza. 12/12/2017.
  2. Casas, Alicia. "Margarita Ledo: "Cando te expulsan do teu país soamente podes levar a lingua, non a terra"". Galicia Confidencial. Consultado o 14 de xuño de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Euloxio R. Ruibal
 Arquiveira/Bibliotecaria da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Fina Casalderrey
5 de febreiro

O 5 de febreiro é o 36º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 329 días para finalizar o ano, 330 nos anos bisestos.

Adiante (Vigo)

Adiante foi unha revista editada pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos entre 1987 e 1993.

Andión

O topónimo galego Andión pode referirse a:

Andión, lugar da parroquia de Silva, no concello de Pol.Amais, como apelido pode referirse a:

Xosé Díaz Andión (1892-1948), tipógrafo, escritor e xornalista galego;

Margarita Ledo Andión (n. 1951), xornalista, escritora e cineasta galega;

Antón Vidal Andión (n. 1948), avogado e editor galego.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Euloxio R. Ruibal

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.