Marea Pontevedra

Marea Pontevedra é un movemento cidadán e político creado na cidade de Pontevedra que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015.

O candidato é o escritor e xornalista, Luís Rei Núñez. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Espazo Ecosocialista Galego e Equo[1][2].

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo dous escanos.[3]

Nas eleccións municipais de 2019 non obtivo escanos.[3]

Marea Pontevedra
Candidatura municipal
Marea Pontevedra
Dirixentes e organización
LíderLuís Rei Núñez
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros
0 / 25
Outros datos
Páxina webmareapontevedra.org

Notas

  1. http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/03/da-apoyo-marea-pontevedra-80/1213943.html
  2. http://www.europapress.es/galicia/noticia-marea-pontevedra-alza-referencia-grupos-ruptura-apoyo-podemos-anova-eu-ecosocialistas-20150502162421.html
  3. 3,0 3,1 Resultados electorais municipais 2019

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ames Novo

Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.

A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia, anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG. No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego. A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese. Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Compostela Aberta

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións municipais en Pontevedra

Corporacións democráticas en Pontevedra desde a aprobación da constitución española de 1978.

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.

Iniciativa Cidadá de Mugardos

Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) é un movemento cidadán político creado no Concello de Mugardos que se presentou ás eleccións municipais de maio do 2015 como agrupación de electores.

Javier García Dieste foi o candidato de ICM nas eleccións municipais do 25 de maio de 2015, nas que obtivo 540 votos (un 18,25%) e o foi a terceira candidatura máis votada, tras do Partido Popular e Esquerda Unida, superando ás dúas últimas formacións en ostentar a Alcaldía (BNG e PSdeG-PSOE) e á candidatura independente Gañemos Mugardos.

Nas eleccións xerais do 2015 e 2016 a organización apoiou a candidatura de En Marea ao congreso e o senado, e en setembro do 2016 á Xunta de Galicia.

Lugonovo

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, negándose a apoiar a persoas imputadas como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Luís Rei Núñez

Para o artigo do bibliotecario e escritor grovense, véxase Xosé Luís Rei Muñiz

Luís Rei Núñez, nado na Coruña o 12 de setembro de 1958, é un escritor, xornalista e político galego.

Mareas cidadás

As mareas cidadás son un tipo de formación política creado para as Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Aínda que poden tomar a forma xurídica de partido político, coalición ou agrupación de electores caracterízanse pola diversidade de membros e de asociacións que as compoñen. Os candidatos se elixen por votación directa e se someten a votación todas as decisións importantes tomadas no concello ou na formación durante toda a lexislatura.

Por funcionalidade, pode ser que decisións pequenas as tomen directamente un grupo máis reducido de traballo.

Miguel Anxo Fernández Lores

Miguel Anxo Fernández Lores, nado en Vilalonga, Sanxenxo, o 7 de xuño de 1954, é un médico e político galego. Desde 1999 é alcalde de Pontevedra, polo Bloque Nacionalista Galego.

Ourense en Común

Ourense en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ourense que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, obtendo 3 concelleiros na cámara municipal. O seu candidato á alcaldía foi Miguel Doval Garza.

David Bruzos, membro de OuEC, foi escollido deputado nas eleccións xerais de 2015 nas listas de En Marea.

Nas eleccións municipais de 2019 non obtiveron escanos.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Xoán Hermida

Xoán Hermida González, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1965, é un historiador, activista social e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.