Marea Atlántica

Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.

Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde[2].

Marea Atlántica
Iniciativa cidadá
Marea Atlantica
Dirixentes e organización
LíderXulio Ferreiro
Historia
Fundación22 de xullo de 2014
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Democracia participativa
Nacionalismo galego
Socialdemocracia
Representación
Concelleiros na Coruña
6 / 27
[1]
Outros datos
Publicaciónoquince.gal
Páxina webmareatlantica.org

Traxectoria

A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014.[3] O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara para continuar adiante co proceso de conformar unha candidatura unitaria.[4]

O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o candidato da Marea Atlántica nas eleccións municipais de maio de 2015[5]. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo.[6]

O 12 de marzo de 2015 foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos baixo as siglas MAREA[7].

No primeiro reconto de votos tras as eleccións foi a forza máis votada, con 36.842 votos fronte a 36.838 do PP, ambos os dous co 30,89% dos votos e 10 concelleiros[8]. Unha semana despois, a Xunta Electoral decidiu dar por válidos algúns dos votos reclamados dando como resultado final 36.885 votos ao PP fronte a 36.857 da Marea, co mesmo repartimento de concelleiros[9].

Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019, a Marea Atlántica gobernou en solitario a cidade da Coruña. Xulio Ferreiro foi nomeado alcalde co apoio dos votos de PSdeG-PSOE e BNG[2]. Na seguinte lexislatura non puido repetir os resultados e pasou a ser a terceira forza do concello, a segunda de esquerdas por detrás do PSdeG.

Resultados electorais

Na súa primeira participación nuns comicios municipais en 2015 conseguiu un total de 10 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular, o que lle permitiu o acceso ao goberno local. Marea Atlántica entrou tamén na Deputación da Coruña con tres deputados provinciais.[10]

Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu seis escanos.[1]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2015 Xulio Ferreiro 10 concelleiros 30,88% 10 36 857 30,88% 36 857
2019 Xulio Ferreiro 6 concelleiros[1] 22,22% 4 25 290[1] 20,23%[1] 11 567

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Resultados electorais municipais 2019
  2. 2,0 2,1 Ferreiro e a Marea rebordan ilusión na súa investidura: "A praza entrou no pazo" praza.gal, 13/06/2015.
  3. "La Marea Atlántica sigue subiendo en A Coruña". 22 de xullo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014.
  4. Pardo, Miguel (26 de setembro de 2014). "A Marea Atlántica acada os apoios que avalan o seu camiño cara a confluencia". Consultado o 27 de setembro de 2014.
  5. A, D. "Xulio Ferreiro será o candidato de Marea Atlántica nas municipais". Consultado o 25 de febreiro de 2015.
  6. "Os partidos tan só ocupan a metade de postos na candidatura da Marea Atlántica" Praza Pública
  7. Rexistro de Partidos Políticos Páxina web do Ministerio do Interior. Consultado o 31 de xullo de 2015.
  8. A Marea Atlántica gana as eleccións do 24M na Coruña por catro votos www.lavozdegalicia.es, 25/05/2015.
  9. El PP gana las elecciones por una diferencia de 28 votos sobre Marea Atlántica www.elidealgallego.com, 30/05/2015 (en castelán)
  10. "Constituida la Diputación de A Coruña con presidencia socialista". El País (en castelán). 16 de xullo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Compostela Aberta

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo.

Daniel Díaz Grandío

Daniel Díaz Grandío, nado na Coruña en 1981, é un político galego.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Eleccións municipais de 2019 na Coruña

As eleccións municipais de 2019 celebráronse na Coruña o domingo 26 de maio, de acordo co Real Decreto de convocación das eleccións locais en España disposto o 1 de abril de 2019 e publicado no Boletín Oficial do Estado o 2 de abril. Foron elixidos os 27 membros do Concello da Coruña, a través dun sistema proporcional (método d'Hondt), con listas pechadas e unha barreira electoral do 5 %.

Eleccións municipais na Coruña

Corporacións democráticas na Coruña dende a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Domingos Rafael Merino Mexuto — UGElixido alcalde co apoio do PSdeG, tras un pacto polo cal UG apoiaría aos candidatos socialistas en Ferrol e Vigo. Foi alcalde dende abril de 1979 até marzo de 1981.

Trala dimisión de Merino Mexuto por falta de apoios políticos, foi nomeado alcalde Joaquín López Menéndez da UCD.

1983 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOETrala dimisión e marcha de Francisco Vázquez ó Vaticano como embaixador, foi nomeado alcalde Javier Losada do PSdeG-PSOE.

2007 Alcalde: Francisco Javier Losada de Azpiazu — PSdeG-PSOEGoberno en coalición do PSdeG-PSOE co BNG.

2011 Alcalde: Carlos Negreira — PPdeG

2015 Alcalde: Xulio Ferreiro — Marea AtlánticaCandidatos: Carlos Negreira Souto (PP), Xulio Xosé Ferreiro Baamonde (Marea Atlántica), María del Mar Barcón Sánchez (PSdeG-PSOE), Xosé Manuel Carril Vázquez (BNG), Santiago Folla-Cisneros Vidal (C's), Carlos Javier Marcos Blanco (UC), Roberto Martínez-Anido Ricoy (AV), José Adrián García Alonso (PACMA) e Carlos Oliva Castelló (UPyD).

2019 Alcaldesa: Inés Rey García - PSdeG-PSOE

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Eugenia Vieito

Eugenia Vieito Blanco, nada na Coruña, é unha política galega.

Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.

Inés Rey

Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña, sendo a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.

José Manuel Sande

José Manuel Sande García, nado na Coruña en 1972, é un programador cultural, escritor cinematográfico e político galego.

Marea Pontevedra

Marea Pontevedra é un movemento cidadán e político creado na cidade de Pontevedra que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015.

O candidato é o escritor e xornalista, Luís Rei Núñez. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Espazo Ecosocialista Galego e Equo.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo dous escanos.Nas eleccións municipais de 2019 non obtivo escanos.

María García Gómez

María García Gómez, nada na Coruña en 1978, é unha técnico e educadora mediomabiental e política galega.

Ourense en Común

Ourense en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ourense que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, obtendo 3 concelleiros na cámara municipal. O seu candidato á alcaldía foi Miguel Doval Garza.

David Bruzos, membro de OuEC, foi escollido deputado nas eleccións xerais de 2015 nas listas de En Marea.

Nas eleccións municipais de 2019 non obtiveron escanos.

Rocío Fraga Sáenz

Rocío Fraga Sáenz, nada na Coruña en 1976 é unha socióloga e política galega.

Rodri Suárez

Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista e escritor galego.

Xiao Varela

Xiao Varela Gómez, nado na Coruña en 1978, é un arquitecto e político galego.

Xulio Ferreiro

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, nado na Coruña o 18 de outubro de 1974, é un xuíz, profesor e político galego. Foi o alcalde da cidade da Coruña entre 2015 e 2019.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.