Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010[1][2], foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Marcos Valcárcel
Nacemento3 de marzo de 1958
 Ourense
Falecemento5 de decembro de 2010
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.

Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.

En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu unha homenaxe pública no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego[3].

En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento á súa contribución á cultura galega[4].

Obra en galego

Ensaio

Edicións

  • Dos años de agitación política (Basilio Álvarez no Parlamento) (1991, Edicións do Castro).
  • Obra completa. A carón do lume, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Cóxegas e moxetes, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Farsadas, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Monifates, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • O libro dos amigos, de Ramón Otero Pedrayo (1997, Galaxia).
  • Don Xoaquín Lorenzo no fío de nós: artigos e entrevista (2004, Concello de Ourense).

Obras colectivas

  • Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento, (1988, Ir Indo), escrito en colaboración con Xosé Ramón Quintana.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
  • Eduardo Blanco Amor fotógrafo (1993, Clube Alexandre Bóveda de Ourense).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • O fillo da florista: 34 retratos de Eduardo Blanco Amor (1998, Linteo). Coordinador con Ángeles Fernández e Benito Losada.
  • Antoloxía de textos, de Juan de la Coba y Gómez, (1999, Concello de Ourense).
  • A memoria de Ourense (1999, Xerais).
  • Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000, Galaxia).
  • Castelao no seu tempo: unha perspectiva ourensá (2001, Concello Ourense).
  • Eladio Rodríguez. Unha fotobiografía. 1864-1949 (2001, Xerais).
  • Ourense craro río, verde val: a cidade na voz dos seus poetas (2001, Concello de Ourense).
  • Carlos Casares, punto de encontro (2002, Concello de Ourense).
  • Antón Avilés de Taramancos: Letras Galegas 2003 (2003, Xunta de Galicia).
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Letras galegas 2004. Xoaquín Lorenzo Fernández: a memoria das cousas. Unidade didáctica de Educación Primaria (2004, Xunta de Galicia).
  • Lorenzo Varela. Letras Galegas 2005. Educación Secundaria: unidade didáctica (2005, Xunta de Galicia).
  • Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra. Letras Galegas 2006 (2006, Xunta de Galicia).

Bibliografía sobre a súa figura

  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).

Obra en castelán

Obras colectivas

Vida persoal

Casado, tivo unha filla. Á súa morte, producida por esclerose lateral amiotrófica[5][6], foi incinerado e as súas cinzas esparexidas en Fisterra.

Notas

  1. Pasamento de Marcos Valcárcel, As uvas na solaina
  2. Falece aos 52 anos o historiador Marcos Valcárcel Arquivado 08 de decembro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 5/12/2010.
  3. Presentación Marcos Valcárcel, Telemiño en YouTube, 1/12/2008
  4. Medallas Castelao 2009
  5. Marcos Valcárcel, blog de Perfecto Conde, 29/11/2010.
  6. LÓPEZ, A.R., Muere Marcos Valcárcel, gran dinamizador de la cultura, El Correo Gallego, 6/12/2010

Véxase tamén

Ligazóns externas

3 de marzo

O 3 de marzo é o 62º día do ano do calendario gregoriano e o 63º nos anos bisestos. Quedan (303) días para finalizar o ano.

5 de decembro

O 5 de decembro é o 339º día do ano do calendario gregoriano e o 340º nos anos bisestos. Quedan 26 días para finalizar o ano.

Alfredo Conde

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Crema de gaita

Crema de gaita é un grupo galego de música folk orixinario de Vigo, fundado no 1994. As súas composicións orixinais móvense no ámbito do folk galego, con influencia dos ritmos latinos coma o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro do grupo e autor de temas gravados por outros músicos como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.

O seu primeiro traballo TanGalego está composto por 15 temas e conta con colaboracións dos músicos Kin García, Marcos Valcárcel, Ioanna Pérez, ou a banda de gaitas Xarabal.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Fundación Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é unha entidade con obxectivos culturais de promover a cultura galega e a obra de Carlos Casares.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Luís González Tosar

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego, residente en Santiago de Compostela.

Marcos

O antropónimo masculino Marcos pode referirse a:

Marcos o Evanxelista, discípulo de San Pedro, un dos catro principais redactores dos Evanxeos;

Marcos papa da igrexa católica no século IV;

Marcos Denevi, escritor arxentino;

Marcos Moshinsky, investigador e físico mexicano de orixe ucraína;

Marcos Nine Búa, director e guionista galego;

Marcos Paz, político arxentino;

Marcos Pereiro, humorista galego;

Marcos S. Calveiro, escritor e avogado galego;

Marcos Sastre, escritor, mestre, pintor e xornalista uruguaio;

Marcos Seixo Pastor, historiador e investigador galego;

Marcos Antonio Serrano Rodríguez, ciclista galego;

Marcos Valcárcel, historiador, xornalista e escritor galego (1958-2010).Amais, como topónimo pode referirse a:

Marcos, lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello do Vicedo.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Tarsy Carballas

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.