Marcha Real

A Marcha Real ou Marcha Granadera é unha composición musical do século XVIII usada como himno por España, e malia que houbo diversas tentativas para dotala dunha versión con letra, nunca se oficializou ningunha. Durante a Segunda República Española o himno utilizado no Estado foi o Himno de Riego.

Flag of Spain

Versión de Eduardo Marquina

Esta letra foi escrita por Eduardo Marquina en 1927 con motivo das vodas de prata no trono de Alfonso XIII. Foi publicada no xornal ABC o 17 de maio de 1927[1].

Gloria, gloria, corona de la Patria,
soberana luz
que es oro en tu color.
Vida, vida, futuro de la Patria,
que en tus ojos es
abierto corazón.
Púrpura y oro: bandera inmortal;
en tus colores, juntas, carne y alma están.
Púrpura y oro: querer y lograr;
Tú eres, bandera, el signo del humano afán.
Gloria, gloria, corona de la Patria,
soberana luz
que es oro en tu color.
Púrpura y oro: bandera inmortal;
en tus colores, juntas, carne y alma están.

Versión carlista[Cómpre referencia]

Viva España,
gloria de tradiciones,
con la sola ley
que puede prosperar.
Viva España,
que es madre de Naciones,
con Dios, Patria, Rey
con que supo imperar.
Guerra al perjuro
traidor y masón,
que con su aliento impuro
hunde la nación.
Es su bandera
la historia de su gloria;
por ella dará
su vida el español
Fe verdadera
que en rojo de amor
aprisiona briosa
un rayo de sol.

Versión coa letra de José María Pemán

Esta letra foi confeccionada en 1928 por encarga de Miguel Primo de Rivera. Nunca chegou a ter carácter oficial.

¡Viva España!
alzad la frente
hijos del pueblo español
que vuelve a resurgir.
Gloria a la Patria
que supo seguir
sobre el azul del mar
el caminar del sol.
Triunfa España
los yunques y las ruedas
cantan al compás
del himno de la fe.
Juntos con ellos
cantemos de pie
la vida nueva y fuerte
del trabajo y paz.

Durante o franquismo, alterouse a letra de Pemán, cambiando «alzad la frente» por «alzad los brazos», e «los yunques y las ruedas» por «los yunques y las flechas».

Versión con letra de Juaristi, De Cuenca, Linares e Fonte

Os escritores e poetas Jon Juaristi, Luis Alberto de Cuenca, Abelardo Linares e Ramiro Fonte compuxeron unha letra para a Marcha Real despois de que o polo entón Presidente do Goberno, José María Aznar, lles manifestase o seu desexo de pór letra ao himno español. A elección destes autores foi debida non só á súa pertenza ao mundo literario, senón tamén a que entre eles existía, supostamente, suficiente pluralidade ideolóxica e xeográfica que os achegaba á realidade da sociedade española. A letra foi presentada ao Goberno, pero ante a tensión política vivida no momento e aos roces existentes coa oposición, o que dificultaba o consenso necesario para un tema tan delicado, fixeron que o proxecto quedara definitivamente aparcado.

Canta, España,
Y al viento de los pueblos lanza tu cantar:
Hora es de recordar
Que alas de lino
Te abrieron camino
De un confín al otro del inmenso mar.
Patria mía
Que guardas la alegría de la antigua edad:
Florezca en tu heredad,
Al sol de Europa
Alzada la copa,
El árbol sagrado de la Libertad.

Segundo explica o propio Juaristi, os autores decidiron que «o texto debía ser breve, fácil de memorizar e traducir, cun léxico sinxelo, sen acentos bélicos e con tres ideas básicas: a proxección universal de España, o seu destino europeo e a exaltación da Liberdade. (...)

Versión escollida polo Comité Olímpico Español

En xuño de 2007, o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, propuxo a composición dunha nova letra que puidese ser interpretada naquelas ocasións onde a vitoria de deportistas españois levase á representación do himno oficial durante a entrega de trofeos. Esta nova letra é unha máis das múltiples versións non oficiais que existen actualmente. Fixéronse chegar numerosas propostas de españois anónimos para que un xurado creado ao efecto escollese unha.

A letra escollida, obra de Paulino Cubero, filtrouse o día 11 de xaneiro de 2008 á prensa, días antes da súa presentación oficial, que debía de se producir o 21 de xaneiro. A devandita letra produciu certo rexeitamento e polémica entre boa parte da sociedade e clase política. Unha vez presentada, o COE previra recoller as sinaturas, polo menos medio millón, que lle permitisen presentar unha iniciativa lexislativa popular ante o Congreso para que fose este o que a aceptase definitivamente como a letra do himno oficial. O COE, porén, decidiu cancelar a presentación oficial e retirar a proposta pola controversia e o rexeitamento xerados, sen especificar se volverá presentar outra ou renunciará definitivamente.

¡Viva España!
Cantemos todos juntos
con distinta voz
y un solo corazón
¡Viva España!
desde los verdes valles
al inmenso mar,
un himno de hermandad
Ama a la patria
pues sabe abrazar,
bajo su cielo azul,
pueblos en libertad
Gloria a los hijos
que a la Historia dan
justicia y grandeza
democracia y paz

Versión de Joaquín Sabina

En 2007, co gallo do proxecto de letra para himno que encargara o Comité Olímpico Español, Joaquín Sabina publica na súa columna da revista Inteviú un artigo titulado "Anteproyectos para la letra del himno nacional (con perdón)"[2].

Fiel ao estilo do autor, a letra foxe de lugares comúns dos himnos: as glorias patrias, o ton belicoso, os tópicos sobre o país, e repousa sobre unha trepia formada por cidadanía, universalidade e liberdade.

A letra foi utilizada, con permiso do autor, polo partido político Ciutadans, na campaña das eleccións catalás de 2012[2][3].

Notas

  1. Diario ABC, 17/05/1927, n.º 7606, páx. 3
  2. 2,0 2,1 Ciutadans 'ficha' a Joaquín Sabina para su campaña 'Mejor unidos'
  3. Letra en Youtube
10 de outubro

O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.

Camp de les Corts

O Camp de les Corts (popularmente chamado Les Corts) foi o segundo estadio que tivo en propiedade o Futbol Club Barcelona na súa historia, tralo Camp del Carrer Indústria, e anterior ó Camp Nou. O equipo xogou os seus encontros como local neste estadio entre 1922 e 1957.

Cara al Sol

O Cara al Sol é actualmente o himno de Falange Española de las JONS e foi canto nacional durante o franquismo. Foi composto principalmente por José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá coa música do compositor vasco Juan Tellería, Amanecer en Cegama.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Filipe VI de España

Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o actual rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI.

Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Florida española

A Florida española (castelán: La Florida, inglés: Spanish Florida) refírese a un territorio español de Florida, que formou parte da Capitanía Xeneral de Cuba, do Vicerreinado de Nova España e do Imperio Español. Orixinalmente estendida sobre o que hoxe é o sueste dos Estados Unidos, pero sen fronteiras definidas, Florida formaba parte da colonización española de América e da expansión do Imperio Español. Expedicións de amplo alcance desenvolvéronse no hínterland durante o século XVI, pero España nunca obtivo un control completo sobre La Florida máis alá da área que hoxe ocupan os estados de Florida, sur de Xeorxia, sur de Alabama, sur de Mississippi e sueste de Luisiana, nas denominadas Parroquias de Florida. No que respecta ao Texas colonial, pertencía a unha Capitanía Xeneral diferente, polo que non cómpre incluílo aquí.

Fútbol Club Barcelona

O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán. Segundo a clasificación histórica da IFFHS, o FC Barcelona é o mellor equipo de fútbol do mundo dende 1991, ano no cal esta organización comezou a computación estatística de resultados. O lema do club é "El Barça és més que un club". Os seareiros do FC Barcelona son coñecidos co sobrenome de "culés".

Unha das principais características do FC Barcelona é o seu carácter polideportivo. Ademais da súa sección principal, a de fútbol, o club conta con outras catro seccións deportivas profesionais: as de baloncesto, balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala. Entre as cinco seccións profesionais, o FC Barcelona suma máis de 400 títulos oficiais, entre os que se inclúen 34 Copas de Europa, 86 Ligas e 88 Copas de España. Trátase do único club polideportivo do continente que foi campión de Europa en 5 deportes distintos. Ademais destas cinco seccións profesionais, o club conta con outras 8 seccións afeccionadas noutras disciplinas deportivas, como hóckey sobre herba, atletismo, patinaxe, hóckey sobre xeo, voleibol, rugby, fútbol praia e baloncesto en cadeira de rodas.

O equipo de fútbol foi un dos fundadores da Liga española de fútbol en 1928, e actualmente aínda segue a ser un dos tres equipos que non perderon nunca a máxima categoría. Con 25 Ligas, 30 Copas do Rei, 12 Supercopas de España, 5 Copas de Europa, 4 Recopas de Europa, 3 Copas de Feiras, 2 Copas Latinas, 5 Supercopas de Europa e 3 Copas Mundiais de Clubs, o FC Barcelona está considerado un dos equipos de fútbol máis laureados do mundo. Dende agosto de 2011 é o club europeo con máis títulos continentais (15), adiantando ó Real Madrid e ó AC Milán (14). O FC Barcelona é ademais o único equipo de Europa que disputou sempre, dende 1955, algunha das competicións europeas. Tamén é o único equipo da historia que gañou os seis títulos oficiais máis importantes nun mesmo ano (2009): Liga, Copa, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs. O 6 de febreiro de 2012 o club recibiu o Premio Laureus World Sports como equipo mundial do ano.

Goberno provisional de España de 1868-1871

O Goberno provisional de 1868-1871 foi o executivo transitorio que se formou en España tras o triunfo da Revolución de 1868 —a Gloriosa—, que puxo fin ao reinado de Isabel II e que constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático (1868-1874). Dividiuse en dúas etapas:

a primeira, caracterizada pola elaboración da nova Constitución de 1869 baixo un goberno provisional integrado polas forzas políticas asinantes do Pacto de Ostende que lideraron a Gloriosa —o Partido Progresista encabezado polo xeneral Prim e a Unión Liberal liderado polo xeneral Francisco Serrano, e do que finalmente quedou fora o terceiro partido asinante do pacto, o Partido Demócrata, que se transformaría no Partido Republicano Federal—;

e a segunda, que comezou coa aprobación da nova Constitución en xuño de 1869 e o nomeamento como rexente do ata entón presidente do Goberno Provisional, o xeneral Serrano, asumindo o xeneral Prim a presidencia do Goberno, e que rematou o 2 de xaneiro de 1871 co xuramento ante as Cortes Constituíntes do novo rei elixido por elas, Amadeo I de España.

Il Canto degli Italiani

Il Canto degli Italiani (O canto dos italianos en italiano) é o himno nacional de Italia, cuxa letra foi escrita por Goffredo Mameli, e cuxa música foi composta por Michele Novaro. O Himno é coñecido popularmente coma Fratelli d'Italia (Irmáns de Italia) o seu primeiro verso, ou Inno di Mameli.

Imperio Italiano

O colonialismo italiano iniciouse en 1882 coa posesión do porto de Assab, na futura Colonia eritrea e alcanzou a súa máxima expansión na época fascista, nos primeiros meses de 1940, cando as posesións coloniais italianas incluían catro territorios de África (Libia, Somalia, Etiopía e Eritrea), as illas do Dodecaneso (grupo de illas gregas no extremo leste do mar Exeo, xunto á costa suroeste de Turquía), Albania e a pequena concesión chinesa na cidade de Tianjin.

Tras a conquista italiana de Etiopía, o 9 de maio de 1936, cuñouse a expresión Imperio colonial italiano ou, simplemente Imperio Italiano, cando se declarou a soberanía plena do Reino de Italia sobre o imperio de Eiopía e a asunción por parte do rei de Italia Vítor Manuel III do título de emperador de Etiopía.Este imperio colonial caeu como consecuencia dos fracasos de Italia durante a segunda guerra mundial.

Na posguerra, soamente a Somalia italiana permaneceu baixo administración fiduciaria de Italia até o ano de 1960, cando se declarou a independencia deste país e a súa unión coa Somalia británica.

Institucións españolas do Antigo Réxime

As institucións españolas do Antigo Réxime foron a superestrutura que, con algunhas innovacións, pero sobre todo mediante a adaptación e transformación das institucións e prácticas políticas, sociais e económicas preexistentes nos distintos reinos cristiáns da Península Ibérica na Baixa Idade Media, presidiu o período histórico que coincide a grandes liñas coa Idade Moderna: desde os Reis Católicos ata a Revolución liberal (do último terzo do século XV ao primeiro do século XIX) e que se caracterizou polos trazos propios do Antigo Réxime na Europa occidental: unha monarquía forte (autoritaria ou absoluta), unha sociedade estamental e unha economía en transición do feudalismo ao capitalismo.

Son características do Antigo Réxime a dispersión, a multiplicidade e ata a colisión institucional, o que fai moi complexo o estudo da historia das institucións. A mesma existencia da unidade institucional de España é un asunto problemático. Neste período histórico da monarquía hispánica houbo institucións unitarias: destacadas e transcendentais na percepción exterior: a persoa do rei e o seu poder militar, e cara ao interior: a inquisición. Outras foron comúns, como as propias da sociedade estamental: nobreza, clero e corporacións de moi distinto tipo que se organizaban dun xeito non moi diferente en cada reino. Un mosteiro cisterciense catalán (Poblet) era intercambiable por outro castelán (Santa María de Huerta); un gandeiro mesteño, por outro da Casa de Zaragoza; a aristocracia fusionouse nunha rede de alianzas familiares. Pero outras foron marcadamente diferenciadas: as Cortes ou a Facenda nos reinos da Coroa de Aragón non tiveron nada que ver coas de Castela e León. Ata coa imposición do absolutismo borbónico, que reduciu esas diferenzas, as provincias vascas e Navarra mantiveron os seus foros. O Estado e a nación vanse forxando, en gran medida como consecuencia de como as institucións responderon á dinámica económica e social, pero non acabarán de presentarse no seu aspecto contemporáneo ata que non terminou o Antigo Réxime.

José María Pemán

José María Pemán Pemartín, nado en Cádiz o 8 de maio de 1897 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1981. Foi un escritor español que se significou polo seu conservadorismo católico e polo seu apoio á ditadura de Miguel Primo de Rivera, ao Golpe de Estado militar de 1936 contra a Segunda República Española, ao réxime ditatorial subseguinte, e finalmente á opción monárquica de Juan de Borbón, pai de Xoán Carlos I.

Lista de composicións de Manuel Quiroga

A seguinte lista presenta todas as composicións do violinista e compositor galego Manuel Quiroga Losada. As composicións están divididas en catro grupos distintos: composicións orixinais, estudios e caprichos, transcricións de obras doutros compositores, e cadencias de concertos doutros compositores. A orde que emprega está lista é cronolóxica no caso de que se coñeza o ano de composición da obra, dentro das obras do mesmo ano o criterio empregado é a data de estrea, e no caso de que esta non se coñeza sería a data de publicación; no caso de non coñecerse a data de composición, se emprega a data de estrea, e no caso de que non se coñezan as datas de composición e estrea tómase a data de publicación. Os títulos das composicións son os orixinais e na descrición indícanse as características da obra, datos sobre o lugar, e os intérpretes da estrea, no caso de seren coñecidos.

María Cristina de Habsburgo-Lorena

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

Pepito Arriola

José Rodríguez Carballeira, nado en Betanzos o 14 de decembro de 1895 e finado en Barcelona o 24 de outubro de 1954, foi un músico galego, destacando fundamentalmente como pianista, pero tamén como compositor e violinista.

Reinado de Isabel II de España

O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, Isabel II. O conflito co seu cuñado, Carlos María Isidro de Borbón, que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da Lei Sálica —xa derogada por Carlos IV e o propio Fernando VII— levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.

Tras a breve rexencia de Espartero que sucedeu á rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel II foi proclamada maior de idade con so trece anos por resolución das Cortes Xerais en 1843. Así comezou o reinado efectivo de Isabel II que soe dividirse en catro períodos: a década moderada (1844-1854); o Bienio Progresista (1854-1856); a etapa dos gobernos da Unión Liberal (1856-1863) e a crise final (1863-1868).

O reinado de Isabel II caracterizouse por un intento modernizador de España que se viu contido, porén, polas tensións internas dos liberais, a presión que seguiron exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmente influídos polo estamento militar e o fracaso final ante as dificultades económicas e a decadencia da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático. Tamén influíu moito no seu reinado a súa propia personalidade, sen dotes para o goberno e controlada en todo momento polas Cortes, especialmente pola súa propia nai, e tamén polos xenerais Narváez, Espartero e O'Donnell, o que impedíu que se consolidase o tránsito do Antigo Réxime ao Estado Liberal, polo que España chegou ao último terzo do século XIX en condicións desfavorables respecto a outras potencias europeas.

Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Xoán Carlos I de España

Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico.

Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado. A Carta Magna confire á súa dignidade o rango de símbolo da unidade nacional. Anteriormente ao seu proclamación, desempeñara funcións interinas na xefatura do Estado durante a enfermidade de Franco.

Ao longo do seu reinado, o rei gozou dun elevado apoio popular tanto en España como en Iberoamérica. Con todo, en 2012 esta tendencia cambiou de forma drástica e o apoio reduciuse ata o punto de que, en abril de 2013, un 53% da poboación desaprobaba a forma en que desempeñaba as súas funcións, aínda que mantendo unha valoración positiva superior con respecto ás diferentes partes do organigrama político español.

O papel do rei durante a Transición española e a súa intervención para frear o intento de Golpe de Estado de 1981, o seu apoio á unidade europea e a súa contribución á hora de estreitar relacións diplomáticas, foron obxecto de diversas homenaxes, recoñecementos, premios e galardóns internacionais como o Premio Carlomagno (1982), o Premio Félix Houphouët-Boigny para a Procura da Paz da Unesco (1995), a «Medalla da Democracia» da Universidade Yeshiva (1997), o Premio «Estadista Mundial» da Fundación Appeal of Conscience (1997) ou o Premio Estatal da Federación Rusa (2011), entre outros. Sobre o seu papel durante os primeiros anos do seu reinado, a revista Estafe publicaría que o rei Xoán Carlos xurdiu «como un dos heroes máis improbables e inspiradores da liberdade do século XX, desafiando un intento de vez militar que buscaba subverter á nova democracia posfranquista de España».O 2 de xuño de 2014, anunciou a súa abdicación á coroa de España. Sucedeuno o seu fillo Filipe VI tras a aprobación por parte das Cortes Xerais da Lei de Abdicación, que se fixo efectiva o 19 de xuño de 2014.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.