Marcelino Oreja Aguirre

Marcelino Oreja Aguirre, nado en Madrid o 13 de febreiro de 1935, é un xurista, político e diplomático español. I marqués de Oreja. É tío do tamén político Jaime Mayor Oreja.

Marcelino Oreja Aguirre
I marqués de Oreja
Marcelino Oreja Aguirre

Marcelino Oreja en 2014

Escudo de España (1977-1981).svg
Ministro de Asuntos Exteriores
7 de xullo de 1976 – 8 de setembro de 1980
Presidente Adolfo Suárez
Precedido por José María de Areilza
Sucedido por José Pedro Pérez-Llorca

25 de xullo de 1989 – 28 de xuño de 1993

1 de marzo de 1979 – 6 de novembro de 1980

Datos persoais
Nacemento 12 de febreiro de 1935 (84 anos)
Madrid, Segunda República Española España
Partido UCD
PP (desde 1989)
Pais España España
Profesión Xurista, político e diplomático
Alma máter Universidade de Madrid

Traxectoria

Marcelino Oreja Aguirre pertence a unha familia de destacados empresarios e políticos tradicionalistas vascos. É fillo de Marcelino Oreja Elósegui, deputado tradicionalista e director da empresa Unión Cerrajera de Mondragón, que morreu asasinado durante a Revolución de outubro de 1934 por militantes uxetistas.[1] O seu tío Ricardo Oreja Elósegui foi tamén deputado polas filas tradicionalistas e ocupou un posto como procurador nas Cortes franquistas. Outro tío seu, Benigno, foi un prestixioso médico urólogo e ocupou tamén un posto como procurador nas Cortes.

Doutorado en Dereito pola Universidade de Madrid, formouse na carreira diplomática sendo destinado aos vinte e cinco anos ao gabinete do Ministro de Asuntos Exteriores durante a ditadura franquista. Membro do Grupo Tácito, vinculouse a movementos próximos á democracia cristiá e á dereita democrática representada pola Unión de Centro Democrático, foi nomeado Senador Real na Lexislatura Constituínte e ministro de Asuntos Exteriores durante a transición en 1976 no primeiro goberno de Adolfo Suárez, cargo que mantivo até 1980.

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado ao Congreso pola provincia de Guipúscoa como cabeza de lista da candidatura da UCD. O 25 de novembro de 1980, foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por Guipúscoa, o seu sobriño Jaime Mayor Oreja. Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido nas eleccións de 1982, nas que obtivera a acta de deputado de novo, por Áraba na lista conxunta que presentaron no País Vasco Alianza Popular, o Partido Demócrata Popular, o Partido Demócrata Liberal e Unión de Centro Democrático. Foi Secretario Xeral do Consello de Europa en 1984. En 1989 foi elixido parlamentario europeo nas listas do Partido Popular e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo de Constitución para a Unión Europea en 1993.

Posteriormente presentouse de novo ás eleccións en España en 1993 pola provincia de Álava nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designado Comisario Europeo de Transportes e Enerxía en 1994 e participou na elaboración do Tratado de Maastricht. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co Presidente Jacques Santer) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e da Academia Europea de Ciencias e Artes. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo.[2]

O 9 de abril de 2010 foi nomeado marqués de Oreja[3] polo Rei Xoán Carlos I en recoñecemento á súa traxectoria.[4]

Está casado con Silvia Arburúa, filla do ex ministro franquista Manuel Arburúa de la Miyar.

Notas

  1. El último revolucionario, Diario Vasco, 30 de abril de 2006.
  2. "Instituto Universitario de Estudios Europeos". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 20 de abril de 2016.
  3. Prutkov, Kozma, Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe, Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) (fr)
  4. BOE Núm. 86 Viernes 9 de abril de 2010 Sec.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Marquesado de Oreja

Ligazóns externas

13 de febreiro

O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.

Jaime Mayor Oreja

Jaime Mayor Oreja, nado en Donostia (Guipúscoa) o 12 de xullo de 1951, é un político vasco militante do Partido Popular. Está Casado, con catro fillos. En 2011 era eurodiputado (dende 2004), entre outros cargos. É sobriño do ex-ministro Marcelino Oreja Aguirre.

José María de Areilza

José María de Areilza y Martínez de Rodas, Conde de Motrico, nado en Portugalete o 3 de agosto de 1909 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1998, foi un político e diplomático español.

Marcelino Oreja Elósegui

Marcelino Oreja Elósegui, nado en Ibarranguelu en 1891, e finado en Mondragón o 5 de outubro de 1934, foi un político tradicionalista e empresario español, pai de Marcelino Orella Aguirre e avó de Jaime Mayor Oreja.

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.

Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.

Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.

Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.

Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.

Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da AAgencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECI) e do Instituto Cervantes.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España é, en xaneiro de 2012, José Manuel García-Margallo.

Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

O Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia é un galardón anual outorgado conxuntamente polo Grupo Compostela de Universidades e o Goberno galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.