Maraña

Maraña é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 160 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 43°2′56″N 5°10′37″O / 43.04889, -5.17694

Maraña
Flag of Maraña Spain
Escudo de Maraña
014-027-Ayuntamiento Maraña
Vista de Maraña.
Localización
Maraña - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1.238 msnm
Superficie33,57 km²
Demografía
Poboación160 hab. (2011)
Densidade4,77 hab./km²
XentilicioMarañones
Outros datos
Código postal24996
AlcaldeRosa Nieves Rodríguez Maraña (PP)
www.aytomarana.es

Localidades

  • Maraña

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Almuíña, Arbo, Arbo

A Almuíña é un lugar da parroquia de Arbo no concello pontevedrés de Arbo na comarca da Paradanta. Segundo datos do INE en 2009 tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres), o mesmo número de habitantes que no 2000.

A Chan, Arbo, Arbo

A Chan é un lugar da parroquia de Arbo no concello pontevedrés de Arbo na comarca da Paradanta. Tiña 75 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 34 eran homes e 41 eran mulleres.

Arbo, Arbo

Santa María de Arbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.585 habitantes (789 homes e 796 mulleres) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 1.557 habitantes.

Carbonífero

O período Carbonífero debe o seu nome o carbón que se iniciou hai uns 300 millóns de anos. Cando as árbores mortas e outros vexetais caían en pantanos quedaban cubertos de lodo. Co tempo os restos vexetais secáronse e formaron o que chamamos turba. Enterrada baixo capas de terra e rocha a gran profundidade, a turba quedou comprimida e quentouse ata que ó final converteuse en carbón.

Carlos Maside

Carlos Maside García, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, foi un pintor galego.

Centro Georges Pompidou

O Centro Pompidou é o nome máis empregado comunmente para designar ao Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou de París (Francia) deseñado polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers. Foi inaugurado o 31 de xaneiro de 1977. Trátase, ademais, dun edificio que posúe unha biblioteca cun aforamento de 2.000 persoas, aberta ao público. Foi rematado en 1977.

O centro foi construído durante o mandato do presidente francés Georges Pompidou, o cal faleceu antes de que se rematase o edificio. Foi o seu sucesor, Valéry Giscard d'Estaing, quen o inaugurou en 1977. Rehabilitado entre 1997 e decembro de 1999, volveu abrir as súas portas ao público o 1 de xaneiro do 2000. É un dos monumentos máis visitados de Francia, con preto de seis millóns de visitantes ao ano.

Fernando Fernán Gómez

Fernando Fernán Gómez, nado en Lima (Perú), o 28 de agosto de 1921 e finado en Madrid o 21 de novembro de 2007, foi un escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español. Foi membro da Real Academia Española, da que ocupou a cadeira B.

Herbert Marcuse

Hebert Marcuse, nado en Berlín o 19 de xullo de 1898 e finado en Strarnberg (Baviera) o 29 de xullo de 1979, foi un filósofo e sociólogo marxista estadounidense de orixe alemá. Foi membro da Escola de Frankfurt con Theodor Adorno e Max Horkheimer.

Liana

Unha liana é unha planta rubideira de talo moi longo e leñosa que está enraizada no solo a nivel do chan e utiliza as árbores ou outros medios de soporte vertical, para rubir ata o dosel do bosque e aceder á luz. As lianas son características dos bosques tropicais húmidos de frondosas (especialmente o bosque estacional tropical), pero poden encontrarse tamén en bosques chuviosos temperados. Hai tamén lianas de climas temperados, por exemplo os membros do xénero Clematis ou Vitis (vides silvestres). As lianas poden formar pontes entre o dosel do bosque, facilitando a locomoción arbórea dos animais como se fosen camiños polo alto das árbores. Estas pontes poden protexer as árbores febles dos ventos fortes, xa que son sostidas por outras árbores máis rexas. Outras lianas poden impedir o crecemento das árbores, que acaban morrendo. As lianas compiten coas árbores do bosque pola luz do sol, a auga e os nutrientes do solo.O termo "liana" non é un agrupamento taxonómico,senón que describe un tipo de crecemento que presentan algunhas especies, similar a dicir para outras especies "árbore" ou "arbusto". Poden encontrarse lianas en moitas familias de plantas. Unha maneira de distinguir as lianas das árbores e dos arbustos está baseada na rixidez, concretamente no módulo de Young de varias partes do tronco. As árbores e arbustos teñen ramiñas novas e ramas pequenas que son bastante flexibles e ramas vellas e troncos que son duras. Unha liana adoita ter crecementos novos ríxidos e os máis vellos con crecemento máis flexible na base do talo.

Lugares de Arbo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Arbo

Micelio

O micelio é o conxunto de filamentos (hifas) moi ramificados, de estrutura e composición variábel, que constitúe o aparello ou corpo vexetativo dos fungos. Dependendo do seu crecemento clasifícanse en reprodutores (aéreos) ou vexetativos. Os micelios reprodutores medran cara a superficie externa do medio e son os encarregados de formar os orgánulos reprodutores (endosporios) para a formación de novos micelios. Os micelios vexetativos encarréganse da absorción de nutrientes, medran cara abaixo, para cumprir a súa función.

Os corpos vexetativos da maioría dos fungos (e, polo tanto, o dos liques) están constituídos por filamentos unicelulares denominados hifas. As hifas medran tan só apicalmente no ápice. As hifas poden medrar con moita rapidez, até máis de 1 mm por hora. Por este motivo e polas frecuentes ramificacións xorde no substrato unha maraña ou embrollo de hifas cunha enorme superficie: o micelio.

Como as hifas non están cutinizadas, o micelio é moi sensíbel ao desecamento, mais, por outra banda, están moi capacitadas para absorber osmotroficamente as substancias disoltas. Este feito aprovéitano moitas plantas superiores formando simbiose cos fungos.

As hifas dos fungos inferiores non son septadas (non presentan divisións), organización sifonal.

As hifas dos fungos superiores presentan septos, divididas en cámaras e células; porén con furados, polo que tamén nestes fungos o plasma forma un continuo.

Moda

A moda é un termo aplicado a maioría das veces a unha corrente de expresión predominante, aínda que tamén se usa como modo de expresión que pode -ou non- ser seguido polos demais. Ligada ao termo vai a idea de que a moda cambia máis axiña cá cultura na súa totalidade.

A moda pódese definir como o uso pasaxeiro que regula o xeito de vestirse, de construír, de vivir etc., segundo o gusto do momento ou como o uso social que condiciona a indumentaria segundo unhas normas preestablecidas que varían de acordo coa época e a civilización. Indica no seu significado máis amplo unha elección ou, máis ben, un mecanismo regulador de eleccións, realizadas en función duns criterios de gustos, diferentes en cada cultura. Aínda que os aspectos da moda poden ser feminina ou masculino, algunhas tendencias son androxinias.A moda, ou as modas, e máis concretamente a moda nos vestidos, designa o xeito de vestirse, conforme ao gusto dunha época nunha zona determinada. É un fenómeno que implica ao colectivo a través da sociedade, a visión que ela reenvía, os códigos que impón e o gusto individual. O concepto de moda pasa a necesidade de vestir. O fenómeno da moda foi durante moito tempo un privilexio da aristocracia, da corte, e dos ricos que querían imitar as formas; posteriormente popularizouse e converteuse nun fenómeno de masas.

A moda, polo tanto, no que afecta ao corpo concirne non só á indumentaria senón tamén aos complementos, á maquillaxe, ao perfume e ata ás modificacións do corpo. A moda está vinculada a varios factores, entre eles a produción en serie, a aparición de poboacións máis numerosas, as cidades e a capacidade de difusión da prensa. A moda desenvólvese en asociación cun conxunto de fenómenos creativos, dos medios, industriais e comerciais, polo cal é un elemento dunha certa complexidade característica da nosa sociedade. Pode ser vista como un reflexo social e cultural. De feito, co desenvolvemento das comunicacións e o transporte, case todas as creacións no ámbito de pezas de vestir están dispoñibles para a maioría da xente, sexa cal for o grupo social.

A difusión da moda vai ser lenta ata fins do século XVII, en diante foron as primeiras publicacións periódicas as que lle deron publicidade. Antes, o comercio, as cartas, os matrimonios, as viaxes e ata a espionaxe eran os sistemas principais de difusión da moda. A ruta da seda tivo un gran papel pero baixo o segredo da elaboración destes tipos de tecidos . No século XVI comezáronse a popularizar as bonecas de dimensións pequenas ataviadas segundo a moda do momento con todos os seus detalles, tal e como menciona unha carta do rei Francisco I de Francia dirixida a Isabella d'Este, duquesa de Mantua. En 1672 fundouse en Francia o xornal literario e de moda Le Mercure Galant, seguido doutras publicacións similares noutros países europeos.

A moda pode ser observada desde un punto de vista estritamente artístico ou artesanal, pero tamén pode ser analizada como un instrumento do desenvolvemento económico.

Oso pardo

O oso pardo (Ursus arctos) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros (aínda que o seu réxime alimenticio é omnívoro) da familia dos úrsidos propio de Eurasia e Norteamérica.

Prosper Mérimée

Prosper Mérimée, nado en París o 28 de setembro de 1803 e falecido e Cannes o 23 de setembro de 1870, foi un dramaturgo, escritor de relatos, arqueólogo e historiador francés. A súa obra máis coñecida é a novela curta Carmen, que foi a base para a ópera do mesmo título de Bizet.

Público

Público é un xornal español editado en castelán (e catalán en Cataluña) e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito español.

Rede informática

Unha rede informática é unha interconexión de dispositivos, coa intención de poder intercambiar información. A máis coñecida e global é Internet, unha rede a nivel mundial (WAN), na que se comunican ordenadores, servidores etc. Por extensión, tamén se chama rede informática ou net (rede) ao conxunto de equipos interconectados.

As redes poden ter diferentes topoloxías; en anel, bus, estrela... Pero todas elas teñen en común a existencia dunha serie de ordenadores (ou outros dispositivos) conectados, cunha (ou máis, dependendo do número de tarxetas de rede) IP.

Watergate

O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington, D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon.

En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio de Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.

Xibraltar

Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Británico de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o Océano Atlántico.

Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.