Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km²,[1] situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.[2]

Mar de Filipinas
Cloudscape Over the Philippine Sea
Localización administrativa
EstadoFlag of Japan.svg Xapón
Flag of the Northern Mariana Islands.svg Illas Marianas do Norte
Palau Palau
Flag of the Philippines.svg Filipinas
Flag of the Republic of China.svg Taiwán
Estados Federados de Micronesia Micronesia
Flag of Indonesia.svg Indonesia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Illa/sArquipélago xaponés, illas Ryukyu, Taiwan, arquipélago filipino, Palau, illas Marianas
Xeografía
Mares contiguosMar Interior, mar da China Oriental, mar da China Meridional, mar de Sulu, mar de Célebes e mar de Molucas
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Leyte
OutrosFosa de Filipinas
Características
Superficiekm²
Mapa
Locatie Filipijnenzee

Localización do mar de Filipinas.
Philippine Sea location

Mapa do mar de Filipinas.

Notas

  1. Philippine Sea, encarta.msn.com (archived from the original Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine. on 2009-08-20).
  2. "Philippine Sea". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 12 de agosto de 2008.
Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Golfo de Aqaba

O golfo de Aqaba (en árabe: Bahr el-Akabah), tamén chamado de golfo de Eilat, consiste da baía nordeste do mar Vermello e separa a Arabia da Península do Sinaí.

Os países bañados polo golfo de Aqaba son o Exipto, Israel, Xordania (a cidade de Aqaba fica na Xordania) e mais a Arabia Saudita.

A baía ten unha extensión duns 175 km, no seu lugar máis amplo mede 29 km. A maior profundidade acada os 1.827 m.

A baía está considerada como un excelente lugar para o mergullo.

Kyūshū

Kyūshū (九州, きゅうしゅう) é a terceira maior illa do arquipélago xaponés. As principais cidades son Fukuoka, Kitakyūshū, Kumamoto e Kagoshima.

Luzón

Luzón é o nome da maior e máis importante, tanto política como economicamente, illa das Filipinas e un dos tres grandes grupos de illas do país, sendo os outros dous Visayas e Mindanao. Como grupo de illas inclúe a propia illa de Luzón, Batanes e Babuyan ao norte, as illas de Catanduanes, Marinduque, Masbate, Romblon e Mindoro no sur. As illas de Palawan, que historicamente pertencían á rexión administrativa de Luzón, transferiuse á Rexión VI Visayas Occidental), na illa de Visayas, en 2005.

Luzón ten unha área de 104.688 km², o que a converte na décimo sétima maior illa do mundo. Nela atópanse tanto a capital do país, Manila, como a cidade máis poboada, Quezón. Trátase dunha illa montañosa. Ao oeste atópase o Mar da China meridional, ao leste o Mar de Filipinas e ao norte o Estreito de Luzón.

Nos mapas antigos recibía o nome de Luçonia ou Luçon e os seus habitantes eran chamados Luçoes. Historicamente, Luzón era coñecida tamén como Nova Castela.

Mar Interior de Seto

O mar Interior de Seto (瀬戸内海, Seto Naikai)', mar de Seto ou Setouchi separa as illas de Honshu, Shikoku e Kyūshū, tres das catro illas principais no sur do Xapón. Este mar está conectado co mar do Xapón, ao oeste, e co mar de Filipinas (océano Pacífico), ao leste.

A rexión que inclúe o Mar Interior de Seto e as zonas costeiras de Honshū, Shikoku e Kyūshū é coñecida como a Rexión de Setouchi. Serve como unha vías navegables, conectando o Océano Pacífico ao Mar de Xapón. Conecta a Baía Osaca e ofrece unha conexión de transporte marítimo a centros industriais na rexión de Kansai, incluíndo Osaca e Kōbe. Antes da construción da Liña Principal San'yō, era a principal conexión de transporte entre Kansai e Kyūshū.

As prefecturas de Yamaguchi, Hiroshima, Okayama, Hyōgo, Osaca, Wakayama, Prefectura de Kagawa, Prefectura de Ehime, Prefectura de Tokushima, Prefectura de Fukuoka e Ōita teñen todas litoral no mar interior de Seto; As cidades de Hiroshima, Iwakuni, Takamatsu, e Matsuyama tamén localízanse nel.

A rexión de Setouchi é coñecida polo seu clima moderado, cunha temperatura estable durante todo o ano e os niveis de choiva relativamente baixos. O mar tamén é famoso pola súa periódica marea vermella (赤潮, akashio) causada por densas agrupacións de certos fitoplancton que dan como resultado a morte dun gran número de peixes.

Desde a década de 1980, as costas norte e sur do mar foron conectadas polas tres rutas do Proxecto da Ponte de Honshū-Shikoku, incluíndo a Ponte Grande de Seto, que serve tanto o tráfico ferroviario como automobilístico.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Mar das Molucas

O mar das Molucas (en indonesio, Laut Maluku) é un mar que se atopa no océano Pacífico occidental, e cuxas augas pertencen a Indonesia, especificamente bordeado polas illas indonesias de Célebes ao oeste, Halmahera ao leste e as illas Sula ao sur. A rexión é rica en corais e goza de moitos sitios para a practica do mergullo deportivo.

Mar de Bohol

O Mar de Bohol, tamén chamado o Mar de Mindanao, está situado entre as illas Visayas e Mindanao nas Filipinas. Atópase ao sur de Bohol e Leyte e ao norte de Mindanao. Siquijor e Camiguin son ​​as súas dúas principais illas.As principais cidades ao longo da costa do mar son Cagayan de Oro, Iligan, Butuan, Dumaguete, Ozamiz e Tagbilaran.

O mar se conecta ao mar de Filipinas a través do Estreito de Surigao cara ao Mar de Camotes a través da canle de Canigao e do Estreito de Cebu e ao mar de Sulu a través do estreito entre a Illa Negros e a Península de Zamboanga.

Mar de Camotes

O Mar de Camotes é un pequeno mar dentro do arquipélago das Filipinas, situado entre as Visayas orientais e a rexión das Visayas centrais. Está rodeada polas illas de Leyte ao norte e leste, Bohol ao sur e Cebu ao oeste. O mar está conectado ao Mar de Visayas ao noroeste e ao Mar de Bohol (tamén chamado o Mar de Mindanao) e a canle Canigao que se atopa no lado sueste do Mar de Camotes. Contén as Illas Camotes, Illa Lapinig, Illa Olango, Illa Mactan, e outros pequenos illotes.

O mar de Camotes tamén contén o Banco Danajon, que é unha dobre barreira de coral en Filipinas, é unha formación xeolóxica moi rara e só hai 6 arrecifes de dobre barreira no mundo. Comprende dous conxuntos de grandes arrecifes de coral que se formaron nun costado submarino debido a unha combinación de correntes de marea favorables e crecemento de coral na zona.

As principais cidades da rexión son Ormoc & Baybay na provincia de Leyte, Talibon & Ubay, na provincia de Bohol, e Cebu City, na provincia de Cebú.

Mar de Célebes

O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao nas Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa unha área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Savu

O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Mar de Visayas

O Mar de Visayas é un mar interior das Filipinas, un pequeno mar que xeralmente se considera parte do mar de Filipinas (á súa vez parte do Océano Pacífico), situado no interior do arquipélago das illas Visayas, Visayas orientais e Visayas occidentais situadas ao leste e oeste, mentres que o Visayas centrais están situadas ao sur. Está limitada polas illas Masbate ao norte, Leyte ao leste, Cebú e Negros no sur e Panay ao oeste.

Océano Atlántico

O océano Atlántico é o océano que separa Europa e África, ao leste, de América, ao oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.