Mar de Bohai

o Mar de Bohai ou Mar de Bo, tamén coñecido domo Golfo de Bohai, Golfo de Bo ou Baía de Pohai ((en chinés) 渤海), é o golfo máis interior do Mar Amarelo e Baía de Corea na costa Nordés e Norte de China. Ten aproximadamente unha superficie de 78.000 km² e a súa proximidade a Beijing convértea nunha das rutas marítimas máis transitadas do mundo.

Mar de Bohai
渤海 (Bó Hăi)
Localización administrativa
EstadoFlag of the People's Republic of China.svg China
DivisiónProvincias de Hebei, Liaoning e Shandong e municipalidade de Tianjin
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosMar Amarelo
AfluentesRío Amarelo (5464 km), río Liao (1345 km), río Hai (1329 km) e río Luan (600 km)
Cidades ribeiregasWeihai, Yantai, Tanggu, Qinhuangdao, Jinzhou, Yingkou, Huludao e Dalian
Accidentes
Golfos e baíasBaías de Laizhou, Liaodong e Bohai
EstreitosEstreito de Bohai
OutrosPenínsula de Liaodong e península de Shandong
Características
Superficie78.000 km²
Mapa
Bohaiseamap2
Locatie Bohaizee

Localización do mar de Bohai

Historia

Ata o inicio do século XX, Bo Hai foi chamado a miúdo "Golfo de Chihli" ((en chinés) 直隸海灣), Golfo de Pechihli ou Pechili ((en chinés)北直隸海灣 ). Zhili e Beizhili foron provincias históricas na área circundante a Pequín.

Xeografía

O mar de Bohai está limitado pola cadea das Illas Changshan entre a península de Liaodong e a Península de Shandong. Tornouse unha das rutas marítimas máis concorridas nos últimos tempos. Hai tres baías importantes no interior do Mar de Bohai: a Baía de Laizhou ao sur, a Baía de Liaodong ao norte e a Bhía de Bohai ao oeste. No extremo oriental do mar de Bohai, entre o extremo máis meridional da península de Liaodong e o extremo máis setentrional da península de Shandong, atópase o estreito de Bohai ((en chinés) 渤海海峡), historicamente tamén coñecido como "Canle Lau-ti-shan". Algúns dos ríos que desembocan no golfo inclúen os ríos Amarelo, Hai, Liao e Río Luan. Hai algunhas reservas de petróleo importantes nas inmediacións do golfo, incluíndo o Shengli Field. Os grupos insulares ou illas importantes no golfo inclúen as Illas Changshan (en chinés) 长山列岛), Illa Changxing ((en chinés) 长兴岛), e Illa Xizhong ((en chinés)西中岛 ). As divisións a nivel provincial da República Popular China que teñen costa no Mar de Bohai son, desde o sur, en sentido horario: Shandong, Hebei, Tianjin, Hebei de novo, e Liaoning.

Portos principais

Hai cinco portos principais ao longo da ribeira do Mar de Bohai, con un movemento de máis de 100 millóns de toneladas, aínda que o porto de Tangshan está subdividido en Jingtang e Caofedian:

Seaways Plan for the Bohai Sea
Plan marítimo chinés de MSA para o mar de Bohai. As rutas planificadas seguen de cerca as rutas marítimas actualmente en uso

Caofeidian e Jingtang normalmente son tratados como un só porto para fins estatísticos. Os portos de Dalian e Yantai tamén se consideran tradicionalmente parte do arco de Bohai, aínda que estritamente se atopan fóra dos límites do mar. O porto de Longkou alcanzou os 70 millóns de toneladas de carga en 2013, e espérase que alcance o fito de 100 millóns de toneladas no futuro próximo.[1]

Principais cidades ao longo da costa do Mar de Bohai

Rocky shore in Dalian
Costa rochosa en Dalian, Provincia de Liaoning
  • Tianjin
  • Dalian, Liaoning
  • Qinhuangdao, Hebei
  • Yantai, Shandong
  • Longkou, Shandong
  • Penglai, Shandong
  • Weihai, Shandong
  • Weifang, Shandong
  • Laizhou, Shandong

Recursos de hidrocarburos

A baía de Bohai contén importantes reservas de petróleo e gas, proporcionando gran parte da produción offshore de China. O campo principal da rexión chámase Shengli e foi explotado desde a década de 1960. Aínda produce preto de medio millón de barrís ao día, pero esta esgotándose.[2] A produción está dominada por empresas chinesas (China National Offshore Oil Corporation) que creouse principalmente para esta rexión) pero tamén están presentes compañías estranxeiras, como ConocoPhilips,[3] Roc Oil,[4] e outros.

O campo Gudao, situado na baía de Zhanhua, foi descuberto en 1968, baseado en enquisas gravitacionais, magnéticas e sísmicas entre 1963-1964.[5] O depósito inclúe as formacións xeolóxicas de Guantao (Mioceno) e Minghuazhen (Plioceno) dentro da cúpula anticlinal.[5] O campo de petróleo Suizhong 36-1 foi descuberto en 1987.[6]:459

Procuxéronse vertidos de petróleo con frecuencia nesta rexión: tres vertidos ocorreron nun período de tempo de dous meses en 2011.[7]

Notas

  1. http://www.chinanews.com/gn/2013/12-23/5652663.shtml
  2. China. Background. US Energy Information Administration
  3. China. Key facts. conocophillips.com
  4. Roc Oil begins Bohai Bay oil production Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Bairdmaritime. 14 de maio de 2009
  5. 5,0 5,1 Sizhong, C., and Ping, W., 1980, Geology of Gudao Oil Field and Surrounding Areas, in Giant Oil and Gas Fields of the Decade: 1968-1978, AAPG Memoir 30, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813063, Pp. 471-486
  6. Gustavson, J.B., and Gang, X.S., 1992, The Suizhong 36-1 Oil Field, Bohai Gulf, Offshore China, In Giant Oil and Gas Fields of the Decade, 1978-1988, AAPG Memoir 54, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813330
  7. China: Third Oil Spill in Bohai Sea in Less than Two Months. Offshore Energy Today (2011-07-12). Retrieved on 2011-08-03.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canle de Mozambique

A Canle de Mozambique é unha porción do océano Índico entre a illa de Madagascar e o sueste de África, isto é, Mozambique. Foi un punto de choque durante a Segunda Guerra Mundial. A canle ten un ancho de aproximadamente 460 quilómetros nos seus punto máis angosto entre Angoche (Mozambique) e Tambohorano (Madagascar).

A canle alcanza unha profundidade de 3,292 metros ao redor dos 230 quilómetros ao interior desde a liña litoral de Mozambique. Unha corrente cálida flúe ao longo da canle en dirección sur para logo internarse na Corrente Agulhas, fóra da costa occidental de Suráfrica.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Golfo de Aqaba

O golfo de Aqaba (en árabe: Bahr el-Akabah), tamén chamado de golfo de Eilat, consiste da baía nordeste do mar Vermello e separa a Arabia da Península do Sinaí.

Os países bañados polo golfo de Aqaba son o Exipto, Israel, Xordania (a cidade de Aqaba fica na Xordania) e mais a Arabia Saudita.

A baía ten unha extensión duns 175 km, no seu lugar máis amplo mede 29 km. A maior profundidade acada os 1.827 m.

A baía está considerada como un excelente lugar para o mergullo.

Golfo de Campeche

O golfo de Campeche (tamén chamado ás veces indebidamente Sonda de Campeche), é un amplo golfo interior que forma parte do golfo de México, situado dentro do mar territorial mexicano.

Golfo de Sidra

O Golfo de Sidra (árabe: خليج سرت, Khalij Surt), ou Gulf of Sirte (árabe: خليج السدرة, Khalij as-Sidra) polo porto de Sidra, é un corpo de auga no mar Mediterráneo na costa norte de Libia. Historicamente tamén coñeceuse como o Gran Sirte ou Greater Syrtis (Latín: Syrtis Major, Grego: Σύρτις μεγάλη, que contrasta con Syrtis Minor en Tunicia).

Mar Amarelo

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Amundsen

O mar de Amundsen é unha porción do océano Antártico atópase na Terra de Marie Byrd entre o cabo Dart (126° 9' O) da illa Siple e o cabo Flying Fish (102° 20' O) da illa Thurston, na Antártida.

Foi o explorador noruegués Nils Larsen na súa expedición de 1928-1929 quen ao explorar a área en febreiro de 1929 deulle nome na honra ao seu compatriota, o explorador Roald Amundsen, quen foi o primeiro en alcanzar o Polo sur.

Mar de Barents

O mar de Barents é unha parte do océano Ártico, situado ao norte de Noruega e de Rusia. Leva o nome do navegante holandés Willem Barents. É unha plataforma continental bastante profunda (230 m de media), rodeada polo mar de Noruega ao oeste, o arquipélago de Svalbard (Noruega) ao noroeste, e as illas de Terra de Francisco Xosé e Nova Cembla (Rusia) ao leste e nordeste.

Os portos de Múrmansk (Rusia) e Vardø (Noruega) atópanse na metade meridional do mar de Barents, e permanecen libres de xeos ao longo de todo o ano debido ás correntes do océano Atlántico norte. En setembro, practicamente todo o mar de Barents está libre de xeo.

Mar de Davis

O Mar de Davis (66°00′S 092°00′L) é unha área do Océano Antártico ao longo da costa da Antártida entre a Barreira de Xeo West e a Barreira de Xeo Shackleton, no sector reclamado por Australia (Territorio Antártico Australiano). Descuberta pola Expedición Antártica Australiana (1911-1914) desde o barco Aurora, foi bautizada en homenaxe a Douglas Mawson polo Capitán J.K. Davis, ao mando do Aurora e segundo ao mando da expedición.

O Mar de Davis baña a Costa do Rei Leopoldo e da Raíña Astrid, as costas da Terra de Guillerme II e da Terra da Raíña María. Neste mar atópase a Illa Drygalski e nas súas costas está a base rusa Mirny.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Savu

O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Mar de Visayas

O Mar de Visayas é un mar interior das Filipinas, un pequeno mar que xeralmente se considera parte do mar de Filipinas (á súa vez parte do Océano Pacífico), situado no interior do arquipélago das illas Visayas, Visayas orientais e Visayas occidentais situadas ao leste e oeste, mentres que o Visayas centrais están situadas ao sur. Está limitada polas illas Masbate ao norte, Leyte ao leste, Cebú e Negros no sur e Panay ao oeste.

Mar de Åland

O mar de Åland (finés: 'Ahvenanmeri'; sueco: 'Ålands hav') é un mar intracontinental do mar Báltico, concretamente do golfo de Botnia. Sitúase entre o arquipélago de Åland ao leste, e a costa occidental de Suecia ao oeste. Conecta o mar de Botnia o norte co mar Báltico o sur. A súa profundidade varía: de 200 a 300 metros no norte, algo menos no sur e de 70 a 80 metros entre ambos.

Moitos transbordadores desprazanse entre Finlandia e Suecia atravesando o mar de Åland.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.