Mar de Bellingshausen

O 'Mar de Bellingshausen é un área ao longo do lado oeste da Península Antártica entre 57°18'W e 102°20'W, ao oeste da Illa Alexandre I, ao leste de Cabo Flying Fish na illa Thurston, e ao sur da Illa Pedro I.[1] No sur atópanse, de oeste a leste, a costa Eights, costa Bryan e a costa inglesa (parte oeste) da Antártida Occidental. Ao oeste de Cabo Flying Fish únese ao Mar de Amundsen.

O Mar de Bellingshausen ten unha superficie de 487 000km² e alcanza unha profundidade máxima de 4,5 km.[2] Contén a chaira submarina planicie de Bellingshausen.

Leva o nome do Almirante Thaddeus Bellingshausen, que explorou na zona en 1821.

A finais da Época do Plioceno, fai uns 2´15 millóns de anos, o asteroide Eltanin (de aproximadamente 1 a 4 km de diámetro) impactou na ribeira do mar de Bellingshausen (no Océano Pacífico Sur). Este é o único impacto coñecido nunha conca de océano profundo no mundo.[3]

Mar de Bellingshausen
Localización administrativa
EstadoEmblem of the Antarctic Treaty.svg Tratado Antártico (agás alta mar)
(parcialmente reinvindicado por Arxentina, Chile e o Reino Unido)
Localización xeográfica
Océano / Marocéano Antártico
ContinenteAntártida
Illa/sIlla Alexandre I e illa Thurston
Xeografía
SubdivisiónsBaia de Eltanin, Entrada Ronne, Wilkins Sound
Illas interioresCharcot, Latady, Spaatz e Smyley
Accidentes
OutrosPenínsula Antártica
Características
Superficie1.000.000 km²
Mapa
MaresAntárticos

Mar de Bellingshausen como parte do océano Antártico
Antarctica.CIA

Localización do mar de Bellinghausen nas reinvidicacións antárticas.

Notas

  1. Australian Antarctic Data Centre, Antarctic Gazetteer: Bellingshausen Sea
  2. "Bellingshausen (sea)". Gazetteer «About countries» (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  3. Gersonde, Rainer; F. T. Kyte; T. Frederichs; U. Bleil; H.-W. Schenke; G. Kuhn (2005). "The late Pliocene impact of the Eltanin asteroid into the Southern Ocean – Documentation and environmental consequences" (PDF). Geophysical Research Abstracts 7. 1607-7962/gra/EGU05-A-02449. Consultado o 2008-06-22.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canle de Mozambique

A Canle de Mozambique é unha porción do océano Índico entre a illa de Madagascar e o sueste de África, isto é, Mozambique. Foi un punto de choque durante a Segunda Guerra Mundial. A canle ten un ancho de aproximadamente 460 quilómetros nos seus punto máis angosto entre Angoche (Mozambique) e Tambohorano (Madagascar).

A canle alcanza unha profundidade de 3,292 metros ao redor dos 230 quilómetros ao interior desde a liña litoral de Mozambique. Unha corrente cálida flúe ao longo da canle en dirección sur para logo internarse na Corrente Agulhas, fóra da costa occidental de Suráfrica.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Golfo de Aqaba

O golfo de Aqaba (en árabe: Bahr el-Akabah), tamén chamado de golfo de Eilat, consiste da baía nordeste do mar Vermello e separa a Arabia da Península do Sinaí.

Os países bañados polo golfo de Aqaba son o Exipto, Israel, Xordania (a cidade de Aqaba fica na Xordania) e mais a Arabia Saudita.

A baía ten unha extensión duns 175 km, no seu lugar máis amplo mede 29 km. A maior profundidade acada os 1.827 m.

A baía está considerada como un excelente lugar para o mergullo.

Golfo de Sidra

O Golfo de Sidra (árabe: خليج سرت, Khalij Surt), ou Gulf of Sirte (árabe: خليج السدرة, Khalij as-Sidra) polo porto de Sidra, é un corpo de auga no mar Mediterráneo na costa norte de Libia. Historicamente tamén coñeceuse como o Gran Sirte ou Greater Syrtis (Latín: Syrtis Major, Grego: Σύρτις μεγάλη, que contrasta con Syrtis Minor en Tunicia).

Illa Alexandre I

A Illa Alexandre I é a maior illa da Antártida, situada ao sueste do Mar de Bellingshausen e ao suroeste

da Península Antártica, da cal está separada pola canle -maioritariamente cuberta por xeo permanente- Xurxo VI. Ten unha área de 49.070 km². Con 435 km de lonxitude por 200 km de ancho é a máis extensa das Antillas do Sur.

A zona é extremadamente abrupta, ao longo da canle Xurxo VI esténdese a Cordilleira Douglas, que alcanza os 2.987 m. A illa ten 390 km de longo en dirección norte sur 80 km. de largo no norte e 240 km de largo no sur. A illa de Alexandre I é a segunda illa deshabitada máis grande no mundo, logo da illa Devon.

O extremo norte da illa é o Cabo Arauco, en latitude 68º46' e lonxitude 70º32'30".

A maior parte do litoral atópase bloqueado por barreiras de xeo. Cara ao oeste está a Baía Wilkens. No suroeste da illa sobresae a Península Beethoven.

Foi descuberta pola expedición rusa ao mando de Fabian Gottlieb von Bellingshausen o 28 de xaneiro de 1821, pero creu que ara parte do continente ata 1940, polo cal foi chamada "Terra de Alexandre I".

A Arxentina reclama a maior parte da illa (excepto por parte da Península Beethoven) e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Illa Charcot

A illa Charcot é unha illa administrada baixo o Sistema do Tratado Antártico ten 56 quilómetros de longo e 46 quilómetros de largo. Está cuberta de xeo agás nas prominentes montañas que dominan a costa norte. A illa Charcot atópase no mar de Bellingshausen, ao oeste da Illa Alexandre I, e ao redor de 57 km. ao norte da illa Latady. Un fito notable da illa é o seu punto máis setentrional, Cabo Byrd.

Illa Pedro I

A illa Pedro I (en noruegués: Peter 1.s øy (bokmål)) é unha illa de orixe volcánica situada no Mar de Bellingshausen uns 450 quilómetros ao oeste do sector continental da Antártida Occidental. Descuberta o 21 de xaneiro de 1821 por Fabian Gottlieb von Bellingshausen, desde 1929 é un territorio antártico reclamado pola coroa norueguesa, aínda que os seus dereitos sobre a mesma non foron ratificados e están suspendidos baixo os termos do Tratado Antártico de 1961.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Amundsen

O mar de Amundsen é unha porción do océano Antártico atópase na Terra de Marie Byrd entre o cabo Dart (126° 9' O) da illa Siple e o cabo Flying Fish (102° 20' O) da illa Thurston, na Antártida.

Foi o explorador noruegués Nils Larsen na súa expedición de 1928-1929 quen ao explorar a área en febreiro de 1929 deulle nome na honra ao seu compatriota, o explorador Roald Amundsen, quen foi o primeiro en alcanzar o Polo sur.

Mar de Barents

O mar de Barents é unha parte do océano Ártico, situado ao norte de Noruega e de Rusia. Leva o nome do navegante holandés Willem Barents. É unha plataforma continental bastante profunda (230 m de media), rodeada polo mar de Noruega ao oeste, o arquipélago de Svalbard (Noruega) ao noroeste, e as illas de Terra de Francisco Xosé e Nova Cembla (Rusia) ao leste e nordeste.

Os portos de Múrmansk (Rusia) e Vardø (Noruega) atópanse na metade meridional do mar de Barents, e permanecen libres de xeos ao longo de todo o ano debido ás correntes do océano Atlántico norte. En setembro, practicamente todo o mar de Barents está libre de xeo.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Savu

O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Mar de Åland

O mar de Åland (finés: 'Ahvenanmeri'; sueco: 'Ålands hav') é un mar intracontinental do mar Báltico, concretamente do golfo de Botnia. Sitúase entre o arquipélago de Åland ao leste, e a costa occidental de Suecia ao oeste. Conecta o mar de Botnia o norte co mar Báltico o sur. A súa profundidade varía: de 200 a 300 metros no norte, algo menos no sur e de 70 a 80 metros entre ambos.

Moitos transbordadores desprazanse entre Finlandia e Suecia atravesando o mar de Åland.

Península Antártica

A Península Antártica é unha gran península que forma o accidente xeográfico máis notable da Antártida. Atópase na Antártida Occidental, fronte ao continente americano, e entre o Mar de Bellingshausen ao oeste e o Mar de Weddell ao leste, este último cuxo litoral está en gran parte bloqueado pola Barreira de Xeo Larsen (cuxa parte norte veuse desintegrando rapidamente).

Prolóngase desde a Terra de Ellsworth no suroeste, da cal limita por unha liña entre o Cabo Adams (Mar de Weddell) e un punto da costa ao sur das Illas Eklund, ata o Cabo Siffrey (Prime Head) na latitud 63º13' aprox. no nordeste, formando unha gran "S". Excede en boa medida o círculo polar antártico (latitud 66º33' aprox.), sendo a parte da terra firme antártica que máis se afasta do polo sur.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.