Mar de Beaufort

O mar de Beaufort (inglés: Beaufort Sea, francés: mer de Beaufort) é un mar marxinal do océano Ártico,[2] situado en América do Norte ao norte dos Territorios do Noroeste, do Yukón e de Alasca e ao oeste das Illas Árticas do Canadá. A súa extensión é de ao redor de 450 000 km². Recibiu o seu nome polo hidrógrafo irlandés sir Francis Beaufort (1774-1857).

Mar de Beaufort
Beaufort Sea - mer de Beaufort'
Anim1863 - Flickr - NOAA Photo Library
Localización administrativa
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Canada.svg Canadá
DivisiónFlag of the United States.svg Alasca (USA)
Flag of Canada.svg Territorios do Noroeste (CAN)
Flag of Canada.svg Yukón (CAN)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico
ContinenteAmérica do Norte
Illa/silla de Banks e illa do Príncipe Patrick (CAN)
Xeografía
Mares contiguosMar de Chukchi (E) e Golfo de Amundsen (O)
Illas interioresHerschel, Richards (2 165 km²), Gary, Pelly e Baillie (CAN)
AfluentesRío Colville (560 km) (Alasca)
Ríos Mackenzie (4 241 km), Anderson (692 km) e Horton (618 km) (CAN)
Cidades ribeiregasBaías do Almirantazgo, Smith, Harrison, Prudhoe, Camden e Demarcation (USA)
Baías de Mackenzie, Kugmalit, McKinley e Liverpool (CAN)
Accidentes
CabosPunta Barrow (Alasca)
EstreitosEstreito de McClure (E)
Características
Superficie450 000 km²
Profundiade máxima4 683 m[1]
Profundidade media1 004 m
Outros datos
Áreas protexidasArctic National Wildlife Refuge (Alaska)
Parque nacional Ivvavik (CAN)
Mapa
Beaufortzee

Localización do mar de Beaufort
Wfm herschell island location

Vista satélite

Historia

O almirantado inglés foi quen con máis énfase buscou o ansiado Paso do Noroeste, e tras comprobar que non había ningún paso a través do continente, probou a través do estreito de Bering feito para o cal nomeou en 1825 a Frederick William Beechey (1796-1856) comandante do balandro HMS Blossom, cunha tripulación dun centenar de homes, cuxa misión era alcanzar o estreito e unha vez alí, xirar cara ao leste ata enlazar con dúas expedicións que buscaban o paso polo oeste: unha por terra, desde o río Mackenzie, comandada por John Franklin (1786-1847) (que se fará soado ao desaparecer con toda a súa tripulación na tristemente expedición perdida de Franklin); e outra por mar, desde o estreito do Príncipe Rexente, ás ordes de William Edward Parry (1790-1855), que non puido progresar debido ao xeo.

Beechey chegou ao estreito de Bering en xullo de 1826 e seguiu navegando cara ao norte, dobrando punta Barrow (Alasca) (71°24′31″N 156°27′30″O / 71.40861, -156.45833); Beechey foi, por tanto, o primeiro occidental que navegou, apenas unhas millas, polo mar de Beaufort.

A costa continental, o bordo meridional do mar de Beaufort, foi recoñecido desde terra por Franklin na súa expedición de recoñecemento de 1824-26, na que ía acompañado por George Back (1796-1878), o naturalista John Richardson (1787-1865) e o explorador canadense Peter Warren Dease (1788-1863). Descenderon o río Mackenzie e exploraron o tramo de costa oriental do Beaufort ata chegar á Prudhoe Bay.

O primeiro occidental do que se ten constancia de que navegou por completo as augas do mar de Beaufort foi, no ano 1850, o oficial naval e explorador británico Robert McClure (1807-73), comandando o HMS Investigator, nunha das expedicións do almirantado á procura da expedición perdida de Franklin. Nesa expedición McClure foi o primeiro que logrou completar o Paso do Noroeste, aínda que parte do traxecto fíxoo a pé e en zorras.

Xeografía

O mar de Beaufort está limitado, ao noroeste por unha liña que conecta punta Barrow (Alasca) con Lands End na illa do Príncipe Patrick; ao oeste polas costas occidentais da illa do Príncipe Patrick e a illa de Banks, pertencente ao arquipélago ártico canadense; e ao sur pola costa continental.

O río Mackenzie desauga neste mar, do mesmo xeito que outros cursos menores. Supón un importante hábitat para baleas e paxaros, e aínda continúa sendo unha zona relativamente virxe, e libre do tráfico comercial.

O mar está completamente conxelado durante a maior parte do ano, cubrindo a capa de xeo permanente o seu parte norte durante todo o ano.

O mar de Beaufort é tamén o lugar no que se supón que existen significativas reservas de petróleo baixo o leito do mar, como continuación das reservas existentes nas zonas próximas o río Mackenzie e North Slope.[Cómpre referencia]. Foi explorado por petroleiras na década de 1960, empezando a operar a primeira plataforma petrolífera en 1986 (Amauligak Project).

Delimitación da IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Beaufort como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 13 e defíneo da forma seguinte:

Notas

  1. Beaufortsee auf worldatlas.com
  2. John Wright (30 novembro 2001). Psychology Press, ed. The New York Times Almanac 2002. p. 459. ISBN 978-1-57958-348-4. Consultado o 29 de novembro do 2010.
  3. «On the North.
    A line from Point Barrow, Alaska, to Lands End, Prince Patrick Island (76°16' N, 124°08' O).
    On the East.
    From Lands End through the Southwest coast of Prince Patrick Island to Griffiths Point, thence a line to Cape Prince Alfred, the Northwestern extreme of Banks Island, through its West coast to Cape Kellet, the Southwestern point, and thence a line to Cape Bathurst on the mainland (70°36' N, 127°32' W)».
    A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho.int/publicat/free/files/s23_1953.pdf[Ligazón morta].

Véxase tamén

Ligazóns externas

Barrow, Alasca

Barrow é unha cidade estadounidense situada no estado de Alasca. É o asentamento máis setentrional do América continental. Neste lugar transcorre a acción dos cómics de terror 30 Days of Night, así como a película baseada nestes.

George Back

George Back, nado en Stockport o 6 de novembro de 1796 e finado en Londres o 23 de xuño de 1878, foi un navegante e explorador británico.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Golfo de Aqaba

O golfo de Aqaba (en árabe: Bahr el-Akabah), tamén chamado de golfo de Eilat, consiste da baía nordeste do mar Vermello e separa a Arabia da Península do Sinaí.

Os países bañados polo golfo de Aqaba son o Exipto, Israel, Xordania (a cidade de Aqaba fica na Xordania) e mais a Arabia Saudita.

A baía ten unha extensión duns 175 km, no seu lugar máis amplo mede 29 km. A maior profundidade acada os 1.827 m.

A baía está considerada como un excelente lugar para o mergullo.

Illa Richards

A illa Richards é unha illa deshabitada do ártico canadense localizada en augas do mar de Beaufort, pertencente aos Territorios do Noroeste, Canadá.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Amundsen

O mar de Amundsen é unha porción do océano Antártico atópase na Terra de Marie Byrd entre o cabo Dart (126° 9' O) da illa Siple e o cabo Flying Fish (102° 20' O) da illa Thurston, na Antártida.

Foi o explorador noruegués Nils Larsen na súa expedición de 1928-1929 quen ao explorar a área en febreiro de 1929 deulle nome na honra ao seu compatriota, o explorador Roald Amundsen, quen foi o primeiro en alcanzar o Polo sur.

Mar de Chukchi

O mar de Chukchi (en ruso Чуко́тское мо́ре Txukótskoie more, en inglés Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.

Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.

Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.

O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Savu

O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Océano Ártico

O océano Ártico, tamén coñecido como océano Glacial Ártico, é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra.

Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico. Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.

Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela; a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %. O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.

Río Mackenzie

O río Mackenzie é un río de Canadá, de 4.241 km de lonxitude, que, conxuntamente cos ríos que desembocan no Gran Lago do Escravo, os ríos Peace e Finlay, forman o segundo sistema fluvial máis longo de Norteamérica. A súa conca hidrográfica cobre 1.805.200 km² e na súa desembocadura deixa no mar 9.700 m³ de auga por segundo. Este río desemboca no Océano Glaciar Ártico.

Co seu curso é o segundo maior río da América do Norte, superado polo río Mississippi, e o 11º do mundo. É navegábel en apenas cinco meses do ano, sendo que a súa superficie conxela en outubro (coa aproximación do inverno, até maio, co inicio da primavera.

Recibiu o seu nome na honra ao explorador Alexander MacKenzie (1764-1820), que en 1789 explorou a zona en busca do Paso do Noroeste.

Territorios do Noroeste

Territorios do Noroeste (en francés: les Territoires du Nord-Ouest; en inglés: Northwest Territories; en inuktitut: ᓄᓇᑦᓯᐊᖅ) é un dos tres territorios do Canadá. Está localizado na Rexión Norte do país, ten fronteira cos outros dous territorios -atópase ao leste do Yukón e ao oeste de Nunavut-, así como coas tres provincias, atópase ao norte da Columbia Británica, Alberta e Saskatchewan.

Yukón

Yukón (ás veces denomínaselle Yukon Territory, «Territorio do Yukón», nalgúns documentos en inglés) é o máis occidental dos tres territorios do norte do Canadá. Sitúase ao leste do estado estadounidense de Alasca, ao oeste dos Territorios do Noroeste, e ao norte da Columbia Británica. Ten unha poboación de aproximadamente 31.000 habitantes. A súa capital é Whitehorse (23.272 habitantes).

A etimoloxía do seu nome provén dunha lingua aborixe local, o gwich'in, e quere dicir "río grande". O territorio é famoso entre outras cousas por ser o escenario da febre do ouro de Klondike, un feito histórico que ocorreu en 1897 e que foi de gran transcendencia para a rexión.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.