Mar de Azov

O Mar de Azov (Azovskoie more) é unha pequena rexión ao norte do Mar Negro, ligado a el polo Estreito de Kerch. Tén ao norte a Ucraína, a leste a Rusia e ao oeste a península de Crimea. Na Grecia antiga, era coñecido como Lago Maeotis ou Mar Maeotis.

O mar ten 340 km de comprimento e 135 km de longo, cunha área de 37 555 km². Os principais ríos a desaugaren nel son o río Don e o río Kuban; eles garanten que as augas do río teñan unha concentración salina baixa, e tamén transportan vastos volumes de sedimentos ao mar. O mar de Azov é o mais raso mar da Terra, cunha profundidade media de saomente 13 metros; na realidade, onde o sedimento se depositou, como no Golfo de Taganrog, a profundidade media é de menos de 1 metro. A corrente principal no Mar de Azov é unha corrente anti-horaria; as mareas son variabeis, pero poden atinxir 5 metros. No inverno, extensas porcións do mar xelan.

Mar de Azov
Азовское море1
Localización administrativa
EstadoRusia Rusia
Ucraína Ucraína
DivisiónRusia:
Rusia Rusia
Rusia Rusia
Flag of Crimea.svg República de Crimea (de facto)
Ucraína:
Flag of Zaporizhia Oblast.svg Óblast de Zaporiyia
Flag of Donetsk Oblast.svg Óblast de Donetsk
Flag of Kherson Oblast.svg Óblast de Jersón
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
AfluentesRío Don
Río Kubán
Río Yeya
Río Kalmius
Características
Superficie37 600 km²
Anchura máxima180 km
Lonxitude costa1 472 km
Profundiade máxima14 m[1]
Profundidade media7,4 m
Capacidade256 km³
Mapa
Locatie Zee van Azov

Localización do mar de Azov
SeaofAzov

Vista satélite
Bm krim
Península de Crimea e á dereita o Mar de Azov, ligado polo Estreito de Kerch ao Mar Negro.

Portos principais

Os principais portos son Berdyansk, Mariupol, Rostov-na-Donu, Taganrog e Yeysk. Dous canais entran no mar: o canal Volga-Don e a ligación para o mar Caspio a través do canal Manych. O mar tén un número significativo de portos de pesca e ten sido explorado polo gas natural e polo petróleo.

Conflito

Ó ser invadida a península de Crimea por Rusia en 2014, a Federación rusa controla as dúas beiras do estreito de Kerch, co enfrontamento de Ucraína a dito control, o que ten provocado diversos enfrontamentos, como o mantido en novembro de 2018 ó evitar buques rusos a entrada de buques de guerra Ucraínos por Kerch.[2]

Flora e fauna

Historicamente, o mar de Azov ten unha grande variedade de vida marítima, con mais de oito especies identificadas, así como 300 variedades de invertebrados. A diversidade e a cantidade ven sendo reducidas polo exceso de pesca e polo excesivo nivel de contaminación.

Notas

  1. "Información Mar de Azov" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2014.
  2. "« Rusia se afirma en el mar Negro » - Le Monde diplomatique en español". mondiplo.com (en castelán). Consultado o 2019-01-16.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Crimea (homónimos)

Crimea pode referirse a:

Península de Crimea, península situada no leste de Europa, entre o mar Negro e o mar de Azov.

República Autónoma de Crimea, república autónoma de Ucraína, situada na península homónima.

República de Crimea, estado soberano constituído en república parlamentaria desde o 11 de marzo de 2014, non recoñecido como tal pola comunidade internacional.

Estreito de Kerch

O Estreito de Kerch (Керченский пролив) conecta o Mar Negro e o Mar de Azov, separando a Crimea, no oeste, da península de Taman, no leste. O estreito ten 4,5 a 15 km de lonxitude e até 18 m de profundidade. O porto máis importante é a cidade de Kerch.

O transporte por transbordador a través do estreito foi inaugurado en 1952, ligando a Crimea e o Krasnodar Krai (liña Port Kryn - Port Kavkaz). No inicio, había 4 navíos tren-transbordador; máis tarde, 3 navíos coche-transbordador foron adicionados. O transporte ferroviario continuou por case 40 anos. Os transbordadores de tren tornáranse vellos a finais dos anos 1980 e foron retirados de operación. No outono de 2004 novos navíos foron postos á disposición, e o transporte ferroviario foi reestabelecido.

Formuláronse varias propostas para a construción dunha ponte sobre o Estreito de Kerry para substituír o transbordador, mais a difícil configuración xeolóxica da área torna os proxectos de ponte caros de máis.

Diversas industrias de procesamento de peixe localízanse na costa crimea do estreito. A estación de pesca comeza á fin do outono e dura de 2 a 3 meses, cando diversos barcos se botan ás augas do estreito para pescar.

Antigamente, o Estreito de Kerch era coñecido baixo o nome de Bósforo Cimeriano; tamén é coñecido polo seu nome tártaro, Yenikale.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Mar Caspio

O mar Caspio é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que forma parte da gran depresión aralo-cáspica. É a masa de auga interior (Conca endorreica) máis grande do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³ con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago máis grande do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada. Ten numerosos Illas, a maior das cales é a de Ada Ogurja, que ten 47 quilómetros de lonxitude; cara ao norte a maioría das illas son pequenas e deshabitadas. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turkmenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.

Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Amundsen

O mar de Amundsen é unha porción do océano Antártico atópase na Terra de Marie Byrd entre o cabo Dart (126° 9' O) da illa Siple e o cabo Flying Fish (102° 20' O) da illa Thurston, na Antártida.

Foi o explorador noruegués Nils Larsen na súa expedición de 1928-1929 quen ao explorar a área en febreiro de 1929 deulle nome na honra ao seu compatriota, o explorador Roald Amundsen, quen foi o primeiro en alcanzar o Polo sur.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Savu

O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Mariupol

Mariupol (en ucraíno: Маріуполь), é unha cidade de Ucraína (500.000 habitantes en 2007) e da provincia (oblast) de Donetsk, na confluencia do río Kalmius e o Mar de Azov. É un importante centro metalúrxico de Donbass e posúe dúas universidades.

Península de Crimea

A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada por a auga.

Os seus nomes oficiais son:

півострів Кримський, en ucraíno

полуостров Крымский, en ruso

Qırım Yarimadasi, en tártaroA península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.

Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.

Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.

Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.

Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.

Rusia

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Río Don

O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov. O total da súa cunca abranxe unha área de 425.600 km2.

Taganrog

Taganrog (en ruso: Таганрог) é unha cidade costeira do Óblast de Rostov, Rusia, localizada na costa norte do Golfo de Taganrog (Mar de Azov), varios quilómetros ó oeste da boca do río Don. A poboación era de 257.681  persoas no censo de 2010.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.